You are on page 1of 1

Correspondentes: Álex e David

No colexio temos un timbre musical. No primeiro trimestre


deste curso en vez de sonar o ring ring ring, escoitamos temas
musicais cando entramos, cando cambiamos de clase, cando entramos
ao patio, cando subimos de volta ás aulas e cando terminan as clases.
Non sempre é a mesma canción para poder diferenciar cada momento.
Gústanos este cambio, primeiro porque o outro timbre era moi
ruídoso e segundo porque escoitar música sempre é agradable.
Os temas que se poñen están relacionados coas celebracións do
centro: outono, Samaín, magosto, Nadal, a Paz...
Desde que comezou escoitamos temas como:
O Outono de Vivaldi.
Thriller de Michael Jackson.
Cancións sobre o magosto.
Temas do Nadal de Mariah Carey, Wham, panxoliñas...
We are the world de Michael Jackson.
No dudaría de Antonio Flores.
El condor pasa de Leo Rojas.

Velaquí o noso novo timbre que está situado na oficina de Xefatura de Estudos.

You might also like