You are on page 1of 1

A CONSTRUCIÓN DO ESTADO LIBERAL

– Retorno dos liberais ó poder trala morte de Fernando VII e progresiva construción do novo Estado liberal
durante o reinado de Isabel II (1833-1868) → proceso conflitivo, marcado polas loitas entre as distintas correntes
políticas
– O tradicionalismo defendía as estruturas do Antigo Réxime: monarquía absoluta, sociedade estamental,
leis diferenciadas para as persoas (privilexios) e os territorios (foros), economía regulada (terras
amortizadas, gremios artesáns, control do comercio) → partidarios: elites tradicionais (nobreza provincial,
Igrexa), campesiñado conservador
– O liberalismo defendía a existencia duns dereitos fundamentais iguais para todos, a limitación do poder
real e a participación política dos gobernados a través das Cortes, a soberanía nacional, a división de
poderes entre todos os actores políticos, a liberdade de empresa e a redaccion dunha constitución → co
tempo, división en varias correntes:
– liberalismo moderado ou doutrinario: soberanía compartida entre rei e Cortes, sufraxio
censatario* moi restrinxido, poder real dominante, Estado centralizado, dereitos limitados,
confesionalidade do Estado → partidarios: terratenentes, parte da nobreza, alta burguesia, altos
mandos do exército
– liberalismo progresista: soberanía popular, sufraxio censatario* máis amplo, poder real forte,
autonomía local con Milicia Nacional, dereitos individuais plenos, tolerancia relixiosa →
partidarios: mediana e baixa burguesía, profesionais liberais, mandos medios e baixos do exercito
– Nos anos 1840s, escisión do sector máis radical do progresismo, formando o liberalismo
democrático: soberanía popular, sufraxio universal* masculino, poder real débil, Estado
descentralizado, amplos dereitos individuais e sociais, incluída a liberdade de culto

– Conflito entre correntes políticas nas distintas etapas do reinado de Isabel II (1833-1868)
– Rexencia de María Cristina (1833-1840), marcada pola guerra civil (primeira guerra carlista, 1833-
1840), entre partidarios de Isabel II (isabelinos ou cristinos), apoiadas nunha alianza de reformadores e
liberais, e os partidarios do infante don Carlos (carlistas), apoiado nos grupos tradicionalistas e fortes en
Navarra e País Vasco (defensa dos fueros)
– Primeiros gobernos liberais (división provincial en 1833, Estatuto Real* en 1834) e formación dos
partidos moderado e progresista → apoio sistemático da rexente (e da raíña despois) ó
partido moderado e bloqueo da alternancia política gracias ó falseamento sistemático das
eleccións, forzando ós progresistas a recurrir ós pronunciamentos para alcanzar o poder
– Alzamento progresista e revolución liberal nos anos 1836 e 1837 (recuperación da
Constitución de 1812 e da lexislación de Cádiz e do Trienio: abolición dos señoríos, concellos
electivos, Milicia Nacional, eliminación do morgado, desamortización do clero regular
-Mendizábal-, supresión dos gremios...) → alianza dos liberais coas elites propietarias,
beneficiadas pola desamortización da terra: debilitamento dos apoios ós carlistas (recoñecemento
da derrota no Convenio de Vergara en 1839), pero xiro conservador do liberalismo español,
plasmado na nova constitución de 1837 e o retorno ó poder dos moderados
– Rexencia de Espartero (1840-1843), líder dos progresistas, tras un novo golpe de man: políticas
librecambistas, desamortización do clero secular, Lei Paccionada en Navarra en 1841 (recoñecemento
de autonomía fiscal) → pronunciamento moderado e declaración da maioría de idade da raíña (13 anos)
– Década Moderada (1843-1854): dominio do Partido Moderado, liderado por Narváez, e desenvolvemento
das institucións do Estado liberal (Constitución de 1845, Garda Civil, reforma fiscal de Mon-Santillán,
Ley Pidal de instrucción publica, novos códigos legais de corte liberal, Concordato de 1851) →
pronunciamento dos progresistas co apoio dos moderados 'puritanos' (Vicalvarada)
– Bienio Progresista (1854-1856): goberno dos progresistas (Espartero) coa axuda da recen creada Unión
Liberal* de O'Donnell (ver concepto): recuperación das institucións progresistas (concellos electivos,
Milicia Nacional e constitución nonnata de 1856), política económica liberal (desamortización dos bens
municipais en 1855 -Madoz-, Lei de Ferrocarrís en 1855, Lei de Bancos en 1856) → pronunciamento
de moderados e unionistas contra Espartero
– Período moderado-unionista (1854-1868): alternancia limitada de moderados e unionistas (Goberno
Longo de O’Donnell de 1858 a 1863), cunha poliítica interior cada vez máis autoritaria por parte dos
moderados → crise económica dende 1866 (especulativa + de subsistencia), radicalización da oposición e
conspiración contra o sistema: Pacto de Ostende (progresistas e demócratas, 1866; unionistas en 1867) e
Revolución Gloriosa en 1868

You might also like