You are on page 1of 22

U.

D 4 OS SECTORES ECONÓMICOS

1. O SECTOR PRIMARIO
1.1 O sector primario nos nosos días
1.2 A paisaxe agraria
1.3 A agricultura das rexións desenvolvidas
1.4 A gandería
1.5 A pesca
1.6 A explotación forestal

2. O SECTOR SECUNDARIO
2.1 A minaría
2.2 As fontes de enerxía
2.3 Nacemento e desenvolvemento da industria
2.4 Os trazos do sistema industrial actual
2.5 Factores de localización industrial

3. O SECTOR TERCIARIO
3.1 As actividades de servizos
3.2 O comercio
3.3 O transporte
3.4 O turismo
1. O SECTOR PRIMARIO

As actividades do sector primario. Comprenden as actividades que proporcionan recursos


básicos ou primarios, é dicir, os que se obteñen directamente da natureza. As actividades deste sector
son: a agricultura, a pesca, a gandería e a explotación forestal. A actividade máis importante de
todas elas é a agricultura

1.1 O sector primario nos nosos días

O 40% da poboación activa mundial dedícase ao sector primario. Sen embargo está porcentaxe
está a diminuír progresivamente a favor doutros sectores económicos. Pese que a produtividade do
sector primario aumenta cada ano o seu peso económico está a diminuír fronte os outros dous
sectores económicos.

Diferenzas entre os países desenvolvidos e os países en desenvolvemento.


a) Países desenvolvidos.
- Emprega unha porcentaxe pequena da poboación activa (entre o 1%-5%). Ten un alta
produtividade grazas a mecanización, tecnificación e industrialización. Pese a todo a súa
contribución o PIB é reducido (entre o 1.5%-4%).
- Iniciativas para recuperar as áreas rurais. O éxodo rural. Proceso de migración das persoas
que residían nas áreas rurais cara zonas urbanas para empregarse nos sectores secundario e
terciario. En España este proceso foi moi forte a partir dos anos 60 do século XX e implicou o
abandono de moitas zonas rurais. Nos países desenvolvidos o éxodo rural e o abandono do
sector primario conlevou a que moitas terras agrícolas e gandeiras fosen abandonadas ou se
dedicaron a outro tipo de explotacións: forestais, construción, industriais, etc. Na actualidade
estase a estender a agricultura a tempo parcial, é dicir, compaxinar está actividade con outras
dos sectores secundario e terciario (turismo rural, industrias alimentarias transformadoras,
infraestruturas enerxéticas…)

b) Países en desenvolvemento.Ocupa entre o 50% e 80% da poboación activa.Proporciona o 10% e


o 24% do PIB. Sen embargo a produtividade é menor ca dos países desenvolvidos

1.2 A paisaxe agraria

Paisaxe agraria. Superficie dedicada ó cultivo de plantas, cría de gando e o resto de actividades
relacionadas con estas dúas actividades. As diversas relacións entre os humanos e o medio van
configurar o resultado e ditas paisaxes, polo tanto, é consecuencia de factores físicos (relevo, tipo de
solo e clima) e humanos (tipos de parcelas, sistemas de cultivo, variedade de cultivos)
1.2.1 Os factores físicos
a) O relevo condiciona o tipo de paisaxe agraria xa que inflúen nas actividades agrarias.
- A altitude. A maior altitude menor temperatura, e polo tanto limita a supervivencia das
especies. As zonas montañosas nunca favoreceron a produción agrícola debido a redución de
solo fértil, as fortes pendentes e o alto grado de erosión. Normalmente as actividades primarias
están adicadas a gandería e a explotación forestal
- A pendente. Canto máis cha sexa o solo agrícola e gandeiro máis fácil será de mecanizar as
tarefas agrícolas. As chairas e os anchos vales son zonas axeitadas para a agricultura sempre que
teñan un bo subministro de auga e un bo solo.
b) O tipo de solo. No solo agrícola é importante analizar o seu grosor, o grao de acidez, a textura, o
número de nutrientes, o grao de materia orgánica, etc. Non todos os solos son axeitados para ó cultivo,
e ademais cada tipo de planta require un terreo cunhas certas características.
c) O clima. Ten relación directa co crecemento das plantas. A agricultura depende da temperatura,
humidade, pluviosidade, grado de insolación, etc. En función destes elementos os cultivos están
limitados a unhas rexións climáticas concretas. Nos polos, desertos e nas selvas tropicais é case
imposible practicar a agricultura, polo tanto os factores limitantes a actividade agrícola son:
- O frío. En xeral, as plantas, e os cultivos non poden medrar con temperaturas por debaixo de
0ºC.
- A calor. As temperaturas por riba dos 45ºC non son favorables para a agricultura.
- As precipitacións. Se as chuvias son abundantes e constantes favorecen o crecemento de
malas herbas e contribúen a erosión do solo se a vexetación desaparece.
- A aridez. A escaseza e irregularidade das precipitacións limitan o desenvolvemento da
agricultura.

1.2.2 Os factores humanos.


Grao de desenvolvemento tecnolóxico. Permitiu modificar os factores limitantes do medio físico. Se
o grao e desenvolvemento tecnolóxico é baixo as explotación estarán máis condicionadas polo medio
físico. A Revolución Verde supuxo a mecanización e industrialización das actividades primarias,
novos sistemas de irrigación, cultivos de invernadoiro, solos artificiais, fertilizantes industriais,
modificacións xenéticas, etc.

1.2.3 Características das paisaxes agrarias


As parcelas son porcións de terreo en que se divide o espazo cultivado. O conxunto de parcelas é
a explotación agraria, gandeira, forestal ou mixta.
a) Segundo o seu tamaño distinguimos entre latifundios e minifundios. As porcións de terreo
que forman una explotación forestal son as leiras. Segundo o seu tamaño as leiras poden ser
pequenas (menos dunha ha), medianas ( entre unha e dez ha) e grandes (máis de dez ha)
b) Segundo a súa forma distinguimos entre regulares ou irregulares.
c) En función de como sexan os límites das parcelas distinguimos entre:
- Campos abertos (openfields). Parcelas que non están cercadas. Esta paisaxe predomina na
submeseta sur española. Neste tipo de paisaxes as vivendas dos campesiños adoitan estar
agrupadas.
- Campos pechados (enclosers ou bocage). As parcelas están cercadas por valados, setos,
muros de pedra, etc. Comunícanse mediante unha rede de camiños. Os campesiños tenden a vivir
en vivendas illadas xunto as terras de cultivo ou en pequenas aldeas diseminadas polo territorio.
Paisaxe propia da Europa atlántica.
d) Segundo o grao de utilización do terreo agricultura pode ser:
Extensiva. Practicase en grandes parcelas que non se explotan na súa totalidade, senón que se
deixa unha parte en barbeito para recuperar a fertilidade do solo. Practícase tanto nos países
desenvolvidos como en vía de desenvolvemento.
Intensiva. Busca sacar o máximo rendemento da terra. Desenvólvese nos países desenvolvidos.
Mediante o emprego da tecnoloxía e a tecnificación das labores. A súa produtividade é moi alta.
Nos países en vías de desenvolvemento. Os campesiños practican unha agricultura tradicional
pouco ou nada tecnificada e o aproveitamento da terra faise mediante o emprego de numerosa
man de obra.
e) Segundo os tipos de cultivos. Distinguimos entre: cultivos anuais ou herbáceos (cereais),
cultivos perennes (oliveiras), cultivos arbustivos (vide), cultivos arbóreos. (árbores froiteiras)
f) Segundo o aproveitamento da auga diferenciamos entre
- Cultivos de secaño. Desenvólvense coa auga que reciben da chuvia. Nos países desenvolvidos
empréganse modernos sistemas de regadío para afrontar as secas.
- Cultivos de regadío. Medran coa auga que se obtén de modernos sistemas de rego (canles,
aspersión, etc.)
g) Segundo a variedade de cultivo distinguimos entre
- Monocultivo. Cando nunha exploración agrícola só se cultiva un produto. O monocultivo
simplifica o uso de maquinaria e o seu obxectivo é obter o máximo rendemento o mínimo custe
xa que a produción se destina o mercado. Xeralmente practícase en grandes explotacións.
- Policultivo. Cando se cultivan distintas especies vexetais nunha mesma explotación agrícola.
Practícase en leiras pequenas e o seu destino xeralmente é para o consumo familiar.
h) Segundo o destino da produción. De subsistencia ou para a comercialización

O Hábitat rural. Comprende as vivendas e outras dependencias que constitúen o núcleo rural. As
formas de agrupamento rural derívanse xeralmente das condicións físicas do lugar, do uso da terra e do
réxime de propiedade. Pode ser:
- Disperso. Os agricultores viven afastados os uns dos outros, as vivendas están diseminadas
- Concentrado. Os edificios e as vivendas agrúpanse formando vilas e o seu arredor se estenden
os campos.
- Mixto ou intercalado. Varias aldeas e certa poboación dispersa polo campo
1.3 A agricultura das rexións desenvolvidas

Características. Na segunda metade do século XVIII iniciouse en Inglaterra a revolución agrícola, que
se foi espallando por Europa nos seguintes séculos, que supuxo o paso dunha agricultura de
subsistencia a unha agricultura de mercado coas seguintes características:
a)A especialización da produción. Xeralmente cultívase un único produto, simplificándose o
traballo, o uso de maquinaria e mellorando os rendementos.
b) A mecanización das labores agrícolas. Permite reducir: a man de obra, reducir o tempo
adicado as labores agrícolas e os custes.
c) Uso de avanzadas técnicas agrícolas. Empréganse fertilizantes, sementes de elevado
rendemento, praguicidas, invernadoiros, melloras xenéticas (transxénicos)
d) Uso de sistemas de almacenaxe, transporte e comercialización a grande escala. Desta
maneira os produtos chegan o seu destino de mercado recorrendo grandes distancias a un baixo
custe.
A agricultura de mercado require grandes investimentos pero os custes vense compensados co aumento
da produtividade. Prodúcese cada vez máis a un menor prezo.

Efectos da agricultura de mercado


a) Baixada de prezos. Debido os excedentes obtidos grazas á alta produtividade.
b) Subvencións. Os gobernos dos estados desenvolvidos conceden axudas os produtores
agrícolas. Estas subvencións sitúan en desvantaxe os produtores dos países desenvolvidos que
non poden competir en prezos.
c) Uso de transportes especializados debido a enorme produción. Empréganse avanzadas
técnicas de conservación para que o produto chegue o seu destino.
d) Complexo sistema de comercialización baseado na distribución e venta de produtos desde
grandes almacéns maioristas.

Desvantaxes da agricultura de mercado.


a) Contaminación dos solos e os acuíferos polo emprego abusivo de fertilizantes e
praguicidas químicos. A recuperación destes é moi lenta e ademais pode acabar afectando aos
alimentos que consumimos e, polo tanto, a nosa saúde.
b) Dependencia tecnolóxica dos produtores ante as multinacionais.
c)Aparición de novas pragas como consecuencia do abuso na utilización de fertilizantes e
praguicidas químicos.
d) Elevado consumo de auga (sobreexplotación de acuíferos) e de enerxías non renovables e
contaminantes.
e) Abandono do campo como consecuencia do abaratamento da produción froito da
mecanización e tecnificación das labores agrícolas. Prodúcese un abandono dos núcleos rurais e o
envellecemento da poboación
Como consecuencia destas desvantaxes cada vez cobra máis importancia social económica a
agricultura ecolóxica. Numerosos países, como os integrantes da Unión Europea, están impulsando
agricultura alternativa e ecolóxica, presionados por unha maior concienciación cidadá.

1.4 A gandería

Gandería. Cría de animais para o seu aproveitamento (carne, leite, ovos, coiro, la, mel, etc.), forza
de traballo, ou para a reprodución. É unha actividade complementaria da agricultura nas rexións en
desenvolvemento e de alto rendemento nas rexións desenvolvidas.
É unha actividade en crecemento. O 30% a superficie do planeta está ocupada por pastos e o 33%
das terras cultivables adícanse a producir forraxe para o gando. Prevese que a produción de carne e leite
se duplicara nos próximos 50 anos. As especies máis numerosas son o gando: bovino, ovino,
porcino, e aviario. En menor medida tamén destacan o caprino, cabalar, cunicultura (coellos) e a
apicultura. Os avances científicos permitiron obter razas selectas, que proporcionan elevados
rendementos. As novas tecnoloxías incrementaron a produción e facilitaron o transporte os produtos
gandeiros a longa distancia.
Os principais inconvenientes da nova gandería son os desperdicios animais, os fertilizantes e os
pesticidas usados nos cultivos forraxeiros contaminan acuíferos, solos e a atmosfera. Tamén témese
que a utilización de antibióticos e hormonas sobre animais poida afectar negativamente a saúde
das persoas. Por último destacar a corta abusiva de bosques para crear prados.

Tipos de gandería.
a) En función da mobilidade.
- Gandería sedentaria. É a gandería máis estendida, e é aquela na que o gando non se despraza
para alimentarse, ben porque dispón de pastos ou de pensos.
- Gandería nómade. É a que se despraza permanentemente na procura de pastos. Practícase en
amplas rexións da África setentrional e subsahariana, Asia central e Oriente Próximo, onde as
condicións climáticas non permiten o desenvolvemento da agricultura.
- Gandería transhumante. É aquela na que o gando se despraza no inverno cara os vales e no
verán cara as montañas.
b) En función do uso do terreo.
- Gandería extensiva.
- Desenvólvese en grandes explotacións. O gando vaga polo campo e aliméntase de
pastos naturais. Practícase no centro e oeste dos EE.UU, a Pampa arxentina, o leste
de Brasil, sur de Rusia, España, Australia e Sudáfrica. Require poucos
investimentos e a súa produtividade é baixa.
- Gandos máis característicos: bovino, ovino e caprino. A súa venda destinase os países
desenvolvidos e ao autoconsumo nos menos desenvolvidos.
- Gandería intensiva.
- Lévase a cabo en explotacións especializadas nunha determinada especie.
Practícase no leste dos EE.UU e Canada, en Europa occidental, etc.
- O gando está permanentemente estabulado, onde se controla a súa alimentación,
saúde e engorde. As veces créanse unhas condicións de temperatura, luz e humidade
artificiais para aumentar a producións no menor tempo posible. Causa problemas
medioambientais e malestar nos animais.
- Gando semiestabulado. En ocasións, o gando aliméntase tanto de pastos naturais como
de plantas forraxeiras e pensos.

1.5 A pesca

Actividade antiga que emprega como fonte de recursos o mar, ríos ou lagos. Proporciona
alimentos (85% das capturas), fariñas para alimentar o gando, fertilizantes para a agricultura, etc
Actualmente o nivel de explotación dos recursos pesqueiros e superior a capacidade de
rexeneración das especies e do propio mar. Por este motivo desenvolvéronse acordos internacionais
para establecer vedas, tamaño das capturas, tipos de capturas, etc. Ademais tamén se potenciou a
acuicultura. Tamén xera un alto grado de contaminación das augas por verquidos industriais, das
cidades, petroleiros, radioactivos, etc

Tipos de pesca mariña.


a) Pesca litoral. Lévase a cabo xunto a costa, en pequenas embarcacións e con métodos
artesanais. As capturas destínanse ao autoconsumo e o mercado local. Nos países menos
desenvolvidos este tipo de pesca representa un importante recurso alimentario.
b) Pesca de baixura. Realízase preto da costa, en embarcacións pequenas ou medianas
equipadas con distintos aparellos de pesca en función das especies que queiran capturar. En xeral,
as bodegas destes barcos están preparadas para conservar as capturaras.
c) Pesca de altura. Realízase en mar aberto, con barcos de gran tonelaxe equipados con
modernos instrumentos técnicos para detectar e coñecer o tamaño dos bancos de peixes. Utilizan
diversas artes de pesca, como o palangre, o cerco ou arrastre. Os grandes barcos pesqueiros
(buques factorías) contan con instalacións para limpar, cortar, empaquetar e almacenar as
capturas conxeladas.

Os caladoiros.
Os caladoiros dos as zonas nas que se concentran as especies pesqueiras. Os maiores caladoiros
atópanse nas plataformas continentais onde se cría plancto xa que ofrecen boas condicións de:
temperatura, iluminación e riqueza da materia orgánica
Grandes caladoiros. Confluencia de correntes cálidas e frías que favorecen o desenvolvemento do
plancto. Destacan: Mar do Norte, Pacífico norte, Terranova, Mar do Xapón, Costas de Perú, Suroeste
de África e Illas Canarias.
A lexislación internacional permite que os países costeiros reserven para si o dereito de explotación da
zona que se estende dende a súa costa ata 370 km mar adentro. Para que os barcos dun país podan
pescar nas augas outro país asínanse acordos pesqueiros.
Actualmente os caladoiros están sobrexplotados, o cal pode supor o esgotamento e a desaparición
das especies. Para paliar esta situación os gobernos perseguen unha explotación sustentable do medio
mariño mediante: prohibición dalgunhas técnicas pesqueiras (arrastre), reducir o número de capturas,
controlar o tamaño das especies capturadas ou establecer temporadas de descanso biolóxico. Tamén se
desenvolveu a acuicultura que consiste na cría de organismos animais e vexetais acuáticos en
cautividade. Permite incrementar a dispoñibilidade e mariscos evitando que estes desaparezan. Sen
embargo tamén da problemas xa que moitas das especies de piscifactoría aliméntanse con fariñas de
peixes capturados en man aberto.

1.6 A explotación forestal

A explotación forestal ou silvicultura e o aproveitamento dos recursos dos bosques. Ocupa a moi
pouca poboación activa e gracias a ela obtemos materiais como a madeira, celulosa, caucho,
resina. Segundo a FAO os bosques cobren o 30% da área total da terra pero están moi
desigualmente distribuídos. As maiores extensións de bosques atópanse en Rusia, Canadá e Brasil.
Os recursos forestais e as actividades asociadas a este sector xeran riqueza e son un factor determinante
no desenvolvemento de certas zonas do planeta

Os problemas da explotación forestal


- Corta indiscriminada de árbores. Esgotan os bosques e a súa recuperación. As árbores autóctonas
son substituídas por especies de crecemento rápido formándose bosques artificiais conformados por
unha soa especie. Como alternativa proponse unha corta sostible que na que se cortan as árbores máis
vellas ou enfermas en vez de árbores xoves da mesma especie.
- Os incendios forestais causados por accións humanas ou naturais son responsables da perda de
miles de hectáreas o ano
- Redución da diversidade biolóxica por substitución de árbores autóctonas por monocultivos e
tamén polos incendios forestais
A preocupación polos problemas dos bosques e o cambio climático suscitaron unha maior atención por
parte dos organismos internacionais para buscar fomentar o desenvolvemento sostible
2. O SECTOR SECUNDARIO

2.1 A minaría

Mineral. Substancia material inorgánica que se atopa na codia terrestre formando parte das rochas.
Cando os minerais se atopan en concentracións elevadas falamos de xacementos.
Minería. Conxunto de actividades necesarias para extraer os minerais dos xacementos.

As explotacións mineiras clasificámolas en:


- Explotacións a ceo aberto. A máis estendida do mundo. Utilízase cando o mineral se atopa a
pouca profundidade e é de fácil acceso. Distinguimos entre minas a ceo aberto (xacementos
metálicos), canteiras (granito), explotacións ao descuberto (carbón) e minas de pracer (ouro)
- Minas subterráneas. Emprégase cando o mineral está a gran profundidade. Son moi custosas
xa que esixe escavar pozos e galerías seguindo a veta do xacemento.
- Minería submarina ou dragado. Barcos especiais (dragas) que escavan o fondo mariño. O
material extraído súbese ao barco e clasifícase.
- Minería por pozos de perforación. Para a extracción de combustibles (petróleo e gas natural)

2.2 As fontes de enerxía

Enerxía. Forza capaz de xerar un traballo. Consideramos como fontes de enerxía os recursos que
proporcionan a forza requirida polos procesos industriais, é dicir, a transformación das materias primas
en produtos elaborados.

Clasificación das fontes de enerxía.


a) Atendendo a súa duración distinguimos entre:
- Enerxías renovables que empregan recursos case inesgotables e non contaminantes.
Exemplos: enerxías hidráulicas, solar, eólica, mareomotriz, xeotérmica e biomasa. Empréganse
dende fai relativamente pouco.
- Enerxías non renovables. Poden esgotarse e non poden repoñerse a curto prazo. Exemplos:
uranio, carbón, petróleo e gas natural. Emprégase dende fai bastante tempo.
b) En función de onde se obteñan distinguimos entre:
- Enerxías primarias. Obtéñense directamente da natureza como os combustibles fósiles
(petróleo, carbón), uranio e as renovables (solar, eólica...)
- Enerxías secundarias. Prodúcense a partir dunha enerxía primaria como a electricidade,
gasolina, gasóleo, etc.
Os Desequilibrios entre produción e consumo. No século XXI prevese que o consumo de
enerxía estea en constante aumento. Este consumo proven en máis dun 80% de combustibles
fósiles (contaminantes e non renovables).
- Produtores: A. Saudí, Irán, Iraq, EUA, Rusia, Venezuela, Kuwait, Canadá etc.
- Grandes consumidores. China, UE, India, EUA, Xapón, etc.
Os desafíos do sistema enerxético son atender as necesidades crecentes da poboación mundial,
promover a eficiencia enerxética apostando polas enerxías renovables e investir en tecnoloxía para
desenvolver novas formas de almacenaxe e o xeito de transportar a enerxía.

2.3 Nacemento e desenvolvemento da industria

A industria inclúe tódalas actividades que teñen como fin transformar unha materia prima nun
produto elaborado. É a actividade máis importante do sector secundaria
O proceso industrial require: maquinas e enerxía para transformar a materia prima en produtos
elaborados, realízanse en espazos pechados, as fábricas, nas que se concentra gran número de
traballadores; e elabóranse grandes cantidades de produtos.
A industria estivo moi ligada ao desenvolvemento xa que esta permitiu o crecemento económico.

2.3.1 O traballo industrial a través da historia


a) O traballo artesanal. Anterior a Revolución Industrial (mediados do XVIII). Tódolos bens
(tecidos, alimentos, cerámica, ferramentas, etc) producíanse de forma manual con axuda de ferramentas
nos talleres. Cada un dos produtos era único é buscábase esa unicidade
2) A Primeira Revolución Industrial. Dende a segunda metade do XVIII a produción artesanal foi
substituída pola produción fabril grazas a mecanización o que implicou un aumento espectacular da
produción e continua reinversión dos beneficios en mellorar a produción
3) A Segunda Revolución Industrial. Dende a segunda metade do XIX prodúcese unha innovación
de tal grado que falamos dunha segunda revolución. Aparecen novos sectores (industria química,
siderúrxica, etc) e hai unha maior complexidade no proceso industrial coa aplicación de diversas
innovacións técnicas como o traballo en cadeas de montaxe
4) A industria actual. Os avances tecnolóxicos e informáticos aplicados a industria permitiron un
aumento da produción e da complexidade dos bens producidos. Produciuse unha especialización da
man de obra que viu reducida a súa achega ó proceso industrial

2.3.2 Clasificación da industria.


a) Polo seu grao de innovación e desenvolvemento tecnolóxico distinguimos entre industrias
maduras (téxtil, siderúrxica, naval, etc.) e industrias de tecnoloxía punta (biotecnoloxía,
telecomunicacións, robótica, etc.).
b) Polo destino dos produtos.
-Industria pesada ou de base.
- A que transforma as materias primas en produtos semielaborados que serán
empregados posteriormente por outras industrias. Require grandes investimentos,
ocupa moito espazo e localízase na proximidade dos depósitos de materias primas e
fontes de enerxía
- Dentro destas industrias destacan: química pesada, metalurxia, siderurxia, a
petroquímica, etc.
- Química pesada. Empregan gran variedade de materias primas (carbón,
hidrocarburos, xofre, sales, etc) para obter produtos de base para outras industrias
(combustibles, fertilizantes, ácidos, explosivos, etc)
- Metalurxia. Transforma minerais non férreos en metais, como o aluminio ou o
cobre, e produtos semielaborados (laminados, forxados e fundidos) para outras
industrias
- Siderurxia. Tipo de industria metalúrxica que transforma o mineral de ferro en
aceiro. Este aceiro será empregado por outras industrias para elaborar maquinaria,
ferramentas, etc
- Produtoras de enerxía. Todas aquelas que producen enerxía utilizando distintas
fontes como as centrais térmicas

- Industria de bens de equipo.


- Emprega como materia prima os produtos que proveñen da industria pesada para novos
materias e maquinarias necesarias para o desenvolvemento de outras industrias (bens de
consumo). Require grandes complexos industriais, elevados investimentos e man de
obra cualificada
- Tipos de industrias
- A metalurxia de transformación. Fabrica maquinaria industrial, materias para
transporte pesado, lixeiro e agrícola e material eléctrico e informático
- Industria de construción. Fabrica materiais para edificios e obras públicas
- Industria de materias de transporte
- Industria aeronáutica. Avións, helicópteros, etc
- Industria naval. Fabricación de barcos, iates, etc; nos estaleiros
- Industria ferroviaria. Vagóns, vías e compoñentes para os trens
- Industria aeroespacial. Satélites e naves espaciais

- Industria lixeira ou de bens de uso e de consumo


- Elabora os produtos destinados directamente ó consumidor a partir de materias
primas ou produtos semielaborados. Destacan:
- Industria téxtil e da confección. Emprega materias primas de orixe animal (la,
coiro), vexetal (algodón, liño), e fibras sintéticas (poliéster, acrílico) en tecidos que
son a base da confección
- Industria alimentaria. Transforma as materias primas que proceden da
agricultura, a pesca e a gandería; e prepáraas para o consumo
- Industria automobilística. Fabrica todo tipo de vehículos (coches, motocicletas,
etc). Esta en mans de grandes multinacionais que distribúen o proceso de fabricación
dos vehículos entre diversos países
- Industria química lixeira. Elabora cosméticos, deterxentes, plásticos, pinturas, etc
- Industria electrónica. Fabrica produtos de alta tecnoloxía como ordenadores,
aparellos audiovisuais, electrodomésticos, etc.
- Outras industrias. Existen un gran número de industrias lixeiras coma a do moble,
do libro e imprenta, etc

2.4 Os trazos do sistema industrial actual

Características do novo modelo de produción industrial: o posfordismo.


- Desenvolvemento de novas tecnoloxías e industrias. Informática, biotecnoloxía,
telecomunicacións, etc.
- A satisfacción dos gustos individuais de cada consumidor. Modelos diferentes de cada
produto para cubrir gustos e necesidades.
- Un sistema de produción flexible, automatizado e altamente especializado.
- Incorporación dos países emerxentes ao desenvolvemento industrial.

A importancia da investigación
As empresas industriais adican unha parte importante do seu capital a Investigación,
Desenvolvemento e Innovación (I+D+I). Dúas innovacións supuxeron un gran cambio para a
industria do século XXI: a procura de novos materiais, aplicados na industria téxtil, alimentaria,
electrónica ou biotecnolóxica; e o desenvolvemento da nanotecnoloxía, aplicada en ordenadores,
medicina, electrónica, etc.

A descentralización da produción.
A Globalización potenciou a competitividade empresarial e territorial co obxectivo de aforrar custos.
As empresas aplican a descentralización produtiva que é unha estratexia empresarial consistente en
desprenderse dalgunha fase da produción ou dalgunha actividade empresarial. Realízase de tres xeitos:
- Deslocalizar. Unha empresa pode localizar as distintas fases da produción industrial en
diferentes territorios aproveitando as vantaxes que ofrece cada un.
- Subcontratar. Contratar a outras empresas especializadas nunha determinada actividade (ex.
Contabilidade, publicidade…).
- Cooperación. Acordos de colaboración con outras empresas.

A automatización e terciarización do sector industrial.


Automatización. A industria tende a substituír a man de obra por máquinas e robots para encargarse
das tarefas mecánicas. Desta maneira rebaixa os custes de produción e aumenta a produtividade. As
consecuencias son a redución do emprego industrial e unha maior cualificación para a realización do
traballo industrial. Como consecuencia reduciuse e redúcese o número de empregos non cualificados.
Terciarización. As industrias para mellorar a calidade dos produtos e ser máis competitivos
desenvolven servizos non relacionados directamente co proceso de fabricación como: mercadotecnia,
loxística, deseño, investigación, etc., que pertencen ao sector terciario, pero que están integradas no
proceso industrial.

As multinacionais.
Multinacional. Gran empresa que ten filiais ou establecementos en moitos países. O seu
desenvolvemento actual esta ligada ao crecemento do comercio mundial (globalización económica), aos
avances no transporte e nas tecnoloxías da información e a comunicación. Estas empresas teñen un
poder que supera a de moitos estados. Son moi competitivas:
- Aproveitan as vantaxes que ofrece cada país (salarios, lexislación laboral, medioambiental, etc).
- Utilizan tecnoloxías moi avanzadas e teñen gran capacidade para inverter en investigación.
- Producen grandes cantidades dun produto a prezos moi baixos.

2.5 Factores de localización industrial

Espazo industrial. Lugar de transformación de materias primas en produtos manufacturados


destinados ó consumo directo ou a novas transformacións para outras industrias (semielaborados)
A localización dunha industria nun determinado lugar depende dunha serie de factores. Na
actualidade os factores máis importantes están ligados a globalización económica, a
deslocalización e as telecomunicacións.
1. Acceso a innovación e a información. Factor esencial para as industrias, de tecnoloxía punta
especialmente. Tenden a situarse en espazos industriais moi consolidados, con boas comunicacións,
servizos e próximas a centros universitarios ou de investigación.
2. A proximidade doutras industrias. Permite que as industrias de nova creación se beneficien das
infraestruturas e servizos existentes, así como da presenza doutras industrias similares ou
complementarias
3. Existencia dunha infraestrutura comercial e de transportes. Importante para a distribución das
materias primas e dos produtos
4. Capital. Sen investimento non hai industria.
5.Proximidade aos mercados. Mantén a súa importancia para as industrias de bens de servizos e para
as de produtos perecedoiros.
6. Dispoñibilidade de man de obra. Algunhas industrias buscan man de obra barata (deslocalización)
e outras a calidade e a formación
7. Proximidade as materias e fontes e enerxía foron un factor importante para as primeiras
industrias. Actualmente xa non é tan importante
8. Factores medioambientais. As empresas máis contaminantes aséntanse en zonas pouco poboadas
ou en países cunha lexislación máis permisiva.
9. Outros factores. Prezo do solo e o papel do Estado.

3. O SECTOR TERCIARIO

3.1 As actividades de servizos

Actividades terciarias. Tódalas aquelas que non producen nin transforman materias, senón que están
relacionadas coa prestación de servizos a poboación. Destacan: comercio, transportes, turismo,
medios de comunicación, sanidade, educación, servizos financeiros, etc
As actividades terciarias vertebran a economía mundial e permiten o fluxo de mercadorías,
persoas, servizos e información; buscando a eficacia e a rapidez

3.1.1. A evolución do sector terciario. A importancia dos servizos


O crecemento deste sector produciuse grazas ós cambios que se deron nas sociedades
industrias nos últimos sesenta anos, tanto polo seu volume económico como pola cantidade de
traballadores que emprega xa que parte da man de obra agrícola e industrial pasa a traballar no sector
terciario e polo desenvolvemento do nivel de vida da poboación e a demanda de servizos por parte das
empresas. Desta maneira é o sector máis importante na sociedade actual, como o demostra a súa
incidencia no PIB e no número de xente empregada neste sector. Estase a producir unha
terciarización da economía e o emprego.
A súa importancia varía en función do desenvolvemento económico da sociedade a que se trate xa que
existen notables diferenzas no referente a calidade dos servizos prestados entre os países
desenvolvidos e subdesenvolvidos.
- Nos países desenvolvidos os servizos tenden a localizarse nas grandes áreas urbanas, nos
espazos máis desenvolvidos e nas zonas turísticas, ocupan a máis do 60% da poboación activa
e nas grandes cidades este porcentaxe pode ser superior o 80% e a calidade dos servizos, ampla e
variada, proporciona un elevado grao de benestar á poboación.
- Nos países subdesenvolvidos aínda que tamén medra considerablemente o sector
servizos este non ocupa tantos traballadores nin ten tanto peso no PIB. A maior parte dos
traballadores do sector pertencen a administración pública ou adícanse o comercio. Os
servizos sociais son de baixa calidade e a sanidade e a educación non chegan a gran maioría
das persoas

3.1.2. Tipos de servizos


O sector está formado por un conxunto de actividades moi diversas cuxas finalidades e
obxectivos poden ser totalmente distintos. Debido a súa amplitude e heteroxeneidade é difícil
establecer unha clasificación. A máis común é a que distingue entre:
- Servizos públicos. En conxunto, ofrecen ós habitantes dos países desenvolvidos o
denominado como Estado do benestar. Creados e xestionados polas administracións públicas
(administración central, autonomías, concellos) co obxectivo e garantir unha serie de servizos
básicos a poboación de forma:
- Directa. Administración central, defensa, educación, sanidade, etc
- Supervisando as entidades privadas que fornecen estes servizos. Educación
concertada, autobuses urbanas da Coruña, Alvedro, etc
- Servizos privados. Creados e xestionados polas empresas privadas co fin de obter un beneficio
económico. Exemplos: turismo, comercio, medios de comunicación, servizos informáticos,
servizos financeiros, etc

3.1.3 A deslocalización dos servizos


Tradicionalmente, os servizos, de empresas e de actividades administrativas do Estado,
concentráronse nas áreas urbanas, onde hai un maior número de consumidores. Así os servizos
máis cualificados e avanzados adoitan localizarse en grandes áreas urbanas formando distritos de
negocios, mentres que os servizos das administracións públicas, os servizos sociais e o comercio
atópanse máis dispersos polo territorio.
As melloras na comunicación e nas infraestruturas de transporte provocaron importantes
cambios na localización dos servizos, permitindo que as empresas dos países desenvolvidos
trasladen algún dos seus servizos a países menos desenvolvidos, onde a man de obra é máis barata.

Actividades realizadas por empresas do sector servizos estanse deslocalizando a países do leste de
Europa e de Sudamérica, China, India, etc; xa que contan cunha numerosa poboación universitaria con
coñecementos de inglés e boas infraestruturas de telecomunicacións.
Os países en vías de desenvolvemento favorecen estas deslocalizacións xa que supoñen a
creación de moitos empregos e aumento na recadación pública.

3.2 O comercio

Comercio. Conxunto de actividades económicas que ten como finalidade conectar os produtores cos
consumidores, mediante a compra e venda de mercadorías e servizos. É unha das actividades
económicas máis importantes por volume de negocio e de empregos que xera.

Factores que máis inflúen na actividade comercial:


- O transporte e as súas infraestruturas. Uns medios de transporte modernos e unha boa rede
de comunicacións favorecen o comercio ao facilitar o contacto entre produtores e consumidores.
- A densidade de poboación e a súa capacidade adquisitiva. Canto máis grandes sexa a
poboación e o seu nivel de riqueza maior será o mercado.
As cidades concentran gran parte da actividade comercial, pois presentan maior densidade de
poboación, maior renda per cápita e mellores redes viarias.

3.2.1 Clasificación do comercio


a) Comercio interior. O que se leva a cabo dentro das fronteiras dun país. Nos países
desenvolvidos o crecemento do comercio está relacionado co consumo dos seus habitantes e das súas
empresas. Os circuítos do comercio interior organízanse en dous grupos diferentes:

- Comercio ó por maior. Compras de grandes cantidades ós produtores polos centros de


distribución para vendelos á outros comerciantes ou empresas. Os produtos adoitan almacenarse
nos mercados centrais onde acoden os minoristas a adquirilo.

- Comercio minorista. Os que venden directamente os produtos os consumidores finais

b) Comercio exterior. Actividades comerciais que se realizan entre países. As compras de


produtos estranxeiros chámanse importacións e os produtos dun país que se venden noutro chámanse
exportacións. O comercio exterior crea, entre os países onde se establece, unha corrente de
importacións e exportacións. A valoración final desta corrente determina en cada país a balanza
comercial (diferenzas entre as importacións e exportacións)
- Balanza comercial positiva. Cando as exportacións superan as importacións, a balanza
comercial presenta superávit para o país
- Balanza comercial negativa. Cando as exportacións son menores que as importacións, a
balanza comercial presenta déficit
Balanza de pagamentos. Formada polo conxunto da balanza comercial e o resto de transaccións
económicas (servizos e capitais) que un país realiza co estranxeiro
Os intercambios non son equilibrados e baséanse nun troco desigual onde os países máis
desenvolvidos importan materias primas e produtos elaborados, como téxtiles, e produtos alimenticios
máis baratos, e exportan produtos de alto valor engadido, como tecnoloxía

3.2.2 A organización do comercio mundial

O comercio mundial está regulado por acordos que se establecen entre os países e na OMC, a
que pertencen case tódolos países do mundo. O obxectivo da OMC e a de lograr acordos que
faciliten o comercio internacional, eliminando barreiras comerciais (aranceis, subvencións, etc) e
prácticas desleais (vender a prezos máis baixos cos de produción).
Para favorecer o comercio moitos países únense formando bloques comerciais. Tres tipos:
a) Área de libre comercio. Zona integrada pro distintos países onde o comercio de mercadorías
está exento do pago de taxas aduaneiras e, polo tanto, poden circular libremente. Cada país da
área de libre comercio mantén a súa independencia en política comercial podendo comerciar con
países que non pertenzan a esta área. Exemplo Tratado de Libre Comercio de América do Norte
(NAFTA).
b) Unión Aduaneira. Área de libre comercio onde tamén se establece unha política aduaneira
común fronte a países non membros. Exemplo a UE.
c) Unións de países produtores. Asociacións creadas para o comercio dun produto concreto.
Exemplo, Organización de Países Exportadores de petróleo OPEP

O comercio mundial medrou intensamente coa globalización pero este crecemento non beneficiou por
igual a tódolos países. O 85% do comercio mundial prodúcese nos países desenvolvidos e nos países
emerxentes.
As tradicionais grandes áreas comercias do mundo foron dende a 2ª metade do século XX a UE,
os EUA e Xapón. Sen embargo dende finais do século XX situación do comercio cambiou
debido a tres factores: a globalización, o crecemento dos novos países industrializados, en
especial China e a crise iniciada no 2007.

Grandes eixes comerciais.

-Eixe EUA-China. Estes dous países concentran a maior porcentaxe de exportacións e


importacións mundiais.

- Novos eixes comerciais. Os países emerxentes estanse convertendo nos principais


protagonistas do actual crecemento económico. Por iso está aumentando:
- Os fluxos comerciais entre os países emerxentes de Asia, África e América Latina e
as potencias tradicionais (EUA e a UE).
- Os fluxos comerciais entre os países emerxentes: fundamentalmente entre Asia e
América Latina e entre Asia e África.
O comercio da Unión Europea
A UE é a primeira potencia comercial do mundo, efectúa máis do 20 % das exportacións mundiais.
O 71 % das exportacións dos países da UE realízanse dentro do ámbito da UE. Fora da UE os
principais destinos das exportacións son: EUA, China, Suíza, Rusia e Turquía. As principais
importacións que realiza a UE proceden de China, Rusia, EUA, Noruega e Suíza. Alemaña é o país da
UE que máis exporta.
O 86 % das exportacións da UE son bens industriais como: maquinaria, produtos químicos,
equipos de transporte, etc. O 14 % restante son fundamentalmente mercadorías agrícolas ou da
agroindustria (viño, cereais, produtos cárnicos). A UE negocia acordos comerciais con outros
países (países do Magreb, Turquía, etc).

3.3 O transporte

3.3.1 Elementos e funcións dos servizos de transportes.


a) Elementos
- Transporte. Actividade fundamental do sector servizos consistente no traslado de persoas e
mercadorías dun lugar a outro.
- Elementos dos servizos de transportes.

- Medios de transporte. Vehículos para os traslados como automóbiles, ferrocarrís, avións,


barcos, etc.

- As infraestruturas. Elementos necesarios para que funcionen os medios de transporte:


estradas, vías férreas e estacións, aeroportos, portos, gasodutos e oleodutos.

b) Funcións.
-Función económica. O transporte permite o intercambio e o desprazamento da
poboación, e básico para outras actividades económicas como o ocio e o turismo e tamén é
fundamental nos procesos de deslocalización que se dan como resultado da globalización
económica.
-Función social. Favorecen as relacións humanas, o intercambio cultural e o coñecemento de
realidades doutros países.
-Función política. Unha rede de transportes densa e equilibrada contribúe a unión dos
habitantes que comparten un territorio. Os gobernos deseñan redes de transporte tendo en
conta os efectos políticos das mesmas. Tamén o control de certas infraestruturas de
transporte ten un valor estratéxico crucial nas relacións de poder entre países.

A intermodalidade no transporte. Confluencia de polo menos dous medios de transporte nun


mesmo lugar co obxectivo de aforrar tempo e gasto. Nalgunhas cidades atopámonos con estacións
nas que conflúen trens de cercanías, metro, autobuses e taxis, e que permiten enlazar con aeroportos e
portos.
3.3.2. O transporte terrestre

a) O transporte por estrada


A estrada como vía de comunicación non foi moi importante ata principios do século XX debido o
incipiente desenvolvemento da industria automobilística. Actualmente o crecemento na
construción de estradas e o aumento de vehículos de motor é constante a escala mundial
As súas principais vantaxes son a comodidade e a flexibilidade xa que é o único medio que
permite ir directamente do lugar de orixe o destino. Polo tanto é transporte máis axeitado e
rendible para as distancia curtas e de mercadorías de pouco peso. Sen embargo ten importantes
inconvenientes que fan que algúns países aposten por outros medios de transporte xa que: depende
dunha rede de infraestruturas custosa como son as autoestradas, estradas, túneles, pontes, etc, ten
escasa capacidade de carga, provoca un elevado número de accidentes nas estradas así como de
enormes atascos; e xera una elevadísima contaminación.

b) O transporte por ferrocarril


Ademais do ferrocarril tamén incluímos o metro e o tranvía. Aparece a principios do XIX e a súa
rapidez e gran capacidade modificaron o concepto das distancias. Ata a I Guerra Mundial o
ferrocarril foi o sistema de transporte predominante. Distinguimos entre o transporte de
mercadorías e o de persoas.
- Transporte de persoas. Actualmente é un medio moi utilizado nas grandes cidades, onde é
necesario contar cunha boa rede de trens de proximidade e metro. Nos últimos anos
incrementouse o transporte a media distancia grazas ao desenvolvemento dos trens de alta
velocidade.
- Transporte de mercadorías. É moi útil para o transporte de mercadorías xa que se poden
trasladar grandes volumes de produto de distinto tipo en vagóns específicos (frigoríficos,
cisternas. Contedores, etc).

Vantaxes do transporte por ferrocarril. É máis seguro, barato e rápido ca o transporte por estrada e
ademais é menos contaminante co transporte por estrada.
Inconvenientes. É pouco flexible xa que segue rutas fixas marcadas polas vías férreas e necesita unhas
infraestruturas custosas tanto para construílas como para mantelas.

c) As redes de transporte terrestre.


As redes de transporte son un factor clave no desenvolvemento dos países. Nos países
desenvolvidos a r rede de transportes é moi densa, cun alto grao de interconectividade e está ben
xerarquizada. As maiores redes de estradas e ferrocarril se atopan en Europa, América do Norte,
Xapón e Australia.
Nos países subdesenvolvidos A rede de ferrocarril adoita ser pouco densa e as estradas atópanse mal
acondicionadas e resultan insuficientes.
3.3.3 Características do transporte naval
Abrangue o transporte marítimo e o fluvial. É o mais importante medio de transporte de
mercadorías por volume do mundo, máis do 90 % do comercio mundial realízase por esta vía. É
barato pero lento, por iso foi desbancado polo avión no traslado de persoas a longas distancias.
Necesita infraestruturas portuarias para acoller grandes buques e manipular a carga: peiraos
profundos, lugares de amarre, guindastres, edificios administrativos, aduanas, etc.. Esixe enormes
investimentos. Os estados financias os portos mentres que os buques pertence as grandes compañías
navieiras (armadores) que poden ser públicas ou privadas.
O transporte naval segue rutas fixas marcadas pola capacidade dos portos e o seu tipo. Segundo a
súa función os portos clasifícanse en portos industriais, comerciais, de pasaxeiros, deportivos,
pesqueiros, etc.
É un transporte moi contaminante debido aos buques que limpan os depósitos en mar aberto ou
polos accidentes que provocan as mareas negras.

Principais rutas navais.


a) Transporte marítimo. O transporte marítimo realizase por rutas transoceánicas moi transitadas que
comunican os grandes centros económicos mundiais. Principais rutas marítimas.
- Ruta do Atlántico Norte. Une Europa Occidental con América do Norte
- Ruta do Pacífico. Une os mercados asiáticos e australianos con América, e que se comunica
con Europa a través do canal de Panamá.
- Ruta do Mediterráneo. Une Europa cos océanos Índico e Pacífico a través do canal de Suez.
Comunica Asia e os países de Oriente Medio con Europa e os EUA.
b) Transporte fluvial. Realízase nos grandes ríos navegables como o Mississippi, o Danubio, Rin,
Volga, Mekong, Iangtse, Nilo ou o Congo.

3.3.4. Características do trasporte aéreo.


O transporte aéreo destínase principalmente ao destino de pasaxeiros a longa distancia. As
mercadorías transportadas por este medio restrínxense as máis urxentes (medicinas), as de gran valor.
Vantaxes da aviación. Medio rápido, seguro e cómodo
Desvantaxes da aviación. É o medio máis caro e a súa capacidade é limitada. É moi
contaminante xa que provoca contaminación atmosférica (combustión do queroseno) e acústica.
Ademais require unha complexa e tecnificada infraestrutura que supón altos custos. Os pasaxeiros
vense obrigados a pasar rigorosos controis de seguridade tralos atentados terroristas do 11-S do
2001, que fixeron aumentar o tempo de espera nos aeroportos.
As compañías tradicionais entraron nun proceso de declive ao proliferar as compañías de baixo custo
(compañías low cost). Por esta razón os gobernos liberalizaron as compañías públicas privatizándoas ou
fusionándose para ser máis competitivas.
Principais rutas.
Os aeroportos conéctanse a través das rutas aéreas. Estás medraron nas últimas décadas, contribuíndo á
globalización económica. Principais rutas:
- Ruta entre América do Norte e Europa. Principal ruta aérea do mundo representando o 30
% do volume total.
- Ruta entre Europa e Asia. 13 % do volume total. Oriente Medio converteuse nun centro
aéreo de rápido crecemento. Os aeroportos de Doha, Abu Dhabi e Dubai concentran arredor do
15 % de todo o tráfico entre Europa e Asia.
- Ruta entre Asia e América do Norte. 12 % do volume total.

3.4 O turismo

Turismo. Desprazamento temporal co fin de lecer, descanso, coñecemento, etc; de persoas dende o
seu lugar de residencia cara outros lugares. Desenvolveuse de maneira paralela a sociedade de
consumo e a revolución dos transportes. A importancia do turismo dende o punto de vista
económico é cada vez maior. No ano 2013 o turismo supuxo o 9 % do PIB mundial e ademais un de
cada once postos de traballo están adicados a esta actividade.

Efectos positivos do turismo.


- Importante fonte de ingresos e de postos de traballo. As divisas dos turistas permiten
equilibrar a balanza de pagamentos, financiar as importacións, incrementar os bens de consumo e
crear novos postos de traballo.
- Dálle valor económico ao patrimonio natural e cultural, o que axuda a conservalo.
- Fomenta o coñecemento entre culturas.
Efectos negativos do turismo.
- Degradación das paisaxes naturais como consecuencia da masiva proliferación de
infraestruturas turísticas así como das actividades asociadas o sector. A longo prazo é prexudicial
para as zonas saturadas.
- Unha parte importante dos beneficios do turismo no Terceiro Mundo non se quedan nestes
países senón que pasan as mans dos grandes turoperadores mundiais. Tamén afecta as sociedades
tradicionais xa que os seus usos e costumes propias poden desaparecer.
- A degradación de ecosistemas fráxiles, dun amento na presión sobre recursos naturais como a
auga e o aumento da contaminación.

Evolución do turismo. O turismo medrou a partir da segunda metade do século XX cando nos países
desenvolvidos se xeneralizaron avances sociais como o dereito a vacacións retribuídas. No 2012
superáronse por primeira vez os 1.000 millóns de turistas internacionais, e entre uns 5.000 e 6.000
millóns de turistas internos (dentro dos seus países).

Tipos de turismo. Os motivos para viaxar son moi diversos e case sempre estes son varios. Podemos
agrupar os tipos de turismo en: turismo de sol e praia (prima o descanso xunto ao mar), turismo
cultural (Interese por monumentos, museos, espectáculos, gastronomía, etc.), turismo rural (contacto
coa natureza), turismo deportivo (tanto deporte convencional como de aventura.), turismo de xogo
(apostas, casinos, etc.), turismo de visita a amigos e familiares, turismo de saúde (balnearios, spa,
etc.), turismo relixioso (peregrinacións a lugares santos), turismo de compras, turismo comercial
ou de negocios, turismo de congresos e convencións e turismo formativo e educativo.

Destinos do turismo. Europa constitúe o principal destino turístico do mundo. Por países
Francia, EUA, España e China son os que reciben máis visitantes estranxeiros e ingresos por
esta actividade.
- Europa. No ano 2013 recibiu o 52 % dos turistas internacionais xerando un 42 % dos ingresos
mundiais por esta actividade. Principais receptores turísticos: Francia, España, Italia, Grecia,
Inglaterra, Alemaña, etc. Destaca o seu gran patrimonio histórico, artístico e cultural pero
tamén o clima e as praias dos países Mediterráneos.
- A rexión de Asia-Pacífico. A que máis medrou no 2013. Recibiu o 23 % dos turistas e o 31 %
dos ingresos. A cultura asiática resulta cada vez máis atractiva para os occidentais. Os países máis
visitados son China, Tailandia, Malaisia e Vietnam.
- América. Ocupa o terceiro lugar. O país máis visitado e os EUA, ségueo México e en terceiro
lugar os países da área do Caribe.
- África. Non presenta unha actividade turística importante. A carencia de infraestruturas
turísticas limitan a afluencia de visitantes. Marrocos, Tunisia e Sudáfrica son os países que máis
turistas reciben.
- Oriente Medio. Situase no último lugar en recepción de turistas e é a única rexión que
experimentou un descenso debido a inestabilidade política da zona. Países turísticos como
Exipto e Siria viron como perdían unha moi importante parte dos seus ingresos por estes
motivos. Na actualidade o principal receptor de turistas é Arabia Saudí, debido a motivos
relixiosos (A Meca); seguido do Emiratos Árabes.

You might also like