You are on page 1of 3

1.

-Explica as reformas realizadas pola República nos anos 1931-1933 no ámbito relixioso,
territorial e agrario.
A República abrangue desde o año 1931 ata o 1939.
No ámbito relixioso produciuse a separación Igrexa-Estado eliminando o presuposto público para
o mantemento do clero e a disolución da in uenza das ordes relixiosas dedicadas á ensinanza e
da Compañía de Xesús.
Territorialmente, a República iniciou o proceso de descentralización do Estado, que recoñecía a
existencia dunhas nacionalidades históricas con lingua e identidade propias e permitía
establecer gobernos autónomos.
Houbo unha reforma agraria que tratou o problema do latifundismo. A propiedade das terras era
duns poucos. Unha lei, dada en 1932, decretou que todas as grandes terras que non se
cultivasen podían ser expropiadas para a súa distribución entre os campesiños sen terras.
Creouse o Instituto de Reforma Agraria para indemnizar aos propietarios e facilitarlles o
asentamento ás familias campesiñas, mais a escaseza de recursos para indemnizar aos
propietarios e os numerosos pleitos que estes interpoñían xeron que a reforma fose lenta e
limitada.

2.-Educación na República.
A Reforma Educativa era necesaria para a formación de novas xeraciones que emprendesen a
modernización de España. Revalorizouse o papel das mulleres e estimulouse a súa formación e
incorporación á vida activa. Na Segunda República buscouse a educación de homes e mulleres
en igualdades (coeducación). Moitos traballos, como pode ser profesora de bacharelato ou
universidade deixaron de estar vetados para o xénero feminino. Viaxouse ao estranxeiro (grazas
as Bolsas da Xunta de Ampliación de Estudos) para coñecer o sistema educativo doutros países e
poñelo en práctica en España. O Goberno concedeu Bolsas para estudantes con elevadas
capacidades ou problemas económicos. Ao medio rural destinouse a nova xeración de mestres
que querían propagar as ideas e os valores republicanos. A política educativa tivo unha
orientación laica e centrouse especialmente na ensinanza primaria. Un dos seus grandes
obxectivos foi o de formar cidadáns que apoiasen a incipiente República.

3.-Misións pedagóxicas.
Proxecto de solidaridade pedagóxica cultural da II República que pretendía espallar a cultura
nos pobos rurais máis abandonados. As actividades consistían en teatro, coro, museo do pobo… En
cada expedición, chegaba a un pobo un camión con libros que se depositaban na escola local e
eran xestionados polo mestre da localidade. Varios intelectuais da época, como F. García Lorca,
implicáronse nas Misións Pedagóxicas e participaban nas representacións teatrais.

4.-Golpe de Estado.
Comeza o 17 de xullo en Ceuta, Melilla e Tetuán e espallouse á Península e as illas nos días 18
e 19, mais fracasou nas grandes cidades e zonas industriais pola resistencia popular e dalgúns
corpos policiais e porque unha parte do exército mantívose el á República.

5.-De ne Exército Popular, incluíndo ás milicias e cando se uniron ao Exército Popular.


Exército da II República que contou coa axuda soviética. Formado por republicanos, socialistas,
comunistas e anarquistas. As milicias foron forzas civís voluntarias organizadas por sindicatos ou
partidos, que se integran no Exército Popular a partir de 1937 a pesar da resistencia
anarquista.
fi
fl
fi
fi
6.-De ne Brigadas Internacionais.
Unidades militares de voluntarios que agruparon a unhas 30 mil personas de máis de 50 países
diferentes, que apoian ao Exército republicano nos primeros anos da guerra.

7.-De ne Lexión Cóndor.


Corpo de aviación de elite alemán que experimentaba o seu armamento en poboación civil
(exemplo; Gernika 1937) co pretexto de axudar ao bando sublevado.

8.-De ne Comité de Non-Intervención.


Asemblea de países europeos que proclaman a súa neutralidade na Guerra Civil Española a
pesar de que recoñecen que é unha agresión contra un goberno lexítimo (o republicano).
Prohiben importar a España material de guerra para evitar que a Guerra Civil acabara sendo o
detonante da IIGM.
No ano 1937 dáse a orde de que os brigadistas retornen aos seus países e abandonen a guerra.

9.-A ditadura De Francisco Franco Bahamonde.


Franco impón unha ditadura militar que suprime as liberdades democráticas de expresión, de
manifestación…
As medidas que tomou foron:
-Anular a Constitución de 1931 (ou da República).
-Prohibir os sindicatos e partidos excepto a Falange.
-Suprimir as eleccións.
-Desmantelar as institucións republicanas.
-Abolir os gobernos autónomos e prohibir as manifestacións nacionalistas vascas, galegas e
catalás.
Ademáis, Franco exerce o título de caudillo e concentra todos os poderes: Xefe do Estado e
xeneralísimo dos exércitos, e o seu cargo era para toda a vida e tiña o dereito de nomear
sucesor.

10.-De que forma é exercida a represión por parte dos franquistas unha vez rematada a
guerra?
O franquismo exerceu unha represión permanente contra calquera oposición con obxectivo de
castigar a todo aquel que apoiara a República.
A represión foi especialmente dura nos anos da posguerra (década dos 40).
As accións contra os opositores incluían, entre outros, reclusión en campos de concentración,
como o que existiu en A Guarda (Pontevedra), traballos forzados en obras públicas, torturas,
encarceramentos e execucións por motivos políticos, das que se calcula que houbo 50 mil.

11.-As consecuencias da Guerra Civil española.


A Guerra Civil foi devastadora.
Demogra camente o Estado perdeu case 1 millón de personas e 400 mil marcharon cara o
estranxeiro.
Economicamente o Estado estaba arruinado. Orixinouse unha grande escaseza de produtos de
primeira necesidade, falta de alimentos, de hixiene…
A miseria era parte da vida cotiá da maioría de españoles, os salarios eran moi baixos e os
prezos moi elevados porque os produtos escaseaban.
fi
fi
fi
fi
12.-De ne Sección Feminina.
Pilar Primo de Rivera, que era irmá de Jose Antonio Primo de Rivera (o fundador da Falange)
liderou esta rama feminina da Falange. Esta organizaba o Servizo Social, que era obligatorio
para todas as mulleres e que as educaba nos valores franquistas de que a muller debe reducirse
ás tarefas domésticas sen rechistar, e deben ser submisas, obedientes, esposas e nais.
fi

You might also like