You are on page 1of 2

A MULLER DA CABRA (MARUXA MALLO) 

A autora desta obra é Maruxa Mallo nacida coma Ana María Gómez González. Naceu o 5
de xaneiro de 1902 en Viveiro. Morreu en 1995. Foi unha pintora surrealista galega
pertencente a xeración do 27. Destacou por ser unha das artistas máis libres e
excéntricas deste grupo de creadores plásticos que quixeron transformar o papel da
muller.

Fundadora das SenSombreiro. As SenSombreiro é o nome dun grupo de mulleres artistas


españolas que querían reivindicar a súa liberdade co xesto de quitar o sombreiro en
público. 
Era unha muller culta, libre, independente e adiantada a súa época. Conseguiu os seus
obxectivos saltándose calquera obstáculo e enfrontándose a todo o que se lle opoñía.

Esta pintura pertence ao movemento surrealista.


Este cadro foi pintado en 1929, naquela época en España reinaba Alfonso XIII e dous
anos despois foi  proclamada a segunda República.

Nestes tempos a sociedade española era unha sociedade machista na que as mulleres
non tiñan ningún papel importante e non eran libres. Apenas acababan de conseguir o
dereito ao voto no 1931.

As técnicas da pintura son enerxéticas e voluminosas. Os volumes lógranse mediante o


sombreado negro e gris. 
A obra está pintada nun lenzo con óleos. Esta pintura pertence a Colección Pedro Barrie
de la  Maza da Coruña.

Ten cores fortes que resaltan e dan volume ao cadro. As cores que máis utiliza son: o
azul, o verde e o marrón.
A perspectiva fainos fixar primeiro na muller e logo nos detalles do fondo e nos laterais.
      

A temática é de xénero costumista e civil.


Na parte principal vemos una muller que leva a unha cabra. A muller parece de pobo por
como vai vestida, con roupa moi sinxela e descalza. No fondo a esquerda hai unha casa
branca e azul cunha muller asomada a unha ventá. A dereita vense elementos da paisaxe
tinerfeña: cantís, mar, murallas, pobo, cactos… 

A muller da cabra simboliza a nova muller traballadora, forte, liberada e decidida mentres
que a muller da casa e a muller tradicional. Como o sabemos?, ... a muller da cabra esta
fora da casa, ocupa un papel na sociedade e a outra esta dentro da casa e apenas se lle
ve, este era o papel tradicional das mulleres naquela época..

You might also like