You are on page 1of 24

UD.

2
O MUNDO, UNHA ECONOMÍA GLOBALIZADA
A ACTIVIDADE ECONÓMICA

■ Diríxese a satisfacer as necesidades a través dos bens e os servizos e a obter unha


ganancia.
– Bens: mercancías tanxibles.
– Servizos: actividades que non producen bens materiais.
– Productores: producen bens e servizos.
– Consumidores: consomen bens e servizos
– Oferta: cantidade de produtos posta a venda por os productores.
– Demanda: cantidade de producto que os consumidores desexan adquirir.
– Produto Interior Bruto (PIB): Valor en diñeiro do conxunto de bens e servizos
producidos durante un ano nun territorio.
FASES DA ACTIVIDADE
ECONÓMICA
■ PRODUCIÓN: actividades necesarias para obter ou fabricar un ben ou servizo
■ DISTRIBUCIÓN: poñen en contacto ao productor e consumidor (transporte, comercio,
publicidade…)
– Entre un productor e un consumirdor final:
– Entre un produtor e outro produtor
■ CONSUMO: adquisición dun ben ou servizo que satisfaga unha necesidade.
Os sectores económicos

■ Primario: actividades dirixidas a obter alimentos e materias primas da natureza


– Agricultura, gandaría, pesca e explotación forestal.
■ Secundario: transforman as materias primas en productos elaborados
– Insutria, minaría, sector enerxético e construción.
■ Terciario: comprende os servizos.
– Actividades por as que están dispostos a pagar a poboación ou as empresas.
Axentes económicos

■ Persoas:
– Achegan o seu traballo ás empresas e ao Estado por un salario.
– Compran bens cos seus ingresos
– Invisten os aforros.
– Pagan impostos.
■ Empresas:
– Producen bens e servizos e distribuenos a cambio do beneficio económico.
– Pagan impostos ao Estado.
■ Estado:
– Elabora a política económica: certo control
– Estado de benestar: distribue e produce bens e servizos
Factores productivos

■ Recursos naturais: materias primas e fontes de enerxía


■ Traballo: esforzo humano
– Formación
– Experiencia.
– Organización da produción e tecnoloxía.
■ Capital: recursos económicos
– Para montar a empresa: capital financieiro.
– Comprar máquinas,etc: bens de capital.
– Formación dos traballadores : capital humano.
■ Tecnoloxía
■ A suma de todos os factores constitue os Custos de Produción.
GLOBALIZACIÓN

■ Proceso de progresiva liberalización dos intercambios de bens, servizos, tecnoloxía, etc.


– Crecemento do comercio
– Integración económica mundial
■ Economías máis dependentes
– Novas potencias económicas
– Globalización social e cultural.
Organismos que dirixen a economía
mundial
■ Organización Mundial do Comercio (OMC)
■ Fondo Monetario Internacional (FMI)
■ Banco Mundial
■ G-8
– Alemaña, Rusia, Canadá, Estados Unidos, Francia, Italia, Xapón e Reino Unido.
■ G-20
– Países do G-8 máis 11 países da UE.
Factores que favorecen a globalización

■ Liberalizar os intercambios de productos. Eliminar obstáculos:


– Aranceis
– Subvencións aos productos do país.
– Limitación de artigos dun producto que un país pode vender noutro.
– Normas de calidade
Factores que favorecen a globalización

■ Liberalizar os mercados financeiros: os capitais dun país poden invertirse noutro


■ Acordos entre países:
– Acordo Xeral Sobre Aranceis Aduaneiros e Comercio (GATT) (1948)
– Rolda de Uruguai
■ 1986-1994
■ 123 países liberalizaron o intercambio de prouctos e capitais.
– Rolda de Doha
■ 2001 iniciase
■ 2007, crise económica
Factores que favorecen a globalización

■ Deslocalizacións:
– Proceso polo cal unha empresa pecha as factorías no seu país de orixe e as establece noutros
Estados do mundo.
– Buscan vantaxes: menos custos laborais, menos esixencias de coidado medioambiental, menos
impostos…
– Efectos:
■ Países receptores: crean emprego (de mala calidade), reciben tecnoloxía avanzada (pero para empresas que
non son nacionais) e capitais estranxeiros (para favorecer as factorías estranxeiras)
■ Países desenvolvidos: perda de empregos.
■ Empresas: incrementan os seus beneficios.
■ INDITEX
Factores que favorecen a globalización

■ Transportes e novas tecnoloxías:


– Transporte aereo e marítimo: abaratan o seu custo.
– Redes de comunicación: por satélite e internet
Efectos da globalización

■ Desenvolvemento do comercio.
– Favoreceu aos países desenvolvidos e aos emerxentes (85% do comercio mundial)
■ Crecemento das empresas multinacionais.
– Multinacional: empresas de gran tamaño que operan en varios países.
– deslocalización
■ Crecemento dos países en desenvolvemento.
– Tasas de crecemeonto superiores as dos países desenvolvidos.
– Deslocalización, investimento de capitais, apertura dos mercados.
■ A globalización cultural.
– Norteamericanización.
Países emerxentes

■ Paises emerxentes: presentan un forte ritmo de crecemento do PIB e da súa


participación no comercio exterior. O seu crecemento é maior que o dos países
desenvolvidos.
■ Gran desenvolvemento industrial
■ Crecemento da demanda interna
■ Acumulación de diñeiro
■ Incremento dos investimentos en I+D+i
– Cada vez dependen menos dos investimentos estranxeiros.
Vantaxes destes países ante a
globalización
■ Abundante poboación con baixos salarios
■ Están ben comunicados ou nas áreas de influencia dos países desenvolvidos.
■ Dispoñen de recursos enerxéticos ou materias primas básicas.
■ Os Estados potenciaron o seu desenvolvemento.
■ Comentamos o mapa da páxina 55.
Principais limitacións dos países
emerxentes:
■ Grandes diferenzas sociais a causa dos baixos salarios.
■ O desenvolvemento concentrase en zonas concretas.
– Sobre todo no litoral.
■ O crecemento concentrouse en sectores concretos.
– Sectores que interesan no comercio mundial.
■ Dependen excesivamente das exportacións.
■ Impacto das actividades sobre o medio ambiente.
Retos dos países emerxentes

■ Alcanzar mellores niveis salariais


■ Extender o desenvolvemento a todo o territorio e a todas as actividades económicas.
■ Avanzar tecnoloxicamente.
■ Desenvolver políticas máis rigorosas no coidado do medio ambiente.
BRICS

■ Brasil, Rusia, India, China e Suráfrica.


■ Crecemento económico fortísimo
■ Teñen gran tamaño e importancia económica.
■ Manifestan a súa intención de exercer un papel de líderes na economía mundial.
■ Actúan de forma coordinada.
– Crear unha orde mundial multipolar que substitúa a tradicional liderada polos países
desenvolvidos.
A deteriorización das potencias
tradicionais
■ Cambios que fan poñer en dúbida o seu dominio:
– A globalización
– A crise económica desatada en 2007
– Aparición dunha economía mundial multipolar.
Maior número de países que exercen como grandes potencias.
Sustitución do G-8 por o G-20.
Debilitación económica dos Estados:

■ Descenderon os ingresos procedentes dos impostos.


– Cambio no sistema fiscal dende 1980.
■ Reducense os impostos aos ricos.
– Multiplícanse os paraísos fiscais.
– As grandes empresas pagan cada vez menos impostos.
■ Os Estados endebedáronse
– Rescate aos bancos tras a crise de 2007.
– Menos diñeiro para gasto social.
O Estado de benestar en risco.

■ Os gastos sociais están en aumento.


– Envellecemento da poboación.
– Crise económica de 2007
■ O desfase provoca recortes en prestacións e servizos sociais.
■ Empobrecemento da poboación:
– Multiplicación dos ingresos das grandes empresas.
– Aumento das diferenzas de riqueza.
Globalización e traballo

■ Crecemento do emprego nos países emerxentes.


■ Aumento dos salarios neses países (seguen sendo baixos).
■ Crise económica de 2007.
– Países desenvolvidos:
Paro
Caídas salariais
Empeoramento das condicións laborais
– Países emerxentes:
Afectou a súa produccíon.
Paro e freo aos progresos na lexislación laboral.
competitividade

■ Países emerxentes:
– Inseguridade nos empregos que poden deslocalizarse.
– Empeoran as súas condicións de traballo.
– Caídas salariais.
■ Países desenvolvidos:
– Baixos custos laborais
– Manteñen as malas condicións laborais
Problemas

■ Emprego vulnerable.
– Traballadores nas mans do empresario.
■ Economía sumerxida.
– A empresa non paga impostos.
– O traballador non contan con seguridades.
■ Traballo infantil
■ Paro.

You might also like