You are on page 1of 87

TEMA 5: OS CAMBIOS SOCIAIS.

O MOVEMENTO OBREIRO
ÍNDICE
1 Unha sociedade urbana e
industrial
5 Orixes e desenvolvemento
do movemento obreiro

2 O predominio burgués 6 A I Internacional

3 A clase obreira e os problemas


sociais da industrialización 7 A II Internacional

4 As bases ideolóxicas do
movemento obreiro
▪ Por que xurdiron os movementos obreiros?:
https://www.youtube.com/watch?v=-vHX1DEdIW0&list=PLfNk0FQXGrXOEpNYuVaiNXNSa9LBUhus1&index=16
1
Unha sociedade
urbana e industrial
1.1. A cidade como centro da nova sociedade
▪ O mundo industrializado foi un mundo de cidades que
medraron a ritmo vertixinoso.
▪ No 1800 o 7% da poboación mundial habitaba en núcleos
de 5000 habitantes.
▪ No 1900 era o 25% da poboación.
▪ No Reino Unido o proceso foi máis rápido, e Londres
converteuse na cidade máis poboada do mundo.
▪ Este rápido crecemento provocou que aparecen barrios
burgueses e barrios obreiros.
▪ Os burgueses vivían nos ensanches, con grandes
avenidas e todos os servizos.
▪ Os obreiros vivían en barrios na periferia, apiñados e sen
servizos básicos como auga ou luz.
▪ As pésimas condicións de vida dos obreiros contribuíron á
toma de conciencia da clase obreira.
1.2. Unha sociedade industrial
▪ A mediados do s. XIX había en Europa tres tipos de sociedades:
▪ Sociedades rurais tradicionais: a maioría da poboación dedicábase
á agricultura. Unhas poucas grandes familias posuían a maioría das
terras e poder político. No sur e leste de Europa.
▪ Sociedades rurais evolucionadas: predominaba a agricultura de
mercado polo aumento da poboación e da demanda de alimentos.
Había unha tecnificación da agricultura. As terras pertencían a
nobres, burguesía e campesiños ricos. En áreas do Reino Unido.
▪ Sociedades urbanas: houbera un proceso de industrialización e
éxodo rural. Había unha burguesía industrial, clases medias e unha
gran maioría de proletarios. Nas áreas máis activas economicamente
do Reino Unido e do centro de Europa.
2
O predominio burgués
2.1. A forma de vida da nova elite social
▪ A cúspide da sociedade durante o s. XIX era parte da aristocracia e a
alta burguesía.
▪ Este grupo baseaba o seu poder na propiedade e na riqueza, polo
que os burgueses ou aristócratas que non posuían suficiente
patrimonio, quedaban fóra.
▪ Tiñan un estilo de vida opulento e ostentoso, como a antiga nobreza,
pero a alta burguesía apostaba polo progreso económico, dirixindo
os seus negocios e facendo alarde de que a súa riqueza era froito do
esforzo individual e non herdada.
▪ O seu papel foi decisivo no triunfo da industrialización, posto que
investiron os seus capitais nas novas industrias.
2.2. A forma de vida das clases medias
▪ As clases medias son as que encarnan o típico “estilo de vida
burgués”.
▪ A burguesía media tiña pequenos negocios ou realizaba actividades
profesionais que lles permitían ter un nivel de vida alto, pero non
excesivo. Dedicaban pouco tempo ao ocio e os seus valores eran o
traballo, a orde e a propiedade.
▪ A clase media baixa ou pequena burguesía eran asalariados
cualificados ou funcionarios públicos. Tiñan pouco poder
económico, pero gardaban as aparencias. Dedicaban todo o seu
esforzo ao traballo, case sen tempo para o ocio. Este grupo estaba
excluído do sistema electoral polo seu baixo nivel económico e
impulsou a loita polo sufraxio universal ao longo do s. XIX.
A clase obreira e os
3 problemas sociais da
industrialización
3.1. A formación da clase obreira
Orixes do proletariado

Campesiñado Empregados do sistema de Artesáns dos


traballo a domicilio gremios

Excedente de man de obra

A introdución das máquinas orixinou a formación da clase obreira

Man de obra barata e sen formación


3.2. Condicións de traballo
▪ As condicións de traballo eran moi duras porque as empresas
priorizaban obter os máximos beneficios por riba de calquera outra
cousa.
♦ Longas xornadas laborais (+14 h).
♦ Disciplina estrita, con castigos corporais e sancións
económicas.
♦ Supresión dos descansos dominicais e festivos.
♦ Despedimento libre e inexistencia de retribucións no caso
de enfermidade, accidente laboral ou desemprego.
♦ Ausencia de dereitos laborais ou sindicais.

▪ Ademais as fábricas tiñan condicións insalubres (humidade, altas


temperaturas, falta de luz, produtos tóxicos...).
▪ Moitos obreiros collían enfermidades como raquitismo ou tuberculose.
3.3. O traballo feminino e infantil
▪ Antes da Revolución industrial, mulleres e nenos traballaban nas tarefas
do campo, obradoiros familiares ou na casa.
▪ As mulleres tamén realizaban algúns oficios como costureira, fiandeira,
criada...
▪ A maioría dos nenos non estaban escolarizados e pronto empezaban a
axudar ás súas familias.
▪ Coa Revolución industrial, tanto mulleres como nenos comezaron a
traballar na industria.
▪ As mulleres traballaban no servizo doméstico, na industria téxtil e na minería.
Realizaban o mesmo traballo cós homes, pero cobraban moito menos.
▪ O traballo infantil era importante para a economía familiar e estaba visto con
bos ollos pola sociedade. Os nenos cobraban aínda menos cás mulleres.
▪ Segundo UNICEF, na actualidade hai 160 millóns de nenos traballando no
mundo e nos últimos anos as cifras están aumentando.
3.4. A industrialización e a situación da clase obreira
▪ A cuestión sobre se a situación dos traballadores
mellorou ou empeorou coa industrialización leva
sendo debatida dende o propio s. XIX.
▪ Tras diversos estudos sobre datos de salarios e
sobre a evolución dos niveis de consumo na clase
traballadora británica as conclusións sinalan que:
▪ O nivel de vida subiu durante o século XVIII.
▪ Empeorou polo aumento demográfico e a
transformacións da industria, e coas guerras
napoleónicas.
▪ A partir de mediados do século XIX comezou a
mellorar lentamente.
4
As bases ideolóxicas do
movemento obreiro
4.1. O socialismo utópico
▪ Os primeiros socialistas denunciaban a miseria e as penalidades do
proletariado e propuñan formas de vida e de traballo alternativas.

▪ As súas ideas principais eran:


▪ Crear unha sociedade ideal, con paz, harmonía e igualdade. Isto lograríase
de forma pacífica.
▪ A solidariedade, a filantropía e o amor fraternal eran moi importantes.
▪ As innovacións industriais eran boas, pero non os efectos que estas
tiñan sobre os obreiros.
▪ Os principais socialistas utópicos eran:

Henri de Saint-Simon Charles Fourier Robert Owen


(1760-1825) (1772-1837) (1771-1858)
Sostiña que toda a Propuxo a formación de Pensaba que modificar as
sociedade se baseaba na cooperativas condicións sociais e laborais
industria, única fonte de autosuficientes: falansterios. dos obreiros acabaría coa
prosperidade. Defendía a igualdade entre miseria e o analfabetismo.
Defendía que as nacións homes e mulleres. Puxo en práctica as súas
debían ser dirixidas polas ideas, pero fracasou polo
persoas máis capaces. rexeitamento das clases
dirixentes e pola actitude dos
participantes.
Aspecto ideal dun
falansterio

Falansterios en Francia
New Lanark, de Robert Owen, abandonada (foto de 1983). Na actualidade está restaurada e é patrimonio histórico de
Escocia.
New Harmony: así debía ser a cidade creada por
Robert Owen en EUA.
4.2. O socialismo marxista
▪ O marxismo ou socialismo científico foi
elaborado por Karl Marx e Friedrich Engels.
▪ En 1848 publicaron o Manifesto Comunista, no
que recollían a súa doutrina, baseada na idea de
que a loita de clases existiu ao longo de toda
a historia.
▪ En cada etapa da evolución histórica (modos de
produción), o sistema de produción existente
determina as relacións sociais e económicas
entre a clase dominante e a clase dominada,
provocando unha loita de clases.
▪ No modo de produción escravista (Antigüidade) a loita de clases era
entre libres e escravos.
▪ No modo de produción feudal (Idade Media) a loita de clases era entre
señores feudais e servos.
▪ No modo de produción capitalista (Idade Contemporánea) a loita de
clases era entre burguesía e proletariado.
▪ A burguesía era a clase dominante, que posuía os medios de
produción, e o proletariado era a clase dominada, que só posuía a
súa forza de traballo, que vendía a cambio dun salario.
▪ Na súa obra O Capital, Marx propón o concepto de plusvalía: a
diferenza entre o valor do que produce o obreiro e a retribución que lle
dá o patrón polo seu traballo.

Un obreiro traballa nunha fábrica de zapatos.


Cada mes fabrica 100 pares de zapatos e cada par véndese por 80 €.
O obreiro produce 80x100=8000 € ao mes.
Se o obreiro cobra 1000 € ao mes, a plusvalía sería 8000-1000=7000 €.

▪ A plusvalía é a base da acumulación capitalista e canto maior sexa a


plusvalía, maior será a explotación do traballador por parte do patrón.
▪ O marxismo propuña a conquista violenta do poder por parte do
proletariado, substituír o sistema capitalista por un sistema sen clases e
sen propiedade privada e transformar o Estado burgués nunha ditadura
do proletariado. Esta sería unha forma de Estado transitoria, ata
alcanzar a sociedade comunista, na que o Estado xa non sería
necesario.
▪ O marxismo foi a base ideolóxica de boa parte dos movementos
revolucionarios dende a segunda metade do s. XIX ata a actualidade.
Expandiuse a raíz da Revolución rusa de 1917 e tras a caída do bloque
soviético nos anos 90 sufriu unha transformación incluíndo ideas
feministas, ecoloxistas ou antimilitaristas.
Cal é a diferenza entre marxismo, socialismo e comunismo?

https://www.youtube.com/watch?v=f3sot6yDTac&t=65s&ab_channel=SanchoQuijote
4.3. O anarquismo
▪ Anarquismo vén de anarquía “sen autoridade”.
▪ Os seus principais teóricos son Pierre-Joseph Proudhon e Mikhail
Bakunin. Outros destacados anarquistas foron Kropotkin ou Errico
Malatesta.

Proudhon Bakunin
▪ O anarquismo era contrario ao Estado, á propiedade privada, á
participación obreira en calquera forma de loita política e á
autoridade.
▪ A emancipación dos traballadores debía lograrse a través da asociación
e da axuda mutua, pero non só dos obreiros industriais, pretendían que
todos os sectores oprimidos da sociedade se unisen.
▪ Anarquistas e marxistas buscaban unha sociedade comunista (sen
clases nin Estado), pero diferían nas estratexias:
ANARQUISTAS MARXISTAS
Querían a destrución total do Querían conquistar o Estado e
Estado controlalo (ditadura do proletariado)
▪ Os anarquistas pretendían tamén destruír a orde social burguesa e os
seus instrumentos de control (policía, exército, goberno, fronteiras...)
Diferenzas entre socialismo utópico, marxismo e anarquismo
5
Orixes e desenvolvemento
do movemento obreiro
5.1. Os precedentes do movemento obreiro: das friendly societies ao ludismo
▪ No s. XVIII, apareceron as sociedades
fraternais, que buscaban facer cumprir as leis
para a protección do obreiro.
▪ A finais dese século, apareceron en Reino
Unido as asociacións de traballadores ou
unions (sindicatos).
▪ O goberno prohibiunas en 1800 coas
Combination Laws. En 1824 permitiuse a
libre asociación, pero os sindicatos obreiros
non se legalizaron ata a década de 1870.
O primeiro ministro, William Pitt, maltrata ao
seu pobo angustiado polos impostos e as cargas
▪ Os sindicalistas organizaban mitins
clandestinos e, en ocasións, promoveron
motíns contra as máquinas (ludismo).
▪ O ludismo recibe o seu nome de Ned Ludd,
un personaxe ficticio, no nome do cal se
firmaban as protestas e se destruían as
máquinas.
▪ Os luditas eran obreiros que se opoñían ás
máquinas porque as consideraban unha
ameaza para o seu futuro laboral, e por iso
as destruían, pero non foi un movemento
organizado, senón que xurdiu de forma
espontánea en múltiples lugares.
EXEMPLO DE LUDISMO: A CORUÑA, 1857

▪ O 7 de decembro de 1857, catro mil traballadoras da fábrica de tabacos


da Coruña destruíron todo o tabaco, tirárono ao mar, romperon as
máquinas de picar tabaco e tamén as tiraron ao mar, xunto cos mobles,
papeis e todo o que atoparon no despacho do director.
▪ O motivo foi que as cigarreiras cobraban en función do número de
cigarros que facían. Cando se introduciron na fábrica as máquinas de
picar tabaco, como non as sabían usar tardaban máis en facer cada
cigarro, e como consecuencia cobraban menos.
5.2. O sindicalismo en Reino Unido: a longa loita pola liberdade de asociación
▪ En 1819, produciuse a masacre de Peterloo en Manchester, na que o
exército disparou contra manifestantes pacíficos. Este suceso
favoreceu a toma de conciencia da sociedade británica sobre os
problemas da clase traballadora.
▪ O Goberno viuse obrigado a legalizar as asociacións obreiras, pero
as folgas e os sindicatos seguían sendo ilegais. Isto non detivo aos
obreiros, que crearon unha grande unión sindical grazas a Robert
Owen, inda que fracasou pouco despois.
▪ Este fracaso fixo que moitos sindicalistas se pasasen ao cartismo, un
movemento político que reclamaba dereitos como o sufraxio universal,
a retribución económica aos deputados ou a xornada de 8 horas.
▪ O nome do cartismo viña da Carta do Pobo, un documento
presentado ante o Parlamento en 1838 que recollía as peticións dos
obreiros e da clase media baixa, excluídos do proceso electoral.
▪ As súas peticións foron rexeitadas e protagonizaron folgas, sabotaxes
e disturbios violentos ata a súa disolución.

▪ O fracaso do cartismo levou ao


movemeno sindical británico cara aos
métodos pacíficos e a negociación.
Creáronse numerosos sindicatos que
foron legalizados a comezos da
década de 1870 (Trade Union Acts).

Manifestación cartista en 1848


5.3. O sindicalismo en Europa

▪ O sindicalismo francés xorde coas societés de resistance


Francia ilegais e perseguidas ata a súa legalización en 1884 coa Lei
de Asociacións.

▪ Desenvolvemento lento (primeiras asociacións en 1830). Ata


1860 consideráronse ilegais, con tres tipos de sindicatos:
Alemaña ▪ As unións socialistas
▪ Os sindicatos liberais (modelo británico)
▪ Os sindicatos cristiáns (non cuestionaban a orde social)
5.3. O sindicalismo en Europa
▪ Desenvolvemento tardío en rexións moi concretas (Cataluña,
Euskadi…).
España ▪ En 1840 nace a Asociación de Protección Mutua de
Tecedores de Algodón, primeira asociación obreira de
España.
▪ O dereito de asociación foi autorizado en 1869 e
consolidouse en 1887 coa Lei de Asociacións.
▪ O primeiro sindicato español, a UXT creouse en 1888.

▪ O sindicalismo italiano tivo as orixes nas folgas do téxtil en


Italia
1864 e 1877, en zonas principalmente do norte como Turín.
EXEMPLO DE ACCIÓNS SINDICAIS, A FOLGA: A REVOLTA DE
HAYMARKET (ESTADOS UNIDOS, 1886)
▪ Esta folga é a que se conmemora o Día Internacional do Traballo (1 de
maio).
▪ O 1 de maio de 1886 houbo unha folga nos EUA pedindo a xornada
laboral de 8 horas. A folga tivo moito seguimento en Chicago, onde as
xornadas chegaban ás 14 horas.
▪ O 4 de maio houbo unha manifestación no parque de Haymarket, á que
foron centos de obreiros. Na manifestación, alguén lanzou unha bomba
contra a policía, matando a varios policías. A policía disparou contra os
manifestantes, matando a 38.
▪ Varios líderes sindicais foron acusados inxustamente, e aforcados. Son
recordados como os “mártires de Chicago”.
Os mártires de Chicago
EXEMPLO DE ACCIÓNS SINDICAIS, A FOLGA: A FOLGA DE LA
CANADIENSE (ESPAÑA, 1919)
▪ En febreiro de 1919, o sindicato anarquista CNT iniciou unha folga na
empresa eléctrica La Canadiense, en Barcelona.
▪ A folga empezou polo despido de varios traballadores, e fóronse
sumando outras empresas, ata paralizar o 70% da industria en toda
Cataluña.
▪ A folga durou 44 días e rematou coa vitoria total dos obreiros. Entre
outras cousas, lograron que España fose o primeiro país do mundo en
establecer por lei a xornada laboral de 8 horas para todos os
traballadores.
6 A I Internacional
6.1. Orixes, formación e obxectivos
▪ A Asociación Internacional de
Traballadores (AIT) fundouse en 1864 en
Londres.
▪ Karl Marx foi o encargado de redactar o
manifesto inaugural e os seus estatutos.
▪ Marx alentaba a conquista do poder
político polo proletariado e establecía a
creación de seccións locais e federacións
nacionais.
Karl Marx no Saint Martin’s Hall de Londres
6.2. Problemas internos e división ideolóxica e 6.3. O final da I Internacional
Evidenciáronse discrepancias entre dous sectores

AUTORITARIO MARX e
ENGELS
BAKUNIN ANTIAUTORITARIO

trataba de defendía
- Reforzar o consello xeral de Londres - - Autonomía das seccións locais e nacionais
- Crear un partido obreiro - - Rexeitaba calquera intervención política

O enfrontamento aumentou co movemento revolucionario da Comuna de París en 1871, e a


posterior represión do exército tras unha semana de loita proletaria.

No congreso da Haia (1872), Bakunin foi A AIT trasladouse a Nueva York e disolveuse
expulsado de la AIT na Conferencia de Filadelfia, en 1876
7
A II Internacional
7.1. A expansión do movemento obreiro: partidos e sindicatos socialistas
▪ O aumento do número de traballadores industriais , unidos á expansión do socialismo cristalizou
na creación dos PARTIDOS SOCIALISTAS:

▪ 1875 o Partido Socialdemócrata ▪ 1898 Partido Obreiro Socialdemócrata


Alemán (SPD) Ruso (POSDR)
▪ 1879 o Partido Socialista Obreiro ▪ 1900 Partido Laborista do Reino Unido
Español (PSOE) (PL)
▪ 1885 Partido Obreiro Belga (POB) ▪ 1905 Sección Francesa da
▪ 1892 Partido Socialista Italiano (PSI) Internacional Obreira (SFIO)

▪ O aumento das forzas obreiras traduciuse no impulso dos SINDICATOS:

▪ En 1892 en Alemaña a Unión Xeral de Sindicatos Alemáns


▪ En 1888 en España a Unión Xeral de Traballadores (UXT)
7.2. Tendencias e divisións no seo do socialismo
▪ Os partidos socialistas non presentaban uniformidade ideolóxica a
pesar da influencia teórica da ideoloxía marxista. A finais do século
XIX perfiláronse tres tendencias:
REVISIONISTA ESQUERDISTA CENTRISTA
Criticaba o marxismo, Encabezada por Rosa Sostida pola maioría de
negando que o capitalismo Luxemburgo en Alemaña e partidos socialistas europeos,
estivese próximo á súa fin e
que o cambio só se Lenin en Rusia, defendía a criticaba o revisionismo que
puidese lograr pola loita de loita de clases e a se alonxaba dos dogmas
clases e a revolución. revolución como únicas marxistas e intentaba conciliar
Defendía que a transición vías ao socialismo. as posicións reformistas e
ao socialismo era posible
grazas á acción revolucionarias.
parlamentaria no seo das
democracias liberais.
Deu orixe aos partidos Deu orixe aos partidos
comunistas. socialdemocratas.
7.3. Da fundación á crise da II Internacional

▪ A II Internacional fundouse no Congreso de 1889 en París, cunha


clara orientación marxista, que excluíu aos anarquistas e
organizouse como unha federación de partidos socialistas nacionais
autónomos.
▪ Entre os seus obxectivos estaba lograr unha Lexislación Laboral
favorable: xornada de oito horas, prohibición do traballo infantil ou
dereito á folga.
▪ Tamén estableceu o 1 de maio como Día Internacional do Traballo.
▪ Houbo numerosas diverxencias, pero a ruptura definitiva produciuse
co triunfo da Revolución rusa e a decisión dos comunistas soviéticos
de fundar a III Internacional Comunista en 1919.

You might also like