You are on page 1of 20

O término imperialismo fai referencia áactitude,

doutrina ou acción que conduce ao dominio dun


estado sobre outro ou outros mediante o emprego
da forza militar, económica ou política. Durante o
último terzo do século XIX as potencias europeas
e algunas extraeuropeas (USA e máis tarde
Xapón) desenvolveron unha política de expansión
colonial acelerada. Esta nova fase do colonialismo,
que recibe a denominación
de imperialismo, tendía á formación de grandes
imperios e cosntituiu unhaa constante fonte de
conflitos que desembocaron na1ª Guerra
Mundial.
A diferencia do colonialismo anterior , ten fortes
connotación nacionalistas: os estados que o
practicaron pretendían a conquista sistemática da
maior cantidade posible de territorios co obxectivo
de acadar o rango de potencias mundiais. Non
percuraban tanto a transformación cultural das
zonas dominadas como o seu su control político,
económico e militar.

You might also like