You are on page 1of 20

776790 _ 0280-0299.

qxd 12/4/08 12:31 Página 280

14 A ditadura de
Franco (1939-1975)
O réxime franquista foi unha ditadura conservadora que xurdiu como
consecuencia da vitoria dos sublevados na Guerra Civil.
A ditadura franquista contou con numerosos apoios, tanto internos
coma externos, que explican a súa longa duración, case corenta anos
(1939-1975). A Igrexa católica, gran parte do exército e a oligarquía
apoiaron o franquismo. No exterior, primeiro contou coa axuda
da Alemaña nazi e da Italia fascista. Despois, durante a Guerra Fría,
apoiárono Estados Unidos e os seus aliados.
A España de Franco foi unha anomalía en Europa occidental,
onde se instauraran democracias despois da Segunda Guerra
Mundial. A ditadura non respectou os dereitos e as liberdades
dos cidadáns, pois os opositores ao réxime foron perseguidos,
metidos no cárcere e, en ocasións, executados.
España tamén foi un país menos modernizado e desenvolvido
ca os que había no seu redor.

1939 1940 1941 1942 1943 1944 1945 1946 1947 1948 1949 1950 1951 1952 1953 1954 1955 1956 1957
Posguerra Consolidación do réxime
• Franco e Hitler entrevístanse en Hendaia Regresan os embaixadores • Conflitos estudantís en Madrid •
• Creación da División Azul • Négaselle a España a entrada na ONU • Asínanse acordos coa Santa Sé e EE.UU.
• Retíranse a maioría dos embaixadores

1958 1959 1960 1961 1962 1963 1964 1965 1966 1967 1968 1969 1970 1971 1972 1973 1974 1975
Desenvolvementismo Crises
• Publícase o plan • Grandes folgas • O príncipe Xoán Carlos é designado sucesor • Fusilamento de terroristas
de estabilización • Primeiro Plan de Desenvolvemento • ETA asasina a • Marcha Verde
• Apróbase a Lei de Prensa Carrero Blanco • Morte de Franco

PLAN DE TRABALLO

Que vas aprender? Que vas facer?


1. Cales son as principais características 7. Indagar sobre os símbolos do franquismo.
do franquismo. 8. Examinar a política exterior franquista.
2. Que apoios e que oposición tivo a ditadura. 9. Analizar a falta de liberdades durante o franquismo.
3. En que consistiu a represión que se exerceu 10. Estudar o contraste entre a España da posguerra
sobre os opositores e por que se levou a cabo e a da década de 1960.
esta política. 11. Examinar os distintos tipos de oposición ao réxime.
4. Cal foi a evolución social e económica de España 12. Analizar a emigración económica española.
durante o franquismo. 13. Analizar a pervivencia dos símbolos franquistas
5. Como cambiou a situación internacional na actualidade.
do réxime franquista. 14. Coñecer distintas valoracións sobre a ditadura.
6. Como era Galicia no franquismo. 15. Utilizar fotografías como fontes históricas.

280
776790 _ 0280-0299.qxd 7/4/08 12:57 Página 281

Discurso da vitoria NOTICIAS CON HISTORIA


Madrileños, españois: […] • Que feito se reflicte no texto?
O que significa a vosa Vitoria sabédelo vós mellor ca ninguén: E na foto?
a existencia da nosa patria! Testemuñas sodes de maior excepción • En que día aproximado
cantos sufristes baixo aquela tiranía e vistes cativa a España, o situarías? Por que?
sometida a un xugo estranxeiro e bárbaro, enlamada na poza • Onde sucedeu? Por que
criminal do marxismo. […] o cres?
Metodicamente fomos labrando a Vitoria e os nosos triunfos • Por que é importante
deron resposta axeitada ao histérico «non pasarán». este discurso?
Nin un día de descanso; dous anos e medio de campaña • Que ofertas positivas se fan
temperaron na dura zafra da guerra o ánimo da nosa xuventude, para o futuro de España?
da que sacrificamos o mellor para chegar a este día de gloria • Que podían esperar os vencidos
e de triunfo. […] do novo réxime que se estaba
A Vitoria malograríase se […] deixásemos en liberdade iniciando con aquel acto?
de acción os eternos disidentes, os rancorosos, os egoístas, • Explica a que se refería Franco
os defensores dunha economía liberal que facilitaba coas seguintes expresións:
a explotación dos débiles polos mellor dotados. […] «aquela tiranía», «se pecaron onte,
non esperen que lles deamos unha
Facemos unha España para todos; veñan ao noso campo os que
palmada no lombo mentres non
arrepentidos de corazón queiran colaborar á súa grandeza; pero
se redimisen coas súas obras».
se onte pecaron, non agarden que lles deamos unha palmada
no lombo nas costas mentres non se redimisen coas súas obras. […] • Que reflicte a fotografía? Que
relación ten co discurso?
ARRIBA ESPAÑA! VIVA ESPAÑA!

281
776790 _ 0280-0299.qxd 7/4/08 12:57 Página 282

1 XEFATURA DO ESTADO
As características xerais
da ditadura franquista
A ditadura de Franco durou case corenta anos (1939-1975). Os apoios
cos que contou, así como a existencia dunha represión moi dura, ex-
Controla todos os poderes plican a súa longa duración.

PODER EXECUTIVO PODER LEXISLATIVO


(XEFATURA E îRGANOS PODER XUDICIAL O franquismo, unha ditadura
DE GOBERNO) DELIBERATIVOS

O franquismo prolongouse moito tempo, polo que evolucionou ao longo


Consello da súa historia. Con todo, as bases do réxime permaneceron iguais.
Cortes Consello Tribunal
Ministerios Nacional do
espa–olas do Reino Supremo
Movemento En primeiro lugar, Franco asumiu todos os poderes: era xefe do Estado,
fiscalizaba os poderes executivo, lexislativo e xudicial, e tiña o mando
Audiencias
supremo do exército (doc. 1). Aínda que existían as Cortes, limitábanse
Gobernadores Familia e Deputaci—ns
civ’s corporaci—ns e municipios
Sindicatos provinciais a aprobar as leis que presentaba o goberno. Como xefe indiscutible, Fran-
e territoriais
co era adulado con títulos como Caudillo de España e Xeneralísimo dos exér-
Doc. 1 Organización do Estado citos (doc. 3).
franquista. En segundo lugar, existía unicamente un partido legal, FET e das XONS
(doc. 4). Este partido agrupaba a todas as forzas políticas que apoiaran a su-
blevación contra a república.
En terceiro lugar, suprimíronse os dereitos e as liberdades individuais.
Por último, rexeitouse toda manifestación nacionalista, polo que se
GLOSARIO
aboliron os estatutos de autonomía de Cataluña e do País Vasco.
Estado confesional. Estado
que recoñece unha relixión oficial;
Os vencedores: os apoios do franquismo
a esa doutrina axústanse as leis.
A ditadura foi sostida polos sectores sociais que apoiaran os sublevados na
Guerra Civil. A vitoria consolidou a súa situación e deulles gran poder e
influencia.
• O exército foi unha garantía para o réxime. Moitos dos seus mandos
exerceron importantes cargos no goberno e nas empresas estatais.
IDEAS CLAVE • A Igrexa católica beneficiouse dun Estado confesional* e recibiu nu-
merosos privilexios, como a reposición do ensino católico na escola e a
supresión do matrimonio civil, entre outros (doc. 2).
As características. En que
principios políticos se baseaba • Os terratenentes e grandes empresarios asentaron o seu dominio. A
o sistema franquista? burguesía agraria beneficiouse da supresión da reforma agraria, e a bur-
Conceptos novos. Define
guesía industrial, da inexistencia de sindicatos.
o termo censura. Ademais, o franquismo contou co apoio de parte da clase media, que tiña
Os protagonistas. Que títulos unha mentalidade conservadora e desexaba unha situación de paz.
e que poderes acumulou Franco
no exercicio da súa ditadura? Os vencidos: entre o exilio e a represión
As causas. Por que se puido A represión tamén favoreceu a longa duración da ditadura, ao impedir
prolongar a ditadura de Franco que se manifestase o descontento. Esta represión afectou aos republicanos,
durante trinta e seis anos?
que foron condenados a traballos forzosos ou executados (doc. 5). Prohi-
Un feito importante. Cantas biuse publicar en linguas diferentes do castelán e os xerarcas da ditadura e
persoas tiveron que exiliarse da Igrexa censuraron publicacións, películas, etc.
ao terminar a Guerra Civil?
A que actividades se dedicaran? Ao terminar a Guerra Civil, moitas persoas marcharon ao exilio por temor
Que consecuencias tivo para a caer vítimas da represión dos vencedores. Entre os exiliados había diri-
España? xentes republicanos, persoas descoñecidas e intelectuais. Esta emigración
forzada supuxo unha enorme perda humana e cultural para o país.

282
776790 _ 0280-0299.qxd 7/4/08 12:57 Página 283

ACTIVIDADES

Doc. 2 Franco e a súa dona entrando baixo palio Doc. 4 Franco saudado á romana durante un acto
na catedral de Vitoria. falanxista.

Doc. 3 O culto a Franco


Nós vimos caer lágrimas
de Franco sobre
o corpo desta nai,
desta muller, desta filla
súa que é España,
mentres nas mans
lle corría o sangue e a dor
do sacro corpo
en estertores.
Quen se meteu
nas entrañas de España
como Franco, ata o punto
de non saber xa se Franco
é España ou España é Franco? Oh, Franco, caudillo
noso, pai de España! Adiante! Atrás, canallas
e sambesugas do mundo! Doc. 5 Construción da basílica do Val dos Caídos
Ernesto GIMÉNEZ CABALLERO (Madrid). Durante as obras de construción interviñeron
presos políticos da Guerra Civil. Encóntrase na serra
madrileña de Guadarrama.

1. ● Analizar as características do franquismo. 2. ●● Analizar os símbolos do franquismo.


• Observa os documentos desta páxina e di cales • Cres que os actuais dirixentes políticos reciben
fan referencia aos apoios do réxime franquista. loanzas semellantes ás do documento 3? Reciben
Que outros apoios tiña o franquismo en España? insultos semellantes aos dese documento
Que grupos sociais apoiaron a ditadura? os adversarios políticos? Que actitude che
• A que característica do franquismo fai parece máis desexable, a do franquismo
referencia o documento 1? ou a da actualidade?

• Le o documento 3 e sinala con que termos • A basílica do Val dos Caídos é un símbolo
se refire o autor a España, a Franco do franquismo. Que edificios cres
e aos republicanos. Que sentimentos se trata que simbolizarían a nosa democracia?
de fomentar contra os adversarios? • Existen moitos símbolos do franquismo como
• Quen construíu a basílica que se mostra o Val dos Caídos. Que habería que facer
no documento 5? Con que aspecto do réxime con eles, destruílos, conservalos…?
relacionas a súa construción? Xustifica a túa opinión.

283
776790 _ 0280-0299.qxd 7/4/08 12:57 Página 284

2
(En pesetas do ano 1944)

50
Os anos da posguerra (1939-1945):
fascismo e miseria
Os primeiros anos do franquismo foron unha etapa moi dura. Fran-
Prezo oficial co intentou implantar un réxime fascista, similar ao italiano. Ade-
de racionamento
40
Prezo no mais, a pobreza caracterizou a vida da poboación, pois o país que-
mercado negro
dara devastado.
30

20
Un goberno de orientación fascista
10 Os primeiros anos do franquismo estiveron marcados polo desenvolve-
mento da Segunda Guerra Mundial, que estourou en 1939.
0
En 1941, creouse a División Azul para apoiar a Alemaña de Hitler na
ns

os
u

as

so a
re
z
e

n
lla
ro

t
pa
eit

Pa
ixó

nz

de Pas
Ca
uc

tac
Ar

ca

fronte rusa. Pero, en 1942, as vitorias aliadas induciron a Franco a decla-


Ac

va
Az
Fe

Pa
Ba

ra

rarse neutral e retirar a División Azul do conflito (doc. 15).


Ga

Doc. 6 Racionamento e mercado negro. Neste ambiente, os falanxistas tiveron grande influencia nesta primeira
etapa, e orientaron o réxime segundo as doutrinas do fascismo.
En economía impúxose a autarquía, que aspiraba á autosuficiencia do pa-
GLOSARIO ís. Para alcanzar o autoabastecemento creáronse o Servizo Nacional do Tri-
Racionamento. Asignación go, que controlaba a produción e distribución deste cereal, e o Instituto
de produtos básicos ás persoas Nacional de Industria (INI), que tiña como obxectivo estimular a indus-
dun Estado para paliar trialización. Con todo, este empeño fracasou e a economía española non
o desabastecemento. Na España foi capaz de cubrir as necesidades da poboación.
franquista mantívose
o racionamento dalgúns
Para controlar os cidadáns, encadrouse á poboación en numerosas organi-
bens ata 1952. zacións que dependían de FET e das XONS. As principais foron a Cen-
tral Nacional Sindicalista, que incorporou aos obreiros e os empresarios; a
Sección Feminina, que agrupaba ás mulleres para realizar labores sociais, e
a OXE (Organización Xuvenil de España), que organizaba actividades re-
creativas para captar a xuventude.
IDEAS CLAVE Tamén se implantaron símbolos fascistas, como o saúdo á romana.
As características. Que trazos Durante estes anos, a represión foi moi dura. Decenas de miles de perso-
demostran que na súa primeira as foron condenadas a traballos forzados ou á pena de morte (doc. 8).
fase o franquismo tivo relación Esta dura represión fixo desaparecer case toda oposición interior ao réxi-
co fascismo? me. Unicamente se mantiveron algunhas partidas de guerrilleiros, coñeci-
As causas. Explica como das como o maquis, que loitaron en serras illadas ata finais da década de
influíron a Guerra Civil e a política 1940.
autárquica no establecemento
do racionamento na España A economía: un país devastado
franquista.
Ao finalizar a guerra, a economía española estaba afundida. Numerosas in-
Os medios. Sinala dustrias, estradas e vías de ferrocarril foran destruídas, e os campos, de-
os organismos que creou o réxime vastados, tardaron anos en recuperarse. Como consecuencia deste desas-
franquista para adoutrinar
tre, diminuíu a actividade nas cidades e moitas persoas regresaron aos seus
a poboación e para alcanzar
lugares de orixe. Así, España volveu ser un país predominantemente agra-
o autoabastecemento do país.
Tiveron éxito? rio e a renda per cápita diminuíu.
Os feitos. Que actitudes O retroceso económico fixo que o decenio de 1940 estivese marcado polo
mantivo Franco ante a Segunda desabastecemento de produtos, como alimentos, roupa ou combustible.
Guerra Mundial? Para aprovisionar a poboación, o Estado estableceu o racionamento* dos
Conceptos novos. Que foi alimentos.
o maquis? E o estraperlo? Ao tempo, apareceu un mercado negro, coñecido como estraperlo, no que
se podían adquirir mercadorías a prezos elevados (doc. 6).

284
776790 _ 0280-0299.qxd 7/4/08 12:57 Página 285

ACTIVIDADES

Doc. 7 Normas de representación teatral


Primeiro.–Presentación por duplicado do libreto
da obra.
Segundo.–Presentación por duplicado dos figurinos Doc. 9
desta […]. Portada de
Terceiro.–Deseño por duplicado dos decorados La Codorniz,
da obra. 14 de
Cuarto.–Relación dos artistas de ambos os sexos setembro
que vaian intervir na representación […]. de 1952.
Presentados tales documentos […]. Foi unha
Autorizada a obra na súa totalidade ou coas correccións importante
que se establezan, a representación desta será revista
sometida previamente ao visado do ensaio xeral, dous satírica.
días antes da estrea. Sufriu
peches
Dirección Xeral de Seguridade
e multas
polas súas
críticas.
300.000

270.719

250.000 Doc. 10 Normas para o baño


233.373
Primeira.–Queda prohibido bañarse en praias
200.000
ou piscinas sen vestir a peza axeitada: cabaleiros,
159.392 pantalón de deporte, e señoras, traxe completo
150.000
con saia, e prohíbese o uso de traxes de baño que […]
124.423
resulten ofensivos ao pudor ou á decencia pública. […].
100.000
Quinta. Os axentes da autoridade tramitarán
74.095
43.812
sen demora as denuncias polas infraccións
50.000 38.139 36.127
54.072 das anteriores regras e deterán […] os infractores.
36.379 37.451
30.610
Dirección Xeral de Seguridade
0
1939 1941 1943 1945 1947 1949
1940 1942 1944 1946 1948 1950

Doc. 8 Presos políticos en España entre 1939 e 1950.


Doc. 11 A represión da masonaría e o comunismo
Art. 1.º– Constitúe figura de delito castigado conforme
3. ●● Analizar o que significa a falta de ás disposicións da presente lei o pertencer
liberdades: censura e represión. á masonaría, ao comunismo e demais sociedades
clandestinas a que se refiren os artigos seguintes
• Resume os documentos 7, 10 e 11. […]
• Describe o documento 8. Art. 7.º–Quen en tempo anterior á publicación
• Observa o documento 9. Cres que esa viñeta desta lei pertencesen á masonaría
publicada durante a ditadura puido ter problemas e ao comunismo […] , veñen obrigados a formular
coa censura? Por que? ante o goberno unha declaración de retractación
• Explica que aspecto dos que a continuación no prazo de dous meses. […]
se enumeran reprime cada un deses Art. 8.°–Aquelas en que non se recoñeza algunha
documentos. escusa absolutoria quedarán separadas definitivamente
de calquera cargo do Estado […]. Así mesmo, serán
– Os costumes.
sometidas a procedemento para imposición de sanción
– As opinións políticas.
económica. […]
– A creación cultural.
Considerarase circunstancia atenuante o subministrar
• Argumenta se na actualidade se coartan esas información ou datos interesantes sobre actividades
ou outras parcelas da vida. da seita.
• Debater o que é máis positivo para unha sociedade, Boletín Oficial do Estado,
as liberdades ou a regulación das liberdades 2 de marzo de 1940
por parte dos gobernos.

285
776790 _ 0280-0299.qxd 7/4/08 12:57 Página 286

3 O asentamento do réxime (1945-1959)


A derrota dos fascismos na Segunda Guerra Mundial deixou illado o
réxime de Franco, que intentou eliminar os aspectos máis duros do ré-
xime para ser aceptado polos vencedores. Así mesmo, a economía
modernizouse e abriuse ao exterior.

Do illamento á aceptación internacional


Ao concluír a Segunda Guerra Mundial (1945), as potencias vencedoras
intentaron provocar a caída do franquismo. Por este motivo someteron a
ditadura ao illamento internacional: España non foi admitida na ONU,
case todos os países retiraron os seus embaixadores e Francia pechou a súa
fronteira con España.
Doc. 12 Durante o franquismo Pero a situación cambiou coa Guerra Fría. Estados Unidos considerou que
organizábanse rosarios para orar
o réxime franquista era, ante todo, anticomunista, e que por iso podería
pola Igrexa perseguida noutros países.
ser un aliado. O illamento suavizouse: a finais da década de 1940, a fron-
teira francesa foi reaberta e instaláronse de novo as embaixadas. En 1953
asináronse o Concordato* coa Santa Sé e o Tratado de Amizade Hispa-
no-norteamericano, que permitía a instalación de bases militares de Esta-
dos Unidos en España a cambio de axuda económica. En 1955 a España
GLOSARIO franquista foi admitida na ONU (docs. 16-18).
Concordato. Acordo entre
o Vaticano e outro Estado. O abandono do fascismo, pero non da ditadura
No Concordato asinado en 1953
recoñecíanse os privilexios que A nova situación internacional forzou a Franco a realizar cambios na forma
o réxime franquista lle concedera de goberno. Os falanxistas perderon influencia, e a maioría dos ministerios
á Igrexa. e altos cargos foron cubertos por católicos e monárquicos.
Os aspectos máis fascistas do réxime foron eliminados para que parecese
máis aceptable: o «saúdo á romana» deixou de ser obrigatorio, FET e das
XONS pasou a chamarse Movemento Nacional e regulouse o sistema po-
lítico, que se definiu como unha democracia orgánica. Pero a realidade
foi que se mantivo unha férrea ditadura.
IDEAS CLAVE
O novo ambiente político contribuíu a que se organizasen as primeiras
actuacións da oposición. En 1956 houbo disturbios na universidade de
Os cambios. Como
Madrid e folgas obreiras en Asturias e Cataluña.
evolucionaron as relacións
internacionais entre o final
dos anos corenta e os anos A chegada dos tecnócratas inicia o cambio económico
cincuenta? Que razóns Na década de 1950, a economía comezou un lixeiro crecemento que ali-
explican estes cambios?
viou a miseria e permitiu suprimir o racionamento. A pesar disto, España
Os efectos. Que cambios se continuou sendo un dos países menos desenvolvidos de Europa. A causa
produciron no sistema político deste atraso económico era o mantemento dunha política autárquica.
franquista coa nova situación
internacional? Por que? A finais do decenio de 1950, chegaron ao goberno persoas vinculadas ao
grupo católico Opus Dei que proporcionaron criterios técnicos para desen-
As razóns. Que motivos explican
o pequeno crecemento económico
volver a economía, polo que eran coñecidos como tecnócratas.
dos anos cincuenta? Os novos dirixentes fixeron un plan de estabilización en 1959, e facilita-
Conceptos novos. Explica ron a creación de empresas privadas e a entrada de investimentos estanxei-
quen eran os tecnócratas ros. Tamén reduciron os aranceis que encarecían os produtos estranxeiros,
e por que se chamaban así. co que se abandonou a autarquía e a economía española aproximouse ao
sistema capitalista dos países do noso ámbito.

286
776790 _ 0280-0299.qxd 7/4/08 12:57 Página 287

ACTIVIDADES

Doc.14 A opinión
de Franco
O meu pobo observa con
fonda emoción o vitorioso
curso dunha loita que
considera propia… Non teño
necesidade de asegurarvos
que grande é o meu desexo
de non permanecer á marxe
dos vosos problemas e que
grande sería a miña
satisfacción se puidese
prestar en calquera
momento os servizos que
consideredes necesarios.
Doc. 13 Entrevista entre Franco e Hitler F. FRANCO, Carta a Hitler Doc. 15 Regreso da División
en Hendaia (23 de outubro de 1940). Azul, 1942.

• Provisional FMI e BM • Definitivo GATT


• ONU Pleno OECE • • Provisional GATT • UNCTAD
Incorporación española
1944 1945 1946 1947 1948 1949 1950 1951 1952 1953 1954 1955 1956 1957 1958 1959 1960 1961 1962 1963 1964
Creación internacional
• FMI e BM • Plan Marshall e GATT • CECA • CEE e EURATOM • OCDE (antes OECE)
• ONU • OECE • OTAN • EFTA • UNCTAD

Doc. 16 Cronoloxía da incorporación de España aos principais organismos internacionais.

Doc. 17 Acordo español con Estados Unidos


Fronte ao perigo que ameaza ao Mundo Occidental,
os gobernos de Estados Unidos e España […]
conviñeron o seguinte:
Art. 1.º–[…] O goberno de España autoriza ao goberno
de Estados Unidos a desenvolver, manter e utilizar para
fins militares aquelas zonas e instalacións en territorio
baixo xurisdición española que se conveña […].
Art. 2.º–Autorízase a Estados Unidos a preparar
e mellorar as zonas convidas para uso militar […];
a almacenar e custodiar provisións, abastecementos,
equipo e material.
Doc. 18 Visita do presidente de Estados Unidos
26 de setembro de 1953
Eisenhower a España (1959).

4. ●● Analizar a evolución da política • Le o documento 17. Que concede España


internacional. no tratado? Que dá a cambio Estados Unidos?
Que país che parece que sae máis beneficiado?
• Le o documento 14.
• Observa o documento 16. Enumera de forma
a) A que se refire Franco cando fala
ordenada os feitos que permitiron
de «o vitorioso curso dunha loita que considera
o recoñecemento internacional da España
propia…»? Que cres que quere dicir
franquista na década de 1950.
cando escribe «que grande sería a miña
satisfacción se puidese prestar en calquera 5. ● Relacionar imaxes e textos.
momento os servizos que consideredes
• Que imaxes poderían ilustrar cada
necesarios»?
un dos textos?
b) Que adxectivo convén máis ao sentido • En que situación internacional se enmarcan
da carta: eloxiosa, ofensiva, fría…? cada un dos documentos analizados?

287
776790 _ 0280-0299.qxd 7/4/08 12:57 Página 288

4 Os cambios da década de 1960-69


(En mill—ns de d—lares)
Entre 1960 e 1969, España experimentou un notable crecemento econó-
Importacións Exportacións
2.198 1.093
mico e a súa sociedade modernizouse. Con todo, persistían as desi-
gualdades e a falta de democracia, polo que España non alcanzou o
nivel dos países desenvolvidos.
BALANZA COMERCIAL
DŽficit
-1.105 INGRESOS
Turismo
744
O cambio económico
Remesas
inmigrantes
224
O crecemento económico que se produciu entre 1960 e 1973 tivo dúas
Capitais bases (doc. 21):
estranxeiros
BALANZA DE PAGOS
300 • O crecemento da industria, cunha produción que chegou a aumentar
Super‡vit
163 a un ritmo superior ao 7 % durante algúns anos.
• A expansión dos servizos, onde destacou o turismo, que se converteu
Doc. 19 A balanza de pagos española
nunha das principais actividades económicas do país.
(1959-1969).
A agricultura tamén se modernizou grazas á mecanización, que permitiu
aumentar a produción agraria, ao tempo que se reducía a man de obra.
O crecemento económico foi posible polos moitos investimentos estran-
xeiros, atraídos polos baixos salarios e os reducidos impostos. Tamén che-
garon moitas divisas*, procedentes do turismo e dos envíos que facían os
GLOSARIO
emigrantes (doc. 19).
Baby boom. Crecemento
extraordinario da natalidade Este crecemento económico foi desequilibrado. Os gobernos deseñaron
durante un período breve, Plans de Desenvolvemento, para industrializar as zonas pobres e diminuír as
de cinco ou dez anos. grandes diferenzas de benestar que había entre rexións. Pero as actividades
Divisas. Capitais procedentes económicas máis dinámicas concentráronse esencialmente no litoral medi-
do estranxeiro que se invisten terráneo, no País Vasco e en Madrid.
no propio país.
O cambio demográfico
O cambio económico produciu un forte aumento da poboación, que cre-
ceu en tres millóns e medio de habitantes. Este aumento foi consecuencia
do baby boom* e dunha mortalidade minguante.
A modernización do campo provocou un éxodo rural. Catro millóns de
campesiños emigraron ás cidades para buscar traballo. Así, a maior parte
IDEAS CLAVE
da poboación comezou a traballar na industria e nos servizos.
Os procesos. España converteuse nun país urbanizado. Pero o campo despoboouse e
• Que actividades económicas as cidades, que creceron moi rapidamente, carecían de servizos para aco-
se desenvolveron ao longo ller os que chegaban. Moitos deles vivían en chabolas e en barrios da peri-
da década de 1960? feria que carecían de infraestruturas suficientes (rede de sumidoiros, asfal-
• Que valores xurdiron tado, transportes…).
na España dos sesenta As actividades económicas das cidades non puideron absorber a toda a po-
a consecuencia do progreso boación procedente do campo que buscaba emprego. Como consecuencia,
económico? uns dous millóns de españois emigraron a distintos países europeos.
• Como cambiou a demografía
española na década
Modernización social, pero non política
de 1960?
As causas. Que factores A expansión económica mellorou o nivel de vida e na España de 1960-69
favoreceron o crecemento empezou a aparecer unha sociedade de consumo. Daquela popularizá-
económico do período 1960-69? ronse entre a crecente clase media artigos como a televisión, o coche ou os
electrodomésticos (doc. 20).

288
776790 _ 0280-0299.qxd 7/4/08 12:57 Página 289

As novas actividades económicas esixían novos profesionais, como banca-


rios, obreiros especializados, administrativos, profesionais liberais, etc.
Así, precisábase unha sociedade mellor educada e estendeuse a educa-
ción obrigatoria ata os 14 anos.
Os cambios económicos e a chegada de turistas con modas máis libres de-
ron lugar a unha nova realidade e novos valores: demandábase maior li-
berdade, a muller comezou a incorporarse ao mundo laboral e reduciuse a
influencia da Igrexa católica na vida cotiá.
O réxime respondeu a este cambio moderando as súas prácticas máis re- Doc. 20 A poboación alcanzou niveis
presivas. Tamén se eliminou a censura previa coa Lei de Prensa de 1966, de benestar descoñecidos ata daquela.
co que aumentou timidamente a liberdade de expresión. Pero a ditadura Foi a época en que se fabricaba
mantívose como tal. o famoso seiscentos.

ACTIVIDADES

Por habitante
Renda per cápita Urbanización En mill—ns Entrada de turistas
(En %)
(En $ de 1985) 35
30
7.000 30 30
6.000 25 25
22,3
5.000 20 18,5 20
4.000 15,3 15
15
3.000
10
10
2.000 5
1.000 5
0
1960 1962 1964 1966 1968 1970 1972
0 0
1940 1945 1950 1955 1960 1965 1970 1940-1950 1950-1960 1960-1970 1970-1981 1961 1963 1965 1967 1969 1971 1973

Doc. 21 O cambio económico e social.

Fogares sen auga corrente Cabeza de familia analfabeto Fogares (en %)


(En %) (En %)
100 Francia 1966
100 100
85 Espa–a 1969
80 79
80 75 74 80 80
66
61
60 60 60
47 49
42
40 40 40 34
23 22 21
20 20 20

0 0 0
Ourense Cuenca Soria Huelva XaŽn M‡laga Frigor’fico Televisi—n Lavadora Autom—bil

Doc. 22 As limitacións do desenvolvemento económico.

6. ● Analizar as diferenzas entre crecemento d) A España franquista era un país desenvolvido?


económico, modernización e desenvolvemento. Era unha sociedade moderna? Xustifica
• Interpreta os gráficos do documento 21. as respostas cos datos dos gráficos.

a) Que aspecto describe cada gráfico? 7. ●● Relacionar o cambio socioeconómico


b) Como evolucionou cada un deles? e o cambio político.
c) Como sería a poboación ao principio • Fai unha lista con factores que, segundo o teu
do franquismo, rural ou urbana? E ao final? criterio, favorecen que as sociedades desexen
• Que innovacións sociais ilustra o documento 20? maiores graos de liberdade. Elixe entre estes pares:
• Interpreta os gráficos do documento 22. sociedade tradicional / moderna; urbanizada / rural;
pobre / rica; analfabeta / alfabetizada; pechada /
a) A que aspectos fan referencia os dous primeiros aberta a outros países; relixión forte / débil.
gráficos? Consideras que son básicos?
• Analiza cales deses factores caracterizaban
b) Como eran estes indicadores na España
a España franquista.
franquista? Eran iguais en todo o territorio?
c) Que diferenzas cres que existirían con outros • Cres que aumentaría a oposición ao réxime
países europeos, como, por exemplo, Francia? no decenio de 1960? Por que?

289
776790 _ 0280-0299.qxd 7/4/08 12:57 Página 290

5 A crise final da ditadura


A década de 1970 foi testemuña do final do réxime, que se produciu ao
morrer Franco. A súa morte coincidiu cunha situación de crise xeral.

A reorganización da oposición ao franquismo


O cambio económico e social do decenio 1960-69 reflectiuse nun aumen-
to da oposición ao franquismo.
En 1956 o Partido Comunista (PCE) lanzou unha política de reconcilia-
ción nacional, que tiña como obxectivo a alianza de todos os partidos que
se opoñían á ditadura, fosen de dereitas ou de esquerdas. En 1962 estes
partidos reuníronse en Múnic (doc. 25). Despois, creáronse asociacións,
como a Xunta Democrática e a Plataforma de Converxencia Democrática,
que organizaban a oposición.
Ademais, naceron novas formas de oposición. Apareceu o movemento ve-
ciñal, que reclamaba a mellora dos servizos nos barrios. Na universidade
Doc. 23 Chiste do Perich (1973). tomou forza o movemento estudiantil, e os intelectuais e os artistas co-
mezaron a expresar publicamente o seu rexeitamento ao franquismo
(docs. 23 e 27). Tamén se desenvolveu o movemento sindical, encabeza-
do por Comisións Obreiras (CC.OO.) que se acababan de crear.
GLOSARIO Así mesmo, desenvolveuse unha oposición terrorista, caracterizada polos
Estado de excepción.
métodos violentos. Había tres grupos terroristas, GRAPO, FRAP e ETA,
Orde do goberno que suspendía as que realizaron os primeiros atentados con vítimas xa na década de 1960.
escasas liberdades que a ditadura
lle concedía á poboación. A crise final do réxime
En 1973 estourou a crise económica, a chamada crise do petróleo, que
afectou duramente a España. A inflación pola suba do petróleo, o peche de
empresas e o paro foron as súas principais manifestacións. En España,
ademais, reduciuse a entrada de turistas e de divisas dos emigrantes que,
IDEAS CLAVE desempregados nos países aos que emigraran, regresaban a España. Con
isto, o paro aumentou aínda máis.
Os efectos. Como se manifestou A crise económica incrementou o descontento social. As folgas, dirixidas
a crise do petróleo en España?
polos sindicatos clandestinos, aumentaron enormemente, a pesar de que
Os procesos. estaban prohibidas (doc. 26).
• Como evolucionou a oposición?
A crise económica e o crecemento da oposición coincidían coa crise polí-
Por que?
tica do réxime de Franco. A saúde de Franco deteriorábase rapidamente.
• Como afectou a crise económica
Ante a posibilidade de que morrese, o réxime quería planificar o futuro.
á estabilidade do franquismo?
En 1969, Franco designou a Xoán Carlos de Borbón como o seu sucesor
E o aumento da oposición?
como Xefe de Estado, e, pouco despois, nomeou ao almirante Luís Carrero
• Como respondeu o réxime
Blanco xefe de goberno. Pero en 1973 ETA asasinou a Carrero Blanco, o
ante os problemas?
que deixou ao franquismo sen unha dirección clara.
• Que efectos provocou
a súa reacción? Impulsado polos problemas, o réxime reaccionou coa represión: decretou
Os protagonistas. Que estados de excepción* en varias ocasións e aumentaron as detencións e
organizacións creou a oposición condenas de morte, que afectaron a membros de ETA e do FRAP.
ao final da ditadura? Así mesmo, produciuse o conflito do Sáhara español. Esta colonia recla-
O balance. Que opinas maba a súa independencia, e os marroquís aproveitaron a debilidade do
da ditadura franquista? réxime para anexionala coa chamada Marcha Verde (doc. 24). Nesta
confusa situación, morreu Franco o 20 de novembro de 1975.

290
776790 _ 0280-0299.qxd 7/4/08 12:57 Página 291

Balance: un país industrializado pero non desenvolvido


O réxime de Franco foi unha ditadura ao longo de toda a súa existencia.
Á morte de Franco, o crecemento económico transformara a sociedade es-
pañola. O réxime puido alardear daquela de transformar a España na déci-
ma potencia industrial do mundo.
En cambio, aínda que España era un país industrializado na década de
1970, subsistían numerosas desigualdades. Xunto ás zonas industriais e
turísticas, con mellor nivel de vida, outras seguían dedicadas á agricultura
e permanecían sumidas no subdesenvolvemento. Estas rexións perdían
poboación, que emigraba ás cidades.
Aínda que aumentara o nivel de vida, a escaseza de servizos públicos (pla-
nificación das cidades, sanidade, seguros sociais, etc.) deixaba desprotexi-
dos a moitos traballadores.
O escaso nivel cultural de gran parte da poboación contrastaba co elevado
grao de formación dunha minoría. Este atraso cultural freaba o crecemen-
to económico, pois había que importar as innovacións técnicas do estran- Doc. 24 Poboación civil portando
xeiro. bandeiras durante a Marcha Verde.

ACTIVIDADES

Doc. 25 Resolución do Congreso do Movemento


Europeo
O Congreso do Movemento Europeo […] estima
que a integración, xa en forma de adhesión,
xa de asociación, de todo país a Europa esixe
de cada un deles institucións democráticas,
o que significa para España…
1. A instauración de institucións autenticamente
representativas e democráticas que garantan
que o goberno se basea no consentimento
dos gobernados.
2. A efectiva garantía de todos os dereitos da persoa
humana, en especial os da liberdade persoal e de
expresión, con supresión da censura gobernativa.
3. O recoñecemento da personalidade das distintas
comunidades naturais.
Múnic, 8 de xuño de 1962 Doc. 27 Manifestación de estudantes reprimida
pola policía.

N.¼ de conflitos obreiros (folgas) Mill—ns de horas 8. ● Analizar a oposición ao franquismo.


perdidas
3.200 16
• Explica o significado do termo oposición.
2.800 Nœmero de folgas 14 Que queremos expresar cando dicimos
2.400 Mill—ns de horas perdidas 12 que alguén se opón a un réxime político?
2.000 10
• Que distintas formas de oposición se manifestan
nos documentos? Ocórrenseche outras? Cales?
1.600 8
• Por que consideramos que as folgas
1.200 6
eran unha forma de oposición ao franquismo?
800 4
• Le o documento 25. Que pedían as persoas
400 2 que se reuniron en Múnic?
0 0 • Consideras que o documento 23 é unha forma
1971 1972 1973 1974 1975
de oposición? Por que? Que consecuencias
Doc. 26 Folgas en España entre 1970 e 1975. puido ter para a persoa que o creou?

291
776790 _ 0280-0299.qxd 7/4/08 12:57 Página 292

6 Galicia no franquismo (1939-1975)


A ditadura franquista tamén deixou unha fonda pegada en Galicia.
Houbo oposición ao novo réxime tanto desde o exilio coma no interior.
A sociedade galega sufriu intensos cambios, moita xente abandonou
o campo e foi vivir ás cidades e seguiu sendo relevante a emigración.

A ditadura e os seus apoios


A Guerra Civil e a vitoria do bando «nacional» supuxeron a irrupción dun
totalitarismo e dun españolismo tradicionalista que bloqueou o ascenso
das clases populares, destruíu a forma democrática da República, eli-
minou os dereitos cidadáns e detivo o proceso de autonomía de Gali-
cia que comezara coa aprobación do Estatuto no 1936.
O réxime franquista tamén contou en Galicia co claro apoio do Exército, a
Igrexa e os poderes económicos. Entre os poderes económicos que apoia-
ron o novo réxime destacou Barrié de la Maza, creador de Fenosa e que
Doc. 28 Xuntanza clandestina
construíu moitos encoros en ríos galegos. O réxime franquista mantivo en
en 1942 da Federación de guerrillas Galicia unha política dependente da economía española.
de León-Galicia.
A oposición interna e o exilio
Os dirixentes políticos e sindicais republicanos, entre eles moitos mestres
e agraristas, foron na súa maioría fusilados. A primeira forma de oposición
ao novo réxime militar durante a Guerra Civil e a posguerra foi a de esca-
par ao monte.
A maioría dos opositores ao réxime que puideron escapar tomaron o ca-
miño do exilio. En Bos Aires atoparon acubillo dentro da comunidade ga-
lega de emigrantes, políticos e escritores como Castelao, Rafael Dieste e
Luís Seoane, que artellaron a oposición ao réxime en torno ao Consello
de Galiza, que se creou en 1944 para manter a lealdade á República.
Despois da guerra, a oposición ao novo réxime mantivo a esperanza na
derrota dos fascismos en Europa, polo que se crearon guerrillas baixo o in-
fluxo do Partido Comunista. En Galicia, a guerrilla ou maquis tivo bastan-
te actividade a finais da década de 1940 e comezos da de 1950 e a figura
máis destacada foi «O Foucellas». O aliñamento do réxime cos EUA botou
IDEAS CLAVE abaixo a estratexia das guerrillas (doc. 28).
Xa na década de 1960 producíronse varias loitas campesiñas e obreiras
A ditadura. Que provocou e creáronse varios partidos clandestinos como o Partido Socialista Galego
a vitoria do bando «nacional» e a Unión do Povo Galego. Ademais, comezou a contestación estudantil e
en Galicia? Quen apoiou ao novo en 1972 houbo dúas grandes folgas obreiras en Ferrol e en Vigo.
réxime?
A oposición. Que tipo Sociedade e economía
de oposición ao réxime franquista
houbo en Galicia? A sociedade galega, que era maioritariamente campesiña, esperimentou du-
Sociedade. Que cambios houbo rante o franquismo profundos cambios. Galicia pasou nas décadas de 1940
na sociedade galega nesta época? e 1950 por unha etapa de autarquía e por outra de crecemento económico.
A emigración. Cara a onde Moita xente abandonou o campo e foi vivir ás cidades. Debido ao in-
emigraban os galegos a partir tenso éxodo rural e a un proceso de renovación do seu aparello produtivo
de 1960? desapareceu a agricultura tradicional, o que levou a unha intensa desa-
grarización.

292
776790 _ 0280-0299.qxd 7/4/08 12:57 Página 293

A partir de 1960 deuse unha dobre tendencia na sociedade galega: na


franxa costeira comezou un proceso de desenvolvemento e industria-
lización, o que implicou un proceso rápido de urbanización, e na zona
interior, en cambio, aumentou a emigración, co conseguinte avellenta-
mento da poboación campesiña.
Nos primeiros anos do franquismo, a industria mantívose vinculada ao mar
e a partir de 1960 ampliou as súas actividades á petroquímica, á automobi-
lística e á agroindustrial. Na segunda metade do século XX, a construción
naval medrou considerablemente en estaleiros como Astano pola constru-
ción de barcos para a pesca de altura.

A emigración
A política do goberno de apoio á emigración, a falta de traballo na terra e o
abandono do campo levou a que moitos galegos continuasen emigran-
do. Ata finais da década de 1950 a emigración galega tivo como destino
case exclusivo os países americanos (doc. 29).
A partir do 1960 a emigración galega cambiou o seu destino, os emigran-
tes dirixíronse a outros lugares do Estado como Barcelona, o País Vasco e Doc. 29 Galegos despedíndose
Madrid, e a países de Europa occidental, sobre todo Suíza e Alemaña. dos seus familiares que marchan
á emigración.
A emigración tivo unha grande influencia porque a través dela foi como se
inseriu Galicia na economía mundial. Ademais, as remesas de cartos dos
emigrantes contribuíron ao desenvolvemento de Galicia.

ACTIVIDADES

Doc. 30 Costureiras nun taller cara a 1950 no Porriño. Doc. 31 A chegada da primeira televisión a unha aldea
Na sociedade tradicional as mulleres tamén traballaban. galega na década de 1950. A chegada da televisión ás aldeas
Á parte do campo, traballaban na costura e nas fábricas. galegas revolucionou os costumes.

9. ●●● Analizar fotografías. • Analiza o documento 31.


• Analiza o documento 30. a) Describe a escena.
a) Describe a escena. b) Onde está tomada a fotografía?
b) De onde é e a que época pertence a fotografía? c) Por que cres que fixeron esta fotografía?
c) Que traballo fan? Era un traballo realizado d) Identificas algún outro medio de comunicación
habitualmente por mulleres? na fotografía?
d) Como van vestidas? Que idade lles botas? e) Como vai vestido? É unha fotografía
e) Pensas que a maioría están casadas ou non? espontánea?

293
776790 _ 0280-0299.qxd 12/4/08 12:31 Página 294

Actividades de repaso
• Copia e completa no caderno o seguinte esquema
● Lembra que sintetiza os factores en que se baseou
o crecemento da década de 1960.
10. O tempo
• Fai unha liña do tempo sobre a ditadura franquista
e escribe o nome de cada etapa.
• Localiza os seguintes feitos no eixe cronolóxico: I
CRECEMENTO INTERNO DA ECONOMÍA
a) Don Xoán Carlos é designado sucesor de Franco.
b) Sinatura do tratado de amizade hispano- I
CRECEMENTO ECONÓMICO DOS ANOS 60
-norteamericano. I
c) Asasinato de Luís Carrero Blanco.
ACHEGAS EXTERNAS Á ECONOMÍA
d) Plan de estabilización. I

e) Sinatura do Concordato coa Santa Sé.


f) Retirada dos embaixadores.
g) Entrada de España na ONU.
h) Lei de Principios Fundamentais do Movemento.

11. Os conceptos
• Aclara o significado dos seguintes conceptos •• Analiza
e sinala a que período do franquismo corresponden.
16. Os cambios
a) Tecnócratas. b) Maquis.
• Compara as dúas fases da ditadura franquista.
12. Os personaxes
Desde 1939 Desde 1960
• Explica o papel destas persoas na época franquista. a 1959 a 1975
a) Franco. b) Don Xoán Carlos. c) Carrero Blanco.
Dirixente
13. As organizacións Réxime político
• Que era FET e das XONS? E o Movemento Grupo político
Nacional? hexemónico
• Enumera as organizacións que creou o franquismo Política
para controlar a sociedade. Explica cal era económica
o obxectivo de cada unha delas. Crecemento ou
crise económica
Intensidade
da represión

• Explica Sociedade

14. As características 17. As mentalidades


• Enumera as características do franquismo • O crecemento económico da década de 1960
que duraron ao longo de toda a súa historia. provocou cambios sociais. Que cambios cres
• Explica por que o franquismo foi unha ditadura. que non foron ben recibidos polos xerarcas
da ditadura? Márcaos.
15. As causas e os efectos Emigración do campo á cidade.
• Copia no caderno o seguinte cadro e resume Demandas de maior liberdade.
os factores que explican a duración da ditadura Extensión da educación obrigatoria aos 14 anos.
franquista. Incorporación da muller ao mundo do traballo.
Apoios internos Diminución da influencia moral da Igrexa.
Aumento da poboación.
Situación internacional
• Por que chocaron os cambios que marcaches
Política interior do réxime
coa ideoloxía do réxime franquista?

294
776790 _ 0280-0299.qxd 7/4/08 12:57 Página 295

•• Aplica ••• Opina


18. A imaxe 19. O franquismo hoxe
• Observa as imaxes e responde as preguntas. • Cres que continúa habendo partidarios
do franquismo na actualidade? Que aspectos
do réxime adoitan enxalzar?
• Hai partidos que podemos considerar
«franquistas»? Teñen éxito electoral? Se chegasen
ao poder, como cres que cambiaría o sistema
político?
• Cres que deberían prohibirse os partidos defensores
do franquismo? Por que? Debería prohibirse algún
partido ou ideoloxía?
• Gustaríache vivir nun réxime coma o franquista?
Por que?
• Compara como era a España franquista
a) A que período do franquismo corresponde coa situación dos países de Europa occidental
cada imaxe? do noso medio, que estudaches no tema 13.
b) A que grupo social pertencen as persoas? Consideras que o franquismo foi un freo
c) Describe brevemente como sería a vida cotiá para o desenvolvemento de España ou que
en cada época. facilitou ese desenvolvemento?

••• Técnicas de estudo


Elaborar un tema sobre a evolución dun aspecto
As cousas varían co tempo. Por iso, é normal 3. Elabora unha liña do tempo.
que na clase de Historia teñas que explicar 4. Sitúa na liña do tempo as etapas do período
a evolución de determinados aspectos histórico que estás estudando. Podes trazar liñas
(a política, a economía, a cultura…). grosas de diferentes cores para delimitar cada
Para facelo, podes seguir estes pasos: etapa.
1. Le o texto, identifica os períodos 5. Sitúa sobre a liña do tempo os acontecementos
e acontecementos máis importantes que están que seleccionaches.
relacionados co aspecto do que tes que explicar, 6. Fai unha redacción e sinala as etapas
a evolución e as súas datas. e os acontecementos que se suceden nelas.
2. Anota as datas e os acontecementos en orde 7. Finalmente, analiza os cambios que se produciron
cronolóxica (do máis antigo ao máis moderno). entre as etapas que distinguiches.

20. Fai unha redacción sobre a política exterior dos primeiros anos do franquismo
a partir do seguinte eixe cronolóxico.
Espa–a Retirada Retirada Regreso Pactos con EE.UU. Espa–a admitida
non belixerante da Divisi—n Azul dos embaixadores dos embaixadores e co Vaticano na ONU

Apoio ao Eixe Illamento Integración

II GUERRA MUNDIAL GUERRA FRÍA

1940 1945 1950 1955

21. Fai un eixe cronolóxico e unha redacción sobre algún destes aspectos do franquismo.
• A evolución económica e social de España durante a ditadura franquista.
• A evolución da represión e da oposición á ditadura franquista.
• A evolución institucional do réxime franquista.

295
776790 _ 0280-0299.qxd 7/4/08 12:57 Página 296

Saber ler

A represión da posguerra
Cando terminou a Guerra Civil, o novo Estado franquista mantivo unha forte
represión sobre os opositores. Desta represión queda constancia documental:
dos casos nos que houbo xuízos consérvanse as actas e tamén temos testemu-
ños orais dos que padeceron a represión de posguerra. Doc. 34 Presos políticos nun cárcere
Os testemuños orais son moi importantes, porque nos permiten saber como vi- franquista.
viron os feitos as persoas, o que lles pasou, o que sentiron, o que recordan e o
que esqueceron. Pero non hai que esquecer nunca que nos falan de experien-
cias individuais e que poden non coincidir co que lles pasou a outras persoas.
Nesta páxina vas comparar o testemuño dunha represaliada e o papel que un
historiador profesional lle outorga á represión franquista.

Doc. 32 Manolita del Arco no cárcere de Ventas


Xa estaba eu na casa doutro familiar pero localizáronme. E detivéronme
o 1 de abril; […] alí había falanxistas. Eramos moitos naquel sitio.
–E foran por ti porque xa coñecían os teus antecedentes?
Doc. 35 Mulleres rapadas como castigo
–Pois vese que os coñecían […]. Detivéronme, leváronme alí, non foi grata
por seren republicanas.
a estancia alí, por suposto, e estiven alí quince días. Puxéronme en liberdade
provisional. […] Estaba de cheo metida en todo o que era a organización
do partido en Madrid. […] Dentro da delegación do Comité Central.
Eu dicía que non facía máis ca escribir cartas… eu sabía escribir á máquina,
porque me pillou sendo estudante, a guerra. ●●● LER TEXTOS
–Que estudabas? HISTÓRICOS
–Rematara o Bacharelato, con idea de seguir estudando […]. 22. Comparar un testemuño
Xa de alí [A Coruña] trouxéronme a Madrid, á Dirección Xeral oral e un texto histórico
de Seguridade, de triste lembranza, e alí estiven un pouco máis sobre un mesmo feito.
de dous meses. E de alí ao cárcere.
• Le o documento 32.
–[…] Onde estaban concentradas as presas comunistas?
a) Cando detiveron
–As comunistas… Primeiro estabamos un pouco esparexidas por distintas
a Manolita?
galerías… de políticas, sempre. Pero chegou un momento en que o director
se puxo en plan duro e a todas as que tiñamos expediente comunista b) En que partido militaba?
concentrounos na segunda galería. c) Quen a detivo?
–Cantas estabades en cada cela naquel momento? d) Cantas presas vivían
–[…] Eran celas que estaban feitas para dúas persoas, para que houbese dúas nunha cela? Para cantas
camas… e estabamos unhas dez. estaban deseñadas?
Entrevista de Fernando HERNÁNDEZ HOLGADO • Le o documento 33.
con Manuela del Arco Palacio, Madrid, 9 de febreiro de 2001 a) Contra quen se dirixía
a represión política
na posguerra?
Doc. 33 O texto dun historiador b) Que finalidade perseguía
a represión?
O réxime vitorioso consolidouse mediante a prolongación da Guerra Civil
por outros medios […]. A represión levada a cabo na retagarda nacionalista • Compara a información
foi institucionalizada en varias leis dirixidas non só aos partidarios que dá cada tipo de fonte.
da República, senón tamén contra quen se identificaba con certas a) Que fonte dá unha
clases e rexións […]. información máis xeral?
O obxectivo evidente da represión era liberar España dos sistemas Cal unha información
e ideoloxías que «corromperan» a súa «verdadeira identidade». Entre eles máis concreta?
encontrábanse a democracia, o ateísmo e, polo menos nos primeiros anos b) Por que cres que os
do réxime, o capitalismo en canto sistema liberal de mercado. historiadores entrevistan
Sebastián BALFOUR, «España desde 1931 ata hoxe». a centos de persoas para
En Historia de España (Raymond Carr ed.). Ed. Península facer os estudos?

296
776790 _ 0280-0299.qxd 7/4/08 12:57 Página 297

Investigar

Símbolos

REFLEXIONAR CRITICAMENTE
franquistas en
espazos públicos
En 1975 terminou a ditadura franquis-
ta e tres anos despois aprobouse a actual
constitución democrática. Con todo, na
actualidade, máis de trinta anos despois,
continúan presentes nas nosas rúas, pra-
zas e edificios públicos símbolos daquel
réxime. Son documentos daquela dita-
dura que podemos utilizar para coñecer Doc. 36 Retirada da estatua de Franco da Academia Militar de Zaragoza (2006).
esa época.

●●● PLAN DA INVESTIGACIÓN


FONTES
23. Buscar a información.
Continuidade dos símbolos
franquistas • Debes buscar información sobre os seguintes aspectos:
Estas páxinas móstrannos a) Símbolos franquistas que sobreviven na actualidade.
a continuidade dos símbolos b) Xuízos que suscitan os símbolos franquistas que quedan.
franquistas: c) Información sobre as distintas actitudes das autoridades
http://www.galeon.com/murcia1939/ cara aos símbolos franquistas.
aficiones477130.html • Utiliza as páxinas web que che indicamos. Bótalles unha ollada
http://www.20minutos.es/galeria/ e despois busca novas páxinas sobre as cuestións
1225/0/0/ que che propoñemos.
Noticias sobre distintos • Imprime as páxinas concretas que che dan os datos que buscas.
tratamentos que os símbolos • Leas con detemento e subliña a información máis importante.
franquistas reciben
na actualidade 24. Analizar a información.
As páxinas seguintes abordan • Fai unha lista cos tipos de símbolos franquistas que sobreviven
as diferenzas con que se trata en na actualidade (nomes de rúas, edificios, etc.).
distintas localidades a continuidade
• Resume nun cadro sinóptico as diferentes actuacións
dos símbolos franquistas:
das autoridades sobre a conservación ou a supresión dos símbolos
http://www.laopinioncoruna.es/ franquistas.
secciones/noticia.jsp?pNum
ejemplar=2432&pIdSeccion=1103 • Resume nun cadro sinóptico os argumentos que esgrimen
&pIdNoticia=113828 os partidarios de conservar os símbolos franquistas
e os partidarios de suprimilos.
http://www.cadenaser.com/articulo/
sociedad/PP/mantiene/Franco/Alcal 25. Sintetizar a información.
de/Honor/Salamanca/csrcsrpor/200
70126csrcsrsoc_2/Tes/ • Elabora un índice do traballo que vas realizar.
• Anota a continuación de cada apartado as ideas máis importantes
Opinións que xera que vaias expresar no traballo.
o mantemento ou non
dos símbolos franquistas 26. Comunicar a información.
http://davidrgarcia.blogspot.com/
• Fai unha portada cun título alusivo.
2007_03_01_archive.html
• Redacta un informe sobre os símbolos franquistas que sobreviven
http://www.diariodelaltoaragon.es/
na actualidade.
foros/read.php?f=9&i=242&t=200
&v=t • Podes utilizar as imaxes que capturases e os cadros sinópticos
http://www.ecologia-social.org/ que elaboraches. Así o traballo será máis vistoso.
noticia.asp?id=22498 • Na páxina final escribe as fontes que utilizaches.

297
776790 _ 0280-0299.qxd 7/4/08 12:57 Página 298

Comprender o presente

España, MAR

un país de emigrantes GRAN


BRETAÑA
DO
NORTE

Entre os anos 1960 e 1980, na época do crecemento eco- P


PAÍSES
B
BAIXOS
nómico, producíronse en España uns importantes move- OCÉANO
mentos de poboación. Máis de cinco millóns de persoas ATLÁNTICO BÉLXIC
BÉLXICA
ALEMAÑA
emigraron.
Uns deixaron a súa terra e marcharon a grandes cidades es- FRANCIA
Doc. 40
pañolas, outros abandonaron o país e saíron a traballar ao es- SUÍZA

tranxeiro. Esta situación terminou despois de 1980, cando Salí de mi tierra


cesou o éxodo rural e volveron moitos dos emigrantes. me fui con dolor,
si hay quien reparta justicia,
Na actualidade, o fenómeno inverteuse. España converteu- de mí se olvidó.
se nun país desenvolvido, que desde finais da década de S. TÁVORA, Quejío
ESPAÑA
1980 recibe numerosos inmigrantes.
MAR M E D IT E R R Á N E O
Miles de persoas
Doc. 39 Países de destino da emigración española.
200

150

100

50

0
1960 1961 1962 1963 1964 1965 1966 1967 1968 1969 1970

Doc. 37 Emigración exterior española. M ar


M edi ter r án eo

Doc. 38 Causas e consecuencias da emigración exterior OCÉANO

Desde 1962 ata 1975, 1.059.000 persoas recibiron ATLÁNTICO


asistencia para a emigración ao estranxeiro, e a estas
hai que engadir a emigración indocumentada, OCÉANO ATLÁNTICO
Rexi—ns de m‡xima emigraci—n
que os estudosos desta materia calculan Rexi—ns con emigraci—n moderada
que foi equivalente á metade daquela […].
Rexi—ns de inmigraci—n
A emigración exterior en termos económicos
foi beneficiosa para o país porque diminuíu a presión
Doc. 41 Principais provincias emisoras de emigrantes.
demográfica sobre a ocupación, e as remesas enviadas
polos emigrantes supuxeron unha fonte de ingresos
adicionais cos que se puido compensar o déficit
da balanza comercial. Pero, para o cambio social Doc. 42 Aspectos positivos da emigración española
en España, moitísimo máis relevantes foron A emigración é un mal menor, que hai que aceptar
os desprazamentos internos de poboación desde e afrontar de maneira serena e con tacto exquisito para
as zonas rurais ás urbanas […]. canalizala, para axudala e protexela porque, en definitiva,
Hai que sinalar que a decisión de emigrar viña é, para unha nación en desenvolvemento, unha especie
determinada por múltiples causas, heteroxéneas entre de balón de osíxeno no compás de espera dunha
si. Evidentemente, o motivo fundamental foi fuxir recuperación total nun futuro non afastado. Agora ben,
dunhas condicións de vida miserables ese balón de osíxeno ten que coidarse. Temos que
e de falta de expectativas […]. procurar que siga producindo os seus beneficiosos
[…] Outros sectores […] querían evitar a irregularidade efectos. Para iso debemos estar alerta e non consentir
e a inseguridade do traballo agrícola […]. perda de presión.
Jesús A. MARTÍNEZ (coord.), Revista Meridiano, tomado de V. CANICIO,
Historia de España século XX, 1939-1996 Contamos contigo! (Crónica da emigración), 1972

298
776790 _ 0280-0299.qxd 7/4/08 12:57 Página 299

REFLEXIONAR CRITICAMENTE
Afastado Oriente
Rusia

Rusia

Procedentes Cara a
de China e Corea Estados Unidos
América Europa
do Norte Occidental Xapón
Corea
ilipinas do Sur
ntes de F Turquía
Procede
China
África
México do Norte Exipto Hong Kong
Península
OCÉANO
América do Indostán
Central
Burkina
Faso Países Sueste
PACÍFICO
Senegal Malí Sudán
e Caribe do Golfo asiático
Costa Ghana
de Marfil Somalia
OCÉANO Gabón
PACÍFICO Colombia, África
Ecuador
e Perú
OCÉANO Central OCÉANO
e Austral
Bolivia ATLÁNTICO ÍNDICO
Paraguai
o
Rep.
Chile
Surafricana
Australia
Países que reciben inmigrantes e Nova Zelandia
Arxentina
Principais rexións
de saída de inmigrantes
Principais fluxos

Doc. 43 Principais fluxos migratorios actuais.

Doc. 44 Factores que explican a emigración española ●●● PASADO E PRESENTE

Unha das contrapartidas máis evidentes 27. Analizar a emigración dos españois.
da modernización foi […] a emigración. Máis dun millón • Le o documento 44 e sinala
trescentos mil españois, unha cifra equivalente
as dúas migracións que se deron
á décima parte dos activos, […] debeu trasladarse a outros
na España de entre 1960 e 1980.
países de Europa […]. Ao mesmo tempo, entre 1960 e 1970,
o total da poboación activa permaneceu practicamente • Analiza os documentos 39 e 41 e sinala as rexións
estancado: creceu en menos de cen mil persoas. que sufriron con máis forza a emigración
e a onde se trasladaron os emigrantes.
No interior de España, os desprazamentos
da poboación foron aínda máis espectaculares. De 1962 • Enumera os factores que indican os documentos
a 1973, catro millóns de persoas […] cambiaron o seu lugar 38 e 42 para explicar o fenómeno da emigración
de residencia. Algunhas das actuais Comunidades española na década de 1960.
Autónomas sufriron un forte despoboamento ante • Que aspectos positivos tivo a emigración
a ausencia de oportunidades de encontrar traballo, exterior para a economía española segundo
as mellores expectativas existentes noutras e, os documentos 38 e 42?
probablemente, as dúas cousas á vez.
• Le os documentos 40 e 45 e explica os problemas
J. P. FUSI e J. PALAFOX, que reflicten ambos os testemuños
España (1808-1996). O desafío da modernidade, 2003
de emigrantes.

28. Utilizar o pasado para comprender


Doc. 45 Racismo, xenofobia e subdesenvolvemento o presente.
Son un inmigrante español en EE.UU. e vivo na cidade • Trata de responder a pregunta que se fai
de Los Angeles rodeado de inmigrantes de todas as partes
o autor do documento 45. Cres que
do mundo (o 48 % da poboación é de orixe estranxeira).
os españois actuamos igual? Que che
Emigrantes españois hainos aínda, non o esquezamos,
parece esa actitude?
por todas as partes. De feito, ata hai poucos anos,
España era un país de emigrantes. Ao longo • Describe a procedencia e o destino
de varias décadas, os emigrantes españois invadiron dos actuais movementos migratorios segundo
Europa. E un pregúntase o que sentirían os nosos o documento 43.
exquisitos veciños do norte ao verse inundados por esa • Cres que as causas que motivaron
multitude de xente mísera, medio analfabeta e de modais a emigración española son as mesmas
bruscos, provenientes dun país terceiromundista. que provocan os actuais movementos
Juan A. HERRERO BRASAS, El Mundo, 11 de febreiro de 2000 migratorios? Engadirías algunha máis?

299

You might also like