You are on page 1of 2

G3061107 HISTORIA ECONÓMICA MUNDIAL, 1º GRAO ECONOMÍA

CURSO 2021-2022

NOME:

APELIDOS:

CUESTIÓNS CAP. 2 DO MANUAL:

Cap. 2. A economía urbana preindustrial.

FELIU, Gaspar e SUDRIÀ, Carles (2013), Introducción a la historia económica


mundial. Valencia, Universitat de València.

OBSERVACIÓN: Estas cuestións que se formulan a continuación non son para


entregar ao profesorado. Propóñense como axuda para a preparación do capítulo
2 do manual e co cal debedes completar as explicacións da clase referidas ao
apartado 1.2 do temario.

Responde ás seguintes cuestións:

1. Indica os principais factores que favoreceron a recuperación das actividades


urbanas dende a Idade Media.
2. Define o concepto de mercado e pon exemplos de distintos tipos de mercados no
mundo medieval e moderno.
3. Que queremos dicir cando afirmamos que o comercio a longa distancia ata o
século XII estaba dominado pola oferta?
4. Pon exemplos de produtos que Europa importaba de Oriente e outros que
exportaba a Oriente durante a Idade Media.
5. Indica algúns motivos que expliquen por que o comercio medieval, ademais de
lento e perigoso, era caro.
6. Cal foi o principal motivo que levou á organización de caravanas armadas?
7. Cal foi o papel principal que xogaron Madrid e Lisboa no comercio mundial
durante a Idade Moderna?
8. Indica que era a Hansa e que produtos se intercambiaban no marco da Hansa.
9. É correcto afirmar que nos séculos XIII-XIV o comercio no Mediterráneo estaba
dominado polos bizantinos? Si ou non? Xustifica a resposta.
10. Sería correcto afirmar que a expansión europea en América e Asia durante a
Idade Moderna se viu favorecida pola superioridade técnica? Si ou non?
Xustifica a resposta.
11. Cales eran os principais usos/destinos dos metais preciosos que dende América
chegaban a Sevilla?
12. Define o concepto de “plantación” e pon exemplos de produtos típicos de
plantación.
13. Que produtos levaban ao Mediterráneo os ingleses e holandeses na Idade
Moderna?
14. Cita os factores que favoreceron a hexemonía holandesa no século XVII.
15. Cales foron as medidas tomadas polos comerciantes holandeses no século XVII
fronte á caída dos prezos das especias nos mercados europeos?
16. Cales son os principais motivos que están detrás das guerras comerciais entre
Gran Bretaña e Holanda no século XVII?
17. Explica a seguinte afirmación: “a gran vantaxe do comercio británico era o papel
central que desempeñaban as manufacturas”.
18. Cales son as diferenzas que sinalan os autores entre mercados e feiras? Pon
exemplos dalgunhas feiras importantes durante a Idade Media.
19. En que consiste o préstamo de feira a feira?
20. Explica que é un cambista e indica cal é a forma pola que obtén ingresos das
operacións que realiza.
21. Cales eran as función dos bancos centrais e cal/cales foi/foron os máis
importantes antes do século XIX?
22. Concepto de Bolsa. Cita algunhas Bolsas importantes anteriores ao século XIX.
23. Defino os conceptos de filial, sucursal e corresponsalía e indica as principais
diferenzas entre elas.
24. Indica os principais cambios que se deron na industria téxtil da la no século
XVI.
25. Indica cales eran os principais centros produtores de liño e os usos desta fibra
téxtil.
26. Sinala as principais innovacións no sector de transformación do mineral de ferro
ao longo das etapas medieval e moderna.
27. Que eran os gremios e cales eran as súas principais funcións/misións?
28. En que consiste o Puting-Out-System ou Verlag System? Por que tivo maior
difusión no campo que no marco gremial?
29. Define os seguintes conceptos:
a. Protoindutrialización.
b. Mercantilismo.
c. Liberalismo.
30. Indica cales foron as principais etapas históricas no ascenso da burguesía.

Desenvolve os seguintes temas:


A- O comercio a longa distancia nas Idades Media e Moderna.
B- Crecemento urbano e actividade artesanal durante o feudalismo.
C- O papel de Europa no mundo preindustrial.
D- Transición do feudalismo ao capitalismo: principais elementos no proceso.

You might also like