You are on page 1of 6

UD 8. O mundo despois da I Guerra Mundial. Páx.

UD 8. O MUNDO DESPOIS DA I GUERRA MUNDIAL.


RECONSTRUCIÓN, PROSPERIDADE E CRISE

1. RECONSTRUCIÓN E PROSPERIDADE NOS ANOS VINTE

1.1. AS DIFICULTADES DE EUROPA NOS ANOS VINTE

A. Europa perde a hexemonía mundial


- Gran Guerra → Conflito principalmente europeo onde se enfrontaron as potencias industriais máis desenvolvidas.
- Conversión da produción cara ás necesidades bélicas  Baixa a fabricación de manufacturas para a exportación.
- Aumenta a necesidade de materias primas, alimentos e capitais.
╚══► Aceleración do desenvolvemento industrial de países neutrais europeos (España, Suecia), de Iberoamérica
(Brasil) ou das colonias (Canadá, Australia, Sudáfrica).
 Satisfacción da demanda interna → Substitución de importacións.
 Subministro de bens aos contendentes.
- Auténticos beneficiarios do conflito  EEUU e Xapón.
 Sólida base industrial previa.
 Lonxe do escenario de guerra.
 Aumento da produción 
Introdución dos novos procesos de fabricación e racionalización do traballo  Baixa o prezo dos produtos.

B. O problema das débedas e das indemnizacións de guerra


- Problemas financeiros e monetarios ao rematar a PGM.
 Crecemento da demanda de bens de consumo.
 Proceso inflacionista perigoso  Diferentes respostas:
 Políticas DEFLACIONISTAS → Obxectivo: frear a demanda interna para facer baixar os prezos.
→ Redución da masa de diñeiro en circulación mediante:
- Política fiscal que aumenta os impostos.
╔ - Política presupostaria restritiva (ingreso > gasto).
║ - Elevación de tipos de interese  Redúcense os préstamos.
╚═════► - Restrición do consumo.
- Aumenta o desemprego.  Baixan os prezos.
 Políticas INFLACIONISTAS → Tratan de manter o consumo e os niveis de emprego a costa de non frear o
aumento de prezos e o deterioro da propia moeda.
→ Medios: - Políticas fiscais brandas.
- Orzamentos expansivos que favorezan o emprego  Aumenta o déficit público.
- Tipos de interese baixos que animan ao consumidor a endebedarse.
- Posta en circulación de gran cantidade de moeda  Inflación.
- CRISE 1920-21: Crise de reconversión  Paso da economía de guerra a unha economía de paz de libre competencia.
 Convulsións sociais e políticas  Ameaza ao sistema liberal democrático.
 Alteracións monetarias, contracción do comercio internacional, problema do pago das
débedas e indemnizacións  Agresividade internacional (Ocupación do Ruhr, 1923).
- Tratados de Paz  Reaxustes territoriais con ruptura de vínculos económicos e aumento de barreiras aduaneiras.
 Redución de espazos económicos.
 Illamento da Rusia bolxevique para evitar a extensión da Revolución.
 Insatisfacción dalgúns nacionalismos polos resultados.
 Problema das minorías étnicas.
- PROBLEMA ALEMÁN → territorial e financeiro:
 Alemaña non recoñece ningunha das novas fronteiras impostas e reclama a revisión.
 Fortes indemnizacións de guerra → Cantidade excesiva que superaba a capacidade de pago de Alemaña.
 1923: Tropas francobritánicas ocupan o Ruhr para compensar o diñeiro non pagado por Alemaña.
 Resistencia pasiva alemana e estrangulamento de sectores básicos.
 1924: Plan DAWES → Redución das anualidades.
 1929: Plan YOUNG → Redución do monto total establecido.
 1932: Os aliados renuncian ás reparacións (Conferencia de Lausana).
- 1924-1929: Triángulo financeiro - EEUU → Alemaña (préstamos)
UD 8. O mundo despois da I Guerra Mundial. Páx. 2

- Alemaña → Francia, Gran Bretaña (reparacións)


- Francia, Gran Bretaña → EEUU (débedas)
- CONFERENCIAS para resolver problemas concretos:
a) Problemas monetarios → Conferencia de Xénova (1922).
- Estabilizar as moedas.
- Garantir o valor pola restauración da súa convertibilidade en ouro (patrón ouro) ou en moedas fortes ($, libra)
- Fin do caos nos pagos internacionais.
b) Problema das indemnizacións de guerra → Conferencia de Londres (1924).
- Plan Dawes → Fixa as anualidades a pagar por Alemaña.
- Chegada de créditos norteamericanos a Europa  Etapa de prosperidade económica.

C. A normalización das relacións internacionais


- Problemas pola rivalidade imperialista → Conferencia de Washington (1921-22).
- Fixa a relación numérica entre as mariñas de guerra dos diferentes Estados  Perda da supremacía británica.
- Garantía ás diferentes metrópoles da posesión das súas colonias en Extremo Oriente.
- Plena soberanía de China, territorio aberto ao comercio mundial.
- Obxectivo  Frear a expansión de Xapón.
- Normalización das relacións internacionais en Europa → Negociacións BRIAND-STRESEMANN (1923). Temas:
- Necesidade de facilitar a reconstrución económica.
- Intercambios comerciais máis fluidos.
- Problemas territoriais → CONFERENCIA DE LOCARNO (1925)
- Alemaña, Francia, Gran Bretaña, Italia, Bélxica, Polonia, Checoslovaquia.
- Alemaña, Francia e Bélxica  Tratado que garante as fronteiras occidentais de Alemaña fixadas en Versalles
- Alemaña renuncia a Alsacia e Lorena (a favor de Francia) e a Eupen e Malmedy (a favor de Bélxica).
- Compromiso alemán de non recorrer á forza para rectificar fronteiras no leste e no sur.
- Alianza de Francia con Checoslovaquia e Polonia (garantía fronte a Alemaña).
- ESPÍRITO DE LOCARNO → Clima de cordialidade internacional.
 → Espírito de distensión, ánimo de superar o revanchismo.
Etapa de expansión económica, seguridade colectiva e éxitos diplomáticos.
 Entrada de Alemaña na SDN.
 PACTO BRIAND-KELLOG (1928) → Renuncia á guerra como medio para solventar
conflitos entre Estados.
- 1929: CRISE ECONÓMICA que remata coas novas esperanzas políticas.

1.2. EE.UU.: HEXEMONÍA E SOCIEDADE DE CONSUMO

- Sen perdas de guerra no propio territorio.


- Potencial económico e comercial polas peticións de subministros aliadas.
- Aumento da cuota de participación no comercio mundial libre da competencia dos Estados industrializados europeos.
- Participación militar e financeira na guerra  Posición dominante fronte aos países europeos, moi endebedados.
- 1920: Vitorias electorais dos opositores ao intervencionismo de Wilson.
 Partido Republicano  Defensa das aspiracións da América tradicional.

A. Illamento dos asuntos europeos


→ Política dos presidentes republicanos: HARDING, COOLIDGE, HOOVER.
→ Continúa a intervención en América Latina e o Caribe.

B. Conservadurismo e puritanismo
→ Rexeitamento do Socialismo  Medo ao efecto da Revolución bolxevique, á axitación revolucionaria, á
extensión do Socialismo, Anarquismo e sindicalismo.
→ Dominio das ideoloxías conservadoras e puritanas.
→ Represión do movemento obreiro → Persecución de socialistas e anarquistas.
→ Intolerancia contra todo o que non sexa WASP.
→ 1915: KU-KLUX-KLAN para defender os “valores americanos”.
→ Puritanismo nas costumes  1919: LEI SECA
 Declárase ilegal a fabricación, venda e consumo de alcohol.
 Tráfico clandestino → Bandas de extorsionadores (gángsters)
→ Proteccionismo aduaneiro
 1921: Leis de Inmigración  Control de entrada a eslavos, gregos, xudeus e latinos.
UD 8. O mundo despois da I Guerra Mundial. Páx. 3

C. Consumo de masas
- Liberalismo económico → “Capitalismo do Benestar”
- Abaratamento e abundancia de produtos  Consumo de masas.
- Aumento da fabricación → Organización do traballo:
- Aplicación das ideas de Taylor e Ford.
- Racionalización de tarefas.
╔══════ - Estandarización de modelos.
║ - Fabricación en serie nas cadeas de montaxe.
╚═► - Aumento da produtividade por traballador.
- Abaratamento de custos.
- Crecemento centrado nos sectores da 2ª Rev. Ind.: química, electricidade, bens de consumo e, sobre todo, o automóbil.
- Abaratamento dos prezos dos productos.
- Aumento do consumo estimulado por - Aumenta a capacidade de gasto polo aumento de salarios.
- Baixos prezos agrícolas  Aforro para as economías domésticas.
- Métodos para incitar ao consumo: publicidade, grandes almacéns, venda a prazos, compra a crédito.
→ Desenvolvemento de industrias de ocio  cine.
→ Consumismo → Sinal de identidade americana (American Dream).
- Progresiva concentración empresarial  Imperios industriais e comerciais.
 Facilidades dos gobernos republicanos: - Escasa presión fiscal.
- Conxelación da lexislación anti-trust.
- Elevados aranceis ás importacións.
- Crecemento económico con límites e desequilibrios:
 Descende a demanda de produtos agrarios por - cambios na dieta.
- competencia de novos países.
- recuperación da agricultura europea.
 Endebedamento campesiño → Grupos próximos á miseria.
 Diminúe a capacidade de adquirir produtos manufacturados.
 O salario e o poder adquisitivo dos obreiros medran menos que o aumento da produción.
 SUPERPRODUCIÓN → stocks que non chegan a ser consumidos.
 Desequilibrio oferta/demanda.

2. A CRISE DE 1929

2.1. ANTECEDENTES DA CRISE

A. Superprodución
- Aumento da produción mundial por riba das posibilidades de absorción da sociedade.
- Maiores prexudicados: os agricultores.
 Constante mecanización.
 Emprego de abonos químicos.  Exceso de produción agrícola → Baixan os prezos.
 Cultivo de novos territorios. → Menor poder adquisitivo campesiño.
 1925: Sucesión de boas colleitas  Agravamento da crise
 Agricultores endebedados reducen as compras de manufacturas.
- Síntomas de saturación nos mercados urbanos.
 As subas salariais dalgunhas empresas dos sectores máis produtivos non conseguen que a capacidade de
compra da maioría dos obreiros chegue aos novos produtos.
- Superprodución.
- Subconsumo relativo pola mala distribución da renda.  Acumulación de stocks agrarios e industriais dende 1927

B. Dependencia financeira respecto a EE.UU.


- EE.UU. → Prestamista mundial despois da PGM para a reconstrución europea.
 Dependencia da economía europea da afluencia de capitais norteamericanos.
 Mobilidade dos capitais  búscase o maior beneficio prestando a curto prazo con altas taxas de interese.
 Fuxidas de capital dun lugar para investirse noutro  Posible descapitalización dun país.
- 1928 → Os beneficios que se podían obter na Bolsa de NY atraen aos capitais flotantes internacionais.
 Redución de créditos a Europa.
 Aumenta a especulación na Bolsa.
UD 8. O mundo despois da I Guerra Mundial. Páx. 4

C. Especulación na Bolsa de Nova York


- Dende 1925 → Aumento rápido dos índices de valores.  O ↑ de valores non se debe a un ↑ real de
→ Crecemento lento da produción industrial. beneficios  Razóns ESPECULATIVAS
→ Tendencia do consumo ao estancamento.
- Abundancia de capitais
- Facilidade de obter créditos.  Investimento de aforros na compra de accións.
- Confianza no sistema.
- Procedemento para a compra:
 Compra a crédito das accións por particulares entregando o 25% do seu valor.
 O resto dos cartos son obtidos polo axente de Bolsa (broker) → coa garantía das accións adquiridas solicita
un préstamo (a bancos ou empresas).
 Venda de accións → O comprador devolve o diñeiro prestado e obtén beneficios.
→ O broker obtén a súa parte e devolve o crédito e os intereses.
- Obtención de beneficios  Máis investimento en Bolsa.
 Desprazamento dos capitais á Bolsa polo alto interese dos préstamos a curto prazo solicitados polos brokers.
 Dificultades dos sectores produtivos para conseguir préstamos.
 Empresas e bancos comprometen gran parte dos seus capitais en préstamos a brokers.

2.2. O CRAC DA BOLSA DE NOVA YORK

- Debilidade do sistema → Pequenas baixas asustan aos compradores, que queren vender rapidamente os seus valores.
 Tendencia dos prezos á baixa.
 Pánico dos especuladores  Venda de accións para perder o menos posible.
- 24 Outubro (Xoves Negro) e 29 Outubro – MARTES NEGRO  Afundimento.
- Pánico  Vendas  Mínimos en Bolsa ata 1932.
- CONSECUENCIAS EN CADEA:
► CRISE BANCARIA E FINANCEIRA
- Perda dos cartos prestados polos bancos pola incapacidade de moitos investidores de pagar os créditos.
- Retiradas de fondos de moitos clientes, temerosos de perder o seu capital.
 Os bancos non poden facer fronte porque teñen os seus fondos investidos en Bolsa.
 Suspensións de pagos e quebras  Ruina dos pequenos aforradores.
- Restricións de créditos e retirada dos capitais investidos en Europa.
- A crise da Bolsa transfórmase en CRISE BANCARIA E FINANCEIRA.
► CRISE ECONÓMICA GLOBAL
- Restrición de créditos e contracción dos investimentos dos bancos.  Afectan á industria e comercio
- Ruina de moitos consumidores.
- Falta de pedidos → Descenso da produción industrial.
→ Quebra de empresas.  PARO
→ Redución de plantillas.
- Agravamento da crise agrícola  Economía de subsistencia.
- As autoridades políticas (HOOVER) e económicas norteamericanas seguen o pensamento liberal clásico:
→ Liberdade económica, escasa intervención do Estado, autorregulación automática do mercado.
→ Poucas medidas e inaxeitadas.

3. A GRAN DEPRESIÓN DOS ANOS TRINTA

3.1. AS MANIFESTACIÓNS DA DEPRESIÓN

- Hexemonía mundial de EE.UU. Extensión dos efectos da crise.


- Retirada de créditos exteriores americanos para facer fronte ás demandas de liquidez interna.
- Restricións das compras americanas no estranxeiro.
╚══► Efectos en Europa e Latinoamérica.
- Crise norteamericana  Crise mundial que actúa como un boomerang afectando de novo a EE.UU.
 Proceso → Retirada de capitais norteamericanos.
→ Descapitalización e ruina de moitas entidades bancarias.
→ Afundimento en cadea do sistema financeiro de moitos países europeos.
 Afundimento do sistema monetario internacional.
 Ruina de empresas, peche de fábricas  Aumento do paro.
- Interconexión económica mundial  Xeralización da crise (excepto URSS).

UD 8. O mundo despois da I Guerra Mundial. Páx. 5

 PROTECCIONISMO
- Desexo de cada país de asegurarse mercados para os seus produtos.
 Establecemento de elevadas taxas aduaneiras.
- Alteracións monetarias e financeiras  Desvalorización, abandono do patrón ouro, limitacións á saída de capitais...
 Redución do comercio mundial  Incidencia negativa na produción manufactureira de cada país.
- Peche de aduanas → Fragmentación do mercado internacional  Creación de bloques económicos autónomos.
→ Acordos comerciais preferenciais entre Estados.
- Búsqueda de mercados → Competencia económica entre Estados  Estímulo de nacionalismos económicos.
→ Imperialismo agresivo (Xapón, Italia, Alemaña).

 CONTRACCIÓN DOS INTERCAMBIOS INTERNACIONAIS E REDUCIÓN DA PRODUCIÓN
INDUSTRIAL
- Descenso dos intercambios internacionais.
- Baixa capacidade de compra de Estados e individuos  Caída da produción mundial de manufacturas.
- Descenso da produción  Aumento do paro  Baixan as vendas  Descenso da produción.

 PROFUNDA INCIDENCIA SOCIAL
- Aumento do desemprego e da miseria.
- Distinto efecto segundo clases sociais:
 Ricos → Perda de beneficios pero manteñen o seu estilo de vida.
 Clases medias → Forte redución de ingresos.
→ Malestar social  Apoio aos fascismos en Europa.
 Traballadores industriais → Paro  fame, enfermidades, desafiuzamentos.
→ Empeoramento das condicións de traballo.
 Campesiños → Endebedamento.
→ Perda de terras  Traslado á cidade  Paro.
→ Caravanas de campesiños que se instalan en barrios de chabolas (hoovervilles).
- Tensión social → protestas obreiras, folgas, manifestacións.
 Represión contundente polo temor ao “perigo vermello”.
- Única oposición ao sistema capitalista  anarquistas e comunistas.
- Protestas contra a situación de paro que deixa ás masas obreiras fóra do sistema.
 A maioría non pide a revolución, senón a posibilidade de integración no sistema.
- Sindicatos e partidos socialistas aceptan o sistema, introducindo melloras a favor da clase traballadora.

3.2. AS TEORÍAS DE KEYNES

- Fracaso do liberalismo económico clásico  Aumenta intervencionismo estatal:


 Sistemas democráticos → Aumento do gasto e investimentos do Estado.
 Estados fascistas → Autarquía e dirixismo estatal.
 KEYNESIANISMO (Keynes, 1883-1946)
- Crítica das esaxeradas indemnizacións de guerra impostas a Alemaña despois da PGM  efecto negativo para o
desenvolvemento económico mundial.
- Ningún mecanismo regulará o mercado de forma natural e automática  A oferta e a demanda non se equilibrarán.
- Crítica das bases do liberalismo individualista → Non hai relación directa entre as actuacións e o beneficio privado e o
desenvolvemento xeral da economía.
- Defensa do intervencionismo estatal e fin do laissez faire.
- O nivel de emprego non depende só do nivel de salarios, tamén da capacidade de consumo e dos investimentos.
- Para reducir o paro hai que actuar sobre a demanda:
→ Lanzar ao mercado diñeiro abundante.
→ Renunciar ao patrón ouro se é necesario.
→ Máis investimentos públicos: grandes obras (↑ postos de traballo  ↑ capacidade adquisitiva dos obreiros).
→ Intervención do Estado, planificación da economía.
 Motor cando falte a iniciativa privada.
- Revisión do sistema liberal  Éxitos contra a depresión.
 Base da política económica occidental.
UD 8. O mundo despois da I Guerra Mundial. Páx. 6

3.3. O NEW DEAL NORTEAMERICANO

- Fracaso en EE.UU. das medidas de HOOVER para conter a crise.


 Eleccións 1932 → Triunfo do demócrata ROOSEVELT (1932-45).
 Programa de reformas económicas: NEW DEAL.
- Intervención do Estado para acadar a recuperación interna  Reactivación do consumo e dos investimentos.
a) No terreo financeiro:
→ Modificación de prácticas bancarias abusivas.
→ Supresión de préstamos especulativos.
→ Reforma da Bolsa.
→ Establecemento de garantías de protección de depósitos de particulares.
b) No terreo monetario:
→ Política inflacionista: emisión de gran cantidade de moeda para incentivar a circulación interna,
aumento dos prezos, pagar os gastos dos investimentos do Estado.
→ Abandono do patrón ouro.
→ Desvalorización do dólar para fomentar as exportacións.
c) No terreo agrícola:
→ Obxectivo: mellorar o nivel de vida (= aumento do consumo) dos campesiños.
→ Necesidade de elevar os prezos dos produtos agrarios baixando a produción e os stocks.
→ AGRICULTURAL ADJUSTEMENT ACT (AAA) – 1933 –
 Subvencións e primas aos agricultores para reducir as súas colleitas.
 Imposición de prezos mínimos aos produtos.
d) Na industria:
→ NATIONAL INDUSTRIAL RECOVERY ACT (NIRA) – 1933 –
 Permite acordos empresariais para control de produción e prezos.
 Protección dos obreiros: - salario mínimo.
- xornada de 40 horas/semana.
- dereito a sindicarse.
- convenios colectivos.
e) Paro:
→ Obras públicas: autoestradas, pontes, aeroportos, centrais hidroeléctricas, etc.
- Oposición a estas medidas:
→ O mundo dos negocios intentou obstaculizar a acción do goberno.
→ O Tribunal Supremo de EE.UU. declarou ilegais algunhas medidas.
- Ruptura coa tradición norteamericana de inhibición estatal en economía.
- Reformas para devolver a confianza no sistema a investidores e consumidores.
 Pretenden salvar o Capitalismo, non transformar o sistema.
- Resultados: → Recuperación económica pero - paro importante en 1939.
- escasos investimentos privados.
→ A acción do goberno limitou os efectos negativos da Depresión.
→ Punto de vista social  Apoio de amplos sectores sociais a Roosevelt.

3.4. A AUTARQUÍA DOS ESTADOS FASCISTAS

- 1922: Goberno fascista en Italia. Dirixismo - descenso do paro.


- 1933: Chegada dos nazis ao poder en Alemaña estatal - relanzamento económico.
- Non eliminan a iniciativa privada pero as empresas quedan baixo a supervisión do Estado.
- Control → prezos e salarios.
→ cambios monetarios e intercambios comerciais.
- Obxectivo: Liberar ao mercado interno da competencia internacional.
- Potenciación dos sectores produtivos por subvencións.
 Búsqueda da plena autarquía ou independencia económica.
- Solución do problema do paro → Construción de obras públicas.
→ Aumento dos efectivos militares.
→ Desenvolvemento da industria armamentística.
- Necesidade de mercados  Política exterior agresiva  Tensións  SGM

You might also like