You are on page 1of 2

UNA PEQUEÑA HISTORIA DE LA FILOSOFÍA (Nigel Warburton, 2011)

Cuestionario V. Pensamento Contemporáneo II

Capítulo 27. MARX (XIX)

1) ¿En que sentido cres que Marx cambiou a vida da xente para peor? ¿E para mellor?
2) No capitalismo ¿de onde procede o capital?
3) Describe as condicións de traballo do XIX. ¿Cal é a diferenza cas de agora?
4) Define: Relixión, Revolución, Plusvalía, Alienación, Igualdade (segundo Marx).
5) ¿Fracasou o marxismo?

Capítulo 29. NIETZSCHE (XIX)

1) ¿Que quere dicir “Deus morreu”?


2) ¿Como explica Nietzsche a orixe da moral actual?
3) ¿Como cres ti que é o superhome do que fala? ¿Ten algo que ver co nazismo?
4) ¿Que idea ou ideas foron as que máis chamaron a túa atención, positiva ou negativamente?

Capítulo 30. FREUD (XX)

1) ¿Por que as ideas de Freud foron revolucionarias?


2) ¿En que consistían as súas terapias?
3) Define: Represión, Lapsus, Inconsciente, Soño, Relixión (segundo Freud).
4) ¿Como actúa en nós o inconsciente?
5) ¿Por que a Psicanálise non é considerada unha ciencia?

Capítulo 31. RUSSELL (XX)

1) ¿Por que non cría en Deus?


2) ¿Que foi o que levou a este matemático á Filosofía?
3) ¿Para que serve a Teoría das Descricións?
4) Tenta explicar o que significou o “xiro lingüístico” na Filosofía1.

Capítulo 33. JEAN PAUL SARTRE, SIMONE DE BEAUVOIRE, ALBERT CAMUS (XX)

1) Explica o que cres que quere dicir a frase “Estamos condenados/as a ser libres”.
2) Agora fai o mesmo con “A existencia precede á esencia”.
3) O existencialismo de Sartre ¿paréceche pesimista ou optimista? ¿por que?
4) ¿E o de Camus? ¿por que?
5) ¿Como fundamenta Simone de Beauvoire o feminismo?
6) ¿Por que cres que Beauvoire titulou así ao seu libro máis famoso?
1 No século V a.c. tivo lugar o chamado “xiro antropolóxico”, que supuxo un cambio na temática na que se centrou a
Filosofía, que pasou de ser sobre a natureza (do que se ocupaban fundamentalmente as/os pensadores/as
presocráticos/as) a ser sobre cuestións éticas y políticas (Sofistas, Sócrates e Platón).
7) ¿Ves algunha diferenza entre a maneira na que describe Warburton a Sartre e a Beauvoire?
Capítulo 34. LUDWIG WITTGENSTEIN (XX)

1) Explica a frase “Do que non se pode falar é mellor calar”.


2) ¿Para que lle servían a Wittgenstein o exemplo dos “parecidos familiares” e a palabra “xogo”?
3) ¿Describe a linguaxe obxectos, sensacións ou ámbalas dúas?
4) A linguaxe ¿é algo privado ou público?
5) ¿Cal é a esencia da linguaxe?

You might also like