You are on page 1of 2

Tema 2: Completa co concepto, protagonista ou data:

1. Nome que recibe a nova sociedade que xurde co Liberalismo e a Rev. Industrial Sociedade
de clases.
2. Primeiro exemplo de asociacionismo obreiro en Inglaterra Sociedades de Socorro ou
axuda mútua. Nese país a partir de 1824 xurdirán os primeiros Sindicatos.
3. Alianza entre empresas do mesmo sector para controlar o mercado Cártel
4. Nome que recibe na España do século XX o proceso de expropiación e posta á venda de
terras eclesiásticas e comunais desamortización
5. Tendencia dentro do movemento obreiro que pide o sufraxio universal en Inglaterra
Cartismo e que pese a que rematou a mediados de século e non logrou o seu obxectivo, si
conseguiu para os traballadores as primeiras leis laborais.
6. Corrente de pensamento que defende unha sociedade ideal, máis xusta, igualitaria e
solidaria Socialismo Utópico . Un dos seus representantes é R. Owen, L. Blanc...
7. Un dos seus ideólogos é Bakunin, Proudhon.... Esta corrente ideolóxica Anarquismo inclúe
tendencias moi diversas pero, en xeral, consideran que para rematar coa desigualdade
social debería producirse unha revolución de maneira espontánea protagonizada
fundamentalmente polo campesiñado.
8. Concepto acuñado por K. Marx e que fai referencia á diferenza entre a riqueza que
produce o traballador e o salario que percibe plusvalía.
9. Nome dos documentos que en Inglaterra durante o século XVIII aproba o Parlamento e
que permitían o cerramento de terras Enclousures Acts.
10. Grupo de empresas controladas por unha sociedade industrial ou financieira mediante a
posesión da maioría ou de boa parte das súas accións Holding
11.Revolucións asociadas á Industrial serían por exemplo a revolución agraria e a revolución
urbana, transportes e demográfica
12. É o resultado da toma de conciencia dos traballadores do seu papel no proceso productivo
movemento obreiro. As condicións de traballo e de vida levannos ao sentimento de clase.
13. Esta ideoloxía considera que tras unha revolución protagonizada polo proletariado e
planificada polos líderes, implantaríase a Ditadura do Proletariado, que sería unha fase
intermedia antes de chegar á Sociedade Comunista na que non habería nin Estado nin
clases sociais (sería “o Paraíso na Terra”).
14. Unha das consecuencias sociais dos cerramentos das parcelas en Inglaterra será o éxodo
rural.
15. Nome da obra que no ano 1848 publican Karl Marx e Fr. Engels: “O manifesto Comunista”.
16. Lugar onde cotizan as accións das empresas Bolsa de Valores
17. Doutrina que formula que o traballador debe facer o mínimo número de movementos co
obxectivo de rentabilizar ao máximo o seu traballo taylorismo
18. Gran empresa que xurde da fusión doutras, pasando a ter unha dirección única Trust
19. Teórico que formula o Liberalismo Económico: Adam Smith
20.Teórico que plantexa que o traballo é unha mercadoría máis e que ao traballador hai que
pagarlle o mínimo para garantir a súa subsistencia D. Ricardo.
21. Proceso que supón a concentración de traballadores e máquinas nas fábricas
Industrialización
22.Para esta ideoloxía Marxismo o motor da historia é a loita de clases.
23.Reaccións violentas contra as máquinas por parte dos obreiros Ludismo.
24.Empresario estadounidense que pon en práctica o traballo en cadea H. Ford

You might also like