You are on page 1of 1

o Servizo puro:

 A oferta está constituída exclusivamente polo servizo en si. (consultoría)


 Nalgúns casos consideramos que sigue existindo un servizo puro, aínda que se usen elementos
tanxibles de apoio. (ensinanza).

O SECTOR SERVIZOS

O sector servizos representa máis de 2/3 partes da actividade económica.

A súa importancia en relación a aportación ao PIB e ao emprego incrementouse considerablemente. Nos países
desenrolados:

 > 70% do PIB


 > 70% da poboación ocupada.

TERCIARIZACIÓN DA ECONOMÍA

Os países desenrolados experimentaron un progresivo proceso de terciarización da economía. Consiste en


transformar a estrutura produtiva con un gran crecemento no sector servizos en detrimento dos sectores agrario e
industrial.

As razóns son as seguintes:

 O crecemento económico, benestar social e maior nivel de vida.


 A externalización das actividades. As empresas acoden cada vez máis a ela (publicidade, transporte...).
 O crecemento do peso das administracións públicas.

CARACTERÍSTICAS DO SECTOR SERVIZOS

 Heteroxeneidade: inclúense actividades moi distintas (transporte, comercio, comunicacións...)


 Xeración de emprego: o sector sofre unha transformación e expansión como consecuencia do avance tecnolóxico.
 Intanxibilidade: e numerosos atributos cualitativos difíciles de medir.
 Información: estatística dispoñible e heteroxénea.
 Comportamento máis estable ao longo do ciclo económico que outros sectores.

FACORES QUE EXPLICAN O DESENROLO DOS SERVIZOS

1. Factores económicos:
o Incremento da riqueza:
 Maior nivel de renda e cultura supoñen estiles de vida máis sofisticados e novos valores respecto
a sociedades máis atrasadas.
 As persoas desexan vivir comodamente e facer afeccións.
 O ritmo de vida fai que as persoas teñan menos tempo e se contraten servizos de limpeza ou
comida a domicilio.

o Cambios na composición da demanda:


 Con rendas baixas dedícase unha gran proporción á alimentación.
 Si se incrementa a renda, o consumo non aumenta na mesma proporción.
 Os excedentes de renda, habitualmente, canalízanse no sector servizos (viaxes, concertos...)
 Os consumidores dedican unha parte elevada dos seus incrementos de renda a consumir servizos,
sen esquecer a compra de bens.

You might also like