You are on page 1of 5

TEMA 9.

A LITERATURA DO EXILIO ENTRE 1936 E 1976: POESÍA, PROSA E


TEATRO.

O labor galeguizador emprendido pola editorial Nós e o Seminario


de Estudos Galegos viuse truncado en xullo de 1936 polo levantamento
militar do xeneral Franco.
Moitos intelectuais galeguistas sufriron a represión dun xeito brutal,
desde os que foron asasinados, como Alexandre Bóveda ou Ánxel Casal,
ata os que foron afastados das súas actividades profesionais, caso de
Otero Pedrayo, ou os que acabaron por mudar as súas conviccións
nacionalistas pola ideoloxía franquista, como Vicente Risco. Outros, como
Castelao ou Dieste, conseguiron fuxir ao estranxeiro, salvando así a vida.
Deste xeito, durante os primeiros anos da ditadura, a literatura
galega só puido ter continuidade en América. Os nosos intelectuais foron
acollidos polas colectividades de emigrantes que residían alí onde xa
existía unha importante actividade cultural en galego, ou a prol del,
arredor das Casas de Galicia.
Os principais países de acollida foron Arxentina, Uruguai,
Venezuela, México e Cuba, sendo Buenos Aires a cidade que recibiu un
maior continxente.
Autores como Luís Seoane, Emilio Pita, Lorenzo Varela, Castelao,
Blanco Amor, Rafael Dieste ou Manuel Varela Buxán, mantiveron acesa a
chama da tradición literaria e cultivaron os máis diversos xéneros.
CASTELAO escribe no exilio parte da súa obra Os vellos non deben
de namorarse, que é estreada en Buenos Aires en 1941. Publica tamén no
exilio Sempre en Galiza, en 1944.
BLANCO AMOR publica A esmorga no ano 1959 e XOSÉ NEIRA
VILAS, Memorias dun neno labrego, en 1961.
Ademais leváronse a cabo iniciativas como a Historia de Galicia
(1963), dirixida por Otero Pedrayo, e publicacións periódicas como
Galicia emigrante (Bos Aires, 1954) e Vieiros (México, 1959).

A) A POESÍA
A maior parte dos poemarios apareceron en Buenos Aires e
abordaron liñas temáticas que estaban vetadas na Galicia do franquismo
ou reflectían problemáticas específicas da colectividade transterrada: a
denuncia social e o desafogo do drama vivido, o patriotismo galego, a
saudade evocadora das paisaxes natais, etc. Os autores máis destacados
foron:
1. EMILIO PITA: A primeira obra que publicou no exilio foi o libro de

poemas Jacobusland (1942), ilustrado por Castelao. É un libro testemuña


que pon de relevo a traxedia da Guerra Civil en Galicia en medio dunha
nostálxica visión da natureza galega.

2. LUÍS SEOANE: Fillo de emigrantes galegos, naceu en Buenos Aires, pero

estudou na Coruña e Santiago. Exiliouse na Arxentina no 36. Home


polifacético, dedicouse ao debuxo, pintura, gravado, mural, poesía…
Regresou á Coruña en 1963 fundando con Isaac Díaz Pardo o Laboratorio
de Formas de Sargadelos. A súa obra poética iníciase coa publicacións de
Fardel do exiliado, unha visión moi persoal da epopea anónima da
emigración galega. Posteriormente publica Na brétema, Sant-Iago
(1955), As cicatrices (1959) e A maior abondamento (1972). Tres son as
grandes preocupacións que inzan a súa poesía: a social e política, o
coñecemento histórico e cultural e o reflexo do mundo artístico. O seu
estilo realista, ás veces case xornalístico, caracterízase por un verso longo,
seminarrativo.

3. LORENZO VARELA: Fillo de galegos emigrantes, naceu na Habana en 1917.

Volveu a Galicia para cursar os seus estudos e exiliouse en México tras a


Guerra Civil. Marcha posteriormente a Buenos Aires, onde inicia a súa
produción poética. En 1944 publica Catro poemas para catro gravados,
obra coñecida xeralmente co título de María Pita e tres retratos
medievais (álbum de gravados de Luís Seoane ao que se lle engadiron os
poemas de Lorenzo Varela). Contén a exaltación de María Pita e a súa
fazaña no cerco inglés á Coruña en 1589; de Roi Xordo (dirixente fidalgo
na guerra dos Irmandiños); do bispo Adaúlfo II (bispo de Compostela no s.
IX acusado falsamente de sodomía) e de María Balteira (soldadeira
referida no cancioneiro de escarnio e madicir). En 1954 publica Lonxe, a
súa obra máis importante, marcada pola anguria do desterro e tinguida
pola visión onírica dunha Galicia afastada.

B) PROSA (obras escritas no exilio e case todas publicadas na democracia)


Son novelas realistas, cargadas de elementos autobiográficos que
tratan o tema da Guerra Civil, así como o dos anos inmediatamente
posteriores. O mundo dos fuxidos, da guerrilla antifranquista e da
represión son debuxados nuns textos directos que case sempre empregan
un narrador en primeira persoa, outorgándolle deste xeito unha
confidencialidade notable á historia.
1. RAMÓN VALENZUELA OTERO: Naceu en Silleda e despois da guerra

exiliouse en Buenos Aires. Colaborou en Galicia emigrante con narracións


que máis tarde se publicarían no libro O naranxo (1974). En 1957 publica
a novela Non agardei por ninguén, narrada en primeira persoa por un
fidalgo galeguista republicano. A acción desenvólvese nos anos da Guerra
Civil. Esta temática continúa tamén en Era tempo de apandar (1980).
Constitúen ambas as dúas novelas un documento narrativo desta época e
teñen moito de autobiográficas.

2. SILVIO SANTIAGO: Ourensán. Foxe a Portugal a raíz a guerra e de alí a

Venezuela. Escribiu no exilio unha novela que publicaría ao seu regreso a


Galicia en 1961: Vilardevós. Escrita con sinxeleza técnica e con intención
crítica e social; é unha pintura de costumes na que exalta o popular,
servíndose das súas lembranzas de neno e de mozo nun medio rural.
Postumamente publicouse O silencio redimido (1976), novela
autobiográfica na que relata a época da súa condena, fuxida e desterro.

C) TEATRO
1. MANUEL VARELA BUXÁN: Foi un dos animadores do teatro galego na

Arxentina. Alí fundou a compañía Aires da Terra, que estreou a súa


primeira obra Se o sei...non volvo á casa con grande éxito en 1938.
Castelao confioulle a estrea de Os vellos non deben de namorarse,
alternando a súa representación -cada dez días- con outra obra do propio
Buxán: Taberna sen dono. O seu teatro caracterízase por ser un teatro
directo, popular, de liña cómica e sentimental (sen refugar por iso o
problema social de Galicia) e encadrado nun ambiente rural.
2. BLANCO AMOR: En Buenos Aires dirixiu o Teatro Popular Galego (1957) e

escribiu varias pezas que se coñeceron en Galicia recompiladas en dous


volumes: Farsas para títeres (1973) e Teatro prá xente (1974). Unhas son
obriñas de realismo costumista, pensadas para “a xente do noso pobo”,
público pouco afeito a ler ou ver teatro; outras son farsas, non realistas,
moi imaxinativas, cheas de elementos fantásticos e satíricos, que lembran
o esperpento de Valle Inclán ou o teatro do absurdo europeo; están
pensadas para un público culto.

You might also like