You are on page 1of 3

TEMA 10 - Os principais sectores industriais e o papel do

ferrocarril
INTRODUCIÓN:

O século XIX foi fundamental para o proceso de modernización económica. Esta


transformación foi lenta e dificultosa, pola inestabilidade política, a escaseza de
materias primas e de capitais, a falta de innovacións tecnolóxicas ou a
mentalidade conservadora de empresarios e gobernantes. España, a pesar de
empezar a industrialización a comezos do XIX, progresou moi lentamente en
comparación coas principais potencias industriais, polo que se fala por parte dos
historiadores do “fracaso da revolución industrial” ou do “modelo latino” de
desenvolvemento español.

Entre as principais características da industrialización española están:


• O forte desequilibrio territorial e rexional de zonas atrasadas e zonas
desenvolvidas (País Vasco e Cataluña)
• A incidencia desigual nos distintos sectores económicos
• A forte dependencia con respecto ó exterior (capitais, tecnoloxía,
equipamentos)
• A importancia de industrias relacionadas co sector primario (minería,
transformación agrícola e pesqueira) e de produción de bens de consumo (téxtil
…), con débil desenvolvemento das industrias de base
• E a política proteccionista para defender a produción nacional fronte á
competencia internacional.

Todos estes trazos do modelo de industrialización en España fixeron que o nivel de
industrialización fora moi inferior aos dos países máis avanzados.

España parte dunha mala situación inicial: crecemento poboacional moi por baixo dos
seus veciños, renda per cápita moi baixa que imposibilita crear un mercado de consumo
decente, inexistencia dunha burguesía agraria con capital (ou intención de investilo na
industria) e graves desequilibrios territoriais: actividade económica na costa fronte á
parálise do centro, co problema engadido que as redes de transporte son radiais e deixan
pouco atendida a periferia. A modernización económica afectou desigualmente ás
distintas zonas de España e tamén tivo unha incidencia desigual nos distintos
sectores económicos. É evidente o contraste no territorio entre unha periferia
activa e un centro político atrasado. Os principais focos económicos e industriais
tenderon a concentrarse en determinadas zonas, especialmente o País Vasco e
Cataluña.

Un sector clave foi o téxtil. Cataluña constituíu a principal zona industrial de España,
onde o desenvolvemento téxtil propiciou a súa diversidade industrial co crecemento
doutros sectores. En Cataluña existía unha vella tradición artesanal (indianas ou
estampados de algodón das Manufacturas Reais); a finais do XVIII e comezos do XIX
produciuse unha renovación no sector: importacións de algodón, mecanización
do fiado e tecido, reinvestimento dos capitais. O crecemento e fortalecemento da
industria catalá explícase tamén polo seu predominio no mercado interior español
(a industrial téxtil galega tradicional non puido competir co algodón) e do cubano (ata
1898). As fábricas téxtiles máis importantes tenderon a concentrarse en Cataluña, arredor
de Barcelona (desenvolvemento das sociedades anónimas). Este sector estivo fortemente
defendido por altos aranceis; os industriais cataláns esixían constantemente ó
goberno central unha política proteccionista.

O outro sector industrial clave no s. XIX español foi a siderurxia do País Vasco. O
sector siderúrxico evolucionou na súa localización: desde Andalucía nun primeiro
momento (onde non tivo continuidade) ao País Vasco, Cataluña e Asturias, onde a
siderurxia estaba vinculada a explotacións mineiras (carbón asturiano, de escasa
calidade, e mineral de ferro vasco). O principal foco siderúrxico acabou sendo o vasco,
debido á abundancia e calidade do mineral de ferro e á adquisición de carbón británico. A
ría de Bilbao foi o maior foco siderúrxico español (concentraba as empresas máis
potentes, como os Altos Fornos de Vizcaya e producía máis do 50% do ferro nacional).

En Galicia o panorama foi pobre. O liño non resistiu a competencia do algodón e foi
perdendo importancia, mentres que a salgadura da pesca deu lugar a unha importante
industria conserveira de peixe, especialmente sardiñas (con aplicación de modernas
técnicas de conservación). Cabe destacar tamén a construción naval (estaleiros de
Vigo e Ferrol) e o desenvolvemento da produción hidroeléctrica aproveitando a
abundancia de cursos de auga.

A principios do século XIX, España presentaba un panorama con grandes dificultades


de comunicación internas (condicións orográficas e trabas legais). Melloráronse
coa construción de novas estradas (de disposición radial, coa chegada dos primeiros
coches a comezos do s. XX), a ampliación e acondicionamento de portos,
sinalización e balizamento das costas, renovación do servizo postal, instalación da rede
telegráfica... pero por enriba de todo foi fundamental o papel desenvolvido polo
ferrocarril, un medio barato e eficaz de transporte terrestre, que chegou
relativamente tarde a España.

O ferrocarril é parte fundamental de toda revolución industrial, polo seu papel


multiplicador en varias facetas: como obxecto de inversión do capital gañado en outras
industrias, como consumidor dos produtos da industria siderúrgica (ferro para vagóns e
raís), como vertebrador do territorio (acortando o tempo de adquisición de materias
primas, achegando industrias e mercado), etc,++++++++... Os inicios do ferrocarril
español remóntanse á década de 1840 (primeiras normas sobre a construción
ferroviaria, como un ancho de vía superior ó resto de Europa), construíndose a partir de
1848 os primeiros tramos Barcelona-Mataró e Madrid-Aranjuez, pero habería
que esperar á Lei Xeral de Ferrocarrís, aprobada polo Goberno progresista en
1855, para atoparnos co seu principal impulso, reducindo o tempo das viaxes e
aumentando considerablemente o tráfico de pasaxeiros e de mercadorías. Esta Lei
regulaba tanto o carácter da rede como o sistema de concesión e os apoios estatais:

• Para facilitar a construción dos ferrocarrís, o Estado garantiu ós investidores


privados vantaxes e subvencións, ó tempo que permitiu a importación de
todo tipo de maquinaria e elementos mecánicos procedentes do estranxeiro.
• O financiamento realizouse con tres tipos de investimentos: subvencións
estatais, capitais privados dos accionistas e o xerado polas obrigacións que emitían
as propias compañías ferroviarias.
• O capital maioritariamente investido foi de orixe francesa (o 60% do total cara a
finais do século XIX).
• A rede ferroviaria adoptou unha disposición radial nas súas principais liñas
(salvo na zona mediterránea), co seu centro na capital nacional.
• As características do terreo aconsellaron utilizar un ancho de vía superior ó resto
de Europa, o que orixinou problemas nas conexións internacionais

Nos primeiros anos a construción da rede foi moi rápida, nacendo numerosas compañías
(que se irían concentrando posteriormente) . Despois de 1868, e ata 1900 se completaría a
rede ferroviaria. O papel do ferrocarril no desenvolvemento económico español é obxecto
de controversia entre os historiadores. Para uns permitiu comunicar unhas zonas con
outras e facilitou o transporte de mercadorías, creando un mercado interior e integrado;
pero pola outra os resultados foron inferiores ós esperados e decepcionantes, e a política
estatal que permitiu a importación de material ferroviario (ferro) perxudicou o
desenvolvemento da siderurxia e da metalurxia nacionais.

CONCLUSIÓN: Un balance agridoce con avances e atrancos. A pesar do esforzo a


economía continuou sendo agraria e a clase media case inexistente, e os progresos
foron escasos en comparación con outros Estados. A valoración global é controvertida
entre os que defenden directamente o “fracaso da revolución industrial” e os que din
que foi un proceso lento máis lento que os países precursores (“modelo latino”); ou os
que critican ó proteccionismo por crear industrias febles e dependentes, e os que
afirman que sen proteccionismo non existiría a industria española en absoluto.

Neste período houbo transformacións que son a base das actuais condicións
socioeconómicas do país:

• Transformacións económicas: mercado interior unificado, abolición dos


obstáculos á liberdade de circulación e produción de bens e a construción de
mellores vías de comunicación
• Mellora das infraestruturas, coas súas deficiencias: O ferrocarril (lei de 1855),
estradas (tamén disposición radial, primeiros coches a comezos do XX)
• Desenvolvemento do sistema capitalista, co proceso desamortizador e un novo
sistema monetario (baseado na peseta) e bancario e financeiro (naceron bancos
coma o Etcheverría ou o Pastor, sociedades por accións, ademais das caixas de
aforro, e a Bolsa)
• Transformacións demográficas: cambio do antigo ó moderno sistema
demográfico, cun importante crecemento da poboación, especialmente urbana, pero
cunha forte corrente migratoria
• Transformacións sociais: desaparece a sociedade estamental e aparece a
sociedade de clases, co predominio da burguesía e da nobreza fronte ás condicións
de vida do proletariado e dos xornaleiros

A ausencia dunha industrialización forte vai ser causa e efecto do atraso social e político
español, que deixará á sociedade máis propensa á radicalización e sen os efectos que
outorga o que a maioría da poboación teña unha situación vital que queira conservar, pois
non teñen nada que perder

You might also like