You are on page 1of 33

TEMA 12: A SEGUNDA REPÚBLICA

1. A PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA

2. AS FORZAS SOCIAIS E POLÍTICAS NA REPÚBLICA

3. O BIENIO REFORMISTA. ABRIL 1931 – NOVEMBRO 1933


3.1. A Constitución de 1931
3.2. O Goberno de Azaña e as grandes reformas da República
3.3. As dificultades do Goberno da República

4. O BIENIO DE DEREITAS. NOVEMBRO 1933 – FEBREIRO 1936


4.1. A política rectificadora
4.2. Os sucesos de outubro de 1934
4.3. Cara ás eleccións de febreiro de 1936

5. A FRONTE POPULAR. FEBREIRO - XULLO 1936


5.1. A autonomía do País Vasco
5.2. A autonomía de Galicia
5.3. A conspiración militar

6. SELECCIÓN DE TEXTOS

7. EXEMPLOS DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO


16. O establecemento da II República (forzas políticas e constitución de
1931).
17. As grandes reformas da República.

1
TEMA 12: SEGUNDA REPÚBLICA

• 14 abril de 1931 proclámase a Segunda República española


-Gran entusiasmo popular
-Estableceu un sistema democrático
-O inicial entusiasmo trocouse en tensión violenta → dificultou o mantemento
do sistema republicano

1. A PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA

• Proclámase a República en diversas cidades e vilas antes de coñecerse os


resultados das eleccións municipais do 12 de abril
-Destacado triunfo dos republicanos na Coruña (84,6%)
-A proclamación foi pacífica → pasividade e sorpresa das autoridades
Monárquicas
→ apoio popular
-O rei parte ao exilio ao non ter o apoio dos militares

• 14 abril → Goberno provisional deseñado no Pacto de San Sebastián


asume o poder
-Alcalá Zamora é nomeado presidente do Goberno
-Declarou amnistía xeral
-Proclama liberdades públicas e sindicais

• Primeiro problema → Francisco Maciá proclama o Estado catalán no


marco dunha república federal
-Transgresión do Pacto de San Sebastián → acordárase que as Cortes
debían decidir o novo modelo de Estado
-17 de abril → varios ministros viaxan a Barcelona para acordar acelerar a
autonomía catalá

2. AS FORZAS SOCIAIS E POLÍTICAS NA REPÚBLICA

• División da sociedade española fronte a República → orixina actitudes de


apoio e rexeitamento

2
-Créase unha tensión que desembocará na Guerra Civil

• Factores que contribuíron á creación desta tensión


-Conxuntura internacional adversa → derivada do Crac da Bolsa de Nova
York (1929) e da Gran Depresión
-Produce → estancamento da produción
→ incremento do desemprego agravado pola imposibilidade de
emigrar
-Sociedade dividida e enfrontada
-Xornaleiros agrícolas, obreiros e clases medias → aceptan reformas
Republicanas
-Terratenentes e burguesía financeira e industrial → non acepta reformas
que limiten os seus beneficios

• Fragmentación e polarización política entre os cidadáns


-Participan en eleccións democráticas
-Liberdade de asociación e sindical

• Existencia de catro grupos políticos e ideolóxicos


-Autoritarios
-Dereitas
-Republicanos
-Esquerdas

3
FORZAS POLÍTICAS E SINDICAIS DA SEGUNDA REPÚBLICA

IDEOLO PROGRAMA PARTIDAR ORGANIZACIÓNS E PRINCIPAIS


XÍA BÁSICO IOS DIRIXENTES

-Non aceptaron a -Oligarquía -Fascistas:


legalidade terratenent
-Xuntas de Ofensiva Nacional-
republicana e
Sindicalista
-Decláranse -Alta
-Falanxe Española. Xosé Antonio Primo
Autoritari antimarxistas burguesía
de Rivera
os financeira e
-Defenden a unidade
industrial (unidas en 1934 como FE-JONS)
da patria, a orde
social e o catolicismo
-Monarquicos:
-Comuñón Tradicionalista (carlistas)
-Renovación Española. Calvo Sotelo

-Visión cristiá da vida -Pequenos -Partido Agrario


e medianos
-Defensa dos -Acción Popular, base da CEDA
propietarios
dereitos da Igrexa, a (Confederación de Dereitas Autónomas,
Dereitas agrarios
propiedade privada e 1933). Gil Robles
a orde tradicional -Burguesía
-Liga Catalana (novo nome da Liga
urbana
Rexionalista desde 1933)
-Partido Nacionalista Vasco
-De dereitas:
-Defensa de -Pequena
-Dereita Liberal Republicana. Alcalá
República burguesía
Zamora
-Laicismo -Clases -Centrodereita:
medias -Partido Republicano Radical. Lerroux
-Reformismo en
Republic urbanas -Esquerda:
distintos graos
anos -Acción Republicana. Azaña
-Moitos -Partido Republicano Radical socialista.
intelectuais Marcelino Domingo
-Organización Republicana Galega
Autónoma (ORGA).
Casares Quiroga
-Esquerra Republicana de Cataluña.
Francisco Maciá, Lluís
Companys
-Defensa dos -Obreiros
-Socialistas:
intereses dos industriais
-PSOE
traballadores
- -UXT. Largo Caballero, Indalecio Prieto
industriais e
Xornaleiros
xornaleiros agrícolas
Esquerda agrícolas -Comunistas:
s -Abolición da -Partido Comunista de España. Dolores
propiedade privada e Ibarruri
das diferenzas de
clase -Anarquistas:
-Federación Anarquista Ibérica. B.
-Oscilan entre o Durruti
apoio e a oposición -CNT
aos gobernos
republicanos

4
3. O BIENIO REFORMISTA. ABRIL 1931 – NOVEMBRO 1933

• Obxectivo do Goberno Provisional → convocar eleccións a Cortes


constituíntes
- Celebración de eleccións o 28 de xuño de 1931
-Novo triunfo da coalición republicana – socialista → non se modifica o
Goberno
-Da comezo o primeiro período republicano coñecido como:
-Bienio reformista → polas reformas realizadas
-Ou Republicano - Socialista → polas forzas políticas que gobernan
-Características do Bienio Reformista
-Gran actividade reformista a través de leis innovadoras
-Moitas foran elaboradas polo Goberno Provisional
-Posteriormente foron referendadas polas Cortes
-Obxectivos destas leis → democratizar a vida política
→ modernizar o país
→ mellorar as condicións de vida das clases
traballadoras
-Contaron coa oposición dos grupos que exerceron anteriormente o poder
-Causa → estas leis supoñían a perda do seu predominio social e
económico

3.1. A CONSTITUCIÓN DE 1931

• As Cortes referendaron os decretos elaborados polo Goberno Provisional

• A elaboración da Constitución orixinou intensos debates parlamentarios


-Tiveron amplo eco entre a opinión pública

• Non foi sometida a referendo


-Foi a escusa empregada pola dereita para rexeitala → segundo eles non
respondía á vontade maioritaria do país

• Principios da Constitución
-Define España como → unha “república dos traballadores de toda clase”
→ República parlamentaria
-Soberanía nacional → todos os poderes emanan do pobo

5
-Contempla a posibilidade de que varias provincias se constitúan en rexión
autónoma, satisfacendo as demandas dos nacionalistas periféricos
-Parlamento unicameral → detentan o poder principal dada a desconfianza
que inspiraban unhas amplas atribucións no
presidente da República
→ teñen o poder lexislativo
→ controla os orzamentos do Goberno
→ facultade para destituír ao Presidente da
República por emprego abusivo das súas
prerrogativas
-Presidente da República → elixido polos deputados por 6 anos
→ nomea e cesa ao Presidente de Goberno
→ facultade de disolver e suspender as Cortes (só
dúas veces por mandato)
-Presidente de Goberno e os seus ministros → exercen o poder executivo
→ responden da súa actuación
ante as Cortes
-Amplo recoñecemento de dereitos e liberdades, número moi superior
aos recollidos nas Constitucións anteriores
-Recolle dereitos individuais clásicos → liberdade de pensamento,
inviolabilidade do domicilio ou correspondencia, habeas corpus, libre
asociación, reunión e sindicación …………..
-Primeira en recoller o sufraxio feminino
-Dereitos nunca antes recollidos → dereitos sociais relativos á familia, á
educación e ao traballo (modernos e democráticos):
-Igualdade dos cónxuxes, divorcio, obrigación dos pais cara os fillos
ilexítimos….
-É función do Estado estender a cultura a todos os cidadáns
-Liberdade do profesorado
-Total separación Igrexa - Estado
-Deseña un modelo de economía mixta moi avanzado para a súa época
-A iniciativa individual debe estar limitada polos intereses do pobo
-Introduce certos límites na propiedade privada
-Subordinación aos intereses da economía nacional
-Posibilidade de nacionalización con indemnización de certos sectores
da produción e dos servizos → abre a posibilidade da reforma agraria
-Posibilidade da intervención do Estado na explotación e coordinación
das industrias con vistas á súa racionalización

6
• Estas medidas → foron rexeitadas pola dereita, propietarios e industriais
→ foron insuficientes para o sector máis radical do
movemento obreiro

3.2. O GOBERNO DE AZAÑA E AS GRANDES REFORMAS DA REPÚBLICA

• Tras a aprobación da Constitución


-Alcalá Zamora → presidente da República
-Manuel Azaña → presidente de Goberno

• A cuestión relixiosa
-Carácter conservador da xerarquía eclesiástica
-Non están dispostos a perder a súa influencia social, cultural e ideolóxica
-Existencia dunha forte corrente anticlerical
-Levan a cabo ataques violentos contra igrexas e conventos
-Piden leis restritivas para os dereitos da igrexa
-Goberno → defende o establecemento dun Estado laico
-Non logrou frear a violencia anticlerical
-Progresivo enfrontamento entre igrexa e Estado
-O Goberno levou a cabo una política de secularización (“España deixou de
ser católica”, Azaña)
-Separación Igrexa - Estado
-Extinción do orzamento do clero (vixente dende o Concordato de 1851)
-Liberdade de cultos
-Matrimonio civil, divorcio
-Imposición de certas limitacións á Igrexa
-Imposibilidade de adquirir máis bens que os necesarios para a súa
existencia
-Prohibición de exercer a industria, comercio e ensinanza
-Disolución dos xesuítas
-A cuestión relixiosa foi desfavorable á República
-As forzas reaccionarias empregarán o tema relixioso para atacar a
República
-Foi un dos motivos clave do enfrontamento entre españois en 1936

• A reforma do exército
-Problemas do exército en 1931
-Exceso de oficiais

7
-Equipamento escaso e obsoleto
-Arcaica organización
-Obxectivos da reforma de Azaña (Lei Azaña)
-Eliminar o poder político dos militares
-Redución do número de oficiais, corpos e unidades
-Aumentar a súa eficacia
-Medidas da lei Azaña
-Esixencia de que todos os cargos xurasen fidelidade á República
-Supresión da lei de Xurisdicións de 1906
-Dereito de retiro → permite aos oficiais retirarse co soldo íntegro
-Reorganización das unidades do exército, máis racional e efectiva
-Supresión da Academia Militar de Zaragoza (dirixida por Franco)
-As reformas crearon malestar nalgúns sectores do exército
-Causa → motivos persoais por destitucións ou cambio de destino
→ proceso de creación de autonomías → visto como perigo para
a unidade da patria
-Creación da Garda de Asalto → unha policía nacional leal á República
→ encargada da orde pública

• Reforma agraria
-Situación do rural español en 1931
-País eminentemente agrario
-Abundancia → xornaleiros sen terra
→ explotacións reducidas →insuficientes para a subsistencia
-Situación especialmente grave entre campesiñado estremeño e andaluz
-Solución → reforma da propiedade da terra
-Oposición de propietarios e latifundistas
-Posturas diverxentes na coalición gobernamental republicano – socialista
-Socialistas → a favor da socialización da terra e da súa explotación
colectiva
-Republicanos → propoñen o reparto da terra para aumentar a súa
Produtividade
-Estas diverxencias retrasaron a elaboración dunha lei de reforma
agraria
-As primeiras medidas foron adoptadas dende o Goberno Provisional polo
socialista Largo Caballero (ministro de traballo)
-Decreto de termos municipais
-Obriga aos patróns a contratar xornaleiros residentes no concello

8
-Impide que se rebenten folgas coa contratación de xornaleiros
doutros concellos
-Decreto de labor forzoso → obrigaba aos propietarios a cultivar a súas
terras
-Estendeu aos traballadores do campo a protección contra accidentes xa
existente na industria
-Xornada laboral de 8 horas para todos os sectores económicos
-Formación de xurados mixtos para solucionar problemas entre obreiros e
patróns
- A reforma agraria foi un proceso lento e complexo
-Lei de bases da reforma agraria (1932)
-Autorizaba a expropiación de terras mediante indemnización e cesión
en usufruto aos campesiños asentados nelas
-Para a aplicación desta lei créase o Instituto de Reforma Agraria
(IRA)
-A reforma foi aplicada con lentitude
-Causa → falta de recursos financeiros
→ complexidade da lei
→ oposición dos propietarios agrícolas
-Consecuencia → aplicación moi lenta da reforma
→ o volume de terras entregadas aos campesiños
foi escaso
→ decepción e protestas dos campesiños pobres
-Lei de intensificación de cultivos
-Permitía a cesión de terras non cultivadas polos seus propietarios
aos xornaleiros

• Reforma educativa
-O Goberno Azaña desenvolveu unha intensa actividade educativa, nunca se
fixera tanto en tan pouco tempo
-Introdución dunha nova filosofía educativa na Constitución, ensino
obrigatorio, gratuíto e laico
-Obxectivos → diminuír as altas taxas de analfabetismo
→ modificar mentalidade do pobo formando cidadáns libres e
responsables capaces de modernizar o país
-Ponse en marcha un ambicioso programa educativo
-Creación de numerosas escolas
-Mellora da formación dos mestres → mellorou a calidade do ensino
-Clases para adultos

9
-Creación de centros de investigación
-Recoñécese o dereito de empregar todas as linguas de España no
ensino
-Apareceron novas experiencias
-Misións Pedagóxicas → organizadas polo ministerio
-Levaron o cine, teatro, conferencias e libros a vilas e lugares
-A Barraca
-Grupo teatral de estudantes universitarios dirixidos por García Lorca
-Representaban pezas de teatro clásico e popular

• A autonomía de Cataluña
-O Estado integral republicano era compatible coa autonomía dos municipios
e rexións con afinidades históricas, culturais e económicas propias

-Requisito → cada rexión debería elaborar un Estatuto de Autonomía


-Debía ser proposto pola maioría dos concellos
-Tiña que ser aprobado por → dous terzos dos electores da rexión en
referendo
→ Cortes
-Primeiros en elaboralo → Cataluña en 1931
-A súa discusión en Cortes foi lenta e polémica → aprobado en setembro
de 1932
-O Estatuto satisfacía moitas das aspiracións catalás
-A Generalitat estaba formada por → un Parlamento
→ Presidente da Generalitat
→ Consello executivo
-Tiñan amplas facultades lexislativas e executivas en facenda, economía,
educación e cultura, transportes e comunicacións e orde pública (creación
do corpo autonómico dos Mossos d´esquadra)
-Primeiras eleccións→ gañadas por Esquerda Republicana (novembro 1932)
-Francesc Maciá → primeiro presidente da Generalitat
-Substituído á súa morte por Lluís Companys en novembro de 1933
-A transferencia de competencias foi lenta
-Situación agravada co triunfo da dereita en 1933 no Goberno Central
-A tensión culmina coa proclamación da República Catalá dentro da
Federación Española (6 outubro 1934)
-Represión do movemento catalá → suspéndese o Estatuto

10
→ o Goberno catalá é encarcerado
-O Goberno da Fronte Popular restablece o Estatuto en 1936

3.3. AS DIFICULTADES DO GOBERNO DA REPÚBLICA

• A aplicación das reformas presentou problemas


-Foron rexeitadas por → Oligarquía
→ Parte dos militares que tratan de paralizalas cun
golpe de Estado (1932)
-Campesiños → intentaron levar a cabo a revolución social
-Causa → lentitude da reforma agraria
→ influenza do anarquismo
-Reorganización das forzas políticas
-Formación dunha gran coalición de dereitas
-Ruptura da coalición gobernamental polas diferenzas entre republicanos
e socialistas

• Sublevación de Sanjurjo (10 agosto 1932)


-Levantamento militar contra a República en Sevilla dirixida por Sanjurjo
-Apoiada por algúns militares, monárquicos e latifundistas andaluces
-Foi controlada polo Goberno
-Resultado → socialistas e republicanos aproximan posturas logrando a
aprobación de certas leis
-Estatuto de Autonomía de Cataluña
-Lei de Reforma Agraria
-Expropiación das terras dos latifundistas implicados no golpe de Estado

• Conflitividade social
-Grandes e medianos propietarios obstaculizaron as medidas reformistas
dirixidas a mellorar as condicións de vida dos traballadores do campo
-Deixan de traballar a terra e non contrataban braceiros
-Resposta dos campesiños → folgas e manifestacións
→ ocupación de terras
-Conflitividade máis intensa en Castela, Estremadura e Andalucía
-Suceso máis tráxico → Casas Vellas en Cádiz (xaneiro 1933)
-Os veciños proclaman o comunismo libertario: colectivizaron terras,
cortaron tendido telefónico e cavaron trincheiras
- Durísima represión → causa forte impacto na opinión pública

11
-Foi empregado pola dereita para desprestixiar ao Goberno

• Reorganización de dereitas
-Coa fin da monarquía desapareceran os antigos partidos dinásticos
-Xorden outros que aglutinan aos descontentos coa lexislación reformista
e laica
-Grupos de ideoloxía fascista → son unha minoría
-Ideais → defende a unidade de España
→ a favor da superioridade do Estado respecto do individuo
→ rexeitan o parlamentarismo, a democracia, partidos políticos e o
capitalismo
→partidarios de empregar a violencia para combater aos
considerados inimigos: marxistas, anarquistas e comunistas
-Xuntas Ofensivas Nacional Sindicalistas (XONS), fundadas por
Ramiro Ledesma Ramos e Onésimo Redondo (1931)
-Falanxe Española (FE) → fundada por Xosé Antonio Primo de Rivera
(1933)
-Ambas se fusionan en 1934 formando FE – XONS
-Os seus seguidores formaron grupos paramilitares con elementos
distintivos: camisa azul, xugo e frechas
-Partidos de carácter monárquico autoritario
-Ideais → contrarios á República e ás súas reformas
→ defensores da orde económica e social tradicional
-Comuñón Tradicionalista formada por carlistas (1931)
-Renovación Española (1933) → formada por alfonsinos
→ liderada por Calvo Sotelo
-Defensores dos valores católicos e da propiedade privada crean a CEDA
-Confederación Española de Dereitas Autónomas (1933), liderada por
Xosé María Gil Robles
-Convertido no partido de masas das dereitas
-Esixía a revisión da Constitución para adecuala aos principios cristiás

• Ruptura da coalición gobernamental


-Causa → falta de entendemento entre republicanos e socialistas
→ presión das dereitas
→ perda do apoio popular
-Azaña dimite → Lerroux forma novo goberno → non consigue controlar a
situación e dimite
-Alcalá Zamora convoca eleccións xerais para novembro de 1933

12
-Por primeira vez votaran as mulleres
-A dereita presentouse unida e organizada
-Programa → revisión da Constitución e da lexislación laica
→ paralización das reformas, especialmente da agraria
-A esquerda presentouse desunida
-Republicanos e socialistas preséntanse por separado
-Os anarquistas chaman á abstención

4. O BIENIO DE DEREITAS. NOVEMBRO 1933 – FEBREIRO 1936

• As forzas de dereitas gañan as eleccións de novembro de 1933


-CEDA de Gil Robles → partido máis votado
-Partido Republicano Radical de Lerroux → segundo partido máis votado
-PSOE → perde a metade dos escanos
-Republicanos de esquerdas → quedan case sen representación

• Alcalá Zamora nomea presidente de Goberno a Lerroux que conta co apoio


parlamentario da CEDA

• Este segundo período republicano é coñecido como:


-Bienio Negro → polas medidas reaccionarias e conservadoras
-Bienio Rectificador → polo seu labor revisionista
-Bienio Radicalcedista → aludindo ás dúas principais forzas parlamentarias

4.1. A POLÍTICA RECTIFICADORA

• As medidas dos gobernos de Lerroux foron contrarreformistas


-Desmantelamento da reforma agraria
-Medidas → anulación das expropiacións dos latifundistas
→ liberdade total de contratación de peóns co que se anula o
Decreto de termos municipais
-Provoca → empeoramento das condicións de vida dos traballadores
→ agravamento das tensións no campo
-Paralización do sistema de autonomías
-Obtaculízase a aplicación do Estatuto catalán
-Atrasa o proceso de discusión e aprobación do vasco e galego
-Redución dos créditos empregados na construción de escolas

13
-Concesión da amnistía aos implicados no golpe dirixido por Sanjurjo
-Única medida que se respecta do Bienio progresista foi a lei de Azaña sobre
o exército

• Resposta das forzas políticas e sindicais de esquerdas


-Únense fundando Alianza Obreira
-Obxectivo → presentar unha fronte común ante o avance das dereitas e do
fascismo

• Aumento da tensión social no campo


-1934 → folga xeral no sur de España → duramente reprimida
-Cataluña → o Goberno central anulou a lei da Generalitat que concedía aos
campesiños arrendatarios de vides acceder a propiedade da terra
previo pago
→ os deputados catalanistas abandonan as Cortes como protesta
-Aumento considerable das folgas dos obreiros industriais

4.2. OS SUCESOS DE OUTUBRO DE 1934

• Outubro de 1934
- Gil Robles condiciona o apoio da CEDA a Lerroux á entrada no Goberno
de membros da CEDA
-Lerroux accede
-As forzas de esquerda levan a cabo diversos actos de protesta
-Temen que Gil Robles destrúa a República

• Folga xeral do 5 de outubro → convocada pola UXT


-Non contan co apoio xeneralizado de anarquistas e comunistas
-Frústrase a tentativa → escasa planificación
→ cansazo por un verán repleto de folgas

• Rebelión en Cataluña
-Os obreiros cataláns secundaron a folga xeral
-A Generalitat dirixida por Lluís Companys proclama o Estado Catalán dentro
da República Federal Española
-O exército controlou a situación → o Estatuto catalán foi suspendido
→ os membros da Generalitat foron
encarcelados

14
• Revolución en Asturias e norte de León
-O chamamento á folga deu lugar a unha intensa insurrección obreira
-Pretendían facerse co control político e controlar os medios de produción
-Anarquistas, socialistas e comunistas únense baixo a consigna Unión de
Hermanos Proletarios
-Chegan a dominar gran parte da rexión
-Nas zonas ocupadas polos socialistas → os concellos foron substituídos
por comités revolucionarios
-Nas controladas polos anarquistas → organízanse comunas
-Nas controladas polos comunistas → establécese a ditadura do
proletariado
-O Goberno envía tropas dirixidas por Franco, xefe do Estado Maior do
exército
-Controla a zona tras duros combates
-A revolución remata con numerosos mortos, detidos, despedidos,
condenas a morte e cárcere, suspensión de sindicatos
-Estes sucesos tiveron fonda repercusión
-Forte dereitización do réxime republicano → suspensión de moitas das
melloras sociais
→ a CEDA aumenta a súa
presenza no poder
-As forzas de esquerdas únense para pedir a amnistía dos detidos
-Destacou Dolores Ibárruri (alcumada Pasionaria), membro da
dirección do PCE

4.3. CARA ÁS ELECCIÓNS DE FEBREIRO DE 1936

• Aumento da inestabilidade do Goberno durante 1935


-Desprestixio de Lerroux ao verse implicado nun escándalo de corrupción
(caso estraperlo1)
-Alcalá Zamora ten que nomear novo Goberno
-Gil Robles esperaba ser nomeado presidente de Goberno
-Alcalá Zamora rexeitao temendo a reacción popular, nomea a
republicanos de centro

1
Estraperlo: especie de ruleta rusa trucada inventada por Strauss e Perlo que
proporcionaba grandes beneficios aos seus propietarios. Lerroux e a varios familiares próximos
foron acusados de implantala en varios casinos españois baixo suborno. Orixinou un escándalo
que lle custou a presidencia de Goberno.
15
-As crecentes dificultades obrígano a convocar eleccións xerais para febreiro
de 1936

• Dende 1934 as forzas políticas de esquerdas e dereitas reorganizáronse


-Monárquicos e conservadores forman o Bloque Nacional
-Son contrarios á República
-Principais forzas de esquerdas fundan a Fronte Popular (xaneiro 1936)
-Presentan un programa que é continuador das reformas do primeiro
bienio

5. A FRONTE POPULAR. FEBREIRO - XULLO 1936

• Tras unha campaña electoral moi axitada → as eleccións de febreiro de 1936


deron o triunfo á Fronte Popular
-Azaña é nomeado presidente de Goberno
-O novo Goberno estará formado só por republicanos de esquerda
-Obxectivo → retomar as reformas do primeiro bienio
-Alcalá Zamora é destituído polas novas Cortes
-Causa → disolver as Cortes máis veces das permitidas pola
Constitución
-Azaña é elixido presidente da República
-Santigo Casares Quiroga é nomeado presidente de Goberno

• O Goberno da Fronte Popular puxo rapidamente en marcha o seu programa


-Decretou unha ampla amnistía de presos
-Restableceu → Estatuto catalán
→ Lei de Reforma Agraria
-Recuperou a política reformista do ensino
-Modificou a cúpula do exército → traslado aos xenerais máis conservadores
e proclives ao golpismo (Franco a Canarias, Mola a Pamplona)

• Rápido aumento da violencia: folgas, disturbios, atentados (bombas,


tiroteos, paseos)
-Sindicatos e obreiros crían chegado o momento de facer a revolución social
-Falanxe → incrementa a súa filiación
→ pon en práctica a dialéctica dos puños e as pistolas
-Obxectivo → provocar ás esquerdas

16
-Levou ao cárcere a Primo de Rivera e a prohibición da
actuación do seu partido
-O problema da desorde pública foi empregado pola dereita para
desacreditar ao réxime republicano e á Fronte Popular

5.1. A AUTONOMÍA DO PAÍS VASCO

• Xuño 1931
-Unha asemblea de concellos vascos e navarros reunidos en Estella
aprobou un proxecto de Estatuto de Autonomía
-Non foi aceptado polos republicanos polas concesións ao clericalismo e
tradicionalismo
-1932 → Navarra segregouse do proxecto autonomista

• Agosto 1933 → elaboración dun novo proxecto de Estatuto


- Aprobado polos concellos de Guipúscoa e Biscaia pero non polos de Álava
-Foi presentado ás Cortes e paralizada a súa discusión polos Gobernos
radicalcedistas
-O proceso complícase cando Álava solicita a súa retirada do ámbito
territorial da autonomía

• Outubro 1936 → aprobación do Estatuto polas Cortes


-Debido á Guerra Civil só puido ser aplicado na zona controlada polos
republicanos
-Primeiro presidente → Xosé Antonio Aguirre

5.2. A AUTONOMÍA DE GALICIA

• Partidarios do galeguismo e da autonomía antes da II República


-Certas entidades culturais
-Republicanos → ORGA, Federación Republicana Galega

• Durante a II República varias institucións colaboran na elaboración dun


proxecto de autonomía
-Seminario de Estudos Galegos, Instituto de Estudios Gallegos, FRG
-Algúns eran incompatibles coa Constitución → consideraban Galicia como
Estado autónomo dentro da República Federal Española

17
• 1931 → Fundación do Partido Galeguista
-Principal obxectivo → consecución da autonomía para Galicia

• 1932 → elaboración dun novo proxecto de Estatuto


-Era compatible coa Constitución
-Foi aprobado pola maioría dos concellos galegos

• 1933 → paralización do proceso polo triunfo da dereita


-Será retomado coa vitoria da Fronte Popular

• Xuño 1936 → os galegos aproban o Estatuto despois dunha intensa


campaña a favor

•15 xullo 1936 → o texto é presentado ás Cortes para a súa discusión e


aprobación
-18 xullo → comeza a sublevación militar contra a República

• Febreiro 1938 → as Cortes republicanas nun acto máis simbólico que


efectivo aceptan a trámite parlamentario o Estatuto de Galicia
-Non foi nin discutido nin aprobado

5.3. A CONSPIRACIÓN MILITAR

• Os militares conspiran para acabar coa República


-Causa → derrota das dereitas
→ medo á revolución social
-Sectores conservadores ven no exército o único medio para evitar a
ameaza do comunismo

• O plan do golpe de Estado estivo dirixido por Emilio Mola


-O exército de África sería o primeiro en sublevarse
-Sería secundado por levantamentos graduados na Península
-Os militares deterían → autoridades militares e civís fieis á República
→ dirixentes das forzas obreiras
-Asegurado o protectorado africano → o exército trasladaríase á Península e
se dirixía a Madrid
- En Madrid establecería un Directorio Militar encabezado por Sanjurjo

18
• 12 xullo 1936 → un comando de estrema dereita asasina a Xosé Castillo,
Garda de Asalto e militante de esquerdas
- En represalia un grupo de Gardas de Asalto asasina a Calvo Soltelo

• 17 xullo 1936 → as tropas do protectorado español en Marrocos subleváronse


contra o Goberno da República
-Ao día seguinte fixérono na Península

19
6. SELECCIÓN DE TEXTOS

Doc.1. Discurso de Manuel Azaña (13 de outubro de 1931) no que se refire


aos principais problemas que debe afrontar a república, prestando
especial atención á cuestión relixiosa:

“A revolución política, é dicir, a expulsión da dinastía e a restauración das


liberdades públicas, resolveu un problema específico de importancia capital,
¡quen o dubida!, pero non fixo máis que suscitar e enunciar aqueles outros
problemas que han transformar o Estado e a sociedade españois ata a raíz.
Estes problemas, ao meu curto entender, son principalmente tres: o problema
das autonomías locais, o problema social na súa forma máis urxente e aguda,
que é a reforma da propiedade, e este que chaman problema relixioso, e que é
en rigor a implantación do laicismo do Estado con todas as súas inevitables e
rigorosas consecuencias. Ningún destes problemas os inventou a República
(...). Refírome a iso que chaman problema relixioso. A premisa deste problema,
hoxe político, formúloa eu desta maneira: España deixou de ser católica”.

Doc.2. Constitución 1931

España, en uso da súa soberanía, e representada polas Cortes Constituíntes,


decreta e sanciona esta Constitución.

Art.1. España é unha República democrática de traballadores de toda clase,


que se organiza en réxime de liberdade e de xustiza (...). A República constitúe
un Estado integral, compatible coa autonomía dos municipios e das rexións
(...).

Art.3.-O Estado español non ten relixión oficial (...).

Art.26. Todas as confesións relixiosas serán consideradas como asociacións


sometidas a unha lei especial. O Estado, as rexións, as provincias e os
municipios, non manterán, favorecerán, nin auxiliarán economicamente ás
igrexas (...).

Art.38. Queda recoñecido o dereito a reunirse pacificamente e sen armas.

Art.39. Os españois poderán asociarse ou sindicarse libremente (...).

Art.43. A familia está baixo a salvagarda especial do Estado. O matrimonio


fúndase na igualdade dos dereitos de ambos sexos, e poderá disolverse por
mutuo disenso ou a petición de calquera dos cónxuxes, con alegación neste
caso de xusta causa (...). Os pais teñen para cos fillos habidos fóra do
matrimonio os mesmos deberes que respecto dos nacidos nel (...).

20
Art.44. Toda a riqueza do país, sexa quen for o seu dono, está subordinada aos
intereses da economía nacional (...). A propiedade de toda clase de bens
poderá ser obxecto de expropiación forzosa por causa de utilidade social
mediante adecuada indemnización (...). Cos mesmos requisitos a propiedade
poderá ser socializada (...).

Art.48. A ensinanza primaria será gratuíta e obrigatoria. A ensinanza será laica


(...).

Art.52. O Congreso dos deputados componse dos representantes elixidos por


sufraxio universal, igual, directo e secreto. (...)

Art.75. O presidente da República nomeará e separará libremente ao


presidente do Goberno e, a proposta deste, aos ministros. Haberá de separalos
necesariamente no caso de que as Cortes lles negaran de modo explícito a súa
confianza.

Doc.3. Lei de Bases da Reforma Agraria (1932):

“Base 5ª. Serán susceptibles de expropiación as terras incluídas nos seguintes


apartados:

1º. As ofrecidas voluntariamente polos seus donos (...).

4º. As fincas rústicas de Corporacións, fundacións e establecementos públicos


que as exploten en réxime de arrendamento, parcería ou calquera outra forma
que non sexa explotación directa (...).

5º. As que polas circunstancias da súa adquisición, por non seren explotadas
directamente polos adquirentes (...), deba presumirse que foron compradas con
fins de especulación ou co único obxecto de percibir a súa renda.

6º. As que constituíron señoríos xurisdicionais (...).

7º. As incultas ou manifestamente mal cultivadas (...)”.

Doc.4. Estatuto de autonomía de cataluña (setembro de 1932):

Art. 1º. Cataluña constitúese en rexión autónoma dentro do Estado español, de


acordo coa Constitución da República e o presente Estatuto. O seu organismo
representativo é a Generalitat (...).

Art. 2º. O idioma catalán é, como o castelán, lingua oficial en Cataluña (...).
Dentro do territorio catalán, os cidadáns, calquera que sexa a súa lingua
materna, terán dereito a elixir o idioma oficial que prefiran nas súas relacións

21
cos tribunais, autoridades e funcionarios de todas clases, tanto da Generalitat
como da República (...).

Art. 11º. Corresponde á Generalitat a lexislación exclusiva en materia civil,


agás o disposto no artigo 15, número 1, da Constitución, e a administrativa que
lle estea plenamente atribuída por este Estatuto”.

Doc.5. O xornal ABC publica o programa electoral da candidatura


antimarxista por madrid (outubro de 1933):

“Os candidatos da coalición antimarxista defenderán resoltamente e por riba de


todo a necesidade dunha inmediata derrogación (...) dos preceptos, tanto
constitucionais coma legais, inspirados en designios laicos e socializantes (...);
traballarán sen descanso para acadar a cancelación de tódalas disposicións
confiscadoras da propiedade e persecutorias das persoas, das Asociacións e
das crenzas relixiosas (...). A impedir que a política anticatólica, antieconómica
e antinacional, representada polo socialismo e os seus subalternos (...),
prevaleza (...) na gobernación do Estado, irán vigorosa e enerxicamente
encamiñados tódolos nosos esforzos”.

Doc.6. A Fronte Popular presenta o seu pacto-programa (xaneiro de 1936):

“Como suposto indispensable de paz pública, os partidos coligados


comprométense:

1º. A conceder por lei unha ampla amnistía dos delitos político-sociais
cometidos posteriormente a novembro de 1933 (...).

Restablecerán o imperio da Constitución (...).

Derrogarán inmediatamente a vixente lei de arrendamentos (...). Consolidación


na propiedade, previa liquidación, aos arrendatarios antigos e pequenos (...).

A República ten que considerar o ensino como atributo indeclinable do Estado


(...). Impulsarán, co ritmo dos primeiros años da República, a creación de
escolas de primeira ensinanza”.

Doc.7. alocución radiada do xeneral Franco (18 de xullo de 1936), na que


xustifica a rebelión contra e república:

“A situación de España é cada día máis crítica; a anarquía reina na maioría dos
seus campos e vilas; autoridades de sona gobernativa presiden, cando non
fomentan, as revoltas; a tiro de pistola e metralladoras dirímense as diferenzas

22
entre os cidadáns (...), sen que os poderes públicos impoñan a paz e a
xustiza.Folgas revolucionarias de toda clase paralizan a vida da Nación (...). Os
monumentos e tesouros artísticos son obxecto do máis asañado ataque das
hordas revolucionarias, obedecendo a consigna que reciben das directivas
estranxeiras, coa complicidade e neglixencia dos gobernadores (...).

Ao espírito revolucionario e inconsciente das masas, enganadas e explotadas


polos axentes soviéticos (...), únese a neglixencia de autoridades de todas
clases (...).

A Constitución, por todos suspendida e vulnerada, sofre unha eclipse total: nin
igualdade ante a lei,nin liberdade (...), nin unidade da patria, ameazada pola
esgazadura territorial (...). ¿É que podemos abandonar a España aos inimigos
da patria, con proceder covarde e traidor, entregándoa sen loita e sen
resistencia? ¡Iso non! Que o fagan os traidores, pero non quen xuramos
defendela”.

Doc.8: No seu discurso (12 de decembro de 1931), Manuel Azaña explica


as reformas aplicadas ao exército

O que máis destacaba na organización defectuosa do exército español, o que


máis chama a atención ao público era o exceso de persoal na oficialidade. Este
problema, que era grave, desde o punto de vista técnico e profesional, e non
digamos desde o punto de vista do orzamento (...) non era o problema de fondo
da organización militar española (...).

Entón publiquei eu un decreto de retiro de voluntarios, o máis xeneroso dictado


en ningún país cando un país ten que eliminar parte da súa oficialidade militar
(...).

E ¿que é o que hai que facer co exército, o mesmo nunha república que nunha
monarquía? Reducilo á súa propia función, que é a de prepararse para a
guerra. O exército non ten outra cousa que facer: prepararse para a guerra,
preparar aos soldade e prepara os cadros de xefes e oficiais, que tamén teñen
que practicar e estudiar.

Doc.9: Programa político de FE-XONS. 1934

1. Cremos na suprema realidade de España. Fortalecela, elevala e


engrandecela é a urxente tarefa colectiva de todos os españois. Á realización
desta tarefa terán que pregarse inexorablemente os intereses dos individuos,
dos grupos e das clases.

23
2. España é unha unidade de destino no universal. Toda conspiración contra
esta unidade é repulsiva. Todo separatismo é un crime que non perdoaremos.

A Constitución vixente, en cuanto que incita ás disgregacións, atenta contra a


unidade de destino de España. Por iso esiximos a súa anulación fulminante.

6. O noso Estado será un instrumento totalitario ao servizo da integridade


patria. Todos os españois participarán nel a través da súa función familiar,
municipal e sindical. Ninguén participará a través dos partidos políticos.

9. Concibimos a España, no económico, como un xigantesco sindicato de


produtores. Organizaremos corporativamente á sociedade española mediante
un sistema de sindicatos verticais por ramas da produción, ao servizo da
integridade económica nacional.

10. Rexeitamos o sistema capitalista, que se desentende das necesidades


populares, deshumaniza a propiedade privada e amontoa aos traballadores en
masas informes, propicias á miseria e á desesperación. O noso sentido
espiritual e nacional repudia tamén o marxismo. Orientaremos o ímpeto das
clases laboriosas, hoxe descarreiradas polo marxismo, no sentido de esixir a
súa participación directa na gran tarefa do Estado nacional.

Doc.10: Discurso de José María Gil Robles. Madrid. 26-12-1932

Hai un sector ben definido das dereitas españolas, no que me atopo, que
sostén que hai un problema fundamental ou unha serie de problemas
fundamentais que son: a defensa da relixión e principios espirituais; a defensa
da familia, ameazada de disolución; a da propiedade; combatida por inimigos
dela; a defensa da orde social, que está a punto de quedarse en mans da
anarquía. (…) Mantemos o programa dos principios fundamentais da relixión,
patria, familia, propiedade, orde e traballo. Por iso os defenderemos por encima
de todo (…).

E se me preguntará: ¿Como queres que actúen as dereitas españolas? ¿Con


monarquía, con república, con que réxime? Eu contesto: co que sexa, co que
nos permita defender con maior eficacia o que a sociedade nos pide que
defendamos por encima de todo.

Doc.11: Manifesto do Bloque Nacional. 8-12-1934

Españois: un grupo de concidadáns acordaron coincidir en : (...) A afirmación


de España unida e en orde (...) e a negación do existente Estado
constitucional. Unha España auténtica, fiel á súa historia e á súa propia imaxe:
unha e indivisible. Esta é a primeira liña do noso programa de acción: defensa
24
a vida ou morte e exaltación frenética da unidade española (...). e se queremos
unha España auténtica debemos proclamala católica mediante a concordia
moral do Estado coa Igrexa. (...)

Queremos un Estado integrador que, a diferencia do Estado anárquico actual,


impoña a súa peculiar autoridade sobre todas as clases. Sexan sociais ou
económicas. A era ruinosa da loita de clases está tocando a súa fin (...).

Doc.12: Pacto-programa da Fronte Popular. 15-1-1936

Os partidos políticos de Esquerda Republicana, Unión Republicana e Partido


Socialista, en representación de si mesmos e da Unidó Xeral de Traballadores,
Federación Nacional de Xuventudes Socialistas, Partido Obreiro de Unificación
Marxista, Partido Comunista, Partido Sindicalista, sen prexuízo de deixar a
salvo os postulados as súas doutrinas, chegaron a comprometer un programa
político común que sirva de fundamento e cartel á coalición da súas respectivas
forzas na inmediata contenda electoral e de forma de goberno que terán que
desenvolver os partidos republicanos de esquerda co apoio das forza obreiras
en caso de vitoria:

I. Como suposto indispensable da paz pública, os partidos coaligados


comprométense a:

1º. A conceder unha ampla amnistía dos delitos de carácter político- sociais
cometidos posteriormente a novembro de 1933 (...).

II. En defensa da liberdade e da xustiza, como misión esencial do Estado


republicano e do seu réxime constitucional, os partidos coaligados:

1º. Restablecerán o imperio da Constitución (...).

2º. Procederase a ditar as leis orgánicas prometidas pola Constitución (...).

VIII. A República ten que considerar a ensinanza como atributo indeclinable do


Estado.

25
7. EXEMPLOS DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO
16. O ESTABLECEMENTO DA II REPÚBLICA (FORZAS POLÍTICAS E CONSTITUCIÓN DE
1931).
Tendo en conta os seguintes documentos, aos que debes referirte ao longo da túa exposición,
debes elaborar unha redacción sobre o establecemento da II República. Na redacción debes
abordar as seguintes cuestións: circunstancias nas que se produce a proclamación da
República, as forzas sociais e políticas enfrontadas e a constitución de 1931.
Doc.1: Bando municipal de Lens Vieira [alcalde accidental da Coruña] respecto da
proclamación da II República. 14-4-1931.
Fago saber: Que o Concello elixido polo pobo da Coruña o domingo 12, congregado coa
asistencia do pobo ás 17 horas e 15 minutos de hoxe, na Casa Consistorial, acordou, en
atención ao desenvolvemento dos sucesos da vida nacional e interpretando a vontade do país,
proclamar a República.
Conseguimos a república despois de considerables esforzos e sacrificios (...). Para iso a
Alcaldía, no nome do Concello do pobo da Coruña, tradicionalmente liberal e democrático,
solicita o auxilio dos cidadáns e pide a todos que nin alteren a tranquilidade pública nin adopten
represalias de ningún tipo, pois a obra nefasta da tiranía nestes anos vergoñentos será
escrupulosamente revisada e serenamente xulgada.(...)
Doc.2: Primeira declaración do Goberno provisional republicano. 15-4-1931.
O Goberno declara:
1º. Dada a orixe democrática do seu poder e en razón do responsabilismo en que deben
moverse os órganos do Estado, someterá a súa actuación colexiada e individual ao
discernimento e sanción das Cortes constituíntes (...) chegada a hora de declinar ante ela os
seus poderes.
3º.O Goberno provisional fai pública a súa decisión de respectar de maneira plena a conciencia
individual mediante a liberdade de crenzas e cultos (...).
4º. O Goberno provisional orientará a súa actividade (...) no acatamento da liberdade persoal
(...) e os dereitos dos cidadáns [e] aspira a ensanchalos, adoptando garantías de amparo para
aqueles dereitos e recoñecendo como un dos principios da moderna dogmática xurídica o da
personalidade sindical e corporativa, base do novo dereito social.

Doc.3: Constitución 1931


Art.1. España é unha República democrática de traballadores de toda clase, que se organiza
en réxime de liberdade e de xustiza (...). A República constitúe un Estado integral, compatible
coa autonomía dos municipios e das rexións (...).
Art.3. O Estado español non ten relixión oficial (...).
Art.39. Os españois poderán asociarse ou sindicarse libremente (...).
Art.44. Toda a riqueza do país, sexa quen for o seu dono, está subordinada aos intereses da
economía nacional (...). A propiedade de toda clase de bens poderá ser obxecto de
expropiación forzosa por causa de utilidade social mediante adecuada indemnización (...). Cos
mesmos requisitos a propiedade poderá ser socializada (...).
Art.48. A ensinanza primaria será gratuíta e obrigatoria. A ensinanza será laica (...)”.

26
PROPOSTA DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO: O ESTABLECEMENTO DA II
REPÚBLICA (FORZAS POLÍTICAS E CONSTITUCIÓN DE 1931)
A crise que vive o sistema da Restauración acada o seu punto álxido durante o reinado de
Alfonso XIII (1902-1931), permitindo o establecemento dun sistema democrático, a II
República. As reformas democráticas postas en marcha darán lugar a unha crecente
conflitividade social que dificultará o mantemento do sistema.
Tras o fracaso da ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), Alfonso XIII tratará sen éxito de
volver ao sistema constitucional de 1876, posto que a República vai progresivamente gañando
partidarios. En 1930 os republicanos acordan no Pacto de Lestrove a fundación da Federación
Republicana Galega, e no Pacto de San Sebastián (1930), unidos a antigos monárquicos,
socialistas e nacionalistas, conspirar para derrocar a monarquía e establecer a república. Neste
acordo verbal comprométense ademais a formar un Comité revolucionario que actuaría como
Goberno provisional co que garantir as liberdades relixiosas e políticas, convocar eleccións a
Cortes constituíntes, e plantexar a posibilidade de recoñecer a autonomía das rexións.
Nun contexto de crecente axitación social e política, convócanse as eleccións municipais ás
que se refire a primeira liña do documento 1. Estas son celebradas o 12 de abril de 1931, e
serán consideradas como un plebiscito a favor ou en contra da monarquía. O Goberno e o
exército declaran que acatarán uns resultados que dan como gañadores, no rural ás
candidaturas monárquicas, en tanto que nas cidades, fóra do control dos caciques, ás
republicanas.
Este triunfo é considerado coma un apoio á república, polo que o rei sen o respaldo dos
militares, marcha ao exilio. O 14 de abril cun amplo apoio popular proclámase a Segunda
República, “en atención ao desenvolvemento dos sucesos da vida nacional e interpretando a
vontade do país, proclamar a República”, nun ambiente festivo e pacífico, como se recolle no
citado documento “pide a todos que nin alteren a tranquilidade pública nin adopten represalias
de ningún tipo”.
Debe destacarse o amplo respaldo ás candidaturas republicanas na cidade da Coruña, da que
o alcalde recorda o seu pasado “tradicionalmente liberal e democrático”, en atención ao apoio
dado pola cidade a sucesos tales como o pronunciamento liberal de Riego en 1820 da man de
Félix Acevedo, ou a importancia das forzas republicanas no concello en tempos de Alfonso XII.
O Goberno Provisional formado por republicanos e socialistas deseñado no Pacto de San
Sebastián, asume o poder, e Alcalá Zamora é nomeado presidente de Goberno; dase paso á
primeira fase do período, o Bienio Reformista (abril 1931 - novembro 1933), así chamado polas
reformas realizadas, aínda que tamén aparece nomeado como republicano – socialista, polas
forzas políticas gobernantes. O documento 2 recolle a primeira declaración do Goberno
provisional, proclamando no artigo 4º liberdades públicas e sindicais, e no 3º, a “liberdade de
crenzas e cultos”, apuntando ao que será un dos aspectos máis controvertidos das reformas
republicanas, a conformación dun Estado laico. Ao anterior súmase a declaración dunha ampla
amnistía e unha importante actividade reformista a partir de Decretos que serán referendados
polas futuras Cortes, como así aclara o artigo 1º da citada declaración, “someterá a súa
actuación colexiada e individual ao discernimento e sanción das Cortes constituíntes”.
O primeiro problema ao que se enfronta a República corresponderase coa proclamación por
parte de Francisco Maciá do Estado catalán no marco dunha república federal, o que supoñía a
transgresión do Pacto de San Sebastián, onde se acordara esperar á convocatoria de Cortes
constituíntes para decidir o modelo de Estado español. Por este motivo, varios ministros viaxan
o 17 de abril a Barcelona para acelerar a autonomía catalá.
Coa actuación do Goberno provisional comeza a aprobación dunhas normas innovadoras que
tiñan por obxectivo democratizar a vida política, modernizar España e mellorara as condicións
de vida das clases traballadoras. Sen embargo contribuirán a polarizar e enfrontar a sociedade
española, entre aqueles que aceptan o reformismo republicano, os que o consideran
insuficiente, e aqueles outros que o rexeitan porque supoñían a perda do seu predominio social
e económico. A esta tensión contribuirá negativamente a crise desencadeada polo Crac da
Bolsa de Nova York (1929) e a Gran Depresión, provocando o estancamento da produción e o
incremento dun paro agravado pola imposibilidade de emigrar.

27
Esta fragmentación e polarización política dos cidadáns dará lugar a catro grupos políticos e
ideolóxicos, nos que non se inclúen os antigos partidos dinásticos, desaparecidos tras o exilio
do rei. Entre os partidos de carácter autoritario atópanse os fascistas como as Xuntas de
Ofensiva Nacional-Sindicalista e a Falanxe Española de José Antonio Primo de Rivera, unidos
a partir de 1934 como FE-XONS, e os monárquicos de Renovación Española liderados por
Calvo Sotelo. Están apoiados pola oligarquía terratenente e a alta burguesía financeira e
industrial, e defenden a unidade da patria, a orde social e o catolicismo, declarándose
antimarxistas e rexeitando a legalidade republicana.
Entre os partidos de dereitas atópanse o Partido Nacionalista Vasco, e dende 1933 a CEDA
(Confederación de Dereitas Autónomas) de Gil Robles. Están apoiados pola burguesía urbana
e polos pequenos e medianos propietarios agrarios, presentándose como defensores dos
dereitos da Igrexa, a propiedade privada e a orde tradicional.
Entre os republicanos de dereitas atópase a Dereita Liberal Republicana dirixida por Alcalá
Zamora, na centrodereita destaca o Partido Radical de Alexandre Lerroux, e entre os de
esquerdas atópanse Acción republicana de Manuel Azaña, Organización Republicana Galega
Autónoma de Casares Quiroga, e Esquerra Republicana de Cataluña dirixida primeiro por
Francisco Maciá e posteriormente por Lluís Companys. Entre os seus partidarios atópanse
moitos intelectuais, as clases medias urbanas e a pequena burguesía, sendo defensores da
República e as súas reformas, e o laicismo.
Nas esquerdas sitúanse o Partido Socialista Obreiro Español, e o seu sindicato, a Unión Xeral
de Traballadores con Largo Caballero, o Partido Comunista de España dirixido por Dolores
Ibárruri, e entre os anarquistas, a Federación Anarquista Ibérica e a Confederación Nacional do
Traballo. Os seus partidarios correspóndense cos obreiros industriais e os xornaleiros
agrícolas. Entre as súas reivindicacións atópanse a abolición da propiedade privada e as
diferenzas de clase, e a defensa dos intereses das masas traballadoras. En ocasións apoiarán
aos gobernos republicanos, pero noutras criticarán a súa actuación.
O principal obxectivo do Goberno provisional era a convocatoria de eleccións a Cortes
constituíntes, que serán celebradas o 28 de xuño de 1931, e gañadas novamente pola coalición
republicano – socialista, co que non se modifica o Goberno. Estas Cortes elaboraron a primeira
constitución democrática española, unha constitución que orixinou intensos debates no
parlamento e entre a opinión pública. Non foi sometida a referendo e esa foi a escusa que e
empregou a dereita para rexeitala, posto que sostiñan que non respondía a vontade maioritaria
dos cidadáns.
Parte dos seus artigos aparecen recollidos no documento 3. No artigo 1 defínese a España
como unha república parlamentaria, “República democrática de traballadores de toda clase”,
identificándoa como un Estado unitario descentralizado que na Constitución se define como
“integral, compatible coa autonomía dos municipios e das rexións”. Dase deste xeito,
satisfacción ás demandas autonomistas dos nacionalistas cataláns, vascos e galegos,
contemplando a posibilidade de que varias provincias se constitúan en rexións autónomas.
Produto deste artigo será a aprobación en 1932, do Estatuto de Autonomía de Cataluña, e en
1936 o do País Vasco.
O artigo 3 determina a clara separación entre igrexa e Estado ao configurar España como un
Estado laico, que se completa cunha política secularizadora que inclúe a extinción do
orzamento do clero, o establecemento do matrimonio civil e do divorcio, ou a liberdade de
cultos. Esta política secularizadora, unida á forte corrente anticlerical que protagoniza ataques
violentos contra igrexas e conventos, así como a negativa da xerarquía eclesiástica a perder a
súa influenza, dará lugar ao progresivo enfrontamento de ambas institucións. A cuestión
relixiosa será empregada pola dereita para atacar á República.
Establece a soberanía nacional e instaura un parlamento unicameral, que detentará o poder
principal dada a desconfianza que inspira a atribución de amplos poderes para o presidente da
República. Deste xeito terán o poder lexislativo, controlan os orzamentos do Goberno e
poderán destituír ao presidente da República en caso de abuso de poder.
O presidente da República é elixido por seis anos e só ten poder para disolver as Cortes dúas
veces por mandato. Nomea e cesa ao presidente de Goberno, quen xunto cos seus ministros
detentan o poder executivo, sendo responsables da súa actuación ante as Cortes.
28
A Constitución consagra igualmente un amplo recoñecemento de dereitos e liberdades, algúns
nunca recollidos ata o momento. Entre estes dereitos inclúense dereitos individuais clásicos
como a liberdade de pensamento, a inviolabilidade do domicilio, da correspondencia, o habeas
corpus, ou o recollido no artigo 39 que permite aos españois “asociarse ou sindicarse
libremente”. Por outra parte é a primeira en recoller o sufraxio feminino ou dereitos sociais
relativos á familia, como a igualdade dos cónxuxes ou a obrigación dos pais cara os fillos
ilexítimos.
Co artigo 44 deséñase un modelo de economía mixta moi avanzado para a súa época posto
que pon límites á iniciativa individual e a propiedade privada xa que “está subordinada aos
intereses da economía nacional”. Inclúe a posibilidade de que certos sectores ou servizos
sexan obxecto de “expropiación forzosa por causa de utilidade social mediante adecuada
indemnización”, ábrese polo tanto a posibilidade da reforma agraria. Igualmente permite a
intervención do Estado na explotación e coordinación das industrias co obxectivo de
racionalizar o seu funcionamento.
E respecto da ensinanza establécese a liberdade do profesorado, e o artigo 48 indica que “será
gratuíta e obrigatoria. A ensinanza será laica”, corresponde polo tanto, ao Estado, estender a
cultura a todos os cidadáns, rexeitando o control do ensino pola igrexa ao prohibirlles esta
actividade. O goberno de Azaña poñerá en marcha unha reforma educativa que tratará de
diminuír o analfabetismo, e formar cidadáns libres que apoien a modernización do país.
Trala aprobación da Constitución Alcalá Zamora é nomeado presidente da República e Manuel
Azaña, presidente de Goberno. Poñen en marcha unha intensa labor reformista que foi
rexeitada pola dereita, os propietarios e industriais, e considerada insuficiente polas esquerdas
máis radicais, contribuíndo a xerar unha crecente tensión que desembocará nunha Guerra Civil
e posterior ditadura.

29
17. AS GRANDES REFORMAS DA REPÚBLICA
A instauración da Segunda República supón o inicio dunha serie de reformas en diversos
ámbitos, como os que aparecen reflectidos nos documentos. Á luz dos textos, debes comentar
cada unha das cuestións que se citan neles, sen esquecer tratar no seu conxunto a política de
reformas atendendo á súa caracterización xeral.
Doc.1: No seguinte discurso (13 de outubro de 1931), Manuel Azaña refírese aos
principais problemas que debe afrontar a República, prestando especial atención á
cuestión relixiosa:
A revolución política, é dicir, a expulsión da dinastía e a restauración das liberdades públicas,
resolveu un problema específico de importancia capital, ¡quen o dubida!, pero non fixo máis
que suscitar e enunciar aqueles outros problemas que han transformar o Estado e a sociedade
españois ata a raíz. Estes problemas, ao meu curto entender, son principalmente tres: o
problema das autonomías locais, o problema social na súa forma máis urxente e aguda, que é
a reforma da propiedade, e este que chaman problema relixioso, e que é en rigor a
implantación do laicismo do Estado con todas as súas inevitables e rigorosas consecuencias.
Ningún destes problemas os inventou a República (...). Refírome a iso que chaman problema
relixioso. A premisa deste problema, hoxe político, formúloa eu desta maneira: España deixou
de ser católica”.
Doc.2: Lei de Bases da Reforma Agraria (1932):
“Base 5ª. Serán susceptibles de expropiación as terras incluídas nos seguintes apartados:
1º. As ofrecidas voluntariamente polos seus donos (...).
4º. As fincas rústicas de Corporacións, fundacións e establecementos públicos que as
exploten en réxime de arrendamento, parcería ou calquera outra forma que non sexa
explotación directa (...).
5º. As que polas circunstancias da súa adquisición, por non seren explotadas
directamente polos adquirentes (...), deba presumirse que foron compradas con fins de
especulación ou co único obxecto de percibir a súa renda.
6º. As que constituíron señoríos xurisdicionais (...).
7º. As incultas ou manifestamente mal cultivadas (...)”.
Doc.3: O 21 de setembro de 1932, a Gaceta de Madrid publicou o Estatuto de Autonomía
de Cataluña:
Art. 1º. Cataluña constitúese en rexión autónoma dentro do Estado español, de acordo coa
Constitución da República e o presente Estatuto. O seu organismo representativo é a
Generalitat (...).
Art. 2º. O idioma catalán é, como o castelán, lingua oficial en Cataluña (...). Dentro do territorio
catalán, os cidadáns, calquera que sexa a súa lingua materna, terán dereito a elixir o idioma
oficial que prefiran nas súas relacións cos tribunais, autoridades e funcionarios de todas clases,
tanto da Generalitat como da República (...).
Art. 11º. Corresponde á Generalitat a lexislación exclusiva en materia civil, agás o disposto no
artigo 15, número 1, da Constitución, e a administrativa que lle estea plenamente atribuída por
este Estatuto”.

30
PROPOSTA DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO: AS GRANDES REFORMAS DA
REPÚBLICA
O 14 de abril de 1931 foi proclamada con gran entusiasmo popular a Segunda república
española. Supuxo a substitución dun sistema liberal doutrinario por outro democrático. Este
inicial entusiasmo trocouse nunha tensión violenta que dificultou o mantemento do sistema e
acabou por conducir a unha Guerra Civil.
Entre os factores que contribuíron poderosamente a xerar este clima de tensión, atópanse unha
importante actividade reformista a través de leis innovadoras levada a cabo durante o primeiro
período republicano; é o coñecido como Bienio reformista (abril 1931 – novembro 1933)
precisamente polas reformas realizadas, ou tamén nomeado como Republicano – Socialista,
pola coalición de republicanos e socialistas que formaron o Goberno provisional así como o
posterior goberno saído das eleccións do 28 de xuño. A fronte deste goberno atopábase
Manuel Azaña e como presidente da República foi elixido Alcalá Zamora.
Moitas destas leis innovadoras foron promulgadas polo Goberno provisional e posteriormente
referendadas polas Cortes constituíntes dentro do marco da Constitución de 1931. Entre os
seus obxectivos atopábase o desexo de democratizar a vida política, modernizar España e
mellorar a condición de vida das masas traballadoras, castigadas polas desamortizacións e a
revolución industrial. Detrás destes obxectivos atópase necesidade de “transformar o Estado e
a sociedade españois ata a raíz”, idea que Manuel Azaña pronuncia no seu discurso, xa nos
comezos do período republicano.
Sen embargo esta lexislación reformista contou coa oposición dos grupos que anteriormente
exerceran o poder, posto que estas leis supoñían a perda do seu predominio social e
económico. Así mesmo foron consideradas insuficientes polos sectores máis radicais das
esquerdas, debido a que o contexto de crise internacional existente provocado polo Crac da
Bolsa de Nova York, e a tardanza con que foron postas en marcha algunhas delas, non
produciu o efecto esperado entre as masas populares.
No seu discurso, Azaña sinala algúns dos problemas máis complexos aos que se tivo que
enfrontar a República, entre eles atópase o “que chaman problema relixioso”. A constitución
definira a España coma un Estado laico, polo que o Goberno levou a cabo unha política de
secularización, “España deixou de ser católica”. Entre estas medidas medidas secularizadoras
atópase a separación Igrexa-Estado, a extinción do orzamento do clero, vixente dende o
Concordato con Roma de 1851, o establecemento da liberdade de cultos, o matrimonio civil, a
legalización do divorcio, e a disolución da orde dos xesuítas. Por outra parte, establécense
limitacións a Igrexa, posto que se lle impediu adquirir máis bens dos necesarios para asegurar
a súa existencia, exercer a industria, o comercio e a ensinanza, dado que a constitución a
califica de laica.
Esta política secularizadora non foi aceptada por certos sectores sociais, converténdose nunha
cuestión desfavorable á República, e nun dos motivos clave no enfrontamento en 1936. A raíz
deste problema radica no feito de que a xerarquía eclesiástica non estaba disposta a perder a
súa influenza cultural, social e ideolóxica debido ao seu carácter conservador, así como no
apoio que recibirán por parte das dereitas, que empregarán o tema relixioso para atacar á
República. Á tensión creada por “este que chaman problema relixioso”, contribuíu por outra
parte, a existencia dunha forte corrente anticlerical que atacaban igrexas e conventos e
solicitaban leis restritivas cos dereitos da igrexa, sendo incapaz o Goberno, de frear as súas
actuacións violentas. Esta situación tivo como resultado o progresivo enfrontamento entre
Estado e Igrexa.
Outro dos problemas ao que se enfronta a República, era a necesidade de reformar o exército.
Entre os seus problemas atopábase o seu escaso e obsoleto equipamento, unha organización

31
arcaica, e o excesivo número de oficiais, polo que era necesario reducir este número, así como
o de corpos e unidades, aumentar a súa eficacia, e eliminar a influencia dos militares no poder
político, algo moi presente a partir dos numerosos pronunciamentos e golpes de Estado que se
contan ao longo do século XIX.
Estes serán os obxectivos da chamada Lei Azaña coa que se emprende esta reforma. Entre as
medidas postas en práctica atópase a esixencia do xuramento de lealdade á República de
todos os cargos militares, a supresión da Lei de xurisdicións de 1906, o dereito ao retiro co
soldo íntegro para aqueles militares incómodos co sistema republicano, unha reorganización
máis racional e efectiva das unidades do exército, a creación da Garda de Asalto, policía
nacional leal á República e encargada da orde pública, así como a supresión da Academia
Militar de Zaragoza que se atopaba dirixida por Franco. Estas reformas crearon malestar en
certos sectores militares, posto que para algúns implicaban a súa destitución ou o cambio de
destino. A este malestar contribuíu o principio constitucional que permitía a creación de
autonomías, dado que era visto como un perigo para a unidade de España.
No seu discurso, Azaña refírese a outro dos problemas cos que se atopa a República, “o
problema social na súa forma máis urxente e aguda, que é a reforma da propiedade”. As
desamortizacións realizadas polos gobernos liberais transformaran a propiedade da terra nun
ben privado, pero foron moi negativas no sentido de que deixaran unha importante masa de
campesiños sen terra, especialmente en Andalucía e Extremadura, zonas tradicionalmente
latifundistas, que deste xeito ven empeorar as súas condicións de vida. Igualmente grave era a
situación en zonas de minifundio como Galicia, onde o reducido tamaño das explotacións non
permitía a subsistencia dunha unidade familiar. Como sinala Azaña “Ningún destes problemas
os inventou a República”.
A solución pasaba por reformar a propiedade da terra. Esta proposta presentaba problemas,
como a oposición de propietarios e latifundistas, e a diferencia de opinións entre socialistas e
republicanos, dado que os primeiros eran partidarios da socialización e explotación colectiva,
en tanto que os segundos optaban polo reparto co obxectivo de aumentar a súa rendabilidade,
unas diverxencias que só contribuíron a atrasar a aprobación da lei.
As primeiras medidas foron postas en marcha por Largo Caballero durante o Goberno
provisional; entre elas contábase o Decreto de termos municipais, que obrigaba aos patróns a
contratar xornaleiros residentes no concello, evitando así que rebentaran folgas, e o Decreto de
labor forzoso que obrigaba aos propietarios a cultivar as súas terras. Así mesmo estendeu aos
traballadores do campo a protección contra accidente e implantou a xornada laboral en 8 horas.
A todo esto sumouse a posterior Lei de intensificación de cultivos, coa que se cedían as terras
non cultivadas polos propietarios aos xornaleiros.
A reforma agraria baseouse no modelo de economía mixta que deseñara a Constitución pola
que se poñían límites á propiedade privada ante a posibilidade de nacionalizar, mediante
indemnización, certos sectores produtivos. Con estes principios a Lei de bases da reforma
agraria foi finalmente promulgada en 1932, que é a que corresponden os artigos recollidos no
documento 2. Con ela se autorizaba a expropiación de terras mediante indemnización e cesión
en usufruto aos campesiños asentados nelas. Os supostos nos que se autoriza esa
expropiación son aos que corresponden os artigos citados, penalizando no artigo 5º as terras
que foron produto da venda das desamortizacións, no 4º ás que se atopan en mans de
propietarios absentistas, e no 6º, aquelas cuxa propiedade a pesar de non estar clara, pasou a
mans da nobreza durante os gobernos liberais. Para a aplicación desta lei créase o Instituto de
Reforma Agraria (IRA).
Á tardanza en ser aprobada sumouse a lentitude con que foi aplicada dada a falta de recursos
financeiros, a complexidade da propia lei e a oposición dos propietarios agrícolas, polo que o

32
volume de terras entregadas foi moi escaso, provocando a decepción e protestas dos
campesiños pobres, e restando así apoios ao Goberno do Bienio reformista.
O terceiro problema ao que se refire Azaña no seu discurso corresponde a “o problema das
autonomías locais”, que a Constitución soluciona definindo a España como un Estado integral
compatible coa autonomía dos municipios e rexións. Dábase así satisfacción ás demandas
autonomistas dos nacionalismos periféricos, establecendo como requisito a elaboración dos
seus propios Estatutos de Autonomía, que debían ser posteriormente aprobados polos
electores de cada rexión e polas Cortes.
O documento 3 recolle parte do Estatuto de Autonomía de Cataluña, o primeiro en ser
aprobado (setembro 1932). No seu artigo 1º define a Cataluña coma unha “rexión autónoma
dentro do Estado español”. O Estatuto satisfacía moitas das demandas catalás. Nese artigo 1º
establecía que “o seu organismo representativo é a Generalitat”, formada por un presidente, un
parlamento, e un consello executivo, e no 2º, a cooficialidade do idioma catalán. Así mesmo o
Estatuto concedía amplas facultades lexislativas, e executivas en facenda, economía,
educación e cultura, transportes e comunicacións e orde pública, mediante a creación do corpo
autonómico dos Mossos d´esquadra. Reflexo desas amplas facultades é o recollido no artigo
11º.
As primeiras eleccións autonómicas foron celebradas en novembro de 1932 e gañadas por
Esquerra Republicana, liderada naquel momento por Francisco Maciá, e trala súa morte por
Lluís Companys. A transferencia de materias fíxose con lentitude, agravándose a situación tras
a vitoria das dereitas en novembro de 1933. Esta tensión culminará coa proclamación da
República catalá dentro da Federación española en outubro de 1934, provocando a suspensión
do Estatuto e o encarceramento da Generalitat, sendo restablecido polo goberno da Fronte
Popular en 1936.
O Estatuto de autonomía vasco non será aprobado ata outubro de 1936, xa durante a Guerra
Civil, polo que unicamente será aplicado naquelas zonas controladas pola República, en tanto
que o galego, só será admitido a trámite en febreiro de 1938, nun acto máis simbólico que
efectivo.
A Constitución introduciu unha nova filosofía educativa ao establecer un ensino obrigatorio,
gratuíto e laico, co obxectivo de diminuír o elevado analfabetismo, e formar cidadáns libres
capaces de modernizar o país. O Goberno Azaña desenvolveu unha intensa actividade
educativa con medidas como a creación de numerosas escolas e centros de investigación,
clases para adultos, a mellora da formación dos mestres, co que mellorou a calidade do ensino,
e recoñécese o dereito a empregar outras linguas ademais do castelá. Igualmente aparecen
novas experiencias como as Misións Pedagóxicas, que levaron o cine, teatro conferencias e
libros a vilas e lugares apartados, así como A Barraca, grupo de teatro dirixido por García Lorca
que representaban pezas clásicas e populares.
A oposición a estas reformas, a división da propia coalición gobernamental, e a reorganización
das dereitas, son factores que propician a convocatoria de novas eleccións en novembro de
1933. Coa vitoria das dereitas paralízase a lexislación reformista e dase paso ao segundo
período republicano, o Bienio de dereitas (novembro 1933-febreiro 1936).

33

You might also like