You are on page 1of 28

• Afonso Daniel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo, na

ría de Arousa o 30 de xaneiro de 1886, no seo dunha


familia mariñeira.

• O pai de Castelao enriqueceu na emigración: instalara


na Pampa arxentina unha especie de taberna que
axiña se converteu nun importante centro comercial.

• Naquelas terras arxentinas viviu Castelao dos dez ós


catorce anos; a vida da Pampa e da emigración
deixaron fonda pegada no rapaz, que habería de
reflectilas na súa obra.
Fíxenme médico por amor a
meu pai. Non exerzo a
profesión por amor á
humanidade
• De volta en Galicia, estuda o bacharelato e logo a
carreira de Medicina en Santiago, comezando a ser
popular polas caricaturas dos profesores e
compañeiros.

• Licenciado en 1908, regresa a Rianxo a exercer a


medicina, e alí participa na política municipal.

• Deixou a medicina para ingresar por oposición no


Instituto Xeográfico e Estatístico. Destinado en
Pontevedra, tamén exerceu o profesorado como
axudante da cátedra de Debuxo no Instituto desta
cidade.
 Participa activamente en todas as
institucións e actividades culturais da
época:

 Irmandades da fala.

 Seminario de Estudos Galegos.

 Sindicato agrarista Acción Gallega.

 Dirección artística da revista Nós.


CASTELAO POLÍTICO
Durante a Segunda República (1931-1936) desenvolve un importante
labor político:
- Participou na constitución do Partido Galeguista no 1931.
- En 1931 resulta elixido deputado por Pontevedra nas Cortes
Constituíntes.

Fundación do Partido Galeguista


•Foi desterrado por medio dun traslado administrativo
forzoso a Badaxoz en novembro de 1934.
•Durante o seu desterro escribiu para A Nosa Terra unha
serie de artigos co título Verbas de chumbo que
posteriormente integraría no ensaio Sempre en Galiza
(1944), libro de referencia para o nacionalismo galego.

Homenaxe do Partido Galeguista a Castelao en 1934


-En 1936 foi escollido de novo
deputado na candidatura da Fronte
Popular.
-Protagonizou a campaña pro-
Estatuto de Autonomía de Galiza,
aprobado en plebiscito o 28 de
xuño de 1936.
MITIN PRO-
ESTATUTO

PRAZA DE TOUROS
DE PONTEVEDRA

INTERVÉN
ALEXANDRE
BÓVEDA, SINÁLASE
A ALFONSO D.
CASTELAO.

- O maior éxito do PG é a consecución do primeiro Estatuto de


Galiza, aprobado maioritariamente polo pobo galego en
plebiscito (28 xuño de 1936).
- Nunca entrou en vigor por mor do Golpe de Estado fascista
do 18 de xullo de 1936.
-As Cortes republicanas aprobárono o 1 de febreiro de 1938.
CARTEIS PRO-ESTATUTO
DE CASTELAO
Castelao xa nunca volvería a Galiza.

-Establece a súa residencia en Bos


Aires, onde funda, con outros exiliados,
a revista Galeuzca.

-No ano 1946 é nomeado ministro do


goberno da República no exilio.

-Morreu en Bos Aires o 7 de xaneiro de


1950.

-En 1984 os seus restos foron


trasladados a Galicia e repousan no
Panteón de Galegos ilustres.
OBRA LITERARIA
Narrativa
Un ollo de vidro.Memorias dun esquelete (1922)

Cousas (1926/1929)

Os dous de sempre (1934)

Retrincos (1934)
Teatro
Os vellos non deben de namorarse
(1941)
Ensaio
Sempre en Galiza
(1944)
A primeira obra narrativa de Castelao
é Un ollo de vidro, publicada en 1922
na colección Céltiga co subtítulo de
"Memorias dun esquelete".

No prólogo diríxese ó lector o propio


Castelao, que explica como atopou as
memorias do esqueleto que veñen a
continuación.

O esqueleto lembra sucesos da súa


vida pasada e nárraos a dous colegas
de cemiterio, percibidos a través da
prótese de vidro que lle tapara, de
vivo, o oco dun ollo perdido.
O libro Retrincos,
publicado en 1934, é
unha colección de
cinco contos que se
nos presentan como
autobiográficos e que
recollen cinco
momentos da vida de
Castelao, ordenados
cronoloxicamente.
Dúas obras narrativas de Castelao
Cousas
 45 composicións moi breves de carácter popular,
acompañadas dun debuxo, narradas con estilo
sintético, grandes doses de humor, lirismo e vo-
cación de compromiso coas clases populares.
 Temática variada: emigración, miseria do campesi-
ñado, crenzas populares, traxedias humanas...

Os dous de sempre
 Novela estruturada ao redor de dous personaxes
antitéticos: Pedro (movido unicamente por instintos
primarios, materialista, conformista, falto de
talento) e Rañolas (eivado, de orixe miserable,
xeneroso, idealista e que loita desesperadamente
por mellorar como ser humano).
 A narración vai alternando as historias de ámbolos
dous personaxes.
Os vellos non deben de
namorarse foi estreada en
Buenos Aires en 1941.

O propio Castelao foi quen a


dirixiu e realizou todo o deseño
plástico (escenografía,
figurinos, máscaras, luces...).

Publicouse no 1953 e
representouse en Galicia por
primeira vez en 1961.
Componse de tres lances que
teñen como motivo común o
protagonismo dun vello
namorado dunha moza “a
destempo”.

No epílogo, xúntanse os tres


vellos no valado do cemiterio
(xa convertidos en
esqueletos) e láianse do seu
imprudente namoramento.
Castelao pintando as máscaras da obra
Os vellos non deben de namorarse,
representada por primeira vez en Arxentina
en 1941.
Sempre en Galiza (Buenos Aires, 1944).

Converteuse desde a súa publicación na


"biblia" do galeguismo.

Componse dun limiar ou “Adro” (14


artigos escritos no desterro en Badaxoz
en 1935) ao que seguen catro “Libros”,
onde Castelao expón o seu pensamento
político, defende Galicia como nación e
aborda a situación sociolingüística do
galego.
A DIMENSIÓN ARTÍSTICA
A partir dos anos vinte, Castelao
convértese na principal figura da
arte galega, tanto na súa faceta de
pintor, como nas de caricaturista e
ilustrador de libros, sendo tamén
un pioneiro do deseño publicitario
- Yo nunca sentí la necesidad
de saber gallego.
galego. - Es que esa necesidad no se
siente en la barriga.
Álbum Nós (1918) Atila en Galicia (1937)
Cousas da vida (1930)

Galicia mártir (1937) Dibuxos de negros (1938)


Milicianos (1938)
- Nos seus álbums Nós e Cousas da vida
presenta personaxes populares,
labregos e mariñeiros e denuncia cun
humor crítico e irónico: os abusos dos
caciques, a demagoxia dos políticos, a
marxinación económica de Galicia, o
drama da emigración ...

- En Galicia mártir, Atila en Galicia e


Milicianos denuncia a represión
fascista en Galicia.
— E logo?
— Xa ves, mexan por min e teño
que dicir que chove.
Fan ben en durmir; así
poden soñar que hai
xustiza pra eles.

— Nas cidades prohibiron


os pobres.
— Sería mellor que
prohibiran a pobreza.
O fracasado da emigración — ¿Qué comerá o rey?
— Comerá... comerá... zucre.
En Galiza non se pide nada.
- A nosa Terra non é nosa, rapaces.
Emígrase.

You might also like