You are on page 1of 13

AS

ORIXES
DO 8M
Marta Oya Vázquez 1ºB
Que é o 8M?
◦ “O Paro Internacional de Mulleres” (PIM) ou tamén coñecido como “8M” é un movemento
mundial que promove unha folga internacional de mulleres o 8 de marzo, data na que se celebra o Día
Internacional da Muller.
◦ O movemento foi creado a finais de outubro de 2016 como resposta á violencia e desigualdade que
sofren as mulleres na actualidade.
◦ Foi promovido por organizacións de mulleres de máis de 50 países para visibilizar a violencia
machista en todas as súas formas e expresións: sexual, social, cultural, política e económica.
ORIXE:
PORQUE O 8
DE MARZO?
ORIXE
◦ Esta data elexiuse para conmemorar dúas folgas de traballadoras
que –suponse que- ocorreron nun 8 de marzo.
◦ O primeiro suceso foi nunha fábrica téxtil de Nova York en
1857. Naquela época, a maioría de empleados do sector eran
mulleres, que traballaban máis de 12 horas diarias cun salario
moi baixo, no cal, ademais, existía unha gran brecha salarial.
As xornadas laborais esgotadoras e as pésimas condicións de
traballo, fixeron que as mulleres organizaran unha folga e unha
marcha pola cidade para reivindicar os seus dereitos, aínda que
o que recibiron foi unha gran represión por parte da policía.
◦ En 1908 produciuse outra revolta en Estados Unidos. Neste
caso, 40.000 costureiras de moitas grandes fábricas do país
declaráronse en folga para reclamar a igualdade de dereitos,
entre outras reivindicacións. Nunha delas, Cotton Textil Factory
(en Washington Square), os donos cerraron as portas das
fábricas onde se encontraban as mulleres. Produciuse un
incendio nese edificio, o que provocou a morte de 120
traballadoras (dise que a fábrica expulsaba un humo de cor
morada, de aí que se utilice para representar este movemento).
◦ Dende 1911 se celebra o Día da Muller Traballadora, aínda
que non fose ata 1975 cando a Asamblea Xeral das Nacións
Unidas establecera este día como Día Internacional da Muller.
QUEN É
CLARA
ZETKIN?
CLARA ZETKIN
(1857 – 1933)
◦ Clara Zetkin foi unha política alemá, de ideoloxía comunista e
unha loitadora polos dereitos da muller.
◦ Clara interesouse moito pola política sobre a muller, tratando
temas coma a igualdade de dereitos e o dereito ao voto,
convertíndose na impulsora do movemento feminino en Alemaña.
◦ Un grupo de 58 delegadas entre as que se encontraba Clara
Zetkin, fundaron a organización que hoxe en día se coñece co
nome de “Internacional Socialista de Mulleres”. O 17 de agosto
de 1907 celebrouse a primeira “Conferencia Internacional de
Mulleres Socialistas”, en Stuttgart (Alemaña). Nesta conferencia
nomeouse a Clara Zetkin “Secretaria Internacional da Muller”.​
◦ No segundo encontro (1910 en Copenhague, Dinamarca),
chegaron a asistir máis de 100 delegadas. Zetkin e Käte Duncker
participaron en representación do Partido Socialista Alemán e
presentaron a proposta de conmemorar un "Día Internacional da
Muller" ou "Día da Muller Traballadora" nun acto de
solidaridade internacional cos delegados de Estados Unidos que
habían honrado a folga das traballadoras do téxtil, das que xa
falamos anteriormente.
O
MOVEMENTO
SUFRAXISTA
O MOVEMENTO SUFRAXISTA
◦ O sufraxismo foi un movemento internacional de
reivindicación do dereito das mulleres a exercer o voto.
Este movemento comezouse a dar fortemente no Reino
Unido, e grazas a isto, estendeuse a gran parte de países
europeos.
◦ Tras máis de 50 anos de tentar conseguir o dereito ao
voto ante as institucións, as “suffragettes“ comezaron a
facer revoltas, folgas, encadenarse en lugares públicos,
romper escaparates, folgas de fame (nas cárceres),
desobediencia civil ou actos desesperados e
extremadamente peligrosos como tirarse delante do
caballo do rei durante una carrera, etc. Aínda que todas
estas protestas eran violentamente reprimidas e nas cales
incluso chegaban a deter a moitas mulleres.
◦ Algunhas líderes do movemento foron; Hubertine
Auclert, Millicent Fawcett, Emmeline Pankhurst,
Clara Campoamor, etc.
SUFRAXISTAS
GALEGAS:
EMILIA PARDO
BAZÁN E MARÍA
VINYALS
EMILIA PARDO BAZÁN
E MARÍA VINYALS
◦ Obviamente hai unha longa lista de mulleres que axudaron a
conseguir que á muller se lle vea como unha cidadá real, con
dereitos. Nesta diapositiva vamos a centrarnos en dúas
sufraxistas, de orixe galega; Emilia Pardo Bazán e María
Vinyals, consideradas como pioneiras na introdución do
feminismo en Galicia.
◦ Emilia Pardo Bazán (1851 – 1921), condesa do Pardo Bazán,
foi unha nobre e novelista, periodista, feminista, ensaísta,
crítica literaria, poetisa, dramaturga, tradutora, editora,
catedrática e conferenciante galega, introdutora do naturalismo
Emilia Pardo Bazán en España. Ela reivindicou a educación das mulleres como
algo fundamental e dedicou unha parte importante da súa
actuación pública a defendelo.
◦ Por outra parte María Vinyals (1875 – 1940), ou tamén
chamada marquesa de Ayerbe, foi unha escritora, articulista,
activista social, feminista e sufraxista española. María foi unha
das primeiras mulleres que formaron parte da Real Academia
Galega, (xunto a Emilia) sendo nomeada en 1906. Foi
apodada a “Marquesa Vermella” polo seu activismo social e
especialmente na defensa dos dereitos das mulleres. En 2016
María Vinyals creouse en Pontevedra a Escola de Igualdade María Vinyals
en recoñecemento o seu legado.
CONQUISTA DA
1ª OLA DO
MOVEMENTO
FEMINISTA
1ª OLA
DO MOVEMENTO
FEMINISTA
(XVIII - XIX)
◦ Segundo a cronoloxía dos estudios actuais sobre o feminismo,
esta 1ª ola sitúase na Ilustración.
◦ No “Século das Luces” aparece a polémica sobre a natureza da
muller e a xerarquía de sexos.
◦ Orixinariamente o movemento, concentrouse na obtención da
igualdade fronte ao home en termos de dereito da propiedade e
igual capacidade de obrar, así como a demanda de igualdade de
dereitos dentro do matrimonio. A finais do século XIX, os
esforzos vanse a concentrar na obtención de poder político, en
concreto o dereito ao sufraxio como xa falamos anteriormente.
◦ Xunto ao voto, tamén estaba coma obxectivo os dereitos
educativos. Xa que, as mulleres, que lograban acceder á
universidade, non se lles recoñecía o dereito a obter formalmente
o título oficial dos estudios, nin exercer a profesión para a que se
prepararan.
◦ En España finalmente conseguiuse o dereito ao voto da muller en
1913, xunto co dereito das mulleres a recibir o mesmo salario que
un home polo mesmo traballo, o dereito das mulleres a dispoñer
dos seus bens propios (mulleres casadas), ser as titoras legais dos
seus fillos (xunto cos pais) e a incorporación das mulleres á
carrera xudicial, entre outros.

You might also like