You are on page 1of 2

ROCK PSICODÉLICO

O rock psicodélico é un subestilo do rock influenciado pola cultura


psicodélica que naceu nos anos 60 en Estados Unidos e Inglaterra.

Iniciou grazas a bandas de rock como The beatles, The beach boys e The byrds,
surxindo como estilo en 1960 e tendo o seu pico de popularidade entre 1966 e
1969 con eventos como o Verán do amor de 1967 e o Festival de Woodstock de
1969, e con bandas como Pink Floyd e as anteriormente
ditas, converténdose nun movemento internacional que
popularizou o uso das drogas e foi influencia de xéneros
como o heavy metal, o rock duro ou o rock espacial.

Esta música foi creada coa finalidade de potenciar as


experiencias coas drogas psicodélicas que alteran a
mente, sendo a máis común o LSD.

A cultura psicodélica é un movemento que tenta ir mas alá dos límites da


consciencia, coa finalidade de chegar ao fondo dos pensamentos.
Esta cultura ten música, literatura e mesmo arte.
A súa estética caracterízase por moitas cores saturadas e brillantes, drogas e
fungos psicodélicos, efectos que tentan imitar a vista nun estado de mareo con
cores degradados e en ondas, imaxes surrealistas, alieníxenas…

Características :

-Timbre: uso de guitarras eléctricas con acople, wah-wah, tremolo e saturación;


forte presenza do teclado; solos moi longos, normalmente de guitarra; abundancia
de instrumentos electrónicos; moitos efectos de son como backsmasking, panning,
pashing, loops longos e reverberación extrema.

-Letras: surrealistas e excéntricas que normalmente fan referencia indirecta ou


directamente ás drogas alucinóxenas.

As bandas e cantantes máis destacados son The beatles, Pink Floyd, The beach
boys e The byrds.

Audicións:

https://youtu.be/JwYX52BP2Sk - Time, Pink floyd


https://youtu.be/_7xMfIp-irg - All you need is love, The beatles

Zack Bóveda Álvarez, 4ºESO B


Zack Bóveda Álvarez, 4ºESO B

You might also like