You are on page 1of 7

O ANTIFASCISMO

A PÉ DE RÚA
Óscar Rodríguez Torralba
Psicoloxía Social – 1º de Grao
Índice:

Qué é o antifascismo? …....................................................... Páxina 1


Breve historia ….................................................................... Páxina 1
Cara o novo antifascismo: grupos subculturais …............... Páxina 2
• Movemento hippie …................................................. Páxina 2
• Movemento skinhead …............................................. Páxina 3
• Movemento punk …................................................... Páxina 3
• Movemento hardcore …............................................ Páxina 4
• Movemento okupa …................................................. Páxina 5
O antifascismo na actualidade …......................................... Páxina 5
O antifascismo a pé de rúa Óscar Rodríguez Torralba

Qué é o antifascismo?

O antifascismo pódese definir como unha oposición a un conxunto de ideoloxías con unha
tendencia política común: a extrema dereita ou ultra dereita. É dicir, o antifascismo opónse a
organizacións, gobernos ou persoas con ideoloxías de índole fascista ou nacional-socialista.

Hai anos, asociábase antifascismo coa resistencia política en países ou estados con gobernos
fascistas ou nazis, mais tamén son denomidanos antifascistas certos grupos que, dende a década dos
70, enfróntanse, mediante a propaganda ou a mobilización na rúa, a partidos e bandas da extrema
dereita. Estos grupos creceron coa aparición das denominadas “subculturas urbanas”, tendo grande
importancia os movementos hippie e skinhead dos anos 60, o movemento punk dosanos 70, ou
movementos achegados á esquerda independentista. É na influencia destes últimos grupos na
sociedade no que nos imos centrar.

Tamén foron consideradas, historicamente, antifascistas a meirande parte dos grupos


terroristas de esquerdas europeos como ETA, Resistência Galega, EGGC ou os GRAPO, os alemáns
da Fracción do Exército Vermello ou as Brigadas Vermellas italianas.

Breve historia

A finais da década dos 30 e inicios dos 40 do século pasado, o mundo convulsionaba nunha
profunda crise coñecida como a Gran Depresión que, dende os países imperialistas, pretendía ser
resolta a través da guerra. Esa segunda guerra mundial desenrolábase fronte á escalada fascista que
ameazaba á humanidade. Ademáis recordemos que a esas alturas as masas traballadoras, a
xuventude e os pobos do planeta, montaron un movemento de solidaridade e simpatía coa
revolución soviética, a cal plantexaba que a crise mencionada só podía resolverse afectando a
quenes a provocaran; e dicir, á oligarquía e ó imperialismo.

Un novo reparto do mundo foi o fondo da guerra; ó punto que os voraces intereses das
transicionales, especialmente norteamericanas, leváronas a unha nova etapa de apropación dos
recursos naturais dos países dependentes, particularmente ante a presencia de ouro, prata, petróleo
ou outros minerais.

De aquela, a expresión de rexeita ante feitos desta índole foi moi significativa en distintos
segmentos da poboación; até tal punto, que a conciencia patriótica, libertaria e democrática permite
que, entre o debate e a mobilización popular, aparezan distintas organización sociais e populares.

Os principios que inspiraron a este tipo de organizacións foron o antiimperialismo, o


antifascismo e a acción antioligárquica; a idea de que a unión de tódolos obreiros do mundo podía
levar ó mundo cara un gran cambio a mellor, da cal xa dera conta a primeira internacional ou AIT
(Asamble Internacional de Traballadores) na que participaban diferentes ideais políticos de índole
libertaria tales coma o anarquismo ou o comunismo, espallábase por tódolos países do mundo e
collía forza; en tales bases, foi cimentada a experiencia da loita acumulada e a perspectiva destes
movementos.

Páxina 1
O antifascismo a pé de rúa Óscar Rodríguez Torralba

Cara o novo antifascismo: grupos subculturais

A cultura pode formarse a partir da idade, etnia ou xénero dos seus membros. As cualidades
que determinan a aparición dunha subcultura poden ser estéticas, políticas, de identidade sexual ou
unha combinación delas. As subculturas defínense a miudo pola súa oposición ós valores da
dominante á que pertencen, inda que esta definición non é universalmente aceptada, xa que non
sempre se produce unha oposición entre a subvultura e a cultura dunha maneira radical.

Xa no ano 1950, o teórico David Riesman distinguía entre unha maioría, “que pasivamente
aceptaba estilos e significados provistos comercialmente, e unha subcultura que buscaba
activamente un estilo minoritario” e interpretábao de acordo a valores subversivos. De esta forma,
según Riesman, “a audiencia […] manipula o produto (e por tanto ó produtor) non menos que a
outra parte”.

Así, cando un membro dunha subcultura fai algo co cal é identificado, inda se non hai
ninguén ó carón, faino nun contexto de “outros” imaxinarios, facendo un esforzo de que o seu acto
establezca unha conexión con eles. En xeral, o que percibe nos medios de comunicación masivos
vése marcado pola percepción do grupo ó que pertence.

Movemento hippie:

A comezos dos anos 60 naceu en norteamérica un movemento contracultural que se


extendeu polo resto do mundo, o movemento hippie. Inda que algunhas persoas deste movemento
enfatizaban sobre un estilo de vida bohemio, outras, tiñan unha tendencia máis marcada pola
espiritualidade alternativa e, finalmente, algunhas comunidades víronse envoltas no activismo
radical, ecoloxísmo ou varias destas cousas ó mesmo tempo.

En xeral, poderíase mencionar a tendencia de adoptar un modo de vida comunitario, baseado


no amor e na paz. Renegaban do nacionalismo e da regulación estatal da mercantilización e
burocratización da vida cotiá, e do consumismo e o capitalismo. Isto soía facerse mediante a
participacion no activismo radical e/ou mediante a prática da simplicidade voluntaria. Existe
tendencia a revalorizar e valorizar modos espirituales non occidentais ou non xudeu-cristiás. Soían
estar en desacordo cos valores tradicionais da clase media e da burguesía así coma os da burocracia.
Consideraban o paternalismo gubernamental, o militarismo, as empresas multinacionais e os valores
sociais tradicionais como parte dun Sistema que, ós seus ollos, gardapouca lexitimidade ou é
esencialmente opresivo.

Moira xente non asociada á contracultura, consideraba o seu aspecto unha ofensa
acunsándoo de antihixénico, consideraban o cabelo longo do home hippie algo propio dunha muller.
O entón gobernador de California, Ronald Reagan, definiu ó hippie coma “un tipo co pelo como
Tarzán, que camiña como Jane e que hule como Chita”.

Isto facíase en aberta rebeldía contra as construccións de xénero da sociedade basada nunha
estrita división de roles e comportamentos para os sexos. Tamén abriron vía para a tolerancia e o
respeto á homosexualidade e as relacións interraciais.

Páxina 2
O antifascismo a pé de rúa Óscar Rodríguez Torralba

Para ambos sexos, tanto o pelo longo como a súa forma de vestir, funcionaban coma sinal de
pertenza a esta contracultura e mostra da súa actitude iconista.

É unha acción típica dos hippies o chegar a un lugar e sorprender positiva ou negativamente
a aqueles con estilos e formas máis convencionais, xa sexa individualmente ou en grupo. Estas
situacións eran e son usualmente disfrutadas polos hippies e as veces até poden alcanzar niveis
teatrais ou festivos nalgúns casos acompañadas de música ó vivo. As veces isto é planeado e outras
non e soen estar sanzoadas pola usual actitude alegre e relaxada típica do hippie que agarda
contaxiar ó resto.

Esta filosofía tivo un importante impacto na cultura influenciando a música, o cine, a


literatura e o arte. Así mesmo, alguns valores hippies coma a tolerancia e a celebración da
diversidade cultural e étnica lograron amplia aceptación incluso pola sociedade maioritaria. Tamén
os seus valores de linberdade sexual, “amor libre”, e a súa busqueda de formas de espiritualidad
alternativa lograron expansión e aceptación.

Movemento skinhead

Inda que pouco coñecidos, os oríxenes deste movemento remóntanse ós guettos xamaicanos
de comezos do século pasado. Influenciados polo modelo de gangster das películas dos anos 20,
apareceu unha subcultura denominada “rude boys” os cales estaban descontentos polo trato dado ós
negros que formaban os guettos.

Pouco despois, coa continua emigración cara Inglaterra, achegáronse a unha subcultura dos
suburbios proletarios colecidos coma os mods, os cales, ante o descontento co crecente movemento
hippie e tachándoos de conformistas, optaban por curtar o pelo para marcar a diferencia. Da
confluencia destas dúas culturas e a radicalización contra o conformismo hippie e a súa idea de loita
mediante paz e amor, naceu o skinhead.

Os skinheads simbolizaban a unión entre razas, a orixe obreira da maior parte da sociedade e
as ganas de loita contra o Estado, as súas normas e os valores tradicionais.

É complicado desenrolar a súa historia a partires de aquí sen mencionar antes o movemento
punk ó cal víronse arrastrados e que foi o punto de partida das continuas divisións ideolóxicas
dentro do movemento; até entón, os únicos valores claros eran o antirracismo, a defensa da clase
obreira e a amizade fraternal entre os seus membros.

Movemento punk

Coa aparición dun rock sucio intentado tocar por músicos con escasa ou nula formación,
aparece un movemento contracultural atraido por esta música que pronto foi convertida en xénero.

Maiormente adóitase a decir que o punk aparece no ano 1977, pois foi neste ano cando máis
impacto e difusión tivo, non obstante, poucos anos antes xa apareceran toques pre-punks en
pequenas esferas suburbanas. Mais non foi até a aparición dun disco da banda britanica Sex Pistols
cando se estableceu o coñecido como espíritu punk e filosofía fundamental do movemento.

Páxina 3
O antifascismo a pé de rúa Óscar Rodríguez Torralba

Este movemento viuse afectado nun comezo por unha fonda corrente anarquista,
provocadora e con acción directa contra o Estado e a sociedade en xeral, intentando, mediante
formas radicais, despertar a conciencia social da xente. Houbo unha forma de transgresión,
buscando liberarse dos estigmas sociais. Esta rama, non daba explicacións e buscaba incomodar ó
establecido chocando, ofendendo e molestando ó “bo gusto”, á moral e á tradición. As formas máis
comúns de expresión provocadora foron a transgresión estética ou xiros de linguaxe contraditorios,
absurdos e insolentes. Relacionouse lixeiramente co nihilismo e outras formas de escepticismo.
Extendeuse rápidamente por todo o mundo, máis tamén tivo unha duración moi curta, non
quedando actualmente máis que os restos.

A este movemento víronse atraídos os skinheads, seducidos pola provocación e a crudeza da


música e das súas letras. Estes crearon un estilo algo máis melódico coñecido como street-punk e
posteriormente “Oi!”.

Foi nestes anos cando o movemento skinhead, influenciado por unha banda musical a cal foi
apoiada por partidos de extrema dereita británicos, tales como “national party” ou “national front”,
dividiuse, nacendo o neo-nazismo e o neo-fascism, e non deixando máis que un movemento
dividido no que a meirande parte dos seus membros estaban en desacordo con esas ideas. Destes
últimos, podemos nomear os que seguiron os pasos dos primeiros skinheads ou os que se sumaron
ao movemento punk.

A aceptación social foi case nula. Baseouse no escandalo, e foi visto pola gran maioria da
sociedade como unha oleada de bandalismo gratuito e rebeldía sen causa.

Polo lado do movemento skinhead, a corrente neo-fascista empezou a aparecer nos medios
de comunicación a causa de actos violentos, antisemitas, atentados, etc. Isto non provocou máis que
una xeralización de todo o movemento tachando a tódolos seus membros, neo-nazis ou non, coma
unha parte fascista do sistema.

Contra disto, mobilizouse rapidamente o bando antifascista creando en 1988 SHARP


(SkinHeads Against Racial Prejudice) “skinheads contra os prexuízos raciais” e, pouco despois,
sucedéronse as divisións aparecendo organizacións coma RASH “comunistas e anarquistas”, BAF
“brigadas antifascistas”, etc. Inda así, os medios de comunicación non chegaron a falar desta rama e
a sociedade rexeitou a tódolos skinheads por iguais, e por afinidade, tamén ó movemento punk.

Movemento hardcore

A finais dos anos 70, unha das ramas do movemento punk endureceuse máis e os seus
seguidores cambiaron totalmente a súa estetica e forma de actuar. Esta rama coñécese como
Hardcore-punk ou simplemente Hardcore, e orixinouse principalmente en norteamérica e no Reino
Unido.

O hardcore e o punk conforman unha heteroxénea pero prolífica fonte de movementos


xuvenís, artísticos, vecinais, sociopolíticos e ambiente de inspiración e intercambio de ideas e
información. A difusión do hardcore estivo moi ligada ó skate e deportes similares. Inda que a
escena hardcore como movemento xuvenil diferénciase do punk por deixar atrás os esquemas e
ideoloxía de tendencia destructiva e optan por un movemento positivo e motivista.

Páxina 4
O antifascismo a pé de rúa Óscar Rodríguez Torralba

O hardcore como pensamento ten unha dinámica aínda máis propositiva e forte e, algúns
xóvenes compleméntano coa aposta á política en espazos diversos, inda que moitas das ideoloxías
do punk seguen intactas no hardcore: obxeción de conciencia, antinacionalismo, antifascismo,
antihomofobia, antirracismo e anarquismo.

Movemento okupa

Xa no ano 1976, podese dicir que aparece a primeira definición do movemento okupa,
dicindo que “a okupación é un exemplo de Contracultura” (Hall Clarke), se ben no ano 1945 no
Reino Unido xa se falaba de okupas ó referirse ás 45.000 persoas, a meirande parte familias, que
okuparon para vivir unhas instalacións pertencentes ó exército.

En 1981, na cidade holandesa de Ámsterdam contabilizaron 9.000 okupas, no país dende


1965 até 1999 rexistrouse o paradero dunhas 50.000 persoas que nalgún intre okuparan algún
inmoble.

Non obstante, parece que falar de okupas tráenos a un tempo máis próximo. Se ven a
definición que lle deu a socioloxía leva a 1976, a realidade condúcenos á decada dos anos 60 do
século pasado. Foi naqueles anos cando surxíu o termino krakers para referirse ós okupas. Aquí
atopamos que en cada lugar no que se deu okupación, creouse un nome para designalo. En Berlín,
por exemplo, adoptouse o nome de instandbesetzen, a composición de duas palabras que significan
renovar e ocupar.

Ó longo do tempo a concepción da okupación foi variando. Dende o housing británico dos
anos 80, que era un movemento provivenda, até unha máis recente e complexa definición de finais
dos 90 que vía o movemento okupa coma un fenómeno de carácter mundial destinado á
redistribución dos recursos económicos, de forma eficiente e igualitaria.

Unha das curiosidades que se desprenden da ideoloxía de carácter é o distinto tipo de


edificios que se ocupan. Buscanse edificios concretos, desocupados, por suposto, e que estén
abandoados cando non debería ser así.

Téndese a okupar edificios que deberían cumplir unha misión, é o caso de hospitais, centros
culturais ou escolas, por nomear algúns, que foron deixados á súa sorte con destino ó derrumbe.

Ó redor deste movemento surxiron multitude de espazos, dende bares de okupas, casas para
mulleres até librerías especializadas ou galerías de arte.

Páxina 5

You might also like