You are on page 1of 3

Vocabulario obxecto de exame (Temas 9 e 10) (debedes completar as definicións seguintes de cara

ao exame, pois o primeiro exercicio do mesmo consistirá en desenvolver catro conceptos incluídos
nesta lista)

FMI: (Fondo Monetario Internacional) Institución creada na Conferencia de Bretton Woods


(1944), xunto co Banco Mundial, que se ocupa de estabilizar o sistema monetario internacional e
actúa como autoridade de supervisión do sistema monetario internacional. Fai o seguimento da
economía mundial e concede préstamos aos países que se enfrontan a problemas de balanza de
pagos, e presta axuda práctica aos membros.

Banco Mundial: Institución creada na Conferencia de Bretton Woods (1944), xunto co FMI, coa
finalidade de traballar cos países en desenvolvemento para reducir a pobreza e aumentar a
prosperidade compartida. Proporciona financiamento, asesoramento e asistencia técnica aos
Gobernos, e tamén se centra no fortalecemento do sector privado dos países en desenvolvemento.

Estado do benestar: é un tipo de organización política, económica e sociocultural que coloca o


Estado como axente da promoción social e organizador da economía. Nesta orientación, o Estado é
o axente regulador de toda a vida e saúde social, política e económica do país, en colaboración con
empresas privadas e sindicatos. Cabe, ao Estado de benestar social, garantir servizos públicos  e
protección á poboación. O Estado de benestar social moderno naceu na década de 1880, na
Alemaña, con Otton Von Bismarck, como alternativa ao liberalismo económico e ao socialismo.

Tratado de Maastricht: O Tratado da Unión Europea, coñecido como Tratado de Maastricht, é un


acordo entre os países da Comunidade Económica Europea (CEE), asinado na cidade holandesa de
Maastricht o 7 de febreiro de 1992, e entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1993. Transformou a CEE
na Unión Europea, asentada en tres piares: O comunitario (mercado e políticas comúns), o da
PESC (Política Europea de Seguridade Común) e o da cooperación en materia de xustiza e asuntos
internos

Consello Europeo: O Consello Europeo é unha das sete altas Institucións da Unión Europea,
integrada polos vinte e sete Xefes de Estado ou de Goberno dos Estados da Unión, máis o seu
Presidente e o Presidente da Comisión Europea. A súa composición e a lóxica do seu funcionamento
convérteno nun órgano de natureza predominantemente intergubernamental. As súas funcións son
de orientación política, fixando as grandes directrices e obxectivos da Unión nos ámbitos máis
relevantes; a potestade lexislativa estalle expresamente vedada polos Tratados.

Comisión Europea: Institución politicamente independente que representa e defende os intereses


da Unión Europea no seu conxunto, propón a lexislación, políticas e programas de acción e é
responsable de aplicar as decisións do Parlamento Europeo e do Consello da Unión Europea.
A Comisión actúa seguindo o método dun gabinete do goberno, con 27 comisarios. Hai un
Comisario por cada Estado membro, con todo os comisarios están obrigados a representar os
intereses da UE no seu conxunto en lugar do seu Estado de orixe. Un dos 27 é o Presidente da
Comisión (na actualidade, Ursula von der Leyen) nomeado polo Consello Europeo coa aprobación
do Parlamento Europeo.

Os tigres asiáticos: Os “tigres” do sueste asiático xurdiron entre 1945 e 1990, no contexto da
Guerra Fría. Comezouse a velos como potencias: Singapur, Hong Kong, Taiwán e Corea do Sur-
Demostrando un crecemento en calidade, cantidade e baixo prezo nos seus produtos alcanzando
mercados internacionais. A mediados de 1950 apuntaron aos avances tecnolóxicos e a políticas
substitutivas de importación, orientándose logo ás exportacións. Estes países mudaron paradigmas
mundiais.

Protestas do 68: As protestas de 1968 espalláronse por todo o mundo, en gran parte realizadas por
estudantes e traballadores. A oposición á Guerra do Vietnam dominaba as manifestacións (sobre
todo en EE.UU.), pero tamén se protestaba polas liberdades civís, contra o racismo, a favor do
feminismo, e contra as armas nucleares e biolóxicas.

Feminismo : O feminismo é un conxunto de movementos políticos, sociais, ideolóxicos e


filosóficos que teñen como obxectivo común conseguir dereitos iguais e unha convivencia humana
por medio do apoderamento feminino  e da liberación de padróns patriarcais, baseados en normas
de xénero. Abrangue diversos movementos, teorías e filosofías que avogan pola igualdade entre
homes e mulleres, alén de promover os dereitos das mulleres e os seus intereses.

Coexistencia pacífica: concepto utilizado por Nikita Kruschev para definir as relacións futuras
entre o bloque capitalista e comunista. Baseábase na idea de que deberían convivir países
capitalistas con países comunistas, e que para evitar unha guerra mundial era necesario mantener a
«coexistencia pacífica [que] presupón a renuncia á guerra como medio de resolver as disputas
internacionais».

Democracias populares: reximes políticos comunistas establecidos na maiorías dos países da


Europa Oriental logo da derrota dos nazis (1945) e que perdurarán até finais do S.XX (durante a
Guerra Fría). Estes eran Estados de partido único (comunista) e sometidos ao control ideolóxico e
político de Moscova (URSS).

COMECON: O Consello de Axuda Mutua Económica (CAME ou Comecon) foi unha organización


de cooperación económica formada ao redor da URSS polos países do chamado socialismo real e
cuxos obxectivos eran o fomento das relacións comerciais entre os estados membro nun intento de
contrapesar aos organismos económicos internacionais de economía capitalista, así como presentar
unha alternativa ao denominado Plan Marshall desenvolvido polos Estados Unidos  para a
reorganización da economía europea tras a Segunda Guerra Mundial. Existiu entre xaneiro de 1949
e abril de 1991.

Pacto de Varsovia: O Pacto de Varsovia ou Tratado de Varsovia (1955-1991) foi unha alianza militar


dos países do bloque soviético de Europa do Leste coma un intento para organizarse en contra da
ameaza que percibían da OTAN, establecida en 1949, pero especificamente incitado pola
integración dunha remilitarizada Alemaña Occidental dentro da OTAN coa ratificación dos Acordos
de París polas nacións de occidente.

Perestroika: A perestroika foi, en conxunto coa Glasnost (trasparencia), unha das políticas
introducidas na Unión Soviética por Mikhail Gorbachev, en 1985. A palabra perestroika, que
literamente significa reconstrución, gañou a conotación de 'restruturación económica'. Gorbachev
percibiu que a economía da Unión Soviética estaba a fallar e sentiu que o sistema socialista, a pesar
de que non necesitaba ser substituído, certamente precisaba dunha reforma, e isto sería levado a
cabo polo proceso da perestroika. Unha chave principal da perestroika era reducir a cantidade de
diñeiro gastado na defensa nacional.
CEI: A organización fundárona o 8 de decembro de 1991 a República de Belarús, a Federación
Rusa e Ucraína, cando os líderes deses tres países asinaron o Tratado de Belovesh, polo que se
disolvía a Unión Soviética e se creaba a CEI como entidade sucesora da URSS. Ao mesmo tempo
anunciaron que a nova alianza estaría aberta a todas as repúblicas da antiga Unión Soviética,
ademais de a outras nacións que compartisen os mesmos obxectivos. A constitución afirmaba que
todos os membros eran nacións soberanas e independentes, e polo tanto abolía á Unión Soviética.

You might also like