You are on page 1of 3

Acordos e protocolos

internacionais en materia de
protección ambiental
Resumido

Sería imposible redactar un apartado sobre declaracións e convenios internacionais sen situalos nun
contexto histórico, polo que se presentará un breve repaso histórico da protección ambiental nun
contexto internacional.
Durante a producíronse unha serie de cambios e innovacións que cambiaron drasticamente os
patróns produtivos, sociais e económicos.
Así, a mediados do século XX, comeza a xurdir unha crecente preocupación polos aspectos
ambientais, que quedaría reflectido nos ordenamentos xurídicos posteriores.
O primeiro fito histórico relevante foi o Cumio de Estocolmo de 1972, que foi pioneiro no famoso
Cumio de Río de 1992 e o Cumio de Kioto de 1997.

Cumio da Terra
O Cumio da Terra é a expresión empregada para denominar as Conferencias das Nacións Unidas
sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento, un tipo excepcional de encontro internacional entre
xefes de estado de todos os países do mundo que buscan chegar a acordos en materia de medio
ambiente, desenvolvemento, cambio climático, biodiversidade e outros temas relacionados.

Cumio de Estocolmo
A Conferencia das Nacións Unidas
sobre o Medio Humano , tamén
coñecida como Conferencia de
Estocolmo, é unha conferencia
internacional organizada polas Nacións
Unidas en Estocolmo, Suecia, do 5 ao
16 de xuño de 1972. A reunión foi
aberta polo primeiro ministro sueco
Olof Palme¹ e o secretario xeral Kurt
Waldheim² para discutir o estado do
medio ambiente global.
Na reunión acordouse unha
Declaración que contén 26 principios sobre medio ambiente e desenvolvemento, un plan de acción
con 109 recomendacións e unha resolución.

Cumio de Río
Comezouse a preparar pola ONU en 1989 e na Conferencia estiveron presentes 178 gobernos, os
cales se comprometeron á firma do Tratado sobre Cambio Climático, e tomar as medidas para a
mitigación da emisión de gases de efecto invernadoiro.
Buscaban reafirmar e desenvolver a Declaración de Estocolmo , co obxectivo de alcanzar un
desenvolvemento sostible. Incluía todos aqueles aspectos que tiñan pendente solucionar para o
século XXI .

Axenda 21
A Axenda 21 é un plan da ONU estratéxico para este novo século, foi abrobada en río, é un
documento que establece as pautas para aproximarnos cara a un mundo máis respectuoso co medio
ambiente. Aborda importantes retos relacionados con: Medio ambiente e desenvolvemento;
Consumo; Saúde humana; Recursos naturais.

Cumio de Kioto
O Protocolo de Kioto pon en funcionamento a Convención Marco das Nacións Unidas sobre o
Cambio Climático comprometendo aos países industrializados para limitar e reducir as emisións de
gases de efecto invernadoiro en función dos obxectivos individuais acordados. A propia Convención
só esixe que estes países adopten políticas e medidas de mitigación e presenten informes periódicos.
No seu anexo B, o Protocolo de Kioto establece obxectivos vinculantes de redución de emisións
para 36 países industrializados e a Unión Europea.

Fracaso do Cumio de Kioto


A pesar dos esforzos, a aplicación do Protocolo de Kioto non detivo o aumento das emisións de
gases de efecto invernadoiro á atmosfera.
Na segunda parte, os países comprometéronse a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro
en polo menos un 18% en referencia a 1990 de novo.
Porén, países contaminantes como EEUU, Rusia ou Canadá decidiron non asinar a prórroga.
Olof Palme¹ foi un político
sueco. Exerceu como
primeiro ministro de Suecia
durante 10 años en dúas
etapas.

Kurt Waldheim² foi un


diplomático e político
conservador austríaco, membro
do Partido Popular Austríaco
(ÖVP). Foi secretario xeral de
las Nacións Unidas entre 1972 y
1981.

You might also like