You are on page 1of 3

TEMA 3:

Actividad económica: é o conxunto de actividades desenvolvidas polos seres humanos para cubriren as diversas
necesidades das persoas e das sociedades, xa sexa producindo bens ou prestando servizos. A actividade económica
implica aos produtores e aos consumidores e comporta as fases de produción, comercialización e consumo.

Bens: produtos tanxibles, é dicir, mercadorías que se poden tocar: mobles, produtos alimenticios, vehículos...

Servizos: bens inmateriais, como o caso do transporte, o comercio, a sanidade...

Produtores. Persoas que interveñen na creación de bens e servizos. A cambio, obteñen un beneficio que, na inmensa
maioría dos casos, se materializa no cobro dunha determinada cantidade de cartos.

Consumidores. Persoas que acceden a eses bens e servizos co pago dunha cantidade de cartos.

Globalización económica é un proceso mundial diferenciado pola interconexión económica dos países e por unha
maior rixidez nos intercambios comerciais e na toma de decisións. O proceso da globalización veuse impulsado polo
poder das empresas multinacionais, polo aumento da produción e polos avances nos transportes, nas
telecomunicacións e no comercio mundial

SECTOR PRIMARIO: Inclúe aquelas actividades económicas que extraen ou recollen materias primas do medio
natural e que son consumidas directamente polas persoas ou pola actividade industrial: agricultura, gandaría, pesca
e explotación forestal (silvicultura).

SECTOR SECUNDARIO: Encárgase de transformar as materias primas en bens elaborados: minaría, a enerxía, a
construción e a industria. No século XIX sustituíu en importancia ao sector primario.

SECTOR TERCIARIO: Proporciona servizos ás persoas co fin de satisfacer as súas necesidades, tamén se lle chama
sector servizos. Na actualidade é o sector máis importante. Ensino, transporte, sanidade, comercio, turismo, ocio,
cultura, adminis tración...

Foro Social Mundial é un encontro que se organiza periodicamente por numerosas Organizacións Non
Gobernamentais. A finalidade do Foro é presentar alternativas perante o modelo actual de globalización polos efectos
negativos que supón, como a concentración da riqueza en poucas mans, a desigualdade de oportunidades ou a ameaza
ambiental. A posición do Foro é favorable a outro modelo de desenvolvemento social máis igualitario e menos agresivo
co medio ambiental.

Oferta: conxunto de bens e de mercadorías que se presentan no mercado para vendérense a uns prezos concretos.

Demanda: inclúe os bens e servizos que poden ser adquiridos polos consumidores a diferentes prezos.

Capital: bens necesarios para a creación e o mantemento da actividade dunha empresa. Inclúe o capital físico, que
está constituído polos elementos materiais, e o capital financeiro, que se refire ao diñeiro.

Empresa: unidades económicas básicas de produción. Mediante o traballo e mailo capital, fabrican e distribúen bens
e servizos.

Sistema económico: forma na que se producen os bens e servizos dunha sociedade.

Sistema financeiro: conxunto de institucións, de mercados e de medios dun país cuxo obxectivo e finalidade é a de
canalizar o aforro e o excedente de fondos das empresas, das institucións, do Estado e das familias.

Multinacional: empresa que opera e ten presenza en diferentes países.

Deslocalización: movemento que fan algunhas empresas trasladando algúns centro de traballo a países menos
desenvolvidos.

1
PÁXINA 63:

• Exercicio 44:

Responde estas preguntas:

a. Que é a actividade económica? A quen implica? Que fases comporta?

A actividade económica é o conxunto de actividades desenvolvidas polos seres humanos para cubriren as diversas
necesidades das persoas e das sociedades, xa sexa producindo bens ou prestando servizos.

A actividade económica implica aos produtores e aos consumidores.

A actividade económica comporta as fases de produción, comercialización e consumo.

b. Como se organiza o sistema produtivo?

b. O sistema produtivo organízase a partir dunha serie de factores de produción que son a base da actividade
económica: recursos naturais, traballo, capital e tecnoloxía. Á súa vez, os bens e servizos prodúcense, consómense
e distribúense a partir de tres axentes económicos: por unha parte, as empresas que producen bens e servizos, e
por outra as persoas e o Estado que consomen eses bens e servizos.

c. Que significa a globalización económica? Que a impulsa?

c. A globalización económica é un proceso mundial diferenciado pola interconexión económica dos países e por
unha maior rixidez nos intercambios comerciais e na toma de decisións.

O proceso da globalización veuse impulsado polo poder das empresas multinacionais, polo aumento da produción
e polos avances nos transportes, nas telecomunicacións e no comercio mundial.

• Exercicio 45 Defino

Oferta: conxunto de bens e de mercadorías que se presentan no mercado para vendérense a uns prezos
concretos.

Demanda: inclúe os bens e servizos que poden ser adquiridos polos consumidores a diferentes prezos.

Capital: bens necesarios para a creación e o mantemento da actividade dunha empresa. Inclúe o capital físico,
que está constituído polos elementos materiais, e o capital financeiro, que se refire ao diñeiro.

Empresa: unidades económicas básicas de produción. Mediante o traballo e mailo capital, fabrican e distribúen
bens e servizos.

Sistema económico: forma na que se producen os bens e servizos dunha sociedade.

Sistema financeiro: conxunto de institucións, de mercados e de medios dun país cuxo obxectivo e finalidade é a
de canalizar o aforro e o excedente de fondos das empresas, das institucións, do Estado e das familias.

Multinacional: empresa que opera e ten presenza en diferentes países.

Deslocalización: movemento que fan algunhas empresas trasladando algúns centro de traballo a países menos
desenvolvidos.

• Exercicio 46 Indica que factores poden facer subir o prezo dun produto e cales poden facelo baixar:

• Aumenta o prezo do produto porque se pon de moda entre a mocidade. Subir o prezo
• Fabrícano moitas empresas. Baixar o prezo
• Aparece outro produto semellante, pero máis moderno. Baixar o prezo

2
• Escasean as materias primas que se precisan para o fabricar.Subir o prezo
• Fabrícao unha soa empresa en todo o mundo. Subir o prezo
• Exercicio 46 Explico o esquema. Explica os factores produtivos que require a produción de bens e de servizos:

• Para producir bens e servizos son necesarios uns factores de produción que inclúen o traballo, o capital, a
tecnoloxía e os recursos naturais.

Os recursos naturais (como a auga, os minerais...) aproveitanse e transfórmanse para satisfacer as necesidades
das sociedades humanas.

- O traballo é a actividade humana, física ou intelectual, útil para producir bens ou subministrar servizos.

- O capital pode ser físico (son os elementos materiais) e financeiro (refírese ao diñeiro), que é necesario para
fundar a empresa e manter a súa actividade. Se os propietarios non teñen suficiente capital financeiro, pódeno
solicitar mediante préstamos ou subvencións a outras institucións.

- A tecnoloxía e o coñecemento fan posible o deseño, a construción e o uso de artefactos que permiten producir
bens e ofrecer servizos. En función da tecnoloxía empregada, a produción pode ser manual, mecánica ou
tecnificada.

• Exercicio 48. Clasifica algúns dos efectos da globalización económica por países: máis desenvolvidos, emerxentes
en desenvolvemento ou menos desenvolvidos:
• Reúnen os centros de decisións políticas, económicas e financeiras. Países máis desenvolvidos
•A deslocalización de empresas propiciou o seu desenvolvemento industrial. Países emerxentes en
desenvolvemento
• Obteñen deles produtos agrícolas e materias primas que destinan á exportación. Países menos desenvolvidos
• Experimentan un gran desenvolvemento industrial favorecido pola chegada de capitais do exterior. Países
emerxentes en desenvolvemento
•Teñen unha débeda externa elevada e escasean os investimentos de capital estranxeiro. Países menos
desenvolvidos
• Concentran os meirandes fluxos de intercambios. Países máis desenvolvidos

You might also like