You are on page 1of 4

Aurora Marco: "O labor das mulleres das


Irmandades caeu na opacidade"

Irmandiñas (Ed. Laiovento) é o título do libro


que acaba de publicar a doutora en Filosofía e
Letras pola USC

lourdes varela 19.03.2020 | 00:32

foto: xoán álvarez


Irmandiñas (Ed. Laiovento) é o título do libro que acaba de publicar a
doutora en Filosofía e Letras pola USC, Aurora Marco, quen reivindica
non só as asociadas ás Irmandades da Fala, senón tamén a moitas
mulleres que participaron de distintas iniciativas xurdidas arredor
delas no primeiro tercio do século pasado en Galicia

- Publicar este libro era unha obriga de recoñecemento para aquelas


mulleres das Irmandades, pero supoño que o traballo de
investigación sobre elas non sería doado...

-Publicar este libro era unha necesidade. Como no caso do ensaio


que dediquei ás guerrilleiras antifranquistas -algúns historiadores
dubidaban da súa existencia e moita xente referíase a elas como as
amantes dos guerrilleiros- , púxenme a investigar como reacción ao
que vin no centenario das Irmandades da Fala que me deixou
abraiada porque houbo moitas actividades, de todo tipo, mais as
grandes ausentes foron as irmandiñas. Era preciso investigar, tirar do
esquecemento tantas vidas silenciadas, tantos contributos ocultos. E
non foi nada doado, por suposto que non. Porque cando as pegadas
das mulleres se borran do discurso o cial, do ensino académico, da
Historia... é moi difícil reconstruír o que estivo baixo o signo da
desmemoria. Botei man de moitos xornais, revistas, dalgunhas
monografías, de arquivos particulares, de materiais de fundacións e
de fontes orais, porque andei na procura de descendentes. Foi un
traballo laborioso e lento.

- A que atribúe Vde. que, a estas alturas, en pleno 2020, e antes da


saída do seu libro, se saiba tan pouco das mulleres das Irmandades?
- Non toda a xente está disposta a pasar tres ou catro anos
buscando materiais antes de redactar. É moito máis sinxelo copiar,
sen citar fontes, e aparecer como "descubridor ou descubridora de",
unha forma de proceder ben deshonesta, por certo, que está de
moda. Ben, sabemos que todo acontecer da humanidade se foi
contando sen incluír as mulleres porque a historia dos homes era
sinónimo da historia da humanidade. De aí a necesidade de reler a
historia en clave feminina para rescatar traxectorias femininas e
deixar constancia do seu papel no desenvolvemento histórico. Aquí
están mulleres a liadas ás Irmandades da Fala mais non só, están
tamén as mulleres dos coros, do teatro, do Seminario de Estudos
Galegos, do Partido Galeguista, da Agrupación Republicana
Femenina da Coruña, algunhas da diáspora... Isto é, as que estaban
na órbita irmandiña. Aínda falta moito por facer e hai que seguir
recuperando nomes que a historiografía esqueceu.

- O día que se escolleu a xunta directiva do grupo femenino da


Irmandade da Fala de A Coruña, non falou ningunha muller. Só falou
Lois Peña Novo. Hoxe custa entender isto, sobre todo porque
daquela a comezaban a coñecerse as voces das pioneiras do
feminismo en España. Tan "atrasados" estaban os homes das
Irmandades?

- Non pretendín analizar con criterios actuais, cos lentes do século


XXI, a situación en que vivían e se movían as irmandiñas na
sociedade daquel tempo, hai máis de cen anos, porque o libro
abranxe o período 1916-1936. O que pretendín foi deixar constancia
dunha realidade que afectou por igual a todas as mulleres: a
invisibilización, o ocultamento, as discriminacións, o papel
subalterno que xogaban... Iso non se lle escapa a ninguén que
investigue e analice, co paradigma de xénero, calquera período da
nosa historia. Os homes das Irmandades non eran unha excepción:
como no resto da sociedade, habíaos progresistas que defendían a
igualdade de dereitos para as mulleres mais o ambiente xeral era
outro e non favorecía a presenza feminina por ningunha parte; é
máis, había certa resistencia a abriren o paso ás mulleres, como
demostran os feitos. Hoxe unha situación dese tipo resultaría
verdadeiramente anacrónica. Aínda que, de cando en vez, vemos
situacións semellantes, impropias deste tempo.

-Cales son as actividades ou accións máis importantes que levaron a


cabo as Irmandiñas por elas mesmas?

-Elas estiveron sempre "a pé de obra" e desenvolveron as súas


actividades no exercicio do maxisterio, na música, no teatro, no
traballo cientí co dentro do Seminario de Estudos Galegos, no
traballo agrícola, no deporte, na actividade empresarial, na medicina,
na actividade política, no desenvolvemento editorial galego, no
activismo militante, no espallamento do ideal galeguista e
republicano, na defensa da lingua, na escrita... Igual que os homes,
só que, a diferenza deles, o seu papel social estivo limitado polos
condicionantes de xénero e non tivo a mesma consideración. En
ocasións, aludíase a elas, por exemplo, nos coros, no teatro ou na
actividade política, con frases do tipo "un grupo de señoritas", "unhas
mulleres", "unhas mozas", sen faceren referencia nominal. Ese
mantelo tan opaco que as cubriu e que apenas deixou pasar unha
raiola de luz sobre as súas vidas e accións, chegou até os nosos
días.

-Hai irmandiñas ás que Vde. presta especial atención. Quixera que


me falara dalgunha delas. Comezamos por María Miramontes, que
era a muller de Ánxel Casal.

-Con actividade coñecida antes de casar con Casal na directiva do


grupo feminino da Coruña, María Miramontes, irmandiña, do Partido
Galeguista, da Agrupación Republicana Feminina, salientou na
defensa de Galiza, da súa lingua, da súa autonomía, nos dereitos
femininos... Cun obradoiro de costura e corte, cosendo e
encadernando libros en "Nós", nas "Escolas de Insiño Galego" e en
todas as iniciativas que empredeu Casal, sempre estivo ela, en pé de
igualdade. O asasinato de Casal levouna ao exilio arxentino do que
nunca regresou.

-Mercedes Vieito Bouza.

-Mestra, xornalista e escritora nacida na Habana, lla de inmigrantes


das Somozas (A Coruña), sempre se considerou galega e encheu
centos de páxinas na defensa da Terra e da súa cultura. Vinculouse
de forma activa ao asociacionismo habaneiro relacionado con
Galiza, apoiou as Sociedades Galegas de Instrución, que levaron a
cabo unha acción lantrópico-docente coa creación de escolas en
Galiza; apoiou as Irmandades da Fala e preocupouse polos
problemas galegos, nomeadamente polo tema da emigración, sobre
todo a feminina. Á Habana chegaban galegas que ocupaban postos
de categoría inferior, mal remunerados e, con máis frecuencia da
desexada, acababan na prostitución.

-Amalia Álvarez Gallego.

-Integrante da Coral Polifónica de Pontevedra, partillou ideais co seu


home, Alexandre Bóveda, e cando a barbarie fascista segou a vida do
líder galeguista, todo foi dor e soidade para ela, mais non tivo tempo
para se laiar porque tivo que facer fronte á vida e coidar de cinco
criaturas. Finalizou a carreira de Maxisterio, puxo unha escola de
cativos, fíxose funcionaria de Facenda e traballou arreo para sacar
adiante a descendencia. Mentres viviu, deu mostras sobradas da súa
afouteza e de delidade ao compañeiro de vida que o fascismo lle
arrebatou, foi fundamental na recuperación da súa gura, mantivo o
seu legado, foi memoria viva para todas e todos e converteu a súa
longa vida nunha lección de dignidade e de entrega a Galiza.

-E, para rematar, Olimpia Valencia.

-A primeira médica galega estabelecida en Vigo desde 1928, foi na


década de 1920 unha das estudantes máis brillantes e signi cadas
en Compostela pola súa exitosa carreira, polo seu protagonismo
como actriz no "Cadro Universidade" e pola proxección pública. No
terreo social, identi cada con Galiza e coa República, encabezou
dous manifestos, o primeiro con universitarias da provincia de
Pontevedra para apoiar a candidatura galeguista de 1931; o segundo,
con mulleres de diferentes profesións, para apoiar a campaña a prol
do Estatuto. A militarada do 36 tamén se deixou sentir na súa
consulta de Vigo, á que deixaron de acudir pacientes. Na década dos
40 entrou na Seguranza Social.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

You might also like