You are on page 1of 4

ACTIVIDADES TEMA 5

 Páxina 95

6. Os factores que condicionan as actividades agrarias poden ser:

− Factores naturais:
• O clima: a temperatura e a humidade.
• O relevo: as características da altitude, a orientación das ladeiras ou a inclinación do terreo.
• O solo: segundo sexa a súa textura, espesor, materia orgánica e mineral e acidez.
• A auga e a súa dispoñibilidade.
− Factores humanos:
• A presión demográfica: se son lugares moi poboados ou pouco poboados.
• O desenvolvemento tecnolóxico: sistemas de irrigación, invernadoiros, cultivos hidropónicos, maquinaria.
- Factores históricos, económicos e políticos: usos e costumes agrícolas, políticas agrarias.
-
 Páxina 97

12. As diferenzas que existen entre o espazo rural, o espazo agrario e o espazo agrícola son:

− Espazo rural: é aquel no que asentan as aldeas e os espazos naturais e, polo tanto, non é urbano. Acolle as
actividades do sector primario, pero tamén pode albergar actividades e funcións do sector secundario, como a
industria agroalimentaria e as enerxías renovables, así como actividades e funcións do sector terciario, como o
turismo, os servizos sociais, sanitarios, e educativos.
− Espazo agrario: está dentro do espazo rural e comprende as paisaxes naturais que foron modificadas polo ser
humano co obxectivo de obter produtos do sector primario, agrícolas, gandeiros ou forestais.
− Espazo agrícola: é aquel no que se desenvolve exclusivamente a agricultura.

 Páxina 99

16. As diferenzas entre cultivos de secaño e de regadío; monocultivo e policultivo; agricultura intensiva e
extensiva son as seguintes:

− Os cultivos de secaño desenvólvense soamente coa auga da chuvia e os de regadío coa achega de auga de
forma artificial.
− No sistema de monocultivo as parcelas dedícanse a un só tipo de cultivo, e no de policultivo cultívanse
diferentes plantas.
− Na agricultura intensiva aprovéitase ao máximo cada parcela a través do uso avanzado de medios técnicos para
obter a máxima produtividade, e na extensiva requírense grandes parcelas, pero non se utilizan medios
avanzados. A produción é alta porque a extensión da parcela é grande, pero non se alcanza a máxima
produtividade.

17. O Comercio Xusto é un sistema de comercio solidario e alternativo ao convencional co fin de conseguir o
desenvolvemento das aldeas e a loita contra a pobreza. Baséase nunhas condicións laborais e salarios adecuados,
para poder vivir con dignidade, rexeitamento da explotación laboral infantil, respecto ao medio ambiente con
prácticas respectuosas co entorno no que se producen os artigos, e igualdade entre homes e mulleres no trato e
na retribución económica equitativa.
1
Página
 Páxina 103

28. Os sistemas agrarios evolucionados caracterízanse por:

Agricultura extensiva dos Agricultura extensiva de Agricultura comercial


países novos plantación tecnificada
Tamaño das As parcelas son de gran tamaño As parcelas teñen unha grande Parcelas de diferentes dimensións,
parcelas
e con formas regulares. extensión. nas que se cultiva de forma
intensiva.
Monocultivo/p Practícase o monocultivo de Practícase un monocultivo intensivo Practícase o policultivo. É unha
olicultivo
millo, trigo, soia, colza, algodón, de produtos como cacao, café, té, agricultura especializada en
etc. caña de azucre, algodón… determinados produtos
seleccionados.
Técnicas Aplica as técnicas máis É unha agricultura moi tecnificada. Emprega unhas prácticas agrícolas
avanzadas en selección de moi avanzadas, como unha
sementes, produtos selección de sementes e a utilización
fitosanitarios, etc. de produtos fitosanitarios e
fertilizantes avanzados.
Grao de Presenta unha destacada Moitos dos labores non están Utiliza maquinaria de última
mecanización
mecanización. mecanizados e utilízase man de obra xeración.
local para levalos a cabo.
Produtividade Os investimentos son elevados, Os investimentos son medias porque Necesítanse grandes investimentos
pola importante mecanización. se pagan baixos salarios e os custos pola maquinaria e as técnicas
de produción son reducidos. avanzadas.
Tipos Obtense unha gran produción. A produción é elevada. Obtéñense elevados rendementos
Grandes extensións de cereal, Grandes plantacións de plátano, por hectárea.
de algodón… cacao, café…

 Páxina 105

32. As características dos diferentes tipos de gandería son as seguintes:

Gandería tradicional Gandería evolucionada: Gandería ecolóxica:


Investimento Os investimentos en Realízanse elevados investimentos en Débense efectuar
maquinaria e en coidados instalacións, automatización de investimentos iniciais para
veterinarios son moi poucos. tarefas, alimentación dos animais, crear a explotación.
hormonas para o crecemento e
antibióticos para previr as
enfermidades.
Adaptación As explotacións son Os animais críanse en cortes ou Os animais comen herba ou
ao medio pequenas, familiares, e os granxas en réxime de estabulación e as cereais procedentes da
animais aliméntanse do resto explotacións de gran tamaño. agricultura ecolóxica que se
das colleitas ou pastan en fertilizan e crecen co esterco
terras marxinais e barbeitos. que producen, polo que este
sistema é pouco contaminante
e respectuoso co
medioambiente.
Trato dos Críanse razas autóctonas e o A finalidade é obter unha elevada O gando críase ao aire libre,
animais seu destino é o autoconsumo. produción, polo que se seleccionan pastando libremente, polo
razas máis produtivas, en detrimento que se coida o seu benestar.
das autóctonas, e cuestiónase o
benestar do gando, porque nas
granxas se aloxan miles de animais.
2
Página
33. Por que é ecolóxico que o gando paste entre vides e restrollos no outono?

Se o gando pasta entre as vides, é ecolóxico porque á vez que se alimenta libremente do que crece no campo de
maneira natural, elimina as herbas das viñas e así evita que se deban utilizar herbicidas ou calquera outro produto
químico para eliminalas.

Páxinas 110 e 111

49. Completa

50. As respostas son as seguintes:

a) Os factores humanos que caracterizan as paisaxes agrarias son a presión demográfica, o desenvolvemento
tecnolóxico e factores de tipo histórico, económico e político. Os factores físicos dos que dependen as paisaxes
agrarias son o clima, o relevo, o solo e a auga.

b) A agricultura tradicional ten como principais características o emprego de sinxelas ferramentas, unha gran
dependencia dos factores físicos, o uso de animais de tiro e a obtención de escasos rendementos destinados, en
xeral, ao autoconsumo. A agricultura evolucionada de mercado caracterízase pola mecanización das tarefas
agrícolas, o uso de técnicas avanzadas e a obtención dunha gran produción que se dirixe á comercialización.

c) A pesca actual vese afectada pola sobreexplotación de moitos caladoiros a consecuencia da eficacia das
técnicas e equipamentos pesqueiros. Ademais, moitas especies mariñas están en perigo pola degradación dos
fondos mariños e a contaminación.

51. Os conceptos son os seguintes:

• Sector primario: agrupación económica de todas as actividades que permiten obter recursos básicos
directamente da natureza.

• Parcela: anaco de terreo, delimitado por unha linde, que ten un uso agrario.

• Hábitat rural: uso residencial como vivenda principal ou ocasional que forma parte do espazo rural.

• Pesca industrial: tipo de pesca que se realiza con grandes barcos, complexos aparellos e avanzada tecnoloxía
3

que obtén gran cantidade de capturas.


Página
• Produtivista: tipo de sistema gandeiro evolucionado orientado a vender a produción nos mercados e obter o
máximo beneficio, non prima a calidade senón a cantidade..

• Acuicultura: cría de animais e plantas de auga doce e salgada, alternativa da pesca de captura. • Monocultivo:
parcelas agrícolas nas que se planta un único tipo de cultivo.

• Fitosanitarios: produtos que preveñen ou curan as enfermidades das plantas.

52. A vinculación é a seguinte:

• O conxunto de parcelas que son explotadas por un mesmo produtor constitúe unha explotación agraria.

• Na agricultura tradicional cultívanse varios produtos, é dicir, practícase o policultivo nunha mesma parcela.

• A agricultura moderna caracterízase polo uso de fertilizantes e produtos fitosanitarios moi avanzados.

• O futuro de moitas especies mariñas está en perigo pola sobreexplotación de caladoiros e unha alternativa á
pesca de captura é a acuicultura.

• Na paisaxe agraria inclúese o hábitat rural, é dicir, o uso residencial como vivenda principal ou ocasional.

53. Os elementos das parcelas son:

− O tamaño, que permite distinguir entre pequenas, inferiores a 1 ha, medianas, entre 1 e 10 ha, e grandes, as
que teñen máis de 10 ha.

− A forma, que pode ser regular ou irregular.

− Os límites, que clasifican as parcelas en abertas ou openfields, nas que non hai separacións físicas que as
delimiten, e cerradas ou bocages, separadas por cerramentos vexetais, metálicos, de pedra, etc.

− O uso, que distingue as parcelas segundo o tipo de explotación: agrícola, gandeiro, forestal ou mixto.

54. As respostas son as seguintes:

a) Na imaxe da esquerda non hai separacións físicas polo que se trataría de parcelas abertas. Na fotografía da
dereita, as parcelas están delimitadas por sebes, muros de pedra e camiños; serían parcelas cerradas.

b) A imaxe da esquerda corresponde a un monocultivo, mentres que na dereita se observan diferentes cultivos
ou policultivo.

c) Na fotografía da esquerda o aproveitamento da parcela é extensivo xa que se trata dunha gran parcela; na
imaxe da dereita, a forma de cultivar é intensiva.

55. Completa
4
Página

You might also like