You are on page 1of 17

Tema 5 - Os Cambios Sociais da Revolución Industrial - Orixes e Desenvolvemento do

Movemento Obreiro

1- Unha Sociedade Urbana e Industrial

Cidade - centro da nova sociedade


O mundo industrializado foi un mundo de cidades (burguesía, mundo obreiro, moda...)
Creceron a ritmo vertixinoso (ata a actualidade)
En 1800 - 7% poboación mundial en núcleos de 5000 habitantes
En 1900 - 25% da poboación
No Reino Unido o proceso foi máis rápido e o 1º en experimentalo
En 1845 o 35% da poboación mundial agrupábase en núcleos de 5000 habitantes
Londres era a cidade máis poboada do mundo
Este rápido crecemento foi resultado do éxodo rural e da alta natalidade e provocou:
- Miseria e ateigamento (aglomeración nun mismo lugar dun número de persoas que
se considera excesivo) en barrios periféricos
- Carencia de servizos básicos (auga, luz…)
- A burguesía vivía en barrios residenciais do centro

Situación que axudou á toma de conciencia da clase obreira e fomentou as asociacións


obreiras para a súa defensa e mellora
Unha sociedade “industrial”
A industrialización non afectou igual a tódalas rexións:
A mediados do século XIX convivían tres tipos de sociedades
● Sociedades rurais tradicionais (España, Portugal, Italia, Balcanes)
Sociedades agrícolas
-Reducido grupo de grandes terratenentes
-Pequenos propietarios e arrendatarios, xornaleros...
-Comerciantes, artesanos, profesións liberais...
● Sociedades rurais evolucionadas (Inglaterra)
Agricultura de mercado
-Demanda por aumento de poboación
-Tecnificación da agricultura para aumentar a produtividade
-Nobreza, gran burguesía agraria e campesiños ricos
● Sociedades urbanas (Reino Unido, Francia, Países Bajos, Alemania)
Industrialización e éxodo rural
-A burguesía industrial
-As clases medias (profesións liberais...)
-Proletariado e servizo doméstico (masa asalariada)

2- O Predominio da Burguesía
A burguesía foi o grupo social máis poderoso na nova sociedade industrial con grandes
diferenzas de mentalidade, forma de vida e riqueza
A forma de vida da nova élite social ou minoría dirixente - Parte da aristocracia e a gran
burguesía (plutocracia)
Grazas á propiedade e á riqueza practicaron un estilo de vida opulento e ostentoso
Apostaban polo progreso económico, dirixían os seus propios negocios e polo tanto o ocio
non ocupaba unha gran parte da súa vida diaria (como si era o caso da aristocracia propia
do século XVIII) así, a súa riqueza era froito do seu esforzo.
Virtudes: aforro, traballo digno, esforzo e respeto relixioso (non impoñían as súas crenzas
coma se fixera no pasado)
A forma de vida das clases medias - estas encarnan o “estilo de vida burgués”
● A burguesía media
- Pequenos negocios, propiedades e actividades profesionais
- Nivel de vida alto máis non excesivo
- Os seus valores: traballo, orde e propiedade
● A clase media baixa ou a pequena burguesía
- Pequenos negocios e actividades agrarias
- Asalariados calificados e funcionarios públicos
- Pouco poder económico, pero gardando as apariencias
- Participou nos movementos políticos e as loitas do século XIX
- A muller: tarefas domésticas, moda…

3- Os Problemas Sociais da Industralización

A formación da clase obreira

Procedendia do proletariado
- Campesiños sen terras - excedente de man de obra
- Empregados do sistema de traballo a domicilio (domestic system)
- Artesanos independentes dos gremios
Todos eles en común:
A introdución das máquinas supuxo a orixe da formación da clase obreira = man de obra
barata e sen formación
Diferenzas entre a forma de organización dun
obradoiro artesano e dunha fábrica moderna

● O proletariado traballa coma un ● Gran número de traballadores


artesano no seu obradoiro ● Breve período de aprendizaxe: o
● Poucos operarios labor de cada obreiro é simple e
● Longo período de aprendizaxe repetitiva
para dominar o oficio ● Relacións laborais impersonais
● Relacións laborais cercanas entre ● O produto é obra de moitas mans
o propietario e o asalariado ● Traballo mecanizado (máquinas)
● Interveñen poucas mans na ● Elevada produción dirixida ao gran
produción mercado
● Traballo manual con ferramentas
● Produción escasa e limitada

● O proletariado dirixe o negocio


mais non intervén na produción
Condición de traballo
1. Eran moi duras
2. As xornadas laborais eran longas
3. Disciplina estricta (castigos corporais e sancións económicas)
4. Supresión dos descansos dominicais e festivos
5. Despidos frecuentes
6. Inexistencia de pensións por enfermidade ou o paro
7. Ausencia de dereitos laborais ou sindicais
8. Condicións prexudiciais á saúde da fábrica (humidades, altas temperaturas, escasez
de luz, contaminación do aire = enfermidades como a tuberculose ou o raquitismo)
O traballo infantil e feminino

● Antes da Revolución Industrial


- A muller traballaba, ademáis do campo, en tarefas asignadas (modista, fiadora,
criada…)
- O neno era man de obra “oculta” (sen escolarización)
● Coa chegada da Revolución Industrial
- A muller traballaba sobre todo na industria téxtil e nas minas (con soldos máis baixos
ca os homes)
- O traballo infantil era importante para a economía familiar (a sociedade víao con bos
ollos)
As xornadas laborais eran de 14h diarias, os soldos eran máis baixos e, sen asistir á escola,
un neno con 2 teares producía 15 veces máis que un artesano rural
O debate sobre os niveis de vida
¿Gañaron ou perderon nivel de vida os traballadores coa industralización?
Tras diversos estudos sobre datos de salarios e sobre a evolución dos niveis de consumo
na clase traballadora británica
As conclusións señalan:
● O nivel de vida subiu durante o século XVIII
● Pouco despois empeorou polo aumento demográfico e a mecanización e coas
guerras napoleónicas
● A partir de mediados do século XIX comezou a mellorar
4- As Bases Ideolóxicos do Movemento Obreiro

1. O socialismo utópico
2. O socialismo marxista
3. O anarquismo

1. O socialismo utópico
Os primeiros socialistas denunciaban a miseria e as penalidades do proletariado e
proxectaban unhas sociedades futuras alternativas
Bases do pensamento utópico:
● Perseguían unha sociedade ideal e perfecta (con harmonía, paz e felicidade)
● De forma pacífica (sen loita entre patronos e obreiros)
● Primaban a solidariedade, a filantropía e o amor fraternal
● Defendían o progeso industrial, mais non os seus efectos

Os principais pensadores utópicos:


● O conde de Saint-Simon (1760-1825)
● Charles Fourier (1772-1837)
● Robert Owen (1771-1858):
Empresario textil que aplicou medidas para mellorar as condicións de
vida dos obreiros; redución da xornada, salarios máis altos, educación
infantil… A súa obra influirá no cooperativismo, o sindicalismo e o
mutualismo obreiro.

2. O socialismo marxista
Coñecido tamén como socialismo científico ou marxismo, foi creado por Karl Marx e
Friedrich Engels quen publicaron o “Manifiesto Comunista” (1848)
Sistema de análise da sociedade:
● En cada etapa da evolución histórica
● Hai unhas relacións sociais que determinan as clases sociais
● En condicións de explotación e de dominio (Loita de clases)
● Marx chama ás etapas “modos de produción”
O modo de produción capitalista
É a etapa de loita de clases entre a burguesía e o proletariado explotado a
través de:
A plusvalía: diferenza, segundo a teoría marxista, entre o custo do
salario recibido polo obreiro e o valor dos bens producidos por este, da
que se beneficia o capitalista.
O marxismo defendía: a conquista violenta do poder e substitución do
sistema capitalista por unha sociedade comunista (sociedade sen
clases e sen propiedade privada) --> A través da ditadura do
proletariado (transición do estado ata que desapareza e se alcance a
sociedade comunista)

3. O anarquismo
Anarquismo: “sen autoridade” - principal teórico - Mihail Bakunin (1814-1876)
Defende a rebelión espontánea contra a sociedade capitalista e o Estado co obxectivo da
destrución total e inmediata da orde social burgués e do Estado (policía, goberno, exército,
fronteiras…)
Anarquistas e marxistas:
● Perseguían unha sociedade sen clases nin propiedade privada
● Diferían nas estratexia:
➔ O anarquismo quería destruir o poder
➔ O marxismo quería conquistalo (ditadura do proletariado)
5- Orixes e Desenvolvemento do Movemento Obreiro

Os precedentes: das “friendly societies” ao ludismo


As friendly societies ou sociedades fraternais son asociacións para a protección dos
obreiros.
Deron lugar, a finais do século XVIII, ás unións ou asociacións de traballadores e aos clubes
de reforma política e de tendencia democrática. Foron prohibidas en 1800 coas
“Combination Laws”. A liberdade de asociación dos sindicatos sucedería entre 1871 e 1875.
Nesta época de clandestinidade apareceu o Ludismo, que consistía na destrución das
máquinas xa que estas ameazaban o futuro laboral dos traballadores.
O sindicalismo en Reino Unido: a longa loita pola liberdade de asociación
En 1819 tivo lugar en Manchester a masacre de Peterloo, que favoreceu a toma de
conciencia da sociedade británica sobre os problemas da clase traballadora. Empuxou ao
goberno británico a: legalizar as asociacións obreiras (1825)
En 1830 houbo intentos de crear unha gran unión sindical (Robert Owen) que darían coma
resultado a “Grand National Consolidated Trades Union” ou “Great Trade Union” (gran
sindicato obreiro). O seu fracaso (aínda que logrou reunir a medio millón de persoas) lanzou
aos traballadores a un movemento político:
O cartismo
A Carta do Pobo reclamaba dereitos para o traballador (a xornada de 8 horas) e democracia
(sufraxio universal: tamén para os obreiros) para a clase media.
Carta do Pobo (1838)
1. Distritos electorais iguais
2. Sufraxio universal
3. Renovación anual do parlamento
4. Que non faga falta ser propietario para ser elixido deputado
5. Pago de dietas aos deputados
6. Voto secreto
Co fracaso do cartismo, en 1848, sucédense as folgas, as sabotaxes e os disturbios
violentos. Así, iniciouse un sindicalismo pacífico e negociador (para calmar a situación), que
se legalizou en 1871: “Trade Union Act”

O sindicalismo no resto de Europa

Francia
O sindicalismo francés xurdiu coa industrialización: eran as “socialités de resistance”, ilegais
e perseguidas ata a súa legalización en 1884 coa lei de asociacións.
Alemaña
Desenvolvemento lento (en 1830 creouse a federación dos proscritos).
Ata 1860 consideráronse ilegais.
Houbo 3 tipos de sindicatos:
● As unións socialistas
● Os sindicatos liberais (modelo británico)
● Os sindicatos cristiáns
España e Italia
Desenvolvemento tardío e en rexións moi concretas (Cataluña, Turín…)
En España:
➔ En 1840 creouse a Asociación de Protección Mutua de Telledores de
Algodón
➔ O dereito de asociación foi autorizado en 1869. Consolidouse en 1887 coa
Ley de Asociacións.

6- A 1ª Internacional

Orixes, formación e obxectivos

A Asociación Internacional de Traballadores (AIT) ou Primeira Internacional fundouse en


1864 no mitin de Saint Martin’s Hall de Londres.
Karl Marx encontrábase entre os seus fundadores e foi quen redactou o manifesto inaugural
e os seus estatutos. Dito manifesto buscaba:
● A conquista do poder político
● Establecer a creación de seccións locais e federacións nacionais

Problemas internos e división ideolóxica

Evidenciáronse discrepancias entre:

O sector autoritario O sector antiautoritario


Marx e Engels Bakunin
Trataba de: Defendía:
➔ Reforzar o consello xeral ➔ A autonomía das seccións
de Londres nacionais
➔ Crear un partido obreiro ➔ O rexeito a calquera intervención
política

O seu enfrontamento aumentou co feito revolucionario da Comuna de París


en 1871. Este movemento gobernou brevemente a cidade de París
instaurando o primeiro goberno da clase obreira do mundo cuxo espírito era
o socialismo autoxestionario.
No Congreso de La Haya, que foi un congreso da AIT, produciuse a definitiva
ruptura entre os marxistas e os bakunistas ou, mellor dito, entre os
comunistas e os anarquistas. Así, Bakunin foi expulsado da AIT e esta
trasladouse a Nova York e acabaría por extinguirse en 1876.

7- A 2ª Internacional

A finais do século XIX o mundo obreiro entrou nunha nova fase caracterizada
por:
● Aumento do número de sindicatos
● Expansión do socialismo
● Implantación de partidos socialistas
Todo isto tivo un influxo directo na reorganización do movemento obreiro, o que deu lugar á
fundación da 2ª Internacional.
A expansión do movemento obreiro: partidos socialistas e sindicatos

O aumento do número de traballadores industriais e a expansión do socialismo


=
formación e expansión dos partidos socialistas e das organizacións sindicais
nacionais

Alemaña
En 1875: Partido Socialdemócrata Alemán (SPD)
Adoptou un progama revolucionario marxista sen renunciar á loita parlamentaria para así
lograr reformas democráticas: o sufraxio universal, incluído o voto feminino.
En 1892 creouse a Unión Xeral de Sindicatos Alemáns a raíz do impulso dos sindicatos.
España
Fundación do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) en 1879 polo político Pablo
Iglesias
En 1888 creouse a Unión Xeral de Traballadores a raíz do impulso dos sindicatos.
Bélxica
Partido Obreiro Belga (1885)
Italia
Partido Socialista Italiano (1892)
Francia
Fundación da Sección Francesa da Internacional Obreira (SFIO) pola unión de dous
partidos socialistas: 1 - orientación marxista-revolucionario, 2 - parlamentario e reformista
Reino Unido
A forza do sindicalismo dos “Trades Unions” deu lugar á formación do Partido Laboralista en
1905.

Tendencias e divisións no socialismo

O socialismo non presentaba uniformidade ideolóxica malia a influencia teórica da ideoloxía


marxista. Ademáis, tamén admitiu o parlamentarismo como método de reforma progresiva e
pacífica en vez a loita revolucionaria.
A finais do século XIX - 3 tendencias:

1. A revisionista:

impulsada polo teórico da socialdemocracia alemá Eduard Bernstein, quen:


● criticou o marxismo
● negou que o sistema capitalista estivese próximo ao seu fin e que o cambio
social só puidese lograrse mediante a loita de clases e a revolución
● defendeu que a transición ao socialismo era posible mediante a acción
parlamentaria e para isto axudaba aliarse cos partidos burgueses de
esquerda
Defendía o reformismo.
2. A esquerdista:

formada pola ala revolucionaria do SPD, con Rosa Luxemburgo, e un sector do Partido
Socialdemócrata, con Lenin, que defendían a loita de clases e a revolución como únicas
medios ao socialismo

3. A centrista:

integrado pola maioría dos partidos socialistas europeos. Rexeitaban a postura de


Bernstein mais non a supresión das prácticas reformistas. A principal figura foi Karl
Kautsky, da socialdemocracia alemá.

Da fundación á crise da 2ª Internacional


Fundación
A 2ª Internacional fundouse no Congreso de 1889 en París. Adoptou unha clara
orientación marxista, excluíu os anarquistas e adoptou a forma dunha federación de
partidos socialistas nacionais autónomos. En 1900 creouse un Buró Socialista
Internacional (formado por 2 delegados por país e con sede en Bruselas).
Obxectivo fundamental: crear unha lexislación laboral favorable (xornada de 8 horas,
prohibición do traballo infantil e dereito de folga).
Día 1 de maio: Día Internacional do Traballo
O día 1 de maio de 1886, en Chicago, máis de 200.000 traballadores
iniciaron unha folga. Non foi pacífica e, tras a intervención do exército,
rematou con varios mortos, decenas de feridos, e outros tantos detidos.
Crise
A comezos do século XX enfrontouse a intensos debates (tratando de chegar
a propostas conciliadoras) sobre:
● O revisionismo
● A cuestión colonial
● A guerra
O estalido da 1ª Guerra Mundial en 1914 mostrou a impotencia do
socialismo e a súa ruptura definitiva chegaría coa fundación da 3ª
Internacional Comunista (Kominterm) en 1919, tras a vitoria da
Revolución bolxevique.

FIN
DEFINICIÓNS

● Sociedade rural tradicional:


Modelo social dominante en Portugal, España, Italia, os Balcáns
e o leste de Europa. Nel un pequeno grupo de grandes
terratenentes posuía a maioría da terra e, con ela, o poder
social, económico e político.
● Sociedade rural evolucionada:
Modelo social no que os seus membros tiñan interese pola
tecnificación dos labores agrícolas para aumentar a
productividade. As terras pertencían aos nobres, á gran
burguesía agraria e aos campesiños ricos. A actividade básica
era a agricultura de mercado.
● Sociedade urbana:
Neste modelo social xa se dera un proceso de industrialización
e xa se producira un intenso éxodo rural. Os seus membros
dividíanse en tres grupos: a burguesía industrial, as clases
medias e a maioritaria poboación proletaria. Este modelo
dábase nas áreas economicamente máis activas do Reino
Unido, Francia, Países Baixos, Alemaña e o norte de Italia.
● Plutocracia:
A nova elite ou minoría dirixente que baseaba a súa primacía na
propiedade e na riqueza.
● Elite:
Grupo de persoas que goza dun estatus privilexiado e que
actúa como rectora nas ordes de vida dunha sociedade,
comunidade ou institución.
● Pequena burguesía:
A clase media baixa da nova sociedade industrial: asalariados
cualificados e funcionarios públicos que tiñan pouco poder
económico aínda que adoitaban gardar as apariencias. Era
unha clase que vivía do seu traballo.
● Proletario:
Na terminoloxía marxista: obreiro asalariado.
Pertencente á clase obreira, un novo grupo social integrado
polos obreiros das industrias, provenientes dos campos
(labregos), dos gremios das cidades (artesáns) e do domestic
system.
● Sistema de traballo a domicilio:
Sistema no cal un investidor capitalista compraba materias
primas e repartíaas entre os campesiños para que, nos meses
de descanso agrícola, realizasen o produto e despois o
investidor recollíao e comercializábao a prezo libre, escapando
así da regulación gremial.
● Traballo infantil:
O uso de man de obra infantil para o traballo nos obradoiros, no
domestic system ou noutras tarefas, polo xeral agrícolas.
● Falansterio:
Comunidade de produción, consumo e residencia teorizada polo
socialista utópico francés Charles Fourier como base do seu
sistema social igualarista. Eran de carácter agrícola e estaban
conformados por grupos de 1.620 persoas. Eran cooperativas
autosuficientes.
● Ditadura do proletariado:
Forma transitoria de Estado entre o capitalismo e o comunismo,
que era o seu obxectivo.
Concepto político propio do marxismo que se refire a un Estado
no que o proletariado ten o control do poder político en lugar da
burguesía.
● Revolución social anarquista:
Rebelión “espontánea” contra a sociedade capitalista e contra o
Estado por parte de tódolos sectores “oprimidos” da sociedade
(obreiros, soldados, estudantes e campesiños) co obxectivo de
destruir a orde burguesa e os instrumentos de control do
goberno para así conseguir unha sociedade COMUNISTA.
● Mitin:
Do inglés “meeting”: reunión ou asemblea.
Reunión con fins políticos en que líderes políticos ou sindicais
dirixen a palabra aos seus afiliados ou seguidores.
● Sindicato:
Asociación de traballadores que naceu no século XIX para a
defensa dos seus intereses laborais.
● Combination Laws:
Leis inglesas que nun principio prohibiron e logo regularon as
asociacións de traballadores e a folga.
● Sindicalismo:
Parte do movemento obreiro que se organiza mediante
sindicatos, unha organización que reúne aos traballadores a
partir do traballo que desempeñan co fin de defender os seus
intereses comúns ante os empregados e os gobernos.
● Ludismo:
Movemento encabezado por artesáns ingleses que protestaban
contra as novas máquinas que destruían emprego coma así as
destrozaron eles. O seu nome deriva do nome dun personaxe
ficticio cuxa firma se empregaba para asinar nas protestas: Ned
Ludd.
● Cartismo:
Movemento popular radical que xurdiu no Reino Unido e que
expresaba a axitación da clase obreira, debido aos cambios
derivados da Revolución Industrial e das leis promulgadas polo
Parlamento. En 1838 publicouse a Carta do Pobo (orixe do
nome deste movemento) que esixía unha serie de condicións
de traballo óptimas e outros dereitos coma o sufraxio universal.
● Trade union:
Sindicato de obreiros.
● AIT:
Asociación Internacional de Traballadore, é a I Internacional.
● Internacional antiautoritaria:
Foi unha nova AIT ou Internacional baseada no anarquismo de
Bakunin: rexeitamento de toda acción política, incluso á
formación dun Estado obreiro, e autonomía das federacións.
● Marxismo:
Sistema político-económico baseado nas ideas de Marx e de
Engels que rexeita o capitalismo e defende a construción dunha
sociedade sen clases á que só se chegará por medio da loita
entre o proletariado e a burguesía para que así o primeiro tome
o poder.
● Anarquismo:
Doutrina política impulsada por Bakunin que pretende a
desaparición do Estado e dos seus organismos e institucións
representativas e defende a liberdade do individuo por enriba de
calquera autoridade.
● Revisionismo:
Tendencia do socialismo que foi impulsada por Bernstein e que
consideraba que a transición ao socialismo era posible grazas á
acción parlamentaria e non á loita de clases e á revolución
como si defendía o marxismo.
● Cooperativismo:
Movemento social que tiña como finalidade unir os esforzos dos
traballadores para constituír a súa propia empresa e repartir as
ganancias (cooperativas de produtores) ou abaratar os prezos
dos produtos de consumo (cooperativas de consumidores).
FIN

You might also like