You are on page 1of 2

Texto 1

O que convencionalmente se denomina revolución agrícola é un fenómeno localizable nun


reducido número de países. […] Caracterízase por unha transformación radical dos sistemas
de produción: paulatina desaparición do barbeito e substitución pola rotación de cultivos,
que incrementa o volume das colleitas; diversificación de cultivos en estreita ligazón coa
expansión gandeira; ampliación do número de cerramentos e tendencia á concentración de
parcelas para un uso máis racional; incorporación dun novo instrumental agrario, de
maquinaria e fertilizantes. Todo iso dá como resultado un aumento sostido de produtividade
do excedente comercializable, estimulado pola demanda dos núcleos urbanos que non
deixan de crecer.
A. Bahamonde, La revolución agrícola y la industrialización. 1970.

Texto 2
Os vagóns eran arrastrados inicialmente por tiros de cabalos e, posteriormente,
sumáronselles máquinas, pero eses motores eran tan pesados e tan pouco perfeccionados
que apenas si producían o vapor suficiente para proporcionar unha velocidade de 4 a 5
millas por hora. De ser inevitable, semellante lentitude limitase de forma considerable á
utilidade do ferrocarril. […] Foi en 1830, coa inauguración do tramo de ferrocarril de
Mánchester a Liverpool, cando se adaptaron por primeira vez as novas caldeiras ás
locomotoras. Desde o primeiro momento alcanzaron unha velocidade que pasaba con
fartura todo o que anteriormente fora considerado posible.
M. Seguin, Da influencia dos ferrocarrís e a arte para trazar e construílos. 1839.

Texto 3
Calquera home, mentres non infrinxa as leis da xustiza, é plenamente libre de seguir o
camiño que lle sinala o seu interese e de trasladar alá onde queira a súa industria e o seu
capital, competindo cos de calquera outra clase de homes. No sistema de liberdade natural
o soberano ten tres obrigacións: primeira, o deber de defender a sociedade contra todo
acto de violencia ou invasión doutras sociedades; segunda, o deber de protexer no posible
da inxustiza e da opresión doutro membro; e terceira, o deber de erixir e manter certas
obras e establecementos públicos que o interese privado dun particular non podería xamais
erixir e manter.
A. Smith, A riqueza das nacións. 1776.

Texto 4
É necesario sinalar que capital non é o mesmo que diñeiro. Un avaro que garda o seu diñeiro
nunha caixa e o único que fai é mantelo gardado non é un capitalista. Só se lle chama capital
ao diñeiro que se emprega na compra de medios de produción (instalacións, maquinaria) e
de forza de traballo (salario dos traballadores) para obter, mediante a súa posta en acción,
unha cantidade maior de diñeiro da que investiu, é dicir, para obter plusvalía.
M. Harnecker, Explotación capitalista. 1977.

Texto 5
Só os proletarios da época actual, totalmente excluídos do exercicio da súa propia
actividade, áchanse en condicións de facer valer a súa propia actividade, íntegra e non
limitada, consistente na apropiación dunha totalidade de forzas produtivas e no
consecuente desenvolvemento dunha totalidade de capacidades.
A apropiación áchase, ademais, condicionada polo modo de levarse a cabo. En efecto, só se
pode levar a cabo mediante unha asociación que, dado o carácter do proletariado mesmo,
non pode ser tampouco máis que unha asociación universal, e por obra dunha revolución na
que, dunha parte, derróquese o poder do modo de produción e de relación anterior e a
organización social correspondente.

Coa apropiación da totalidade das forzas produtivas polos individuos asociados termina a
propiedade privada.

K. Marx e F. Engels, Feuerbach. Oposición entre as concepcións materialista e idealista.


1846.

Texto 6
Considerando:

Que a emancipación dos traballadores debe ser obra deles mesmos, que os seus esforzos
por conquistar a súa emancipación non deben tender a constituír novos privilexios, senón a
establecer para todos os mesmos dereitos e os mesmos deberes.

Que o sometemento do traballador ao capital é a fonte de toda servidume: política, moral e


material.

Que, por esta razón, a emancipación económica dos traballadores é o grande obxectivo ao
que debe ser subordinado todo movemento político.

Que todos os esforzos realizados ata aquí fracasaron por falta de solidariedade entre os
obreiros das diversas profesións en cada país, e por falta dunha unión fraternal entre os
traballadores de diversas rexións.

Preámbulo da Primeira Internacional. Londres, 1864.

You might also like