You are on page 1of 4

LA TRIBUNA

Emilia Pardo Bazán

Andrea Rodríguez Parrado


2º curso
Emilia Pardo Bazán naceu en A Coruña no ano 1851 e morreu en Madrid no ano
1921. Naceu nunha familia aristocrática o que lle permitiu ter unha educación
avanzada para a época e máis sendo unha muller. En parte débese a que a
educación sempre foi un factor moi importante para o seu pai, un home culto que
lle inculcou o gusto pola literatura e que foi clave durante toda a súa vida, xa que
sempre foi o seu principal apoio a hora de loitar polos seus obxectivos e nunca
deixou que renunciara a ningunha das súas aspiracións pola súa condición de
muller.

Emilia é de gran importancia na literatura española, por unha parte por ser a
introductora do naturalismo en España, corrente principalmente literaria basada
en reproducir a realidade, incluso os aspectos máis vulgares; e por outra por ser
unha das primeiras feministas do país, de feito escribiu numerosos textos sobre
este tema nos que exaltaba o papel da muller nunha sociedade profundamente
machista na que os dereitos e oportunidades das féminas eran moi limitadas. Ela
mesma demostrou no seu tempo tan difícil para o sexo femenino que as mulleres
podían ocupar na sociedade os mesmos postos que os homes sen renunciar ao
mesmo tempo ao que era considerado propio das mulleres. Traballou sen
descanso para conseguir os seus obxectivos e cultivou unha gran variedade de
xéneros: relatos, ensaios, libros de viaxes, artículos, teatro, lírica…tamén realizou
conferencias e discursos.

La Tribuna é un dos seus libros máis recoñecidos e será o que trataremos nas
páxinas seguintes. É importante comentar que esta obra non foi só a primeira
novela social de proletariado fabril femenino senón tamén a primeira de
tendencia naturalista en España. En relación á estructura, comeza cunha
introducción escrita pola propia autora dirixíndose directamente ao lector onde
define o libro como “un estudo de costumes locales”, explica tamén que a súa
intención non é escribir sátira política, mais como a súa pretensión é describir a
realidade do momento pode dar a impresión de tratarse dunha sátira. A
continuación comeza o argumento, ordenado en trinta e oito capítulos escritos en
números romanos e cada un deles cun título que fai referencia ao contido de cada
capítulo.

En primer lugar, o tema principal é a evidencia das penosas condicións tanto de


vida como laborais na España do século XIX que leva ao nacente proletariado a
reivindicar unhas mellores condicións. Como temas secundarios poderíamos citar
as ambicións de cambio principalmente por parte das clases traballadoras, a
pobreza, a gran diferencia entre clases sociais, a emancipación da muller e o
amor.
O libro ten unha gran carga histórica. Toda a trama se centra na sociedade de
Marineda, sobrenome co que se refire á cidade da Coruña, durante a crise da
revolución de 1868, tamén chamada a revolución da Gloriosa, que supuso o
destronamento da raiña e o comezo do Sexenio Democrático. Mediante a historia
de Amparo, Pardo Bazán intenta introducir ao lector na España da revolución da
Gloriosa, un clima tenso colmado de manifestacións políticas.

A protagonista do relato é Amparo, unha moza pertencente a unha familia de


clase traballadora que vive co seu pai, vendedor ambulante de barquillos e ao que
axuda acotío, e a súa nai, extraballadora da fábrica de tabacos e agora totalmente
impedida na cama da cal non se pode mover.

Nun dos seus paseos matutinos, Amparo coñece a dous militares: Baltasar e
Borrén e neste último crece un gran interese por ela xa desde o primeiro
encontro. Borrén xoga un papel importante na vida de Amparo desde o segundo
encontro que sucede na casa dos Sobrado a que a moza vai xunto cunhas amigas
a cantar panxoliñas co obxectivo de gañar algo de diñeiro. El é quen lle ofrece
axuda para entrar a traballar na fábrica de tabacos, lugar ao redor do que xiran a
maioría dos acontecementos relatados na obra. Amparo é admitida e comeza a
traballar na fábrica liando cigarros. Alí ademais de realizar o seu labor como
cigarreira, tamén le a prensa para infomar as demais traballadoras sobre a
situación que está a atravesar o país. Nos capítulos posteriores pode apreciarse
perfectamente os ideais políticos da moza que comeza a dar discursos públicos.

En paralelo a súa vida como Tribuna e como muller traballadora e independente,


está a súa vida amorosa. Por un lado Chinto, polo que sente un profundo
desagrado a pesar da gran axuda que é tanto para ela como para os seus pais e do
gran esforzo que pon por intentar complacela e agradala; e por outro lado está
Baltasar co que comeza unha relación amorosa rota cando descubre que ten unha
amante. Durante o periodo no que suceden os encontros entre Amparo e Baltasar,
apréciase o interese e orgullo da moza por subir na escala social, feito que
ocorrería se contraeran matrimonio, mais ao final Amparo acaba sendo unha
madre solteira de clase obreira.

En conclusión, La Tribuna consegue plasmar con gran veracidade a sociedade


española do século XIX nun periodo convulso e en proceso de cambio. A autora
describe con gran detalle as diferenzas entre as clases sociais, personificadas na
figura de Chinto, de Amparo e de Baltasar, Borrén e os Sobrado. De feito a
autora visitou a fábrica de tabacos en varias ocasións para facer o relato o máis
real posible.
En relación á língua, é unha linguaxe sinxela que intenta representar a fala
existente na Coruña da época, é por iso que o libro está repleto de galeguismos e
de construcións sintácticas propias de Galiza.

Na miña opinión, este é un libro de gran interese pois a través dun relato
entretido informa sobre feitos históricos e dá unha visión de como era a vida no
tempo no que transcurre a obra. En canto ao argumento, ao meu parecer Amparo
ao final acaba sucumbindo ás ambicións que ela criticaba e convértese nunha
persoa que acaba obsesionándose por subir na escala social mediante o
casamento con Baltasar. Esta obsesión fai que descoide otras cousas máis
importantes como son os seus pais ou incluso Chinto que é sempre un gran apoio
aínda que ela non o queira admitir. Non consegue nada senón que acaba sendo
unha madre solteira de clase traballadora coas críticas que isto lle pode supor
nunha sociedade tremendamente clasista. Este é un dos motivos polos que Chinto
se ofrece como padre do cativo e marido.

Por outra parte, Amparo non esconde a repulsión que sente por Chinto por
pertencer a unha clase social máis baixa e por consideralo inferior; poderíase
dicir que Amparo trata a Chinto da mesma maneira que os Sobrado a tratan a ela
e que ela tanto odia.

You might also like