You are on page 1of 6

ABAU-4.

pdf

Luciagc21

Historia de España ABAU

1º Bachillerato de Ciencias y Tecnología

ABAU Galicia

Reservados todos los derechos.


No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
REPASO ABAU 2019-2020 Composición de texto Nº 4

NOME Nº 2º DATA 1ª AVALIACIÓN

HISTORIA DE ESPAÑA: A construcción do Estado Liberal ( principios do liberalismo e


diferenzas entre as diferentes familias políticas).

Doc 1.- Dúas bandeiras enarboráronse, señores, desde a orixe das sociedades humanas no horizonte dos
pobos: a bandeira da soberanía popular e a bandeira do dereito divino. Un mar de sangue sepáraas, e ese
mar de sangue testifica cal é o destino das sociedades que as adoptan, cal é a sorte das sociedades que as
seguen.
Unha nova bandeira, cándida, resplandecente,inmaculada,apareceu no mundo; o seu lema é:“soberanía da
intelixencia, soberanía da xustiza”.Sigámola, señores; desde a súa aparición, ela soa é a bandeira da

Reservados todos los derechos.


liberdade; as outras, da escravitude; ela soa é a bandeira do progreso; as outras, das reaccións; ela soa é a
bandeira do porvir; as outras, do pasado; ela soa é a bandeira da humanidade; as outras, dos partidos.

Xoán DONOSO CORTÉS. Leccións de dereito político. 1836 [castelán]

Doc.2.- A que aspira o partido moderado? (...) En que consisten os seus principios de goberno?O carácter
máis marcado desta escola é o de resistir ao torrente revolucionario, conceder o menos posible ás
esixencias dos innovadores, (...) manter o existente, previr trastornos, concretar a propiedade e a
influencia na clase media, fortalecer as ideas de goberno, subordinación e obediencia (...).
Prescinde tamén nas súas teorías do goberno do pobo, das masas (...). A idea do benestar do maior
número, a noción do deber por parte da sociedade de ocuparse da sorte dos pobres, dos ignorantes, dos
desvalidos, que compoñen a maioría da poboación (...), non preocupa aos homes de goberno deste partido
(...) Chama á conciencia pública contra os excesos e as calamidades que xeran as revolucións, procura
diminuír os males que provocan, pero non aspira á (...) concordia de todos os intereses, a asociación de
todas as clases.

Andrés BORREGO [periodista moderado]. El Correo Nacional. 1838 [castelán]

Doc. 3.- 1º. (...) O partido progresista proclama: a monarquía é a única forma de goberno posible en
España, así como o sistema representativo é a única forma posible nas monarquías das nacións civilizadas
de Europa (...). O que lle separa dos seus adversarios non é o sistema; son os medios de gobernar (...).
2º. Conciliación dos españois (...).Todas as opinións caben dentro do réxime constitucional tal como o
conciben os progresistas (...) se non pasan dos límites da legalidade (...).
7º. Reformas prudentes e útiles en todos os ramos da administración (...).
8º. Relixioso respecto á propiedade e ás persoas (...).
9º. Liberdade de imprenta, garantida por un xurado (...).
10º. Emancipación da administración provincial e municipal (...) suxeitas [hoxe] a un réxime de excesiva
centralización, que destrúe todo estímulo e pon trabas intolerables a todo conato de prosperidade (...).
11º. Sistema electoral ben combinado, (...) que diste tanto do sufraxio universal como do monopolio
de poucas e determinadas persoas (...).
14º.Milicia nacional, como elemento de orde e de liberdade (...).
15º. Responsabilidade ministerial formulada da maneira que resulte máis efectiva.

PARTIDO PROGRESISTA. Bases programáticas. 1848 [castelán]

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3082580
ABAU 4

O liberalismo en España ten un contexto europeo dentro da revolución francesa, pero ten
tamén un matiz importante: despois da guerra da independencia e da invasión de Napoleón, o
liberalismo introdúcese a partir da crise da monarquía.

O liberalismo é unha corrente de pensamento que defende tanto principios politicos e

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
económicos. Dentro dos seus principios políticos son: liberdade, igualdade, limitación da
autoridade mediante constitucionalismo e a participación política ciudadá mediante sufraxio.
Dentro da economía: defenden a propiedade privada, liberdade económica, pouca ou case
nula intervención do Estado, xa que a economía deriva da lei de mercado. O máximo
exponente do liberalismo en España son as Cortes de Cádiz.

Dentro desta etapa debemos distinguir entre as diversas forzas políticas e a gran división
ideolóxica. Podemos apreciar por unha parte aos realistas ou absolutistas, algunhas
agrupacións obreiras como o PSOE e ao grupo ideolóxico máis importante da época, os
liberais. Esta nova corrente liberal que xorde neste século pódense ver no documento 1, onde
Xoán Do Noso Cortés explica os novos conceptos que defende esta ideoloxía. Fronte ao debate

Reservados todos los derechos.


entre os valores tradicionais (l. 2 “dereito divino”), e as numerosas loitas que anteriormente se
produciran (“mar de sangue”), o liberalismo aporta un punto de vista a favor da intelixencia,
xustiza, liberdade... (parágrafo 2).Distinguimos dentro tanto a liberais doutrinarios ou
conservadores, os cales divídense a súa vez en moderados, os cales basean o seu pensamento
en figuras como Argüedes, Martínez de la Rosa ou o espadón Narváez ( do cal deriva a
mentalidade canovista), e progresistas, que teñen como antecedentes a Evaristo San Miguel,
Mendizábal, Madoz , Espartero ou Sagasta. Tamén están, ademais dos doutrinarios, os liberais
demócratas, que seguen a Rivero (fundador do partido democrático en España), e tras o
triunfo do sexenio revolucionario tamén na 1 República a Pi i Margall. Estes liberais
democráticos divídense en monárquicos e republicanos, cuxa mentalidade non cambia, só a
estrutura do Estado.

Cómpre distinguir entre liberalismo doutrinario e liberalismo democrático. O primeiro


defende: a soberanía compartida entre rei e cortes, o sufraxio censatario (solo votan cidadáns
cun cupo de riqueza), a restrición de dereitos e liberdades, o parlamento bicameral (Cortes e
Senado), o estado confesional, o poder xudicial adxudicado aos tribunais e non aos xurados
populares, a centralización (non se aceptan rexionalismos), como organismo de defensa
apoian á Garda Civil, e a ausencia de autonomía local, os alcaldes son elixidos por Madrid. O
liberalismo doutrinario engade ademais as diferencias entre moderados e progresistas. Os
moderados defenden a limitación das cortes pola coroa, dándolle máis poder ao rei, apostan
por un sufraxio restrinxido (elevan a cuota), un control municipal levado a cabo polo goberno,
non pola autonomía local, eliminan por completo a Milicia Nacional e defenden un poder
xudicial sen xurados. Esta ideoloxía moderada é defendida por Andrés Borrego no artículo de
El Correo Nacional que se pode ver no documento 2. Aquí se pode ver como inténtase loitar
contra as revolucións (“resistir ao torrente revolucionario”), defendendo os dereitos da clase
media e o benestar da maioría (l.4 e 7) en contra do que establecían os progresistas que ,

Descarga la app de Wuolah desde tu store favorita


a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3082580
cando se publica este artículo, atópanse en plena revolución contra o goberno. Pola contra, os
progresistas dan máis prorrogativas ás Cortes e limitan o poder ao rei, defenden un sufraxio
amplio, o control municipal polo goberno pero con máis autonomía local, aceptan milicia e son
tolerantes coa garda civil, e apoian o poder xudicial con xurados. No documento 3 podemos
observar as bases principais desta ideoloxía. Defende desde un principio a monarquía como
forma de goberno (art 1), defenden as reformas liberais (art 7) e as liberdades. Sen embargo
continúan algúns valores tradicionais, como o estado confesional (8), a pesar de que se
introducen novos elementos como o sufraxio universal (11) ou a Milicia Nacional (14). Por

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
outra parte, o liberalismo democrático defende a soberanía nacional, o sufraxio universal (non
hai límites de censo), amplos dereitos e liberdades, o parlamento unicameral (Cortes),
liberdade de cultos, descentralización, como organismo de defensa atópanse a favor da Milicia
Nacional, e elección popular dos alcaldes. Estas diferentes ideoloxías vanse intercalando
durante o reinado de Sabela II.

A partir de 1833 comeza o reinado de Sabela II, mais durante a súa minoría de idade vanse
producir dúas rexencias: a primeira a vai cumprir a súa nai María Cristina (1833-1840) e por
non entenderse con Espartero, dimite, deixando a segunda a mans deste progresista. Durante
estas etapas, e tamén a partir da maioría de idade de Sabela II, ata o final do reinado, hai un
enfrontamento ideolóxico entre moderados e progresistas, e a disputa polo poder ante a

Reservados todos los derechos.


preferencia de María Cristina polos moderados. É por este motivo polo cal hai moitos
pronunciamentos progresistas durante esta etapa.

Nun primeiro momento, na rexencia de María Cristina, tras o pequeno goberno de Cea
Bermúdez (onde se produce a reforma provincial do reino e a desaparición do reino de
Galicia), ela elixe ao moderado Martínez de la Rosa, mais ante a restrición das liberdades e a
lentitude das reformas e a elección da raíña de Istúriz como xefe moderado do goberno (o cal
aplica as medidas do goberno conservador, como a restrición da autonomía), prodúcense en
España numerosas revolucións liberais, destacando as do 35 e 36. Gracias a estas revolucións,
despois do Motín dos sarxentos da granxa (13-8-1836), sube ao poder Calatrava como
presidente do goberno e Mendizábal como ministro de facenda. Con esta revolución, neste
contexto liberal, redáctase a constitución de 1837, con principios liberais doutrinarios
progresistas. Nesta época comeza tamén a reforma agraria, coas desamortizacións. Esta
constitución do 37 caracterízase polo o restablecemento da constitución de Cádiz e os seus
principios: soberanía compartida entre rei e cortes bicamerais, mais con prioridade destas
últimas, unidade lexislativa compartida entre estes dous organismos, cun mesmo código de
leis, poder executivo exercido polo rei, estado confesional pero con certa liberdade de cultos...
A pesar deste goberno progresista de Calatrava e Mendizábal, debido a predilección da raíña
polos moderados, estes comezan a subir lentamente ao poder, e como consecuencia,
comezan numerosas manifestacións progresistas, as cales comezan en Barcelona e esténdese
por todo o país. Dentro destas revolucións destaca o militar Espartero, o cal dirixe accións
contra a Milicia Nacional. Tras ser nomeado por María Cristina xefe do goberno, intenta chegar
a un acordo entre ambos grupos. Ao non aceptar ningún consenso, a raíña dimite e pasa a
rexencia a Espartero en 1840. Este novo rexente chega ao poder nun contexto de conflicto
ideolóxico e problemas.

Descarga la app de Wuolah desde tu store favorita


a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3082580
Espartero, cos seus principios liberais progresistas, inicia unha desamortización eclesiástica

No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
que complementa a anterior de Mendizábal, pero ten moita oposición en España. Outra das
medidas que aplica durante o seu goberno é o recoñecemento dos dereitos forais, de Navarra,
gracias á lei paccionada, a cambio de aceptar o réxime vixente e un cupo para o goberno. O
País Vasco, ao non aceptaren estas condicións, quédanse cos seus dereitos suprimidos, o cal
vai xerar unha oposición cara a este goberno progresista. Así mesmo, durante este goberno, os
progresistas apártanse de Espartero, así como Barcelona, a cal quería medidas proteccionistas.
Ante este ambiente hostil, con pronunciamentos ante o seu goberno, como o de Narváez en
Torrejón de Ardoz, Espartero dimite exiliádose a Londres, e deixa a España nun contexto de
incerteza. Vai ser o comezo dun novo goberno progresista, no cal proclámase o reinado de
Sabela II.

Neste novo goberno, dirixido polos moderados de Narváez, redáctase a constitucion liberal
doutrinaria moderada do 45 onde se destaca fundamentalmente: o predominio da coroa sobre

Reservados todos los derechos.


as Cortes, mais con soberanía compartida, e resticción de liberdades e de autonomía
municipal. Durante esta etapa, denominada década moderada, vai destacar a creación da
Garda Civil, dunha nova lei municipal e tamén dunha nova lei electoral(para apoiar a
restricción da autonomía), así como unha nova reforma tributaria, a cal provocar un
descontento contra os impostos indirectos polos consumos, e que desembocan nos chamados
motíns dos consumos. Por todas estas reformas comezan os pronunciamentos progresistas da
Milicia Nacional, que rematan todos en fracaso. Débese destacar en Galicia o pronunciamento
de Miguel Solís na Coruña (que remata cun fusilamento e recibe o nome de mártires de Carral)
e en Cataluña o comezo da segunda guerra carlista e os pronunciamentos dos Matiners. Ante
estas sublevacións o´Donnell e Espartero organizan a chamada Vicalvarada, a cal comeza co
Manifesto de Manzanares, e da entrada ao Bienio progresista. Nesta etapa, entra unha nova
forza política, os unionistas, os cales terán moita máis forza durante a Primeira República.
Neste bienio progresista séguese coa reforma agraria de Madoz e vaise a romper a unión entre
o´Donnell e Espartero, polas súas diferenzas ideolóxicas. O´Donnell presiona ao goberno para
apartar a Espartero, e cun pronunciamento asume o poder.

Desta maneira comeza a década moderada-unionista, onde estes dous grupos ideolóxicos
comparten o goberno, no cal establécese a constitución do 45. A alianza entre O´Donnell e
Narváez neste goberno rómpese en 1866, cando Narváez sube ao poder e comeza o bienio
ultramoderado. A forma de gobernar case ditatorialmente de Narváez favorece na década dos
60 numerosas revoltas, entre as que destacan no 65 a revolta estudiantil, e no 66 no exilio
(cuartel de san gil) concrétanse as bases do Pacto de Ostende, no que unionistas, progresistas
e demócratas se preparan para derrocar a Sabela II. As mortes en 1867 de O´Donnell e no 68
de Narváez, o último gran apoio militar de Sabela, favorecen xunto con todas as protestas, a
revolución de 68.

Polo tanto, podemos dicir que o reinado de Sabela II é unha etapa de gran inestabilidade
política, onde o liberalismo doutrinario cambia e vai fluíndo entre os diferentes gobernos.
Todas as diferenzas entre estas ideoloxías van favorecer a vontade de cambiar de réxime,
derrocando a Sabela II e comezando etapa caracterizada por unha gran crise económica
derivada da lei de consumos, e onde un novo tipo de liberalismo sube ao poder, o liberalismo
democrático. Comeza así o Sexenio democrático.

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-3082580

You might also like