You are on page 1of 19

TEMA 11:

NACIÓN E NACIONALISMOS
EN ESPAÑA

1. A CUESTIÓN NACIONALISTA

2. O NACIONALISMO ESPAÑOL

3. REXIONALISMOS E NACIONALISMOS PERIFÉRICOS

4. O CATALANISMO
4.1. O rexionalismo catalán
4.2. O nacionalismo catalán

5. O NACIONALISMO VASCO

6. O GALEGUISMO
6.1. O provincialismo (1840 - 1885)
6.2. O rexionalismo galego (1885 - 1916)
6.3. O nacionalismo galego (1916 - 1936)

7. TEXTOS

8. EXEMPLOS DE COMPOSICIÓN DE TEXTO HISTÓRICO


8. A cuestión nacional no último terzo do século XIX.

1
TEMA 11:
NACIÓN E NACIONALISMOS
EN ESPAÑA

1. A CUESTIÓN NACIONALISTA

• Hai múltiples e controvertidas opinións do que é unha nación → todas


coinciden en identificala con:
-A patria ou terra de nacemento
-Os seus membros teñen que ter o sentimento de pertencer a ela
(sentimento nacional)
-Os seus membros son unha comunidade diferenciada das demais
-Unha nación ten que ter dereito de autodeterminación
-Isto implica capacidade de autogoberno cun Estado independente
-A falta de autodeterminación lexitima o uso da violencia para obtela

• A análise histórica determina que as nacións teñen unha orixe recente


-Son produto das transformacións políticas e ideolóxicas das revolucións
liberais

• O romanticismo contribuíu á difusión dos nacionalismos na Europa do s. XIX


-Baséanse no principio das nacionalidades → a cada nación un Estado
-Existencia de dúas tendencias nacionalistas contraditorias:
-Tendencia á unión → naqueles pobos que considerándose unha
mesma nación, atópanse separados en distintas entidades políticas
(Alemaña e Italia)
-Tendencia ao separatismo → naqueles pobos que sentíndose nacións
distintas, atópanse unidos formando unha mesma entidade política →
Imperio Austro - Húngaro
- Os nacionalismos que xurdirán na España da Restauración insérense no
segundo grupo
-Na España actual a cuestión nacional é todavía un problema inacabado
e polémico

2. O NACIONALISMO ESPAÑOL
2
• En España o nacemento da idea moderna de nación vincúlase a:
-Guerra de Independencia → identificada coa defensa do pobo español
contra o invasor francés
-Cortes de Cádiz → proclaman a soberanía nacional sen distinguir
particularidades rexionais

• A división do liberalismo (doutrinario e democrático) orixinou dúas correntes


sobre como formar a nación española:
-Nacionalismo español conservador
-Nacionalismo español liberal – democrático

• Nacionalismo español conservador


-Defendido por moderados e conservadores
-Consideran que a nación española é froito da historia
-Esa historia → destinouna a formar unha unión indivisible
→ forxou a raza e o carácter español (obra dos Godos, a
Reconquista, Reis Católicos, Castela)
-Símbolos da nación española
-A Coroa → garante a unidade fronte ás tendencias separatistas
-O catolicismo
-A Península Ibérica → territorio delimitado por fronteiras naturais
(esquécense de Portugal)
-A unidade da patria → incompatible cos particularismos rexionais
→ defende un Estado centralizado e uniforme

• Nacionalismo español liberal – democrático


-Defendido por republicanos e demócratas
-Consideran á nación española unha construción política: un grupo de
cidadáns unidos baixo as mesmas leis
-Símbolos da nación → participación democrática
→ defensa dos dereitos e liberdades
→ laicismo no caso dos republicanos
-A unidade da patria é compatible coa → descentralización administrativa
→ autonomía política

3. REXIONALISMOS E NACIONALISMOS PERIFÉRICOS

3
• Factores que orixinan a aparición destes movementos na periferia peninsular
(principalmente Galicia, Cataluña e País Vasco)
-Nestas rexións tomase a conciencia de ser entidades distintas por posuír
unha raza, historia, cultura ou tradicións distintas ás do resto do Estado
-Estado liberal centralizador e unitario
-Rexeita os particularismos das rexións
-Este poder central é visto como:
-Un instrumento de estandarización ao impoñer os valores e cultura
castelá
-Actúa egoistamente contra os intereses das rexións (marxinación
política fronte á centralización na toma de decisións en Madrid)
-Esta visión orixina o enfrontamento entre centro – periferia (poder
central/Castela - Cataluña, País Vasco, Galicia)
-Orixínanse nas zonas de maior desenvolvemento capitalista (caso
catalán e vasco)
-Aquí prodúcese a conxunción entre tradición e modernidade
-Modernidade → chega co desenvolvemento capitalista
-Tradición → en perigo pola imposición castelá e chegada de
inmigrantes doutras rexións
→ necesidade de preservar a cultura tradicional, a
esencia do ser vasco e catalán (tradición)
-Débil desenvolvemento dun sentimento nacional español
-Descontento pola situación de atraso económico, político e social de
España → dificulta sentirse orgulloso de ser español

• Demandas xerais destes movementos


-Rexeitan un Estado centralista e unitario
-Demandan novo modelo de Estado baseado no → autogoberno (Cataluña,
Galicia)
→ independencia (País
Vasco)
-A negativa do goberno central a estas demandas provocará:
-Radicalización destas posturas
-Incremento das tendencias independentistas

• O proceso de creación da conciencia nacional pasou por varias fases:


- Nun primeiro momento orixínase un renacemento cultural que reivindicou
o uso das linguas non castelás no ámbito literario (Nacionalismo cultural)

4
-Axiña acompáñase dun Nacionalismo político que criticaba o centralismo
do Estado español e reivindicaba a necesidade de reformas no sistema

• Nacionalismo cultural
-Foi obra dun reducido número de eruditos → empezan a interesarse pola
historia, lingua e cultura da súa comunidade
-Reivindican o uso das linguas non castelás no ámbito literario
-En Cataluña orixina o movemento literario coñecido como Renaixença
-Consolidouse cos Xogos Florais (1859) → certamen literario promotor
da lingua propia
-Creación de prensa especificamente catalá → Diario de Barcelona
-En Galicia orixinouse un movemento similar a mediados s. XIX:
Rexurdimento
-Movemento de recuperación do galego como lingua popular e literaria:
Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez
-Recuperan igualmente o pasado de Galicia → Manuel Murguía
-As súas interpretación históricas dan argumentos ao galeguismo: o
seu pasado histórico xustifica o dereito a dispoñer dunha
organización política propia
-Este movemento presenta a Galicia como unha rexión cunha
personalidade diferencial co resto de España por posuír:
-Unha lingua e costumes diferentes
-Pasado glorioso
-Un pobo vinculado á raza celta → superior aos restantes
peninsulares (celtismo)
-En País Vasco tamén se inicia un renacemento literario no último terzo do
s. XIX
-Quizais máis modesto que o catalán e galego
-Papel importante → Xogos Florais
→ revistas que pretenden difundir a lingua e literatura
vasca

• Nacionalismo político
-A partir da década de 1880 → desenvólvense os movementos rexionalistas
e nacionalistas
-Difícil establecer as diferenzas entre ambos:
-Xorden primeiro os rexionalismos → os nacionalismos nacen a partir
dos anteriores
-Rexionalismo → movemento político e cultural que reivindica o

5
recoñecemento da identidade diferencial dunha rexión, ben
sexa cultural, económica, administrativa ou política
→ defende un Estado descentralizado ou federal
→ non piden a independencia
-Nacionalismo → movemento que defende o recoñecemento da
comunidade propia como nación diferenciada
→ dereito a dispoñer de soberanía política e goberno propio
(poden ser independentistas ou non)

4. O CATALANISMO

4.1. O REXIONALISMO CATALÁN

• Catalanismo → amplo movemento de defensa dos intereses cataláns dende o


ámbito político ao cultural

• As primeiras manifestacións do catalanismo teñen carácter rexionalista


-Demandan o autogoberno sen discutir a unidade nacional
-O rexionalismo catalán dividiuse en dúas tendencias → progresista
→ conservadora

• Rexionalismo progresista → liderada polo federalista Valentín Almirall


-Fundador de → Diari Catalá → primeira publicación diaria en catalán
→ Centre Catalá → primeiro organismo defensor dos
intereses cataláns
-Grazas ao impulso de Almirall e do Centre Catalá preséntase a Alfonso XII
un Memorial de Agravios (1885)
-Faise unha dura crítica ao Goberno
-Preséntanse propostas para substituír a estrutura centralista do Estado
por outra que respetase a autonomía das rexións
-Foi rexeitado polo Goberno

• Rexionalismo conservador → tivo máis influencia na vida política española


-1887 → fúndase a Liga de Cataluña → forman parte Prat de la Riba e
Françesc Cambó
-1891 → fúndase Unión Catalanista
-Este grupo político elaborou o primeiro programa político do
catalanismo, as Bases de Manresa (1892)

6
-Nelas reivindican un poder rexional autónomo dentro do Estado
español

4.2. O NACIONALISMO CATALÁN

• O catalanismo político foi evolucionando cara posicións nacionalistas


-Coa perda do mercado colonial en 1898, a burguesía industrial pasa a
implicarse activamente co catalanismo político
-Obxectivo → reformar o sistema da Restauración incapaz de
modernizar e industrializar España
-Prat de la Riba → primeiro en identificar a Cataluña cunha nación
→ propuxo como modelo de Estado español un estado
federal que agrupase as distintas nacións ibéricas

• Nacionalismo catalán conservador → parten das ideas de Prat de la Riba


-Fúndase a Liga Rexionalista de Cataluña (1901)
-Obxectivo → participar na política catalá e española
-Consegue triunfos electorais que a converten nunha forza política
decisiva
-O seu dirixente máis destacado foi Françesc Cambó
-Conséguese do poder central a aprobación da Lei de Mancomunidades
-Permite a creación da Mancomunidade de Cataluña (1914) que concibiuse
como un órgano de poder propio de Cataluña e un primeiro paso cara ó
autogoberno

• Nacionalismo catalán progresista e republicano


-Destaca Antonio Rovira i Virgili
-Defende → creación dun Estado catalán baseado na democracia,
liberdades, reformismo social, laicismo e o republicanismo
-O catalanismo de esquerdas caracterizouse:
-A súa fragmentación e vinculación ao republicanismo
-Os seus partidarios crearon as primeiras organización que pedían
abertamente a independencia

• Todas as reivindicacións catalanistas foron reprimidas pola ditadura de


Primo de Rivera favorecendo:
- A súa radicalización
-O reagrupamento das forzas nacionalistas de esquerdas e republicanas

7
-Fundan Esquerra Republicana de Cataluña en 1931, a forza
hexemónica durante a II República en Cataluña

5. O NACIONALISMO VASCO

• Carlismo e foralismo
-Durante Idade Media e Antigo Réxime → reino de Navarra e provincias
vascas manteñen os seus privilexios forais
-Sistema fiscal propio, institucións administrativas e xurisdiccionais,
aduanas internas que as separaban de Castela, prestacións militares só
no seu territorio…..
-Os privilexios forais foron conservados con Fernando VII
-Liberais defenden → a unificación lexislativa
→ eliminación dos privilexios forais
-1833 → agrávase o problema foral coa guerra carlista que enfrontaba a
absolutistas e liberais
-Apoio dos vascos ao carlismo → Carlos de Borbón promete respectar
os privilexios forais
-1839 → Convenio de Vergara pon fin á guerra e pospón a solución do
problema foral
-Lei Paccionada (1841) → Antigo reino de Navarra queda convertido
nunha provincia especial que mantén
autonomía fiscal e administrativa
-As provincias vascas → néganse a calqueira modificación dos seus
privilexios forais
→ isto leva a Espartero á supresión dos foros
→ foron restablecidos parcialmente en 1844
polos gobernos moderados
- 1876 → derrota definitiva do carlismo
-Cánovas suprime definitivamente os foros vascos
-Ante as protestas vascas Cánovas establece o réxime de concerto
económico → vixente ata 1937
-Permite as Deputacións desas provincias:
-Distribuír as quintas militares
-Recadar os impostos cos que deben contribuír ás cargas do
Estado segundo un cupo negociado co Goberno central
-Feitos que influíron no desenvolvemento do sentimento nacionalista:

8
-A abolición dos foros vascos provocou sentimento de frustración entre
os sectores tradicionalistas
-Non renuncian → á reintegración plena dos foros
→ defensa da lingua e cultura vascas
-Rápida transformación socioeconómica e cultural causada polo
desenvolvemento mineiro e industrial, que orixina a desvasquización da
sociedade vasca
-Transformación acelerada por:
-Chegada de gran número de inmigrantes non vascos
(chamados despectivamente maketos) → traen cultura castelá e
poñen en perigo a esencia vasca
-Alta burguesía estreitamente vinculada ao poder central

• Sabino Arana → primeiro en configurar un programa político nacionalista


-É contrario ás transformacións sociais e políticas do liberalismo e da
industrialización
-Defende → radical independencia dos territorios vascos aos que denomina
Euskadi
-Sinala como elementos que definen á nación vasca: a raza vasca, os foros,
o integrismo católico, o éuscaro, os costumes e o folclore tradicional
-Considera aos maketos → unha ameaza para o mantemento da
esencia vasca
→ representan a desvasquización, o
españolismo

• O Partido Nacionalista Vasco (PNV)


-Con esta ideoloxía Sabino Arana funda o Partido Nacionalista Vasco (1895)
-Moi conservador → oposto ao liberalismo, á industrialización, ao
españolismo e ao socialismo
-Tras moderar o seu radicalismo obtén os seus primeiros escanos
-Consegue canalizar o voto das clases medias urbanas e rurais
preocupadas polo peso dos obreiros inmigrados (con ideoloxía
socialista)
-1911 → nacionalistas vascos fundan o sindicato Solidariedade de
Traballadores Vascos
-Obxectivo → contrarrestar a influencia socialista e anarquista no mundo
obreiro

9
6. O GALEGUISMO

• A partir de mediados do s. XIX xurde o movemento galeguista


-Nace pola progresiva toma de conciencia de que Galicia constitúe unha
unidade diferente doutros pobos
-Menor grado de implantación que en Cataluña e País Vasco

• Fases do galeguismo
-Provincialismo (1840 - 1885)
-Rexionalismo (1885 - 1916)
-Nacionalismo (1916 - 1936)

6.1. O PROVINCIALISMO (1840 - 1885)

• Considerado a primeira xeración do nacionalismo


-Está integrado por intelectuais de carácter progresista → destaca Antolín
Faraldo
• Características:
-Descobren a singularidade de Galicia → lingua, costumes, tradición,
historia…..
-Defensa da personalidade propia
-Crítica ao centralismo → denuncia do mal trato recibido desde “Madrid”
(síndrome de aldraxe)
-Denuncian dos problemas de Galicia → atraso, ruralización, falta de
industrialización, illamento
-Reclaman o autogoberno pero non cuestionan que Galicia forme parte da
nación española
-Non consideran a Galicia unha entidade étnica distinta

• 1846 → pronunciamento progresista de Solís


-Foi apoiado polos provincialistas
-O goberno de Narváez reprimiu o movemento
-So permitiu manifestacións galeguistas de carácter cultural co que nace
o Rexurdimento

6.2. O REXIONALISMO GALEGO (1885 - 1916)

10
• Movemento que defende → o uso da lingua propia
→ autonomía política e administrativa sen romper a
unidade o Estado español

• Coexistiron dúas correntes ideolóxicas:


-Corrente liberal liderada por Manuel Murguía
-Primeiro defensor dunha nacionalidade galega diferente ás demais
-Xustifica esta diferenza por razóns étnicas, idiomáticas, xeográficas e
históricas
-Aspiran a unha futura reintegración con Portugal
-Consideran ao campesiñado como a clase nacional por excelencia
-A que mellor conservou as súas características étnicas
-Corrente tradicional conservadora liderada por Alfredo Brañas
-Tendencia antiliberal e fortemente católica
-Defende a idea da dobre patria (a grande e a pequena) → permítelle
conxugar as reivindicacións rexionalistas coa unidade de España
-Aspiraba á transformación gremial da economía

• Aparecen as primeiras organizacións galeguistas


-1906 → Real Academia Galega
-1907 → A Nosa Terra → periódico para a difusión dos ideais
galeguistas
-1907 → Solidariedade Galega
-Agrupa a todos os defensores da descentralización
-Participa nas eleccións → éxito moderado
-Obxectivo → contribuír ao fomento da riqueza galega
→ prestar atención aos problemas da agricultura galega

6.3. O NACIONALISMO GALEGO (1916 - 1936)

• 1916 → o pensamento político galeguista afirma que Galicia é unha nación


-Destacan Antón Vilar Ponte, Vicente Risco, Ramón Villar Ponte, Castelao
-Analizan os problemas de Galicia e propoñen solucións
-Consideran a Galicia unha nación diferenciada do resto dos pobos de
España → pola súa lingua, xeografía, raza (céltica), cultura e historia

• Ideario común básico:


-Denuncia → do atraso económico

11
→ opresión cultural de Galicia por Castela
-Defenden → a modernización da produción agropecuaria
→ a autonomía
-Rexeitan o separatismo → defenden unha federación ibérica na que se
puidese integrar Portugal

• O nacionalismo galego manifestouse a través das Irmandades da Fala


-Fundación da primeira en Coruña (1916) → rápida extensión por Galicia
-Obxectivos → defensa e dignificación do galego
→ busca de solucións para os problemas económicos e
políticos de Galicia

• Na difusión da cultura galega destacou:


-Revista Nós (1920)
-Seminario de Estudos Galegos
-Xeración Nós → grupo de intelectuais dedicados ao estudo e divulgación
da literatura, arte, historia, xeografía, etnografía, etc. de
Galicia

• Primo de Rivera reprimiu calquera manifestación política dos nacionalismos


periféricos
-1929 → algúns nacionalistas participan na fundación da ORGA
(Organización Republicana Galega Autónoma)
-1931 → fúndase o Partido Galeguista → gran protagonismo na II República

12
7. TEXTOS
Doc.1. José Ortega y Gasset, España invertebrada, 1921.
Un dos fenómenos máis característicos da vida política española nos últimos
vinte anos foi a aparición de rexionalismos, nacionalismos, separatismos; isto
é, movementos de secesión étnica e territorial (...).
O propósito deste ensaio é corrixir a puntería do pensamento político ao uso,
que busca o mal radical do catalanismo e biscaitarrismo en Cataluña e Biscaia,
cando non é alí onde se encontra. ¿U-lo, pois?
Para min isto non ofrece dúbida: cando unha sociedade se consome vítima do
particularismo, pode afirmarse que o primeiro en amosarse particularista foi
precisamente o Poder central. E isto é o que pasou en España.
Castela fixo a España, e Castela desfíxoa.

Doc.2. Sabino Arana. Regulamento de Euskeldun Batzokija, 1894.


Art.3. Jaungoikua. Biscaia será católica-apostólica-romana en todas as
manifestacións da súa vida interna e nas súas relacións
cos demais pobos.
Art.4. Lagizarra. Biscaia constituirase libremente. Restablecerá en toda a súa
integridade o esencial das leis tradicionais chamadas Fueros. Restaurará os
bos usos e costumes dos nosos devanceiros. Constituirase, senón
exclusivamente, principalmente con familias de raza euskeriana. Sinalará ao
Euskera como lingua oficial”.

Doc.3. Prat de la Riba, La Nacionalitat Catalana, 1906.


“Consecuencia de toda a doutrina aquí exposta é a reivindicación dun Estado
Catalán, en unión federativa cos estados das demais nacionalidades de
España. Do feito da nacionalidade catalá nace o dereito á constitución dun
Estado propio, o Estado Catalán. Do feito da unidade política de España, do
feito da convivencia secular de distinto s pobos, nace un elemento de unidade,
de comunidade, que os pobos unidos deben manter e consolidar. De aquí un
Estado composto”.

Doc.4. Manifesto da Asambleia Nazonalista de Lugo. 1918.


“Tendo Galicia todas as características esenciais da nacionalidade, nós
nomeámonos, de hoxe para sempre, nacionalistas galegos, xa que a verba
„rexionalismo‟ non recolle todas as aspiracións nin encerra toda a intensidade

13
dos nosos problemas (...).
1º. Autonomía integral para Galicia (...).
3º. Cooficialidade dos idiomas galego e castelán.
4º. Federación da Iberia”.

Doc.6: Memorial de agravios. 10-3-1882.


Non temos, Señor, a pretensión de debilitar, nin moito menos atacar a gloriosa
unidade da patria española; ao contraio, desexamos fortificala e consolidala;
pero entendemos que para logralo non é bo camiño afogar e destruír a vida
rexional para substituíla pola do centro (…). O que nós desexamos, Señor, é
que en España se implante un sistema rexional adecuado (…). Desexámolo
non só para Cataluña, senón para todas as provincias de España; e se
falamos no nome de Cataluña é porque somos cataláns e porque nestes
momentos sentimos como nunca os males que o centralismo nos causa.

Doc.7: Proxecto de Constitución para o futuro Estado Galaico. 1883.


Art.2. Esta rexión eríxese en Estado autónomo o soberano, e adopta a forma
democrático-republicana para o seu goberno.
Desde agora promete vivir perpetua e indisolublemente enlazada aos demais
Estados irmáns da Nación española, para practicar a xustiza, realizar o
Dereito,promover o desenvolvemento das facultades humanas,a prosperidade
do país e, en fin,para cooperar á civilización e grandeza da patria común.
Así mesmo aspira á Confederación Ibérica e, por suposto, contrae a obriga de
coadxuvar con todas as súas forzas,para solicitar da nación portuguesa unha
eterna alianza pactada sobre a base do mutuo consentimento e a vontade de
ambos os pobos. (...)

Doc.8: Estatutos da primeira das Irmandades da Fala. A Coruña, 1916.


Esta sociedade nomearase OS AMIGOS DA FALA GALEGA, e terá por
obxecto:
a. Falar entre os asociados o idioma galego, espertando por el a afección e
amor dos fillos de Galicia.
b. Traballar por todos os medios para que os boletíns galegos teñan
periodicamente unha sección para que os escritores de fala galega poidan dar
a coñecer as súas producións; e traballar tamén ata que os Amigos da Fala na
Coruña, poidan ter un boletín polo menos cada quince días.

14
c. Acostumar aos asociados a escribir na nosa fala, facéndose polo menos
unha vez cada seis meses lectura dos traballos en prosa ou verso, no seu do
Consello ou nunha festa de asociados; e cando o traballo o mereza o seu autor
recibirá o agasallo de MESTRE DA FALA.
d. Sempre que sexa conveniente, ou o tempo o permita, faranse expedicións
en días de festa ás nosas aldeas, para que a contemplación de Galicia
labradora esperte a enxebreza nos AMIGOS DA FALA.
E todos os demais actos de traballo e propaganda que o Consello acorde.
AMIGOS DA FALA. Estatutos. A Coruña, 18-5-1916.

Doc.9: Vicente MARTÍNEZ RISCO, Isto é o que é o nacionalismo galego, A


Nosa Terra. 25-6-1923.
Queremos para Galicia unha autonomía tal que a capacite para resolver por si
mesma os seus problemas internos (...). O nacionalismo proclama que Galicia
é unha entidade natural, xeográfica, étnica e histórica, que ten unha
personalidade propia e inconfundible, e quere que esta personalidade sexa
recoñecida e respectada. Quere reivindicar a dignidade colectiva do pobo
galego e como atentatorio contra esa nosa personalidade (...) combate o
centralismo español, sistema fracasado contra do que se revolven hoxe non só
Cataluña, Vasconia e Galicia, senón tamén Aragón, Andalucía e Valencia, é
dicir, todas as nacionalidades a eito que compoñen o territorio do Estado e que
teñen un resto de vergonza e dignidade. (…)

Doc.10: Antón Vilar Ponte, A bandeira ergueita. A nosa Terra. 14-11-1916


Galicia é unha patria natural con lingua de seu. As dúas columnas do noso
ideario, que non tiveron en conta os sublimes precursores, seguíndose de aquí
o seu fracaso. Temos unha lingua propia, feitura de Deus e da natureza, que
emprega aínda a maioría do pobo, non tendo gramáticas nin dicionarios que
axudaran a fixala, e pese a cinco séculos de centralismo (...).
Hai, pois, unha política para nós: a grande política da lingua. Se conseguimos
interesar nesta política aos novos intelectuais e ás xeracións que veñen,
volveremos ser fortes. Pobo que recobra a súa lingua, recóbrase a si mesmo.

Doc.11: CENTRO CATALÁN. Programa. 28-4-1890


Toda Cataluña formará unha soa rexión autónoma dentro da nación española,
tanto se esta está constituída por varias rexións como se, exceptuada
Cataluña, segue o réxime unitario o resto da nación e calquera que sexa a
forma de goberno que teña, mentres se garantise á rexión os seus dereitos. Na
15
Constitución nacional constarán os extremos da autonomía rexional de
Cataluña e non poderán ser alterados, se non é co consentimento de ambas as
partes.Cataluña contribuirá aos gastos xerais da nación coa parte que lle
corresponda, sen que o goberno central poida intervir no modo de recadalos.
Igualmente achegará o seu continxente ao exército no caso de guerra, pero
unha vez estea fixado pola nación, a rexión é libre de adoptar a forma de
reunilo. En tempo de paz, a forza pública que se fixe no convenio servirá só na
rexión e será destinada a soster a orde pública, as leis, a seguridade dos
cidadáns e a dar guarnición nas prazas fortes, costas e fronteiras.

16
8. EXEMPLOS DE COMPOSICIÓN DE TEXTO
HISTÓRICO
8. A CUESTIÓN NACIONAL NO ÚLTIMO TERZO DO SÉCULO XIX.

Tendo en conta os seguintes documentos, aos que debes referirte ao longo da túa exposición,
debes elaborar unha redacción sobre a cuestión nacional no úlitmo t erzo do s. XIX. Na
redacción debes abordar as seguintes cuestións: características que definen os nacionalismos
en España, e as súas fases, a rexionalista e a nacionalista.

Doc.1: Memorial de agravios (10-3-1882)

Non temos, Señor, a pretensión de debilitar, nin moito menos atacar a gloriosa unidade da
patria española; ao contraio, desexamos fortificala e consolidala; pero entendemos que para
logralo non é bo camiño afogar e destruír a vida rexional para substituíla pola do centro (…). O
que nós desexamos, Señor, é que en España se implante un sistema rexional adecuado (…).
Desexámolo non só para Cataluña, senón para todas as provincias de España; e se falamos
no nome de Cataluña é porque somos cataláns e porque nestes momentos sentimos como
nunca os males que o centralismo nos causa.

Doc.2: Manifesto do PNV. 15-12-1906

O nacionalismo vasco aspira a purificar e vigorizar a raza, a depurar e difundir o éuscaro ata
conseguir que sexa a única lingua de Euskadi e a purificar o espírito e esclarecer a tradición do
pobo vasco (...). Como norma do seu modo de obrar e proceder (...) axustarase aos preceptos
da pura moral católica (...).

O Partido Nacionalista Vasco quere a restauración completa en Araba, Guipúscoa, Navarra,


Biscaia, Laburdi e Zuberoa, das súas antigas leis fundamentais e o restablecemento das súas
Xuntas xenerais ou Cortes lexisladoras e de todos os organismos de goberno e administración
daquelas derivados. E pide, e traballará ata conseguilo, que esas Xuntas ou Cortes e
organismos funcionen de novo, investidos dos mesmos dereitos, poderes e facultades que lles
asistiron nas épocas da súa vida plena.

Doc.3: Manuel MARTÍNEZ MURGUÍA. 1889

Lingua distinta, díxose sempre, distinta nacionalidade. Sentíndoo así, Galicia tívose sempre por
nación de feito; o mesmo cando tiña reis e condes propios (...) que incorporada á coroa de
Castela (...). É un feito, pois que pola orixe, polo territorio e a linguaxe, de igual maneira que
pola súa historia e a comunidade de sentimentos e desexos, estes pobos do noroeste forman
unha nación con caracteres propios, distinta das que constitúen o Estado español. Tamén é un
feito que hoxe non vive a desgusto, pero tampouco de tan boa vontade como se supón, baixo o
imperio de xente e de cousas que lle son contrarias (...). Trata con empeño de conservar canto
é propio e (...) recobrar, polo menos, a autonomía administrativa, Non quere que o poder
central, que a descoñece, a goberne como unha colonia (...).

17
PROPOSTA DE COMPOSICIÓN DE TEXTO: A CUESTIÓN NACIONAL NO ÚLTIMO TERZO
DO SÉCULO XIX
A orixe do nacionalismo en España debe buscarse na Guerra de Independencia e nas Cortes
de Cádiz, que asumen a soberanía nacional sen ter en conta particularismos rexionais. A
consolidación do sistema liberal doutrinario, e o predominio dos gobernos moderados, suporá a
imposición dun estado centralizado e uniforme que rexeita os particularismos das rexións.

Esta situación vai a favorecer o xurdimento dos rexionalismos e nacionalismos na periferia


peninsular entre os que destacan o catalán, o vasc o e o galego. Nestas rexións xorde un
sentimento nacional que entende como distintas estas zonas fronte o resto de España, por
posuír unha cultura, unha historia, unhas tradicións e mesmo unha raza diferentes,
considerando que este sentimento diferencial non foi respectado polo poder central, que por un
lado actuou egoistamente contra os intereses destas rexións, idea que aparece recollida no
primeiro documento “sentimos como nunca os males que o centralismo nos causa”, e por outro
tratou de homoxeneizar culturalmente España impoñendo os valores e a cultura castelá. É
precisamente esta idea é a causa do enfrontamento entre centro e periferia, é dicir, entre poder
central e rexionalismos e nacionalismos periféricos, e á que por outro lado se refire o
documento 1 “non é bo camiño afogar e destruír a vida rexional para substituíla pola do centro”.

Inicialmente estes sentimentos nacionalistas canalízanse dende o ámbito cultural, dando lugar
a Renaixença en Cataluña e o Rexurdimento en Galicia. Trátase de movementos promovidos
por un reducido número de eruditos que empezan a descubrir a historia e cultura da súa
comunidade, reivindicando o uso da lingua propia dentro do ámbito literario. Este nacionalismo
cultural dará paso a un nacionalismo político cando a partir da década de 1880 comece o
desenvolvemento dos movementos rexionalistas e nacionalistas, dos que son exemplos os
documentos propostos.

Dentro de Cataluña, os rexionalistas serán os primeiros en demandar autogoberno, pero sen


discutir a unidade nacional, “non temos, Señor, a pretensión de debilitar, nin moito menos
atacar a gloriosa unidade da patria española”. Dentro desta corrente distínguese un
rexionalismo conservador, onde destaca Prat de la Riba e Francisco Cambó, e a elaboración
das Bases de Manresa, primeiro programa político catalanista, e un rexionalismo progresista
onde destaca o federalista Valentín Almirall, un dos impulsores do Memorial de Agravios ao
que corresponde o documento 1. Dito Memorial foi presentado a Alfonso XII en 1885,
recollendo unha dura crítica ao goberno, e propostas para substituír a estrutura centralista do
Estado por outra que respectase a autonomía das rexións, “o que nós desexamos, Señor, é
que en España se implante un sistema rexional adecuado”.

O rexionalismo catalán evolucionará cara a posturas nacionalistas cando co desastre do 98, a


burguesía toma conciencia da necesidade de reformar o sistema da Restauración dada a
incapacidade do poder central de modernizar e industrializar España. Dende o nacionalismo
catalán conservador con Françésc Cambó á fronte, conseguirase a aprobación da
Mancomunidade de Cataluña, concibida como un primeiro paso cara ao autogoberno, mentres
que o de carácter progresista e republicano, dirixido por Rovira i Virgili, pedirá a independencia.

O nacionalismo vasco está unido á figura de Sabino Arana fundador do Partido Nacionalista
Vasco en 1895. No manifesto ao que corresponde o documento 2 recóllense algúns dos
principios defendidos polos nacionalistas. Entre as súas principais reivindicacióna at ópase a
defensa dos privilexios forais, suprimidos por Cánovas en 1976 trala definitiva derrota do
Carlismo. A súa abolición provocou un sentimento de frustración entre os sectores
tradicionalistas, que non renuncian á reintegración plena dos foros, como s e recolle nas tres
primeiras liñas do segundo parágrafo, á defensa da lingua e cultura vascas, ameazadas coa
chegada dos chamados maketos, inmigrantes non vascos que chegan atraídos polo
18
desenvolvemento mineiro e industrial, traendo con eles unha cultura c astelá que pon en perigo
a esencia vasca, “o nacionalismo vasco aspira a purificar e vigorizar a raza, a depurar e difundir
o éuscaro ata conseguir que sexa a única lingua de Euskadi e a purificar o espírito e esclarecer
a tradición do pobo vasco”.

O PNV correspóndese cun partido de ideoloxía moi conservadora, oposto ao liberalismo, á


industrialización, ao españolismo e ao socialismo. Defende a independencia dos territorios
vascos, aos que chama Euskadi, defino por unha raza vasca, os foros, o integrismo católico, o
éuscaro, e os costumes tradicionais. Só cando modera o seu radicalismo, consegue os
primeiros escanos ao canalizar o voto das clases medias rurais e urbanas preocupadas pola
chegada de obreiros inmigrados de ideoloxía socialista.

A toma de conciencia respecto ao carácter diferencial tamén se deu en Galicia, aínda que
cunha implantación menor que en Cataluña ou o País Vasco. Deu lugar ao movemento
galeguista, que tivo no Provincialismo a súa primeira fase (1840-1885), para dar paso
posteriormente ao Rexionalismo (1885-1916), e ao Nacionalismo (1916-1936).

O Rexionalismo defendeu o uso da lingua propia e a autonomía política e administrativa sen


romper coa unidade do Estado español. Así o recolle Manuel Murguía no documento 3,
“recobrar, polo menos, a autonomía administrativa, Non quere que o poder central, que a
descoñece, a goberne como unha colonia”. Este autor correspóndese cun dos máximos
representantes da corrente liberal do rexionalismo galego. Foi o primeiro defensor dunha
nacionalidade galega diferente ás demais, “lingua distinta, díxose sempre, distinta
nacionalidade”, xustificando esta diferenza por razóns étnicas, idiomáticas, xeográficas e
históricas, “pola orixe, polo territorio e a linguaxe, de igual maneira que pola súa historia e a
comunidade de sentimentos e desexos, estes pobos do noroeste forman unha nación con
caracteres propios, distinta das que constitúen o Estado español”. Aspiran a unha futura
reintegración con Portugal, e consideran ao campesiñado como a clase nacional por
excelencia, por ser a que mellor conservou as súas características étnicas.

Fronte a corrente liberal existe outra tradicional e conservadora liderada por Alfredo Brañas.
Trátase dunha tendencia antiliberal, defensora da transformación gremial da economía, e
fortemente católica que defende a idea da dobre patria, a grande e a pequena, é dicir, a
española e a galega, conxugando deste xeito as reivindicacións nacionalistas e a unidade de
España.

Nos primeiros anos do século XX aparecen as primeiras organizacións galeguistas, entre as


que se atopan a Real Academia Galega, fundada en 1906, e en 1907 o periódico A Nosa Terra,
encargado da difusión dos ideais galeguistas, e Solidariedade Galega. Configurouse coma un
partido que agrupa aos defensores da descentralización, participando en eleccións só con un
éxito moderado. Entre os seus obxectivos atopábase fomentar a riqueza galega ou solucionar
os problemas da agricultura.

En conclusión pódese dicir que estas manifestacións nacionalistas foron vistas con recelo
dende o poder central, posto que se identificaban con posturas separatistas que atentaban
contra a unidade de España. As súas propostas autonomistas foron rexeitadas, dando lugar en
algúns casos á radicalización das súas demandas. Dende o exército tamén se rexei tarán estas
posturas, conseguindo a aprobación da Lei de xurisdicións en 1906, pola que os delitos contra
a unidade de España pasarán a ser xulgados mediante o código militar. A partir do golpe de
Estado de Primo de Rivera, toda manifestación nacionalista será reprimida, co que se
favorecerá a fundación de Esquerra Republicana de Cataluña e do Partido Galeguista, partidos
políticos que terán protagonismo durante a II República.

19

You might also like