You are on page 1of 38

U.

D 2 O SECTOR
SECUNDARIO

A MINERÍA

AS FONTES DE ENERXÍA

NACEMENTO E DESENVOLVEMENTO DA INDUSTRIA

OS TRAZOS DO SISTEMA INDUSTRIAL ACTUAL

FACTORES DE LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL
1. A MINERÍA
A actividade mineira.

Mineral. Substancia material inorgánica que se atopa na codia terrestre
formando parte das rochas. Cando os minerais se atopan en concentracións
elevadas falamos de xacementos.

Minería. Conxunto de actividades necesarias para extraer os minerais dos
xacementos.

Explotacións mineiras. Clasificámolas en:
 Explotacións a ceo aberto. A máis estendida do mundo. Utilízase cando o mineral se atopa
a pouca profundidade e é de fácil acceso. Distinguimos entre minas a ceo aberto (xacementos
metálicos), canteiras (granito), explotacións ao descuberto (carbón) e minas de pracer (ouro)
 Minas subterráneas. Emprégase cando o mineral está a gran profundidade. Son moi
custosas xa que esixe escavar pozos e galerías seguindo a veta do xacemento.
 Minería submarina ou dragado. Barcos especiais (dragas) que escavan o fondo mariño. O
material extraído súbese ao barco e clasifícase.
 Minería por pozos de perforación. Para a extracción de combustibles (petróleo e gas
natural)
AS FONTES DE ENERXÍA

Clasificación das fontes de enerxía.



Enerxía. Forza capaz de xerar un traballo. Consideramos como fontes de
enerxía os recursos que proporcionan a forza requirida polos procesos
industriais, é dicir, a transformación das materias primas en produtos
elaborados.

Atendendo a súa duración distinguimos entre:
 Enerxías renovables que empregan recursos case inesgotables e non contaminantes.
Exemplos: enerxías hidráulicas, solar, eólica, mareomotriz, xeotérmica e biomasa.
Empréganse dende fai relativamente pouco.
 Enerxías non renovables. Poden esgotarse e non poden repoñerse a curto prazo.
Exemplos: uranio, carbón, petróleo e gas natural. Emprégase dende fai bastante tempo.

En función de onde se obteñan distinguimos entre:
 Enerxías primarias. Obtéñense directamente da natureza como os combustibles
fósiles (petróleo, carbón), uranio e as renovables (solar, eólica...)
 Enerxías secundarias. Prodúcense a partir dunha enerxía primaria como a
electricidade, gasolina, gasóleo, etc.
AS FONTES DE ENERXÍA

Os Desequilibrios entre produción e consumo.



No século XXI prevese que o consumo de enerxía estea
en constante aumento. Este consumo proven en máis dun
80% de combustibles fósiles (contaminantes e non
renovables).
 Produtores: A. Saudí, Irán, Iraq, EUA, Rusia, Venezuela, Kuwait,
Canadá etc.
 Grandes consumidores. China, UE, India, EUA, Xapón, etc.

Desafíos do sistema enerxético
 Atender as necesidades crecentes da poboación mundial.
 Promover a eficiencia enerxética apostando polas enerxías renovables.
 Investir en tecnoloxía para desenvolver novas formas de almacenaxe e
o xeito de transportar a enerxía.
NACEMENTO E DESENVOLVEMENTO DA INDUSTRIA

Definición de industria.
– A industria inclúe tódalas actividades que teñen como fin transformar unha
materia prima nun produto elaborado. É a actividade máis importante do sector
secundaria
O proceso industrial require:
– Maquinas e enerxía para transformar a materia prima en produtos elaborados.
– Realízanse en espazos pechados, as fábricas, nas que se concentra gran número de traballadores
– Elabóranse grandes cantidades de produtos.
A industria estivo moi ligada ao desenvolvemento xa que esta permitiu o crecemento
económico.
O traballo industrial a través da historia
O traballo artesanal.

Anterior a Revolución Industrial (mediados do XVIII)

Tódolos bens (tecidos, alimentos, cerámica, ferramentas, etc) producíanse de forma manual con axuda de
ferramentas nos talleres

Cada un dos produtos era único é buscábase esa unicidade
A Primeira Revolución Industrial

Dende a segunda metade do XVIII a produción artesanal foi substituída pola produción fabril grazas a
mecanización

Aumento espectacular da produción e continua reinversión dos beneficios en mellorar a produción
A Segunda Revolución Industrial

Dende a segunda metade do XIX prodúcese unha innovación de tal grado que falamos dunha segunda
revolución

Novos sectores (industria química, siderúrxica, etc). Maior complexidade no proceso industrial coa aplicación
de diversas innovacións técnicas como o traballo en cadeas de montaxe
A industria actual

Os avances tecnolóxicos e informáticos aplicados a industria permitiron un aumento da produción e da
complexidade dos bens producidos

Especialización da man de obra que viu reducida a súa achega ó proceso industrial
NACEMENTO E DESENVOLVEMENTO DA INDUSTRIA

As industrias clasifícanse segundo dous criterios.


● Polo seu grao de innovación e desenvolvemento tecnolóxico.
– Industrias maduras. Téxtil, siderúrxica, naval, etc.
– Industrias de tecnoloxía punta. Biotecnoloxía, telecomunicacións,
robótica, etc.
● Polo destino dos produtos.
– Industrias pesadas ou de base.
– Industrias de bens de equipo.
– Industrias de bens de consumo.
NACEMENTO E DESENVOLVEMENTO DA INDUSTRIA

Industria pesada ou de base.


● A que transforma as materias primas en produtos

semielaborados que serán empregados posteriormente por


outras industrias
● Require grandes investimentos, ocupa moito espazo e

localízase na proximidade dos depósitos de materias


primas e fontes de enerxía
● Dentro destas industrias destacan: química pesada,

metalurxia, siderurxia, a petroquímica, etc.


NACEMENTO E DESENVOLVEMENTO DA INDUSTRIA

Industria pesada ou de base.



Química pesada. Empregan gran variedade de materias primas (carbón,
hidrocarburos, xofre, sales, etc) para obter produtos de base para outras
industrias (combustibles, fertilizantes, ácidos, explosivos, etc)

Metalurxia. Transforma minerais non férreos en metais, como o
aluminio ou o cobre, e produtos semielaborados (laminados, forxados e
fundidos) para outras industrias

Siderurxia. Tipo de industria metalúrxica que transforma o mineral de
ferro en aceiro. Este aceiro será empregado por outras industrias para
elaborar maquinaria, ferramentas, etc

Produtoras de enerxía. Todas aquelas que producen enerxía utilizando
distintas fontes como as centrais térmicas
NACEMENTO E DESENVOLVEMENTO DA INDUSTRIA

Industria de bens de equipo



Emprega como materia prima os produtos que proveñen da industria pesada para
novos materias e maquinarias necesarias para o desenvolvemento de outras
industrias (bens de consumo)

Require grandes complexos industriais, elevados investimentos e man de
obra cualificada

Tipos de industrias
– A metalurxia de transformación. Fabrica maquinaria industrial, materias para transporte
pesado, lixeiro e agrícola e material eléctrico e informático
– Industria de construción. Fabrica materiais para edificios e obras públicas
– Industria de materias de transporte
– Industria aeronáutica. Avións, helicópteros, etc
– Industria naval. Fabricación de barcos, iates, etc; nos estaleiros
– Industria ferroviaria. Vagóns, vías e compoñentes para os trens
– Industria aeroespacial. Satélites e naves espaciais
NACEMENTO E DESENVOLVEMENTO DA INDUSTRIA

Industria lixeira ou de bens de uso e de consumo



Elabora os produtos destinados directamente ó consumidor a partir de
materias primas ou produtos semielaborados. Destacan:
– Industria téxtil e da confección. Emprega materias primas de orixe animal (la, coiro),
vexetal (algodón, liño), e fibras sintéticas (poliéster, acrílico) en tecidos que son a base da
confección
– Industria alimentaria. Transforma as materias primas que proceden da agricultura, a
pesca e a gandería; e prepáraas para o consumo
– Industria automobilística. Fabrica todo tipo de vehículos (coches, motocicletas, etc).
Esta en mans de grandes multinacionais que distribúen o proceso de fabricación dos
vehículos entre diversos países
– Industria química lixeira. Elabora cosméticos, deterxentes, plásticos, pinturas, etc
– Industria electrónica. Fabrica produtos de alta tecnoloxía como ordenadores, aparellos
audiovisuais, electrodomésticos, etc.
– Outras industrias. Existen un gran número de industrias lixeiras coma a do moble, do
libro e imprenta, etc
OS TRAZOS DO SISTEMA INDUSTRIAL ACTUAL

Características do novo modelo de produción industrial: o


posfordismo.

Desenvolvemento de novas tecnoloxías e industrias. Informática,
biotecnoloxía, telecomunicacións, etc.

A satisfacción dos gustos individuais de cada consumidor.
Modelos diferentes de cada produto para cubrir gustos e necesidades.

Un sistema de produción flexible, automatizado e altamente
especializado.
● Incorporación dos países emerxentes ao desenvolvemento industrial.
OS TRAZOS DO SISTEMA INDUSTRIAL ACTUAL

A importancia da investigación
● As empresas industriais adican unha parte importante do seu capital a

Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+I)


● Dúas innovacións supuxeron un gran cambio para a industria do século

XXI.
– A procura de novos materiais. Aplicados na industria téxtil, alimentaria,
electrónica ou biotecnolóxica.
– O desenvolvemento da nanotecnoloxía, aplicada en ordenadores, medicina,
electrónica, etc.
OS TRAZOS DO SISTEMA INDUSTRIAL ACTUAL

A descentralización da produción.

A Globalización. Potenciou a competitividade empresarial e territorial co
obxectivo de aforrar custos.

A descentralización produtiva. Estratexia empresarial consistente en
desprenderse dalgunha fase da produción ou dalgunha actividade
empresarial. Realízase de tres xeitos:
– Deslocalizar. Unha empresa pode localizar as distintas fases da produción industrial
en diferentes territorios aproveitando as vantaxes que ofrece cada un.
– Subcontratar. Contratar a outras empresas especializadas nunha determinada
actividade (ex. Contabilidade, publicidade…).
– Cooperación. Acordos de colaboración con outras empresas.
OS TRAZOS DO SISTEMA INDUSTRIAL ACTUAL

A automatización e terciarización do sector industrial.



Automatización. A industria tende a substituír a man de obra por máquinas e
robots para encargarse das tarefas mecánicas. Desta maneira rebaixa os custes
de produción e aumenta a produtividade. Consecuencias:
– Redución do emprego industrial. Menos man de obra.
– Maior cualificación para a realización do traballo industrial. Como consecuencia reduciuse
e redúcese o número de empregos non cualificados.

Terciarización. As industrias para mellorar a calidade dos produtos e ser máis
competitivos desenvolven servizos non relacionados directamente co proceso
de fabricación como: mercadotecnia, loxística, deseño, investigación, etc., que
pertencen ao sector terciario, pero que están integradas no proceso industrial.
OS TRAZOS DO SISTEMA INDUSTRIAL ACTUAL

As multinacionais.

Multinacional. Gran empresa que ten filiais ou establecementos en moitos países.

O seu desenvolvemento actual esta ligada ao crecemento do comercio mundial
(globalización económica), aos avances no transporte e nas tecnoloxías da
información e a comunicación.

Estas empresas teñen un poder que supera a de moitos estados. Son moi
competitivas:
– Aproveitan as vantaxes que ofrece cada país (salarios, lexislación laboral, medioambiental, etc).
– Utilizan tecnoloxías moi avanzadas e teñen gran capacidade para inverter en investigación.
– Producen grandes cantidades dun produto a prezos moi baixos.
FACTORES DE LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL
Introdución
 Espazo industrial. Lugar de transformación de materias primas en
produtos manufacturados destinados ó consumo directo ou a novas
transformacións para outras industrias (semielaborados)
 A localización dunha industria nun determinado lugar depende
dunha serie de factores. Na actualidade os factores máis importantes
están ligados a globalización económica, a deslocalización e as
telecomunicacións.
FACTORES DE LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL
1. Acceso a innovación e a información. Factor esencial para as
industrias, de tecnoloxía punta especialmente. Tenden a situarse en
espazos industriais moi consolidados, con boas comunicacións, servizos e
próximas a centros universitarios ou de investigación.
2. A proximidade doutras industrias. Permite que as industrias de nova
creación se beneficien das infraestruturas e servizos existentes, así como
da presenza doutras industrias similares ou complementarias
3. Existencia dunha infraestrutura comercial e de transportes.
Importante para a distribución das materias primas e dos produtos
4. Capital. Sen investimento non hai industria.
5. Proximidade aos mercados. Mantén a súa importancia para as
industrias de bens de servizos e para as de produtos perecedoiros.
FACTORES DE LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL
6. Dispoñibilidade de man de obra. Algunhas industrias
buscan man de obra barata (deslocalización) e outras a
calidade e a formación
7. Proximidade as materias e fontes e enerxía foron un
factor importante para as primeiras industrias. Actualmente
xa non é tan importante
8. Factores medioambientais. As empresas máis
contaminantes aséntanse en zonas pouco poboadas ou en
países cunha lexislación máis permisiva.
9. Outros factores. Prezo do solo e o papel do Estado.

You might also like