You are on page 1of 2

TEMA 1: A MÚSICA MONÓDICA MEDIEVAL

ÉPOCA: a Idade Media abarca dende o século V (caída do imperio romano de occidente) ata o
século XV ( descubrimento de América, invención da imprenta…)

SOCIEDADE: estamental.

SISTEMA ECONÓMICO: feudalismo.

ESTILOS ARTÍSTICOS: románico (s. XI-XII) e gótico (s. XIII-XIV)

TEOCENTRISMO: a cultura, a arte e o pensamento desta época xiran arredor de Deus.

MÚSICA VOGAL RELIXIOSA: CANTO GREGORIANO.


O canto gregoriano é o canto oficial da igrexa católica. Música sobria e sinxela que invita á
oración para aproximar a alma dos fieis a Deus. Consérvanse unhas 3000 melodías.

Debe o seu nome ao Papa San Gregorio (s. VII) por ser un dos primeiros papas que manda facer
unha recopilación dos textos ou oracións cantadas. Durante o imperio Carolinxio (s. VIII-IX), co fin
de unificar todos os territorios e establecer un repertorio común para toda a igrexa, atribuíueselle a
este Papa a invención do canto gregoriano por inspiración divina.

A notación do canto gregoriano irá evolucionando dende o século VIII, dende a notación
neumática (signos sobre os textos ou sobre liñas que non indican a altura exacta dos sons) ata a
notación cadrada (neumas xeométricos sobre un tetragrama). Guido d´Arezzo (s.XI) estableceu as
bases da notación moderna co uso do tetragrama e as claves. Tamén inventou o nome das notas a
partir dun Himno a San Xoán Bautista, coas primeiras sílabas de cada verso (ut, re, mi, fa, sol, la).

CARACTERÍSTICAS:

MÚSICA RELIXIOSA: oración cantada interpretada durante a misa ou os oficios.

RITMO: libre, fluido, sen acentos marcados. As pausas musicais veñen determinadas pola
puntuación ou pausas do texto.

MELODÍA: ámbito reducido, liña ondulada e sen grandes saltos. Frases en forma de arco que se
corresponden coas frases do texto.

ESCALAS MODAIS: escalas diatónicas de 7 sons sen alteracións.

TEXTURA MONÓDICA: unha soa liña melódica.

TIMBRE: vogal e a capella, é dicir, sen acompañamento instrumental.

TEXTO RELIXIOSO EN LATÍN.

AUTOR ANÓNIMO.

https://youtu.be/sp-fWQxbtq0
MÚSICA VOGAL PROFANA: A LÍRICA TROBADORESCA.
A lírica trobadoresca xorde no sur de Francia a finais do século XI e dende aí estendeuse pronto
polo resto de Europa.

Son composicións poéticas destinadas ao canto escritas polos trobadores, poetas e compositores
de orixe nobre.

CARACTERÍSTICAS:

MÚSICA PROFANA: non relixiosa.

RITMO: ligado ao texto e ás súas pausas.

MELODÍA: ámbito reducido, liña ondulada e sen grandes saltos. Frases en forma de arco que se
corresponden coas frases do texto.

ESCALAS MODAIS: escalas diatónicas de 7 sons sen alteracións.

TEXTURA MONÓDICA: unha soa liña melódica.

TIMBRE: música vogal con acompañamento instrumental.

TEXTO: están escritas en lingua vernácula ou vulgar, propia de cada zona xeográfica. A súa
temática xira principalmente en torno ao amor cortés ou ás fazañas dos cabaleiros nas cruzadas.

AUTORES: entre os trobadores galego-portugueses destacan Martín Códax (no pergamiño Vindel
consérvanse 6 cantigas de amigo con notación musical) e Alfonso X o Sabio (na súa corte
promoveu a composición de 417 cantigas de Santa María), ambos do século XIII.
https://youtu.be/v6oGxNCt0pA

You might also like