You are on page 1of 5

HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO

1º BACHARELATO

TAREFA 8

INSTRUCIÓNS: Debes realizar os exercicios propostos e entregalos en tempo e forma. Pódense


entregar en papel en clase ou en formato electrónico a través da classroom. A data límite está
indicada na tarefa de classroom.

A tarefa é avaliable; será cualificada sobre 10 puntos e fará media co resto das tarefas da
avaliación. Estes traballos supoñen o 20% da nota do trimestre.

Valorarase:

- A entrega no prazo establecido


- A correcta presentación (limpeza, ortografía, redacción axeitadas)
- Contido adecuado: correcta argumentación, precisión na utilización dos termos,
utilización do vocabulario específico...

1. Explica o significado dos seguintes conceptos e sitúaos no seu contexto

- Brexit .- Saída do Reino Unido da Unión Europea que se fixo efectiva no año 2020.

- CECA.- Comunidade Europea do Carbón e Aceiro , sectores fundamentais no centro de


Europa , creado co Tratado de París 1951 , asinado por Benelux (Bélxica, Holanda e
Luxemburgo) Italia, Francia e Alemaña.

- CEE.- (Comunidade Económica Europea) Creado mediante o Tratado de Roma 1957


pretende crear un mercado común xa nos só para o carbón e o aceiro senón para todo
tipo de mercadorías , persoas e servizos .

- Comisión Europea.- Representa aos estados membros e aproba as leis e os


presupostos xunto co Parlamento Europeo . Tamén desenvolve a política exterior da
Unión . Intégrase por un ministro de cada país e ten unha presidencia rotatoria, cada
seis meses.

- Euroescepticismo.- Fracaso europeo da creación dunha Constitución comunitaria que


permitise o impulso definitivo a entidades política da Unión , foi rexeitada por varios
países e non asinada xa que non querían perder parte da súa soberanía. Rexeitan a
construción dunha Europa federal.

- Integración. Proceso multidimensional cuxas expresións inclúen iniciativas de


coordinación e cooperación , no último cuarto do s. XX foi relevante a integración de
América Latina establecendo lazos de cooperación e integración entre os países da
rexión , a integración europea foi un proceso mais longo iniciado por 6 países desde
1951 ata que se foron sumando novos Estados.
HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO
1º BACHARELATO

- Mercado común.- crease un mercando común para os sectores fundamentais do


carbón e do aceiro polo TRATADO DE PARIS y posteriormente polo TRATADO DE ROMA
preténdese crear un mercado común para todo tipo de mercadorias.

- Organización supranacional.- Xa no Tratado de París se crea un comité executivo


supranacional para o mercado do carbón e do aceiro , pero ese vai ser o primeiro paso
xa que a UE con tratados posteriores tratan de alcanzar a organización supranacional
como entidade xurídica mais ala dos países membros.

- Schengen.- Convenio firmado en 1985 por Francia Alemaña e Benelux polo que se fai
efectiva a libre circulación de persoas suprimíndose as fronteiras internas entre eses
países e creando unha única fronteira exterior . Fórmase o ESPACIO SCHENGEN onde
se foron incorporando moitos mais paises incluso extracomunitarios.

2. Investiga as dificultades que atopou España para a súa integración na CEE.

A integración de España na UE enfrentou varias dificultade o longo dos años

-Legado histórico, España ingresa en 1986 , trala morte de Franco e o fin da ditadura o que
significa unha transición dende un réxime autoritario cara unha democracia.

-Desenrolo económico desigual , con respecto a algunhas rexións como Cataluña ou Pais
Vasco, con economías mas desenroladas o que xera tensións.

-Desafíos estructuráis, como o paro , a corrución , a burocracia o que levou a ter que facer
varias reformas.

-Diversidade cultural e lingüistica que planteou desafíos con respecto as distintas


identidades rexionais .

-Actualmente desafíos como o separatismo catalán , a crise económica de 2008 os


problemas migratorios .

Aínda que España realizou avances na integración na UE , segue enfrentando desafíos en


areas como a economía, a política e a identidades cultural

3.-Indica quen foron os seguintes personaxes (en relación coa UE):

- Aristide Briand ministro de exteriores francés que presenta un proxecto de unión


federal dos países europeos frustrado pola crise do 29, as Guerras mundiais .

- Robert Schuman.- en 1950 este ministro de Asuntos Exteriores de Francia fixo a


famosa DECLARACION SCHUMAN o 9 de maio de 1950 na que propuña un plan de
unión do mercado francés e alemán dos sectores industriais estratéxicos como son o
carbón e o aceiro , axudou na creación da CECA.
HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO
1º BACHARELATO

- Jean Monnet apoiou durante toda a súa vida a integración europea cuxas ideas
serviron de inspiración o chamado PLAN SCHUMAN de unir a produción a produción
nacional de carbón e aceiro de Francia e Alemaña baixo unha mesma estrutura.

- Charles Michel.- Presidente do Consejo europeo desde 2019 , reelexido en 2022 . Foi
primer ministro de Bélxica.

- Ursula Von der Leyen.- Presidenta da Comisión europea designada polo Parlamento
Europeo por un mandato de 5 años.

-Josep Borrell.- Alto representante da política exterior e de seguridade común (MISTER


PESC) para manter a paz e roforzar a seguridade internacional , fomentar a cooperación
internacional con terceiros Estados e desenvolver e consolidar a democracia e o Estado de
dereito , así como o respecto dos Dereitos Humanos e das liberdades fundamentais.
HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO
1º BACHARELATO

3. Comenta o seguinte documento.

O Tratado de Maastricht

Artigo A. Polo presente Tratado, as Altas Partes Contratantes constitúen entre si unha Unión
Europea, a partir deste momento denominada “Unión”. O presente Tratado constitúe unha
nova etapa no proceso creador dunha Unión cada vez máis estreita entre os pobos de Europa,
na cal as decisións serán tomadas da forma máis próxima posible aos cidadáns. (...)

Artigo B. A Unión terá os seguintes obxectivos:

- Promover un progreso económico e social equilibrado e sostible, principalmente


mediante a creación dun espazo sen fronteiras interiores, o fortalecemento da
cohesión económica e social e o establecemento dunha unión económica e monetaria
que implicará, no seu momento, unha moeda única, conforme ás disposicións do
presente Tratado.
- Afirmar a súa identidade no ámbito internacional, en particular mediante a realización
dunha política exterior e de seguridade común que inclúa, no futuro, a definición
dunha política de defensa común (...)

Maastricht, 1992

Utiliza estas preguntas como guía para facer o comentario:

Introdución: Que texto é? Indica o tema que trata e cronoloxía.

Corpo: Contextualiza o texto na evolución da formación da Unión Europea (en que momento
se acorda, que necesidades había, como era a Unión nese ano...).
Analiza o seu contido: que ideas se expoñen? Que obxectivos se marcan? Que políticas
pretenden poñer en marcha?
Que resultados se obtiveron?

Conclusión: Que importancia tivo este tratado na construción da integración europea?


Conseguíronse eses obxectivos marcados?

Lembra que o resultado debe ser un texto completo, ben estruturado e cohesionado, cunha
redacción e ortografía correctas. Tes información sobre a realización dos comentarios de texto
históricos no tema 0 do curso.
HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO
1º BACHARELATO

Representantes de doce países asinaron o tratado de Maastricht o 7 de febreiro de 1992,


Alemaña, Bélxica, Dinamarca, España, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Países
Baixos, Portugal e Reino Unido.

Dende a sinatura do tratado os países europeos estreitan o seu vínculo.

O tratado sentou as bases para unha Unión Europea máis integrada e cohesiva.

Había necesidade de:

1. Dunha integración económica máis profunda


2. Dunha estabilidade monetaria cun euro como moeda única.
3. Dunha maior coordinación política, polos cambios xeopolítiocos en Europa.
4. Buscábase fortalecer a identidade europea.

En 1992, a CEE xa experimentara un crecemento coa eliminación de barreiras comerciais e a


creación dun mercado común, pero este tratado representou un paso importante porque en
1992 a UE estaba no seu punto crucial de transformación cara unha entidade política e
económica máis cohesionada.

Entre os obxectivos do tratado destacan:

1. Creación dunha unión económica e monetaria


2. Desarrollo dunha politica de exterior e de seguridade común.
3. Promoción da cidadanía europea.

En resumo, tiña como obxectivo principal avanzar cara unha maior integración política,
económica e social entre os estados membros da UE.

Os resultados foron varios:

1. Creación do euro e da Unión Económica Monetaria (UEM)


2. Maior integración política entre os estados membros la Unión Europea.
3. Fortalecemento do mercado único.

Para concluír, o Tratado de Maastricht tivo un impacto significativo na configuración actual da


UE, fortalecendo a integración económica, política e social entre os seus estados membros.
Entre todos os obxectivos algúns foron máis extosos ca outros, aíndas existen áreas onde se
precisa un maior traballo e coperación para lograr unha integración europea máis completa e
efectiva.

You might also like