You are on page 1of 1

ACTUALIDADE

Na actualidade, o grupo Skornabois está disolto. Separouse cando os seus integrantes


deixaron de estudar para comezar a traballar, isto dificultou compaxinar as actividades cotiás
coas do grupo, polo cal optaron por retirarse de forma triunfal. A pesar de que o grupo non
existe, os seus integrantes seguen vinculados á música de diversas formas. Xermán Viluba, o
guitarrista impulsou o proxecto Zimmer 103. Iván Laxe, o baixo, tocou para The Ellas, a banda
de Luis Tosar, e compón para películas e docuntais, ganando premios coma un Mestre Mateo
á mellor música orixinal por “A noite que deixou de chover” . Xoán Villamel, o que foi batería,
agora é mánager e leva unha próspera empresa de aluguer de instrumentos musicais. Po
último, Emilio López, o cantante de Skornabois, vive en Lourenzá e leva anos como autónomo.
Centra o seu traballo na producción de concertos de grupos musicais [p.ex: Treixadura
Gaiteiros], ademais, formou parte do grupo Safari Orquestra, pasou do rock a unha fusión de
funky e soul.

DISCOGRAFÍA
Skornabois entrou nos estudos de grabación no ano 96 participando con “A nova Fifi” en
“Unión Bravú”. Nese mesmo ano graban o seu cassette “O Verme Homicida”, que contén
cancións como “A brosa do verdugo”, con cortes de crítica social, “Can de palleiro”, “Da
confianza veñen os abusos”, “12-08-75”, tema dedicado ao nacionalista Moncho Reboiras, etc.

No ano 98, o grupo saca á luz o seu primeiro e último disco, “Skornabois”, elixido por Xavier
Valiño entre os dez mellores de rock galego. Este fusiona rock e a electrónica con cancións
como “Estou chamándote”, “Sae da xaula”[na que incitan a ter espírito crítico e ollos para
observar a realidade], “Vaia”, con tintes de jazz, entre outras con carácter máis “metal” [“A
liña” “A illa da desolación”, “Son galego, etc.].

You might also like