You are on page 1of 7

OS PRINCIPAIS SECTORES

INDUSTRIAIS E O PAPEL DO
FERROCARRIL
Espa a, como gran parte dos países do sur e do leste europeos, coñeceu importantes
transformacións na súa econom a ao longo do século XIX, pero non conseguiu subirse ao tren da
industrializaci n ao mesmo ritmo que Gran Breta a, Francia, Alemaña ou B lxica.
A finais de século XIX, Espa a mantiña unha econom a predominantemente agraria, cun sector
industrial limitado e pouco capaz de competir no mercado exterior. Con todo, a sociedade espa ola
presentaba os trazos caracter sticos dunha sociedade capitalista, aínda que o nivel de riqueza por habitante
era notablemente inferior ao dos pa ses industrializados, en especial ao de Gran Breta a, convertida na
f brica do mundo.
Aínda que o inicio da industrialización en España foi moi temperán (desde as décadas iniciais do
século XIX), os seus progresos foron inferiores aos dos países máis avanzados, situándose a moita
distancia das principais potencias (Gran Bretaña, EE.UU., Francia) e tamén de países que iniciaron a súa
transformación económica máis tarde (Alemaña, Xapón). Por iso se fala do fracaso da revolución industrial
en España (Jordi Nadal), ou cando menos, da persistencia do subdesenvolvemento agrícola e dunha longa
infancia industrial.
As coincidencias con outros países mediterráneos (Italia, Portugal) permiten que outros autores
(Gabriel Tortella) falen dun patrón latino de modernidade caracterizado por: lentitude e tardanza nas
transformacións; menor profundidade e repercusión social; desfase evolutivo, cun atraso no crecemento no
século XIX e unha recuperación no XX.
A finais do século XIX a economía española seguía a ser principalmente agraria, incapaz de
competir no mercado internacional, e a participación da industria na renda nacional non superaba un quinto
do total.

CARACTERÍSTICAS DO PROCESO DE
INDUSTRIALIZACIÓN ESPAÑOL

Durante o século XIX, España continuaba a ser pois un país agrario, cun mercado interno débil, mal
comunicado, politicamente inestable e cunha burguesía máis interesada na terra que na industria. As dúas
principais características da economía española durante o século XIX e primeiro terzo do XX, foron o seu
lento crecemento e o seu atraso con respecto aos países industrializados de Europa, así como un grave
desequilibrio sectorial. A isto contribuíron unha serie de factores:

1.- Obstáculos físicos e naturais: un relevo difícil que dificultaba as comunicacións, impedindo
desenvolver un mercado articulado, e por outra banda, encarecía os transportes
2.- A escasez e dispersión de materias primas e fontes de enerxía así como a súa dificultade de
extracción: É de destacar neste apartado a necesidade de algodón para surtir de materia prima á industria
téxtil catalá. Debido a súa escaseza en España, recorreuse masivamente ás importacións.
Polo que se refire ao carbón, que foi a fonte enerxética básica até a aparición da hidroelectricidade,
España tiña minas de carbón (Asturias, León, Serra Morena) pero era de difícil extracción e de mala
calidade (tiña moitas impurezas), dada a súa localización, o transporte ata os centros de consumo era caro.
3.- A falta dun mercado nacional integrado: o interior de España era eminentemente agrícola e con
escasa transformación nunha agricultura comercial. Ademais, existía unha gran distancia entre os centros
produtores debido á lenta modernización dos medios de transporte.
A escasa integración do mercado interior contribúe a explicar que o crecemento fose lento e
desigual, así como os grandes desequilibrios económicos que había entre unhas rexións e outras. En liñas
xerais, podemos diferenciar unha periferia máis desenvolvida (Cataluña, Valencia, País Vasco) e un interior
máis deprimido, dominado por unha economía agraria moi atrasada que dificultou o despegue económico.
(Agás Madrid).

1
























4.- Debilidade do mercado interno pola insuficiente demanda nacional debida á escasa capacidade
adquisitiva da maior parte da poboación española. A agricultura non foi próspera e non xerou excedentes
que investir na industria nin consumidores. A poboación española, campesiña e urbana, era moi pobre o que
provocou un atraso industrial. Ademais, a perda das colonias supuxo tamén a perda de mercados e
materias primas.
5.- Falta de competitividade dos produtos españois: os altos custos de produción, provocados tanto
polos obstáculos físicos e naturais, como pola falta de renovación e especialización, fixeron que os produtos
españois non puidesen competir no mercado mundial e obrigaron aos empresarios e ás autoridades a
desenvolver unha política proteccionista.
Ao longo do século XIX os gobernos españois aínda que foron alternando unha política económica
proteccionista [Moderados (Isabel II)-Conservadores (Cánovas)], cunha librecambista [(Progresistas-
Demócratas-Liberais (Sagasta)], aplicaron maioritariamente, sobre todo a partir da Restauración, medidas
proteccionistas, sintetizadas no establecemento de altos aranceis aos produtos estranxeiros
comercializados en España de maneira que protexesen aos terratenentes produtores de trigo do interior e á
industria catalana. Para os Progresistas a maneira de desenvolver a economía española era abríndoa á
competencia co exterior e permitindo a entrada de capitais estranxeiros que cubrisen a ausencia deles en
España. Debido ao predominio do moderantismo durante o XIX foi o proteccionismo a tendencia
dominante, que se consolidou durante a Restauración e, sobre todo, desde que en 1907 se creou a
Comisión Protectora da Produción Nacional.
As consecuencias económicas desta orientación arancelaria aínda hoxe están sometidas a
controversia. Algúns economistas consideran que as altas taxas arancelarias foron favorables para o
desenvolvemento industrial en España (senón sería imposible competir), pero a maioría (entre estes
destaca Tortella), son da opinión de que foron un elemento que contribuíu a retardar o crecemento evitando
a competencia exterior e favorecendo os beneficios dos grupos dominantes, que non se viron obrigados a
modernizar na medida que sería necesaria as estruturas económicas.
6.- Falta de espírito empresarial e despreocupación polas innovacións técnicas: Os empresarios
procuraron asegurar os seus beneficios mediante o proteccionismo do Estado, sobreexplotando en moitos
casos aos traballadores, en lugar de innovar e ser competitivos. Ademais, as clases dominantes non
prestaron atención ao desenvolvemento da educación e da investigación, o que orixinou o mantemento de
altas taxas de analfabetismo e unha forte dependencia da tecnoloxía estranxeira.
7.- Escaseza de capitais e ineficiencia do sistema bancario, así como ausencia de investigación e
tecnoloxía, vinculado ao analfabetismo de gran parte da poboación. Os capitais non se adicaron á industria
senón que buscan inversións seguras (terras, débeda pública) ou a especulación e foron sustituídos polo
capital estranxeiro que invertirá na minería, no ferrocarril e na banca1.
9.- A inestabilidade política do século XIX español dificultou o desenvolvemento da política
industrial.
• Primeiro terzo do século XIX: estancamento industrial pola Guerra da Independencia e a
emancipación das colonias americanas. Mentres nos países máis avanzados de Europa mantiñan
institucións liberais a favor da industria, un liberalismo económico, a España de principios do XIX
tiña un goberno absolutista con ideas económicas atrasadas.
• Segundo terzo do século XIX: A partir de 1833 iniciouse a revolución industrial co apoio dos
gobernos liberais.
• Último terzo do século XIX: Coa Restauración e as políticas proteccionistas consolidáronse dous
focos industriais, o téxtil catalá e a siderurxia vasca xa que o goberno impoñía fortes aranceis para
protexer á industria nacional, aínda que esta política proteccionista tamén reduciu a competitividade
e freou a modernización.

OS SECTORES INDUSTRIAIS
Na España do século XIX, o proceso industrializador sofreu un notable retraso con respecto aos
países que lideraron a Revolución Industrial. Porén, e a pesar de que a comezos do século XX a economía
española continuara sendo fundamentalmente agraria, algunhas zonas da Península iniciaron o camiño
cara a industria moderna.

1 A maior parte das empresas e da tecnoloxía nos sectores punteiros foron estranxeiros: A banca estivo en mans de empresarios franceses (Péreire,
Rotschild), o ferrocarril tamén estivo en mans de capital e técnoloxía francesa, Tanto na explotación do aceite coma nos viños a presencia estranxeira
foi maioritaria, especialmente en Xerez, a minería estivo en mans inglesas, francesas, belgas e alemás (minas de Tharsis, Río Tinto). Tamén estos
capitais foron importantes nos sectores máis modernos a fins de século (gas, electricidade, tranvías).
2










A INDUSTRIA TÉXTIL
O camiño cara a industrialización foi iniciado polo sector téxtil, principalmente o do algodón. A pesar
da escaseza de carbón como fonte de enerxía e a reducida demanda pola exigua capacidade adquisitiva da
poboación, xurdiron en certas zonas fábricas de tecidos de algodón.
Cara 1830 o único sector que comezara a industrialización era o sector téxtil de Barcelona.
Cataluña foi o centro da actividade fabril. Xa dende o século XVIII desenvolveuse nesta zona un gran
dinamismo económico pola importancia do comercio con América, e pola produción de “indianas” (tecidos
estampados de algodón). Ademais, contaba cunha gran abundancia de man de obra preparada (debido ao
desenvolvemento da producción téxtil rural nesta área), e existía unha mentalidade empresarial, pola
existencia dunha activa burguesía industrial. Ademais, a política proteccionista afastou durante boa parte do
século a competencia dos produtos téxtiles ingleses.
A pesar dunha crise inicial debido a perda da maioría das colonias a industria téxtil catalá comeza a
medrar a partir de 1832 cando se introduciron as máquinas de fiar (mule-jennies) e os teares mecánicos
movidos por vapor, logo substituídos por selfactinas (tamén polo proteccionismo, lémbrao). [A fábrica El
Vapor da familia Bonaplata introduciu a primeira máquina de vapor debido a escaseza de man de obra pola
falta do éxodo rural. Esta fábrica vivirá a primeira experiencia ludita en España en 1835 debido a que
culpabilizaban a estas máquinas do deterioro da vida do proletariado].
Así pois a etapa de 1830-1855 foi de expansión, pero seguiu unha recesión debida á desviación de
capitais cara outros investimentos (ferrocarril, minas, banca…). Ademais, entre 1860 e 1865 houbo aumento
dos custos de algodón a raíz da Guerra de Secesión en EEUU, que era o maior produtor de algodón, o que
sumirá ao sector téxtil mundial nunha fonda crise que se superará a partir de 1870 [A partir da liberdade de
comercio de 1869 produciuse un período de recuperación, favorecida polo reforzamento do monopolio
mercantil con Cuba e Porto Rico].
Coa intención de aforrar custos enerxéticos e aproveitar a enerxía hidráulica, creáronse novas
industrias téxtiles nas concas dos ríos. Estes centros industriais deron lugar á aparición de novos núcleos
urbanos para acoller a man de obra. A produción catalá estivo destinada fundamentalmente ao mercado
interior e as colonias de Cuba e Filipinas e viuse afectada polos vaivéns da lexislación aduaneira. Debido ao
crecemento económico a burguesía fortalecerase e abrazará as teses do nacionalismo catalán,
desenvolveranse fortes institucións financeiras como o Banco Sabadell. Pero, a perda das últimas colonias
en 1898, e consecuentemente do mercado, tivo efectos demoledores sobre esta industria, que entrou nunha
fase de estancamento que continuou nas tres primeiras décadas do século XX.
Ligada, en parte á industria téxtil, xurdiu tamén en Barcelona o desenvolvemento da industria
química (Sociedade Anónima Cros), que producía ácido sulfúrico, potasa e sosa para a obtención de
colorantes e lixivia.
Pola súa banda, a industria da seda tiña unha longa tradición en Valencia, Murcia e Granada pero
entrou en crise desde comezos do século XIX, e a finais de século os centros sedeiros trasladáronse a
Cataluña.

A INDUSTRIA SIDERÚRXICA
A siderurxia española estivo moi supeditada á explotación mineira das súas materias primas
mineral de ferro e carbón. Respecto ao desenvolvemento do sector siderúrxico na súa primeira fase
destaca Andalucía. [En Mälaga houbo un temperán desenvolvemento de sectores industriais baixo
esquemas fabrís: siderometalurgia, téxtil algodoeiro e química, xunto co progreso doutros subsectores máis
tradicionais sobre todo relacionados con produtos agrarios: viños, azucre…]. Os intentos de crear entre
1830 e 1870, unha siderurxia propia (Málaga, Marbella, Sevilla), para non ter que depender da importación
estranxeira, fracasaron polos elevados custos de produción. A familia Heredia crea en Marbella,
aproveitando a presenza de ferro, os primeiros altos fornos españois en 1828 estimulado pola necesidade
de ferro para os toneis nos que se explotaban os viños andaluces. Cara a metade do século XIX o núcleo
andaluz producía o 85% do ferro coado de España pero non puído resistir a competencia das
instalacións do norte e dos produtos estranxeiros. A partir de 1860 a súa produción entra en crise en favor
de Asturias debido aos altos custes de produción (O CARBÓN ERA VEXETAL. CON POUCO PODER
CALORÍFICO O QUE FIXO NECESARIO RECORRER A CARBÓN IMPORTADO) pola necesidade de
importar o carbón desde Inglaterra ou Sardeña non sendo competitivo no mercado.

En Asturias, a explotación masiva do carbón (NESTE CASO O CARBÓN É MINERAL. É HULLA)


data dos anos corenta do século XIX, coa posterior instalación de altos fornos e de diversas industrias
metalúrxicas. O proceso industrializador presentou numerosas dificultades derivadas, principalmente, da
calidade da hulla (escasa capacidade calorífica) e do tipo de minas (soterradas). Para defender o sector (o
carbón resultaba caro e non podía competir fronte ao inglés) aplicouse unha política proteccionista que
facilitou o seu crecemento, aínda que de forma artificial. A mediados de século destaca a produción
siderúrxica de La Felguera, na conca mineira, pero entra en crise a partir de 1880 en favor da siderurxia
vasca quedando relegada a produción de carbón.
No País Vasco, a industrialización xirou arredor da explotación do mineral de ferro, e a produción
de aceiro. O ferro vasco era moi abundante e de calidade, e xa viña sendo utilizado desde moito tempo
atrás nas numerosas forxas existentes na rexión. A exportación do ferro xerou importantes capitais e
isto, unido á importación de carbón barato inglés (eixe comercial Bilbao-Cardiff), permitiu crear, a
partir das décadas finais do século XIX e con centro na ría de Bilbao, o maior foco siderúrxico
español.
No primeiro terzo do século XX a produción siderúrxica estaba moi concentrada en Biscaia, e nunha
soa factoría, Altos Hornos de Vizcaya, que case monopolizaba o sector. En 1917 un grupo rival fundou en
Sagunto unha compañía siderúrxica, orixe da fábrica de Altos Hornos del Mediterráneo.
No País Vasco, ao abeiro da producción de ferro e aceiro, desenvolvéronse tamén unha forte
industria química e metalúrxica de transformación, coa fabricación de todo tipo de máquinas e motores
destacando a construción naval. Ademais, o crecemento industrial permitiu que medrara unha forte
burguesía que daría músculo ao desenvolvemento do nacionalismo orgánico-historicista vasco e que se
desenvolveran numerosas institucións financeiras entre as que destacarán o Banco de Biscaia e o de Bilbao
entre outros.
O desenvolvemento da MINARÍA tivo lugar a partir da “Lei de Bases sobre Minas”, 1868
do Sexenio Democrático (déficit financeiro trala Revolución do 68) coa axuda do investimento estranxeiro e
a chamada “desamortización” do subsolo, é dicir, a venda das explotacións a mans privadas, así, por
exemplo, as minas de Andalucía e Murcia foron controladas a finais do XIX por empresas británicas (minas
de cobre de Riotinto, ferro vasco), francesas e alemanas. España era, a finais do século, o principal
exportador de mineral de ferro pero a súa produción siderúrxica era das máis baixas (Case o 90% do
mineral extraído exportábase dende Bilbao cara a Inglaterra, Alemaña, Francia ou Bélxica). Este desnivel
entre produción mineira e siderúrxica é unha mostra máis dunha economía pouco dinámica, atrasada e
dependente.

OUTRAS ACTIVIDADES INDUSTRIAIS


Para moer gran ou fabricar papel, os muíños tiveron unha lenta modernización; aínda así a
principios do século XX só o 25% se movían por vapor ou gas. Ademais, a industria fariñeira desprazábase
cara a Aragón e Cataluña, onde chegaba o cereal e había máis demanda.
Outras industrias derivadas da explotación agraria como as de aceite de oliva, viños e
augardentes, pasas, etc. fóronse modernizando na segunda metade do século. As zonas exportadoras de
viños e pasas foron Andalucía, Cataluña e Valencia, e na súa expansión destacou o investimento
estranxeiro: familias francesas como os Domecq, inglesas ou irlandesas como os Osborne, Garvey, Terry ou
González-Byass monopolizaron a elaboración e venda de viños olorosos (sherry) e finos de Jerez. A plaga
da filoxera, que atacou as vides do sur de Francia na década 1875-1885, beneficiou ao sector, pero cando a
plaga entrou nos viñedos españois, afectounos profundamente, provocando unha baixada na produción dos
viños españois.
A industria mecánica tivo pouco peso. A primeira foi a barcelonesa Bonaplata, incendiada en 1835
nunhas revoltas urbanas. Tamén de Barcelona era a Maquinista Terrestre y Marítima, fundada en 1855, a
máis importante do país. Tamén houbo outras no País Vasco.

O CASO GALEGO
O panorama industrial galego foi moi pobre no século XIX. En Lugo, en Cervo, o marqués de
Sargadelos desenvolveu uns altos fornos de ferro, a finais do século XVIII, cuxa produción dedicábase á

provisión de material militar. Posteriormente, abriría dúas industrias máis na zona, xa a principios do século
XIX, dedicadas á produción de cerámica (louza) e de vidros e botellas.
Por outra banda, os sectores artesanais tradicionais -téxtil, curtidos e ferrería- arruináranse pola
competencia doutras zonas. O LIÑO, materia prima téxtil por excelencia na Galiza preindustrial, non puido
competir coa chegada das indianas catalás e foi desaparecendo. Durante os séculos XVIII e XIX non se
introducira ningunha mellora técnica, nun momento en que as actividades como o traballo de algodón
experimentaron unha importante transformación e baixa nos custos. Os lenzos galegos foron desprazados
dos mercados casteláns e andaluces polas novas producións de algodón inglés ou catalán, o que supuxo a
liquidación das actividades das persoas que estacionalmente se ocupaban da produción e distribución, co
conseguinte empobrecemento dunha fracción importante das explotacións familiares de Galicia. Isto
provocou tamén unha redución da demanda dos bens de consumo e das posibilidades de formación de
capital no mundo rural. A liquidación do sector provocou tamén a emigración e foi un freo para o
desenvolvemento doutros sistemas productivos de bens de consumo. Algo semellante ocorrirá coas
ferrerías tras o desenvolvemento siderúrxico noutras rexións: case até fin de século manterase a produción
de ferro nas ferreirías tradicionais das montañas luguesas,
En cambio, a salgadura de pesca, actividade xa tradicional nas rías galegas, deu lugar a unha
importante INDUSTRIA CONSERVEIRA DE PESCA, de rápido crecemento a finais de século,
que conseguiu arrastrar tamén a outros sectores. A modernización do sector comezou co asentamento de
empresarios cataláns en Galicia, a crise sardiñeira en Bretaña, e a renovación e transformación das
técnicas de salgadura coa aplicación dos descubrimentos de Pasteur e de Appert sobre a conservación
hermética dos alimentos e a súa esterilización. A primeira fábrica de conservas instalouse en Oza (A
Coruña) en 1841, pero o sector non cobrou importancia até que se instalaron, xa na década dos 80, as
principais plantas nas Rías Baixas: Barreras, Alonso, Massó, Curbera, Alfageme... En 1907 Galicia
elaboraba o 59% da producción española de conservas de peixe e Vigo converteuse no gran centro
conserveiro da Península.
Este crecemento orientouse ao mercado exterior, sendo Cuba e Francia os seus principais clientes.
A carón das conservas, mantivéronse os pequenos establecementos de salga. O traballo tiña unha clara
diferenciación por sexos: nos barcos traballaban só homes, cun pago de salarios á parte, é dicir, segundo se
pescase. Nas fábricas conserveiras, traballaban case unicamente mulleres, que facían todo o proceso de
preparación do peixe ata metelo nas latas. A industria conserveira continuou ate a Primeira Guerra Mundial,
cando xurdiron dificultades para conseguir estaño e folla de lata, necesarios para a elaboración de envases.
Na posguerra o sector recuperou a súa traxectoria ascendente ata a depresión do ’29. Porén, a redución
das exportacións quedou compensada cunha reorientación da produción cara ao mercado interior.
Xunto ás conserveiras, cabe destacar tamén a CONSTRUCIÓN NAVAL (estaleiros de
Ferrol e de Barreras e Santo Domingo en Vigo), e o desenvolvemento, xa no século XX, da produción
hidroeléctrica aproveitando a abundancia de cursos de auga. As necesidades bélicas da Primeira Guerra
Mundial tamén permitiron unha explotación pasaxeira do wolframio, que recuperarán os nazis na Segunda
Guerra.

OS MEDIOS DE TRANSPORTE
A lentitude e o retraso do proceso industrializador estiveron directamente relacionados coas
dificultades para vertebrar o mercado interior. A escaseza de compradores e as deficiencias dos medios de
transporte foron en boa parte responsables da escasa articulación da economía española. Así pois, cumpría
unha rede viaria efectiva nun territorio moi montañoso para conectar as diferentes rexións; e isto foi o que
se fixo:

Estradas e camiños As primeiras obras de reforma do trazado de estradas comezaron en


1840. Mellorouse a rede viaria, que foi deseñada seguindo un trazado radial (centralismo) pero non foi
suficiente, máis ben gran parte da rede viaria era deficiente. Foise substituíndo o medio de transporte
tradicional (cabalerías) por carruaxes cada vez mellores e reduciuse notablemente a duración das viaxes.

Transporte marítimo Aumentou coa mellora e ampliación dos portos, o perfeccionamento da


navegación a vela e, xa a finais dó século, a introdución da navegación a vapor. A navegación de cabotaxe,
seguindo a costa, adquiriu importancia na primeira metade do século e de novo na década final. A
navegación de altura ou transatlántica medrou de forma notable. O transporte marítimo completou a súa
modernización nos primeiros decenios do século XX pero a súa actividade case se reduciu ao tráfico de
5








cabotaxe mentres o internacional era realizado, principalmente, por buques estranxeiros cos que a frota
mercante española non podía competir.

O PAPEL DO FERROCARRIL

A introdución en España do ferrocarril, considerado por todos como símbolo do progreso económico
e da modernización, foi relativamente tardía. O primeiro ferrocarril inglés dedicado ao transporte de
viaxeiros funcionou en 1830, pero en España non o fixo ata 1848, nun pequeno tramo entre Barcelona e
Mataró, e a comezos dos anos 50 entraba en funcionamento a liña Madrid-Aranxuez. Neses anos era
necesario aumentar a construción para impulsar a economía e dar saída aos produtos agrícolas do interior
de España.
A Lei de Ferrocarrís de 1855 (no contexto do Bienio Progresista –reinado de Isabel II-)
estimulou a construción da rede ferroviaria básica debido a:

• O apoio do Estado a través de subvencións e franquicias arancelarias para importar materias


primas.
• Entrada masiva de capital estranxeiro (sobre todo francés e belga) porque a Lei permitía a entrada
de compañías estranxeiras para facilitar a construción.
• A promulgación da Lei de Desamortización Xeral, de Madoz, que proporcionou recursos financeiros.
(NOTA: TIRAR DO QUE SABEDES DESA DESMORTIZACIÓN NO REFERIDO AOS CAPITAIS
OBTIDOS)

Como consecuencias positivas da introdución do ferrocarril podemos sinalar as seguintes:

• Foi un elemento decisivo no proceso de modernización económica ademais de constituír unha fonte
importante de emprego.
• Axudou á baixada dos prezos e ao aumento dos intercambios (de persoas e mercancías).
• Contribuíu á articulación dun mercado interior, especialmente de cereais e tecidos.

Pero na devandita Lei de Ferrocarrís sinalábanse aspectos negativos que fixeron que o ferrocarril
non axudase á industrialización do país e iso por varias causas:

1. O trazado ferroviario: en vez de ter en conta as necesidades da industria seguiuSE unha estrutura
radial con centro en Madrid para consolidar un Estado centralizado, articulado a partir da capital
(unión centro-periferia) en vez de interrelacionar zonas produtoras e consumidoras
2. O ancho de vía: 1,67 metros fronte aos preceptivos 1,44m. Con isto pensábase instalar caldeiras de
vapor máis grandes e aumentar a potencia das locomotoras para superar maiores pendentes (relevo
difícil). Sen embargo, esta medida dificultou os intercambios internacionais ao obrigar a transbordar
as mercancías na fronteira, co conseguinte aumento de custos e de tempo.
3. A autorización concedida ás compañías construtoras para importar libres de aranceis todos os
materiais necesarios para a construción do trazado. Como o capital maioritario foi estranxeiro isto
mermou considerablemente o desenvolvemento interno impulsando pola contra, as economías
foráneas.
4. A construción e explotación podía facela o Goberno ou compañías privadas; estas últimas foron
maioritarias (españolas: capitais de Euskadi, Cataluña ou Valencia, pero sobre todo francesas) o
que supuxo que os beneficios fosen parar a particulares e a Francia, orixe en gran medida, do
capital invertido. (É o caso da MZA ou Ferrocarril do Norte as dúas máis fortes que mesmo resistiron
á crise internacional da década dos 60)

Deste xeito, o aumento da demanda sobre o sector siderúrxico ou de maquinaria que a


construción dos ferrocarrís podería ter provocado, como ocorreu noutras economías europeas, non tivo
aquí lugar; e por iso se di que a construción da rede ferroviaria foi unha ocasión perdida para a
industrialización. De feito, os fabricantes locais elevaron as súas queixas ao Goberno en diversas ocasións,
denunciando o prexuízo que lles ocasionaba a entrada libre de mercadorías estranxeiras con prezos máis
competitivos.
6





O certo é que a industria española non estaba en condicións de incrementar a súa produción ao
ritmo necesario para abastecer ás compañías construtoras do ferrocarril. A siderurxia era moi modesta e a
industria de construción de maquinaria non existía.

CONCLUSIÓNS
Como conclusión podemos destacar que, a pesar das trasformaciones económicas producidas
durante o século XIX, España mantén as características propias dun país atrasado. A agricultura segue
sendo o sector máis importante e a industria e os servizos concéntranse nuns poucos enclaves illados. A
escasa modernización tecnolóxica e a falta de competitividade compénsanse cun elevado proteccionismo
en cuxa defensa coinciden os terratenientes cerealistas, os industriais téxtiles cataláns e a burguesía
siderúrxica vasca. Só Cataluña ofrece un panorama máis próximo á realidade europea cunha forte presenza
industrial e unha agricultura máis moderna orientada á exportación. Finalmente, a actuación do Estado era
fundamental para garantir uns beneficios que a oligarquía obtiña de dúas maneiras:

• Asegurándose a venda dos seus bens no mercado español, ben protexido da competencia estranxeira
grazas aos aranceis que impón o Estado.
• Mantendo uns baixos salarios que aseguraban uns beneficios que noutras partes de Europa obtíñanse
con investimentos en tecnoloxía. Estas precarias condicións laborais conseguíanse grazas á represión e
control sobre as masas que impón o Estado.O desenvolvemento da gran industria esixía abundante
capital que provocou que, ao final, as grandes compañías estivesen controladas polos bancos. Así, entre
finais do século XIX e principios do XX xurdiron importantes entidades financeiras que tiñan os seus
principais centros en Bilbao e Madrid. Creáronse bancos tan poderosos como o Banco de Bilbao, o Banco
de Biscaia, o Banco de Santander, o Banco Español de Crédito ou o Banco Hispanoamericano.

You might also like