You are on page 1of 16

SEMENTADORAS

DE IGUALDADE
Mulleres galegas que nos inspiran
neste 8 de marzo

Caldelas LGBTIQ+
Grupo de igualdade e apoio LGBTIQ+
do IES de Ponte Caldelas
8 DE MARZO:
DÍA INTERNACIONAL
DAS MULLERES
Cada 8 de marzo conmemoramos a loita das mulleres
pola igualdade. Esta celebración iniciouse en Europa no
ano 1911. Porén, a loita feminista remóntase a séculos
atrás, pois ao longo da historia foron moitas as que
denunciaron e combateron a discriminación que sufrían
as mulleres polo simple feito de selo.

O feminismo, tal e como o propio dicionario o define, é


unha doutrina que defende a igualdade de dereitos entre
os homes e as mulleres. Partindo disto, todas as persoas
deberiamos sentirnos feministas e manifestalo con orgullo.

Se hoxe en día vivimos nunha sociedade máis igualitaria


é grazas aos logros do feminismo. Grazas a todas as
mulleres que, cada unha ao seu xeito, sementaron e
sementan un mundo máis xusto. Nesta exposición
homenaxeamos algunhas delas, pero foron, son e serán
moitas máis.

SEMENTADORAS Caldelas LGBTIQ+


DE IGUALDADE Grupo de igualdade e apoio LGBTIQ+
do IES de Ponte Caldelas
MARÍA VINYALS

María Vinyals (Soutomaior, 1875 - París, década de 1940)


foi unha escritora, activista social, feminista e sufraxista
galega. Coñecida como marquesa de Ayerbe, recibiu o
alcume de 'Marquesa Vermella' polas súas ideas
progresistas. Férrea defensora dos dereitos das mulleres,
considérase unha das introdutoras do feminismo en
Galicia. Tamén foi unha das primeiras mulleres que
formaron parte da Real Academia Galega (1906). No
ano 2016 creouse en Soutomaior a Escola de Igualdade
María Vinyals como recoñecemento á súa figura.

SEMENTADORAS Caldelas LGBTIQ+


DE IGUALDADE Grupo de igualdade e apoio LGBTIQ+
do IES de Ponte Caldelas
LAURA BUGALHO

Laura Bugalho (Santiago de Compostela, 1964) é unha


sindicalista, transfeminista, activista a favor dos dereitos
LGBTIQ+ e das persoas migrantes. Destaca pola súa
continua implicación en causas políticas e sociais, polo
cal ten recibido recoñecementos coma o Premio Nicolás
Salmerón pola Defensa das Liberdades Sexuais.

SEMENTADORAS Caldelas LGBTIQ+


DE IGUALDADE Grupo de igualdade e apoio LGBTIQ+
do IES de Ponte Caldelas
OLIMPIA VALENCIA

Olimpia Valencia (Baltar, 1898 - Vigo, 1987) foi a


primeira muller titulada en Medicina en Galicia.
Licenciouse en 1925, con premio extraordinario e
dezanove matrículas de honra. Especializouse en
Xinecoloxía por presións da época, considerando que as
mulleres debían tratar "enfermidades de mulleres". A
finais dos anos 20 estableceu a súa consulta particular
en Vigo, onde exerceu ata pasados os 80 anos.
SEMENTADORAS Caldelas LGBTIQ+
DE IGUALDADE Grupo de igualdade e apoio LGBTIQ+
do IES de Ponte Caldelas
LUZ FANDIÑO

Luz Fandiño (Santiago de Compostela, 1931) é unha


escritora e activista galega. Logo de emigrar á
Arxentina e a Francia, retornou a Galicia a finais dos
anos 70. Na súa traxectoria vital, ademais de como
poeta, destaca por participar en numerosas causas de
carácter político, social e cultural; manifestándose como
galeguista, ecoloxista, anticapitalista e feminista. No ano
2020 estreouse o documental 'A poeta analfabeta',
baseado na súa vida.

SEMENTADORAS Caldelas LGBTIQ+


DE IGUALDADE Grupo de igualdade e apoio LGBTIQ+
do IES de Ponte Caldelas
PLACERES
CASTELLANOS

Placeres Castellanos (Ponte Caldelas, 1896 - Vigo, 1971)


foi unha mestra, enfermeira, xornalista e guerrilleira da
resistencia francesa contra os nazis. Destacou polo seu
activismo político a social e a súa solidariedade. Coa
chegada da Guerra Civil fuxiu ao sur de Francia, onde
permaneceu en campos de internamento. Alí pasou a
formar parte da resistencia contra o nazismo. De volta á
súa terra, foi a primeira muller militante da Agrupación
Socialista de Vigo.

SEMENTADORAS Caldelas LGBTIQ+


DE IGUALDADE Grupo de igualdade e apoio LGBTIQ+
do IES de Ponte Caldelas
MERCEDES PEÓN

Mercedes Peón (Oza dos Ríos, 1967) é unha música,


cantante e instrumentalista galega. É unha das voces
con máis recoñecemento dentro e fóra do país. Destaca
polo seu labor á hora de recompilar, difundir e dignificar
a música tradicional galega, sendo unha figura clave á
hora de entender a importancia histórica das mulleres
na transmisión da música tradicional. Tamén leva
participado en numerosas iniciativas feministas e do
colectivo LGBTIQ+.

SEMENTADORAS Caldelas LGBTIQ+


DE IGUALDADE Grupo de igualdade e apoio LGBTIQ+
do IES de Ponte Caldelas
CONCEPCIÓN
ARENAL

Concepción Arenal (Ferrol, 1820 - Vigo, 1893) foi unha


xornalista e escritora galega, considerada unha das
grandes pensadoras do século XIX. Destaca como
precursora do feminismo en España, loitando desde moi
nova contra a discriminación das mulleres e
reivindicando a igualdade en todas as esferas sociais.
Foi a primeira muller en asistir a unha universidde
española, estudanto Dereito. Porén, comezou acudindo
ás clases vestida de home porque naquela altura as
mulleres non tiñan acceso aos estudos superiores.

SEMENTADORAS Caldelas LGBTIQ+


DE IGUALDADE Grupo de igualdade e apoio LGBTIQ+
do IES de Ponte Caldelas
MOUNQUP

Mounqup é o proxecto musical da cantante e


compositora franco-galega Camille Hédouin (Nantes,
1986). Dende unha aldea do rural ourensán, Mounqup
crea música cun posicionamesto ecoloxista,
anticapitalista, feminista e antirracista. En canto ao seu
estilo, autodefínese como electrónica vocal rural. Debido
ao tipo de música que compón e á calidade e dominio
da súa voz, hai quen a denomina "a Björk galega". No
ano 2017 gañou o Premio de M ¨ úsica Narf.

SEMENTADORAS Caldelas LGBTIQ+


DE IGUALDADE Grupo de igualdade e apoio LGBTIQ+
do IES de Ponte Caldelas
FILOMENA DATO

Filomena Dato (Ourense, 1856 - A Coruña, 1926) foi unha


escritora galega, cunha lírica marcadamente feminista.
Foi a segunda escritora, logo de Rosalía, que publicou un
libro en galego no século XIX: 'Follatos'. Esta obra
comeza co texto "Defensa das mulleres", onde a autora
desmonta os tópicos máis frecuentes na súa época sobre
o xénero feminino. Destaca tamén pola súa faceta como
oradora en varios foros en defensa das mulleres. En 1906
foi nomeada membro correspondente da Real
Academia Galega.
SEMENTADORAS Caldelas LGBTIQ+
DE IGUALDADE Grupo de igualdade e apoio LGBTIQ+
do IES de Ponte Caldelas
MARÍA XOSÉ
QUEIZÁN

María Xosé Queizán (Vigo, 1939) é unha escritora,


tradutora, docente, crítica literaria e activista polos
dereitos das mulleres. Se ben cultivou todos os xéneros
literarios, destacan os seus ensaios de temática feminista,
que foron pioneiros e hoxe en día son piares
fundamentais da base teórica deste movemento. Así,
constitúe unha figura imprescindible no movemento
feminista galego e de toda a Península Ibérica. Creou a
revista 'Festa da Palabra Silenciada', feita só por
mulleres, a cal coordina e dirixe dende 1983.

SEMENTADORAS Caldelas LGBTIQ+


DE IGUALDADE Grupo de igualdade e apoio LGBTIQ+
do IES de Ponte Caldelas
ELISA E MARCELA

Elisa Sánchez Loriga (A Coruña, 1862 - ?) e Marcela


Gracia Ibeas (Burgos, 1867 - ?) foron as mulleres que
contraeron o primeiro matrimonio lésbico en España en
1901. Coñecéronse na Escola de Mestras Normal da
Coruña e axiña namoraron. Pese aos impedimentos que
lles puxeron, conseguiron continuar coa súa relación en
segredo e finalmente casaron. Para iso Elisa mudou a súa
identidade e fíxose pasar por un home. Ao seren
descubertas fuxiron a Portugal, onde foron presas. Máis
tarde escaparon a Bos Aires e alí perdéuselles a pista.

SEMENTADORAS Caldelas LGBTIQ+


DE IGUALDADE Grupo de igualdade e apoio LGBTIQ+
do IES de Ponte Caldelas
A PANADARÍA

A Panadaría é unha compañía teatral galega integrada


por Ailén Kendelman (Bos Aires, 1989), Noelia Castro
(Bellinzona, 1988) e Areta Bolado (O Porriño, 1985). Este
proxecto ofrece un teatro político e reivindicativo, á vez
que lúdico e humorístico, cunha ollada marcadamente
transfeminista. Nas súas obras danlle voz a aqueles
colectivos máis invisibilizados, como é o LGBTIQ+. O seu
éxito transcende as fronteiras galegas, con montaxes
coma 'Elisa e Marcela', baseado no primeiro matrimonio
lésbico. A súa última produción, 'As que limpan', trata
sobre a explotación laboral das camareiras de pisos.

SEMENTADORAS Caldelas LGBTIQ+


DE IGUALDADE Grupo de igualdade e apoio LGBTIQ+
do IES de Ponte Caldelas
MARUXA MALLO

Maruxa Mallo (Viveiro, 1902 - Madrid, 1995) foi unha


pintora surrealista galega. Malia que o Franquismo
ocultou a súa figura, hoxe en día é unha das pintoras
máis recoñecidas do s. XX. Caracterizouse por ser unha
muller moderna e independente, cun estilo de vida
pouco convencional e excéntrico, ocupando espazos
tradicionalmente reservados para os homes. Foi unha
muller que rompeu con todos os moldes da época e que
abriu camiño para moitas que viñeron atrás por ser quen
de decidir o seu propio destino.

SEMENTADORAS Caldelas LGBTIQ+


DE IGUALDADE Grupo de igualdade e apoio LGBTIQ+
do IES de Ponte Caldelas
VERO BOQUETE

Verónica Boquete (Santiago de Compostela, 1987) é


unha futbolista galega. Considérase unha das mellores
xogadoras de todos os tempos. Dende ben nova loitou
contra o machismo e a discriminación das mulleres no
fútbol, declarándose feminista e reivindicando
continuamente a igualdade no deporte. Entre as
iniciativas que desenvolveu neste ámbito destaca a
campaña que impulsou para introducir xogadoras no
videoxogo FIFA, logrando o seu obxectivo.

SEMENTADORAS Caldelas LGBTIQ+


DE IGUALDADE Grupo de igualdade e apoio LGBTIQ+
do IES de Ponte Caldelas

You might also like