You are on page 1of 5

BOLETÍN UNIDADE 1.

BASES IDEOLÓXICAS DA CONTEMPORANEIDADE

1. Define os seguintes conceptos:.

1.1. Liberalismo

1.2. Sociedade de clases

1.3. Soberanía

1.4. Liberalismo económico

1.5. Nación

1.6. Nacionalismo

1.7. Ludismo

1.8. Socialismo marxista

1.9. Anarquismo

1.10. Congreso de Viena

2. Responde as seguintes preguntas:

2.1. Cales son os principios básicos do liberalismo?

2.2. Que postura adopta o liberalismo con respecto a economía?

2.3. Cales son as diferentes tendencias que xurden a partir do concepto de nación? Explica
cada unha delas.

2.4. Cales son as dúas correntes principais dentro dos nacionalismos? Explica cada unha
delas.

2.5. Cales son as primeiras formas de organización e protesta do movemento obreiro?

2.6. Cales das primeiras formas de organización e protesta do movemento obreiro siguen
vixentes a día de hoxe?

2.7. Explica cales son as similitudes e diferenzas entre o socialismo marxista e o


anarquismo.

2.8. Que pasou cos países europeos unha vez derrotado Napoléon?

1
2.9. En que consistiu o Tratado da Santa Alianza?

2.10. Por que aconteceron tres vagas revolucionarias en Europa na primeira metade do
século XIX?

2.11. Cal foi o reino que liderou a unificación italiana e por que foi este o protagonista?

2.12. En que ano se constituíu o Reino de Italia?

2.13. Que reino foi o líder da unificación alemá e quen foron os seus líderes?

2.14. Cales son os tres pasos que permitiron a unificación alemá?

2.15. En que ano se formou o II Imperio alemán?

3. Analiza os seguintes os seguintes documentos

Texto 1: E. HOBSBAWM: A era da Revolución, 1789-1848, (1962)

As palabras son testemuñas que acostuman falar máis forte cós documentos.
Consideremos algúns vocábulos que foron inventados ou que adquiriron o seu significado
moderno no período de sesenta anos [1789-1848] (...). Entre eles están “industria”, “fábrica”,
“clase media”, “clase traballadora”, “capitalismo” e “socialismo”. O mesmo podemos dicir de
“aristocracia” e de “ferrocarril”, de “liberal” e “conservador” como termos políticos, de
“nacionalismo”, (...) ”proletariado” e “crise” (económica). (...) E o mesmo de “folga” (...).
Imaxinar o mundo moderno sen esas palabras (é dicir, sen as cousas e os conceptos aos
que dan nome) é medir a profundidade da revolución producida entre 1789 e 1848, que
supuxo a maior transformación na historia humana desde os remotos tempos nos que se
inventaron a agricultura e a metalurxia, a escrita, a cidade e o Estado. Esta revolución
transformou e segue a transformar o mundo enteiro.

Texto 2: E. J. SIEYÈS. Que é o Terceiro estado? 1789

Que é unha nación? Un corpo de asociados que viven baixo unha lei común e son
representados pola mesma lexislatura (...).

Onde atopar a nación? Onde está: nas corenta mil parroquias que abarcan todo o territorio,
todos os habitantes e todos os tributarios da facenda pública. Aí está sen dúbida a nación.

2
Texto 3: MARX e ENGELS: O Manifesto comunista (1848)

Toda a historia da sociedade humana, ata a actualidade, é unha historia de loita de clases.
Libres e escravos, patricios e plebeos (...); nunha palabra, opresores e oprimidos, fronte a
fronte sempre, empeñados nunha loita ininterrompida, oculta unhas veces, e outras franca e
aberta, nunha loita que conduce en cada etapa á transformación revolucionaria de todo o
réxime social (...).
A revolución comunista significa a ruptura máis radical coas relacións de produción
tradicionais (...). O proletariado usará o seu poder político para arrincar paso a paso á
burguesía todo o seu capital, centralizar todos os medios de produción nas mans do Estado.

Texto 4: M. BAKUNIN: Socialismo sen Estado (texto recollido en A filosofia política de


Bakunin, de G.P. MAXIMOFF, 1953

A organización dunha sociedade mediante unha federación libre, desde abaixo cara arriba,
de asociacións de traballadores (...), primeiro nunha comuna, despois nunha federación de
comunas en rexións, de rexións en nacións, e de nacións na asociación fraternal
internacional.

❖ TRABALLAMOS COS DOCUMENTOS:

1.- Le os textos e subliña os aspectos máis relevantes.

2.- Identifica a idea principal e as secundarias en cada un dos textos

3.- Con que elementos traballados na aula se relaciona cada un dos documentos?

3
4. Analiza as seguintes imaxes respondendo as preguntas plantexadas:
Imaxe 1

- Explica as fases da unificación alemá en base a imaxe 1.

Imaxe 2

4
- Que representa a imaxe 2?
- Cales foron os principais cambios nas fronteiras europeas?

5. Escolle un destes temas e desenvólveo por escrito (mínimo de 20 liñas):

a) Unificación italiana.

b) Socialismo marxista e anarquismo.

c) Liberalismo e nacionalismo.

You might also like