You are on page 1of 3

A DESCOLONIZACIÓN

Consiste no proceso de liquidación do sistema colonial no mundo e


creación de estados independentes nos antigos territorios dependentes.
CAUSAS: 1-Debilidade das potencias europeas trala IIª Guerra Mundial.
2-O desenvolvemento de movementos nacionalistas entre as minorías
indíxenas occidentalizadas das colonias. 3-A actitude favorable cara á
descolonización por parte das dúas grandes potencias mundiais, EEUU e
a URSS. 4-A proclamación por parte da ONU do dereito de
autodeterminación de todos os pobos.
Desde o final da IIª GM ata mediados de 1960 independízanse a maioría
das colonias. O proceso foi pacífico nalgúns casos pero noutros acadouse
tras violentas guerras entre colonias e metrópoles.
ETAPAS :
A descolonización atravesou diferentes etapas:

•Primeira etapa iniciada en Asia tras a Segunda Guerra Mundial, ao


xerarse unha oposición ao retorno á situación anterior á guerra.
•Segunda etapa, a principios da década de 1950 e localizada no norte
de África.
•Terceira etapa, entre 1955 e 1965, na África subsahariana.
•Cuarta etapa, posterior a 1965, no sur do continente africano.
CONSECUENCIAS:
A independencia política acadada polos novos Estados non se viu
acompañada pola independencia económica xa que en moitos deles
mantivéronse os intereses das antigas metrópoles. Esta situación
denomínase Neocolonialismo (dependencia económica e cultural da
respecto da antiga metrópole). Nace así o Terceiro Mundo (termo
acuñado por Alfred Sauvy). A súa dependencia comercial (exportan
materias primas e importan produtos industriais) da lugar a un
intercambio desigual: os seus produtos teñen menos valor no mercado
internacional e os prezos das materias primas fíxanos as grandes Bolsas
do comercio internacional, en función da demanda dos países ricos. Por
isto, estes países sufren unha forte dependencia financeira do exterior
(necesitan préstamos e investimentos dos países máis ricos) e tamén
teconolóxica. Esta situación impediu o desenvolvemento destes países e
estendeu a pobreza entre a súa poboación. (ver mapa, páx. 283 do libro
novo e 384 do vello)
Ademáis estes países, desde un principio, sentíronse marxinados da
política –e das decisións económicas- internacional. Xa, en plena Guerra
Fría, na Conferencia de Bandung (1955) condenan o colonialismo,
reclaman a soberanía e igualdade de todas as nacións, rexeitan a
inxerencia nos asuntos internos dos Estados, o arranxo dos conflitos por
vía pacífica e a creación de plans de axuda ao desenvolvemento
económico e cultural dos países afroasiáticos. Ademais, crean o
Movemento dos Non Aliñados (1961): non aliñarse con ningún dos
bloques enfrontados na Guerra Fría.
Outras das consecuencias do proceso foron: a aparición de disputas
étnicas e territoriais entre os novos estados, a instauración de gobernos
ditatoriais e corruptos, sustentados polo exército, movementos
revolucionarios contra estes gobernos e que levaron a guerras civiles, a
violencia, represión…

You might also like