You are on page 1of 55

2º ESO

Xeografía e Historia
Xeografía humana: Os desafíos demográficos
no mundo actual

● Evolución da poboación mundial


● O crecemento da poboación
● Estrutura demográfica do mundo
TEMA 10: OS DESAFÍOS DEMOGRÁFICOS NO MUNDO ACTUAL
● Unha poboación é un conxunto de individuos que se renova por efecto, fundamentalmente, da fecundidade e da
mortalidade.
● A ciencia que estuda a poboación é a demografía. A Xeografía utiliza os coñecementos e os datos que nos ofrece
para estudar cómo ocupamos o territorio e qué consecuencias ten dita distribución.
● A demografía, (estudo das poboacións humanas), ocúpase dos métodos de análise dos principais fenómenos que
determinan a formación, conservación e desaparición das poboacións. Fenómenos demográficos (mortalidade,
fecundidade, nupcialidade, mobilidades) que, ao combinárense de distintos modos e con distinta intensidade,
determinan a variación do volume e da estrutura dunha poboación.
● O problema da evolución dunha poboación equivale ao da reprodución das xeracións que a compoñen en cada
momento, e hai que facer referencia ao concepto de reemprazo xeracional (substitución das xeracións, o valor da
fecundidade que o garante, o 2,1 fillos/as por muller).
● A escala mundial, o inicio do “crecemento moderno da poboación” sitúase na segunda metade do século XVIII;
durante o século XIX e primeira metade do XX o seu ascenso é constante, pasando despois a unha fase de forte
aceleración que só empeza a moderarse no presente século XXI, sen que aínda se minore de maneira significativa
o montante da poboación do planeta.
● Estamos a vivir no chamado “Século do envellecemento”. Estímase que, no transcurso desta centuria, o
envellecemento da poboación acadará unha dimensión global a escala planetaria, así que o peso das persoas
maiores non fai máis que aumentar.
Polo que se refire ás fontes demográficas, contamos con tres básicas:

● O censo de poboación: É o reconto individualizado da poboación dun país, que recolle, ademais de datos
demográficos, outros de carácter económico, social e cultural. Se actualiza normalmente cada 10 anos.
● O padrón municipal de habitantes é o rexistro dos veciños dun municipio e recolle outros datos de tipo
socioeconómico. Se actualiza con cada cambio que se produce.
● O rexistro civil refrexa nun documento oficial, os nacementos, matrimonios e defuncións que teñen lugar nun país .
Máis do 99% da poboación mundial é sedentaria, é decir, está establecida en espacios concretos que poden ser de dous
tipos: rurais ou urbanos. A poboación se reparte entre ambas áreas a partes iguais, aunque con un maior ritmo de
crecemento no caso das areas urbanas.

● Áreas rurais: son aquelas nas que hai escasa poboación asentada dedicada principalmente ás tareas agrícolas, en
equilibrio co medio natural.
● Áreas urbanas: Son as cidades e as súas áreas circundantes, nas que hai grandes concentracións de poboación e
numerosas actividades económicas (problemas de conxestión e contaminación).
Evolución, tamaño e distribución da poboación mundial
Actualmente somos uns 7.750 millóns de habitantes en todo o mundo e crecemos a un ritmo tan rápido que nos situará por
riba dos 10.000 millóns
Onde se concentra a poboación mundial e onde
crece máis?
O 60% da poboación mundial está en Asia, onde se encuentran algúns
dos países máis poboados do mundo, como China, India, Pakistán e
Indonesia. Mentras, outras rexións do mundo, particularmente Europa,
están perdendo importancia demográfica.
En 1950, o 21,7% da poboación mundial residía no vello continente, en
2015 tan so o 10% e no 2100 o 5,5%. Pero Europa non so perde peso
demográfico, senon que a súa poboación envellece.
A clave do futuro está na dinámica demográfica de África. En 2015
concentraba o 16% da poboación mundial, porcentaxe que se espera que
suba ata o 39% a finais do século, concentrada en Nigeria, Congo,
Tanzania, Etiopía, Angola e Níger.

● O rasgo principal da distribución da poboación no planeta é a


existencia de fortes contrastes entre áreas con elevadas
densidades, nas que hai moita poboación, e grandes espacios
baleiros nos que vive moi pouca xente, con densidades inferiores a
10 hab./km2.
● É un reparto moi desigual, porque máis do 70% da poboación se
concentra no 10% das terras emerxidas.
Causas da distribución desigual da poboación:

● O medio natural: áreas chairas, con auga e solos fértiles, a nivel


do mar e con climas temperados e húmedos, son as que están
máis poboadas porque eran as que podían alimentar a grandes
poblacións. Como no caso de Exipto, a India, o Sureste Asiático,
Europa Occidental, etc.
● Os recursos naturais e o desenvolvemento económico, así como
as posibilidades de comunicación e transporte. Os factores de
tipo económico son moi importantes para explicar grandes
concentracións de poboación, como sucede na rexión dos Urales
(Rusia), na costa Este de EE.UU. ou en Centroeuropa.
● A antigüedade do poboamento tamén pode explicar a elevada
poboación de moitos lugares, xa que a xente tende a quedar no
mesmo territorio no que nacera. O que sucede en Oriente Medio
ou en algunhas zonas do Mediterráneo.
● As decisións e conflictos políticos son importantes para entender
o poboamento de moitas áreas do planeta, producto de decisións
tomadas por gobernantes co fin de poblar distintas zonas do
país, ou como resultado de desprazamientos forzosos debidos a
conflictos políticos. Exemplos como Rusia Oriental (Siberia) ou
en algunhas rexións de China.
Aínda que o proceso de envellecemento da poboación é xeneralizado, hai grandes diferenzas por rexións.
● Europa e América do Norte son as zonas máis envellecidas do planeta.
● Asia, o continente mái poboado, rexistra un rápido proceso de envellecemento. No 2020 o 56,7% da súa poboación
tiña máis de 65 anos, frente ao 44% de 1990.

O envellecemento conleva grandes retos para os gobernos, como manter a sostenibilidade dos sistemas públicos de
pensións. A gran maioría dos países europeos reformaron os seus sistemas, con vistas a incrementar a idade legal de
xubilación e o tempo de cotización mínimo necesario para ter dereito a unha pensión.

Frente ao sistema de reparto (pensións) está o sistema de capitalización, basado nos aforros personais de cada individuo.

Sexa cal sexa o modelo, a realidade é que casi un terzo da poboación mundial non percibe ningún tipo de pensión, nin
pública nin privada. Ademais, existen importantes brechas en función do nivel de desenvolvemento do país e o sexo do
traballador.

A meta a implementación de sistemas de protección social para todos, prestando especial atención ás persoas pobres e
vulnerables, como ferramenta fundamental para acabar coa pobreza extrema.
O crecemento da poboación
As variacións no tamaño dunha poboación veñen determinadas polo Crecemento Natural, pola diferenza entre a natalidade
e a mortalidade. Ao longo da Historia, esta diferenza foi moi pequena, porque, aínda que nacían moitos nenos, a
mortalidade era moi elevada, sobre todo a mortalidade infantil. Ademais, frecuentes fames, epidemias ou guerras, daban
lugar a episodios chamados de mortalidade catastrófica e como resultado, a esperanza de vida era moi baixa (non
superaba, os 30 años).

A peste negra arrasou a Europa medieval


Durante varios milenios a humanidade creceu a un ritmo moi lento. Salvo excepcións, a xente vivía no límite da
subsistencia e sen cuidados médicos nin hixiénicos.
Calquer problema provocaba un aumento inmediato dos falecementos que se sumaba a unha mortalidade xa de por sí
elevada.
● Este modelo de crecemento lé o Réximen Demográfico Antiguo e predominou no mundo ata o século XIX.
Todo empezou a cambiar no século XVIII, cando chegaron os froitos dos avances científicos da Idade Moderna, na época
da Ilustración.
Primero en Inglaterra e despois, en outros países europeos, a hixiene, a medicina, os avances nas técnicas agrícolas e o
menor impacto das guerras, tiveron como consecuencia un descenso da mortalidade. A súa vez, a diferenza entre a
natalidade (que seguía sendo alta) e a mortalidade, aumentou, e polo tanto, o crecemento da población

Exhibición do globo aerostático dos irmáns Montgolfier


(París, século XVIII).
Posteriormente, ao elevado crecemento natural engadiuse o efecto que tivo a progresiva mecanización das tareas
agrícolas, que expulsou a gran cantidade de mano de obra do campo, (éxodo rural, migración masiva de habitantes do
campo ás cidades). Nestas estaban surxindo as primeiras fábricas que, grazas á máquina de vapor e usando o carbón
como fonte de enerxía, serían a avanzadilla da Revolución Industrial (desenvolvida sobre todo a partires do século XIX).

Máquina de vapor Cidade de Nova York a finais do XIX


A chegada de máis xente ás cidades foi o comezo do fenómeno coñecido como Revolución Urbana.
● Aínda que as condicións de vida de este éxodo eran pouco saludables, co tempo foron añadindo servicios sociais e
infraestructuras (redes de saneamiento, servicios médicos, educación, etc.) que aceleraron o forte descenso da
mortalidade.
● Pero tivo un efecto crucial xa que comezou a descender a natalidade ata situarse en cifras lixeiramente por encima
da mortalidade. Xa que nas cidades, a diferencia do campo, os nenos representaban máis unha carga económica
que unha axuda, a pesares de que se permitía o traballo infantil, moi mal pagado.

Nenos traballando nunha fábrica téxtil


O resultado foi que, desde finais do XIX e durante todo o século XX, a medida que melloraban os servizos sanitarios
(xeneralización das vacinas, hospitais) e a hixiene, nos países industrializados de Europa e Norteamérica, foise
establecendo un novo patrón de crecemento da poboación, basado nunhas tasas moi baixas, de natalidade como de
mortalidade. O Réximen Demográfico Actual caracterizase por un baixo crecemento da poboación, moi baixa mortalidade
infantil e unha elevada esperanza de vida o que leva ao envellecemento da poboación.
É preciso coñecer os seguintes conceptos:

● Densidade de poboación: cantidade de persoas que viven por kilómetro cuadrado nun territorio. En España é de
uns 93,5 hab./Km2.

● Natalidade: os nacementos. Para poder operar con él establecemos as seguintes tasas e índices:
○ A Tasa Bruta de Natalidade (TN), número de nacidos vivos nun ano, nun territorio concreto, partido pola
poboación total e multiplicando o resultado por 1.000, para así obter unha tasa por cada mil habitantes.
○ O índice sintético de fecundidade, número medio de fillos por muller nun país o área concreta. Para poder
garantir o remplazo dunha xeración por outra, éste debe ser, como mínimo, de 2,1 (actualmente, en
España, es de 1,2)
● Mortalidade: as defuncións o mortes. Operamos coa mortalidade a partir das seguintes tasas:
○ A Tasa Bruta de Mortalidade (TM) número de falecidos, nun ano nun territorio concreto, partido pola
poboación total e multiplicado por mil.
○ A incidencia de determinados factores relacionados ca pobreza pode ser moi intensa en algúns países, a
Tasa de Mortalidade Infantil, sinala o número de falecidos entre 0 y 1 ano de vida, partido polo número total
de nacementos en un ano e multiplicado por 1000.
○ A Esperanza de Vida, é a media da idade á que espera poder chegar unha persoa no momento do seu
nacemento. Máis elevada canto menores son a TM e a tasa de mortalidade infantil. En España se encuentra
en torno aos 80 anos.
● O Crecemento Natural ou vexetativo é a diferenza entre a natalidade e a mortalidade. A tasa de Crecemento Natural
(TCN) e a diferenza entre a TN e a TM, aunque expresada en porcentaxe, polo que deberemos desprazar a coma
un espazo cara a esquerda.

● Migracións: desprazamentos da poboación duns lugares a outros. Os movementos de saída son a emigración; os
de entrada ou chegada, inmigración; a diferenza entre ambos, dentro dun territorio concreto, é o saldo migratorio,
que pode ser positivo ou negativo según domine a inmigración (como ocurre en España, sumando poboación) ou a
emigración (Marruecos, perdendo poboación).
● Crecimiento Real da poboación (CR): suma do crecemento natural dunha poboación e o saldo migratorio, cada un
co seu signo.
● Envellecemento demográfico significa, primeiro de todo, falar dun proceso que altera as distintas etapas de vida, e
non só a da vellez, modificando o curso vital do conxunto de mulleres e homes, ao tempo que se evidencian as
diferentes repercusións destes cambios, para un e outro sexo, nos distintos grupos de idade.
● Non significa necesariamente un aumento da idade media de vida dunha poboación, entendéndose máis ben como
o resultado de transformacións na estrutura de idades debidas a cambios nas pautas de fecundidade e mortalidade,
variables demográficas moi influenciadas pola súa vez polos movementos migratorios que inciden, directa e
indirectamente, no tamaño e composición da poboación.
Os movementos da poboación
● A dinámica demográfica son os movementos naturais e migratorios que experimentan as poboacións.
Os movimientos naturales de la población son as variacións que se producen, por causas naturais, no número de
individuos dunha población. Son a natalidade e a mortalidade. A diferencia entre ambas é o crecemento natural, que
determina canto creceu unha poboación nun ano por causas naturais.

● A tasa de natalidade (nacementos por cada mil habitantes) varía moito duns países a outros, dependendo de si
están en plena transición demográfica ou ben xa teñan un réximen demográfico moderno.
● Os países con una TN elevada (amarelo, laranxa e vermello) están situados en África e no Suroeste de Asia. Son
países pouco desenvolvidos con economías dependentes da agricultura, especialmente de subsistencia, o que
requiere moita man de obra e por iso a natalidade é elevada. O índice de fecundidade, (número medio de fillos por
muller) é moi alto en torno a 5, polo que algúns estados impoñen medidas antinatalistas (distribución de métodos
anticonceptivos, exención de impostos ás familias menos numerosas, etc.), que disuadan á población de ter tantos
fillos e así poder educarlos mellor. Normalmente estos países están na 2ª fase da transición demográfica.
● Os países con unha TN baixa son os países máis desenvolvidos de Europa, Norteamérica, Asia Oriental e Oceanía.
Neles o coste da crianza e educación dos nenos é moi elevado como para ter moitos fillos, ademais da
incorporación da muller ao mundo laboral en igualdade cos homes. Por iso, teñen un índice de fecundidade baixo ou
moi baixo, por debaixo de 2, o que supón que non hai remplazo xeracional. Para tratar de elevar o número de fillos
por muller, moitos países adoptan políticas natalistas para fomentar a natalidade, como axudas económicas ás
madres e ás familias numerosas, períodos de permisos amplos, medidas de conciliación entre os horarios laborais e
familiares, etc.
A mortalidade é baixa en case todo o mundo e presenta menos
variacións que a natalidade, debido á difusión da medicina
moderna e os sistemas sanitarios.

● Aínda segue habendo países cunha elevada mortalidade


infantil, o que é un reflexo dun escaso nivel de
desenvolvemento económico, que non permite garantir a
seguridade nos partos (sumado a que moitas mulleres
viven en entornos rurais, alonxados de hospitais e centros
de saúde. Esta elevada TMI implica que a esperanza de
vida non sexa demasiado elevada (a morte de nenos de
menos dun ano baixa a media).

Os países con maiores tasas de mortalidade están en África, pero


tamén en Europa e Asia Nororiental. No primeiro caso a TM
media alta débese ás condicións de vida da poboación e a
escaseza de servicios médicos e hixiénicos.

No resto de países, a causa está no envellecemento da


poboación. Debido á elevada esperanza e calidade de vida, a
poboación de risco (anciáns) aumenta e, polo tanto, a
mortalidade tamén.
Os movementos migratorios
A poboación dun lugar varía debido á chegada
(inmigración) ou á marcha (emigración) de
individuos chamados migrantes.

O resultado é o saldo migratorio, a diferenza


entre o número de inmigrantes e o de
emigrantes.

As causas polas que a xente se desplaza son


moi variadas.
Causas ou motivos das migracións actuais
Nos últimos anos hai tres tipos de movementos:
● Os provocados polas catástrofes naturais, ligadas aos efectos do calentamento global.
● Os provocados por guerras e conflictos políticos.
● Económicos.
As migracións que maiores volúmenes de poboación desprazan na actualidade teñen causas económicas.

Son:

● O éxodo rural, que está desprazando millóns de habitantes das áreas rurais ás urbanas
● Os movementos pendulares, desprazamentos de ida e volta de forma periódica, entre o lugar de residencia e o de
traballo, no entorno das grandes cidades.

Os grandes fluxos migratorios internacionais, dentro dun mundo globalizado, a maioría deles se producen entre os países
do sur e os do norte, entre os países máis desenvolvidos, con déficit demográfico (falta de individuos) e necesitados de
man de obra, e os menos desenvolvidos, con gran crecimiento demográfico e unha débil estructura económica.
A estructura da poboación
● A composición ou estructura da
poboación, é o conxunto de grupos
que compoñen unha comunidade
humana ampla e as relacións que
establecen entre eles.
As poboacións tenden a estar equilibradas en canto a súa distribución por sexos (máis ou menos o mesmo número de
homes que de mulleres).

● Nacen máis nenos que nenas (105 niños por cada 100 niñas).
● A emigración e a inmigración non afectan por igual a homes e mulleres, aparecen desequilibrios nas idade adulta.
● A maior longevidade das mulleres, produce un desequilibrio importante a favor de éstas entre as edades máis
avanzadas (a partir de 60 anos). O que pode ser debido a varias razóns, entre as que destaca a tradicional
difusión entre os homes de hábitos de vida pouco saudables, tales como fumar, beber alcohol, drogas, estres, etc.

No conxunto da poboación mundial hai un maior número de homes que de mulleres, o que é indicativo de algún tipo de
factor engadido de tipo cultural (machismo e maltrato, infanticidio femenino en algúns lugares, condicións hixiénicas e
sanitarias nos partos, etc.) que perxudica ás mulleres, especialmente nos países menos desenvolvidos.

O tabaquismo incrementa a mortalidade femenina

pola prevalencia do cancro


En función da idade, a poboación pode ser nova (ata 14 anos), adulta (entre 15 e 65) e vella (máis de 65 anos).

O grupo de adultos, podemos subdividilo entre adultos novos (entre 15 e 40 anos) e adultos vellos (entre 40 e 65 años).

O normal, nunha poboación equilibrada, sería que os grupos de pouca idade e adultos novos, formasen a maior parte da
mesma, sindo minoría os adultos vellos e vellos.

Pero debido ás variacións e diferenzas na natalidade e a mortalidade e tendo en conta que a poboación adulta, sempre é
dominante, para medir o maior ou menor peso dos grupos novos se utiliza o índice de xuventude e o índice de
envellecemento (a porcentaxe de novos e vellos sobre o total da poboación.

● Países novos: Aqueles cuxo índice de xuventude supera o 30% (países cun índice de desenvolvemento humano
IDH baixo, elevada tasa de natalidade e escasa esperanza de vida). África, en menor medida Asia e América
Latina.

● Países vellos: Índice de envellecemento superior ao 15% (países cun IDH elevado, baixa tasa de natalidade e alta
esperanza de vida). Europa, Norteamérica e algúns países de Asia oriental.

● Países adultos: Non presentan porcentaxes elevadas nin de xuventude nin de envellecemento. Son países
emerxentes ou en desenvolvemento nunha situación de transición entre os modelos anteriores.
As pirámides de poboación
Para ver mellor gráficamente a estrutura por idade e sexo, e poder establecer comparacións entre distintos países, ou
estudar a evolución dunha poboación ao longo da súa historia recente poder facer previsións de futuro, se utilizan as
pirámides de poboación (ou de idades). Nelas representamos a distribución por idade e sexo da poboación nun ano
concreto.

Existen tres grandes modelos de pirámides, que están en relación co réximen demográfico de cada país (natalidade e
mortalidade) o sexa co seu crecemento natural:
● Unha pirámide de poboación consta de
dous gráficos de barras xuntos (un xunto
ao outro) que comparten o mesmo eixe
vertical.

Cada barra representa a cantidade de


mulleres e homes dunha determinada
idade ou intervalo de idades,
(normalmente de 5 en 5 anos).

A pirámide mostra de xeito natural unha


progresiva reducción das barras a medida
que as idades son maiores.
A estrutura económica da poboación
A poboación pode clasificarse, desde un punto de vista económico, en dous grandes grupos: activos e non activos.

● Poboación activa: conxunto de persoas de 16 anos ou máis que suministran a man de obra necesaria para traballar
na producción de bens e servizos. Se subdivide en dous grupos:
○ Poboación activa ocupada ou empregada, número efectivo de persoas que teñen un contrato de traballo ou
son autónomos.
○ Poboación activa desocupada, en paro o desempregada, número de persoas que están buscando
activamente emprego pero non teñen ningún contrato de traballo en vigor.
● Población non activa: non realiza ningún traballo remunerado nin se atopa en condicións de facelo (pensionistas,
estudantes, persoas que decidiron traballar no fogar, rentistas, etc).
● A poboación activa, pode estar ocupada en calquiera dos tres sectores da economía: primario (agricultura,
gandeiría, etc), secundario (industria e construcción) e terciario (transporte, comercio, turismo, sanidad, etc.)
Modelos de países:
● Países máis desenvolvidos, o sector primario está moi pouco representado (xeneralmente por debaixo do 5%) pola
mecanización das labores agrícolas e unha reducción do número explotacións ao tempo que aumentou o seu
tamaño medio. O sector secundario (industria) viuse reducido pola «deslocalización» da producción, (o traslado de
fábricas a países con salarios máis baixos), pero mantén porcentaxes entre o 20 e ol 30%. O sector terciario é o
dominante, grazas ao aumento do nivel de vida e da demanda de servizos. É un proceso chamado “terciarización”
da economía.

● Países menos desenvolvidos, o sector primario ten altas cifras de emprego, por riba do 20%, xa que utiliza pouca
maquinaria e moita man de obra nas tareas agrícolas. O sector secundario está crecendo actualmente, debido a
que moitas empresas instalan nestes países as súas plantas de producción polos baixos salarios que cobran os
seus traballadores (non supera o 20%). Tamén o sector terciario é o que máis emprego xera, por encima do 50%,
con servizos de inferior calidade.
Dentro deste grupo, hai un tipo de países, os chamados emerxentes, nos que a industria (sector secundario) esta
moi representada, (por encima do 30%), cun sector terciario que tamén crece de forma rápida e un sector primario
en retroceso.
País desenvolvido do primeiro mundo

País subdesenvolvido do Terceiro mundo


A dinámica demográfica de Galicia

● A poboación galega, nun contexto de continuado descenso da fecundidade acelerado no último cuarto da pasada
centuria, creceu globalmente máis no século XX que en toda a súa historia anterior.
● Na sociedade preindustrial xogou un papel destacado o retroceso da mortalidade, que, ao alterar a vella proporción
entre as idades, modificou tamén a reprodución dos anos vividos en actividade á vez que aumentou a poboación
total. Noutras palabras, púdose manter a capacidade produtiva con menos nacementos, sen que iso afectase ao
volume de poboación total nin ao seu crecemento.
● As transformacións que se suceden no modelo reprodutivo (que vai precisando de menos nacementos a medida
que se reduce a mortalidade infantil e xuvenil, e enseguida tamén a da poboación adulta), correspóndense con
profundos cambios nas formas de vida, principalmente das mulleres e, de maneira particular, no seu grao de
participación na actividade reprodutiva e produtiva, sen que iso se traduza, nunha perda de importancia dos fogares
como lugar de produción. O emprego extra doméstico das mulleres reduciu a súa dedicación de tempo diario ás
tarefas domésticas e de coidado.
● Achámonos ante un novo modelo reprodutivo de gran versatilidade, que está a substituír as formas de familia que
se consideraban tradicionais, baseadas nunha rigorosa división das tarefas produtivas e reprodutivas entre home e
muller e que confiaba no matrimonio para asegurar a reprodución.
● A familia como institución mantén unha gran vitalidade e variedade de formas, á vez que se mostra capaz de
incorporar traxectorias vitais máis complexas e afastadas de esquemas predefinidos. Nese contexto, o
envellecemento, e máis en concreto a forte feminización da vellez, é reveladora tamén dos fortes cambios na
estrutura dos fogares e na funcionalidade das familias e na modificación das relacións interxeracionais.
● O sistema demográfico galego apunta, a relevancia da emigración e da nupcialidade nas etapas moi iniciais de
arranque do proceso de transición e a súa continuidade no século XIX e, no caso da nupcialidade, ata mediados do
século XX.
● A transición demográfica foi máis acentuada no caso de Galicia, tendencia xeral que se mantén desde finais do
século XVIII ata ben avanzado o século XX; entrando a partir de 1975 nunha fase de forte aceleración.
● Os cambios non se centran só na fecundidade senón que se amplían á “conxugalidade”, ás formas de fogar e aos
roles de xénero que inclúe as novas actitudes ante a sexualidade, a crecente igualdade de roles na parella, o
aumento das separacións, a cohabitación e a fecundidade extramatrimonial, o atraso dos calendario nupcial e
fecundo, así como o progresivo cambio no mapa das estruturas familiares, cada vez máis diversas, con presenza
crecente dos fogares unipersonais, dos monoparentais ou das parellas sen descendencia.
● No caso de Galicia (cun modelo territorial de concentración da inversión e do emprego), a rápida transición dunha
economía agraria a outra industrial e de servizos levou consigo a adopción dun modelo urbano e metropolitano, co
que implica de marxinación rural.
● Un modelo territorial que alimentou en Galicia, esencialmente desde 1960, as grandes migracións a zonas como
Madrid, Cataluña ou o País Vasco e que tamén afectou, en tempos algo máis recentes, a mobilidade no interior da
propia Galicia, que coexistía cun fluxo migratorio exterior.
● A modernización demográfica se presenta en Galicia como resultado de varios éxitos na lonxevidade e eficiencia
reprodutiva, e que, así mesmo, leva consigo consecuencias de distinto signo, un novo modelo de vida saudable
cimentada no envellecemento activo da poboación.
Con respecto á dinámica da poboación en Galicia destaca:
● O descenso da natalidade.
● O incremento da esperanza de vida.
● A retroalimentación das entalladuras na pirámide de idades causadas pola emigración.

Galicia ten unha estrutura demográfica avellentada e con problemas, a día de hoxe, de renovación xeracional ao que
engádese a problemática derivada dunha desigual repartición da poboación, que tende a concentrarse nas provincias
occidentais e preferentemente nos concellos litorais e nas maiores áreas urbanas e un simultáneo despoboamento dos
concellos interiores e non urbanos.

A perda de efectivos da poboación galega nas últimas décadas, leva á taxa de crecemento acumulativo anual a uns
valores cada vez menores, distanciándose progresivamente da taxa española.
● Así, a taxa de Galicia, que para o período 1860-2007 era dun ritmo medio do 0,32 por cento, pasou ao 0,26 por
cento no período 1860-2017, mentres que en España a redución foi do 0,71 por cento ao 0,70 por cento.

Galicia se percibía como un territorio intensamente habitado, cunha densidade de poboación de (94,1 habitantes por
km2) equiparable a moitas zonas europeas altamente desenvolvidas, e que aínda superaba a media española (91,22
habitantes por km2 en 2008). Sen embargo, en 2017 a densidade de poboación en Galicia caera a 91,58 hab/km2 e xa
non superaba a densidade española que, pola contra, aumentara a 92,04 hab/km2.
● Galicia segue a pauta de evolución da fecundidade que caracteriza os países do sur de Europa, que mantiveran
unha natalidade poderosa, en termos comparativos, ata a década dos setenta, entrando de seguido nunha fase de
abrupto descenso que situou as súas taxas de fecundidade nos niveis máis baixos dos países industrializados do
mundo, onde seguen hoxe.
● En xeral, a España do Norte presenta valores por baixo da España do Sur ou a insular.

A caída nos nacementos depende de modificacións no comportamento reprodutivo das mulleres, polo que afecta, pois, ás
taxas de fecundidade. O índice de fecundidade cae de xeito paralelo ao número de nacementos.

Convén salientar o efecto combinado do atraso na fecundidade e na emancipación da xente nova.


● Cunha paternidade media aos 28 anos e unha maternidade aos 26, e unha emancipación aos 25, os pais quedan
libres de cargas aos 53 anos e aos 51 as nais. Pero un atraso de 4 anos na paternidade e maternidade e de cinco
no momento da emancipación, condúcenos ata os 62 anos para os homes e 60 para as mulleres.
● É posible a coincidencia da xubilación coa presenza aínda de fillos e fillas dependentes, o que dificulta
enormemente a acumulación de activos xeradores de renda, grazas a un alto aforro, realizado con anterioridade á
xubilación.
● Galicia alcanzou nas décadas dos anos 60 e 70 unha esperanza de vida semellante á dos países occidentais.
● Desde os anos setenta do século pasado a esperanza de vida non deixou de medrar, manténdose en paralelo
a esperanza de vida de homes e mulleres, sen apenas variacións na diferencia entre sexos. Así, en 1975 a
esperanza de vida era de 69,83 anos para os homes e 75,92 para as mulleres (72,96 anos para ambos os sexos en
conxunto). En 2016 a esperanza de vida dos homes era de 79,45 anos e de 85,84 para as mulleres (82,65 anos
para o conxunto de ambos os sexos) mantendo a Galicia como un dos lugares máis saudables do mundo en
atención á duración da vida.
● Por outra parte, o aumento continuo da esperanza de vida mantén relación cos moi baixos niveis de mortalidade
infantil, que en 2016 se sitúan en 3,15 por cada 1000 nacementos con vida. A evolución deste indicador nos últimos
anos amosa a aproximación a unha base difícil de mellorar e a redución das diferencias entre sexos
(tradicionalmente maiores valores en homes que en mulleres), ao igual que practicamente desapareceron as
diferencias co conxunto español.
Xuventude e cambio na estrutura de idades en Galicia

Na nosa Comunidade Autónoma, o grupo de idade comprendido entre 14 e 30 anos1 está formado por un
total de 393.593 mozos e mozas, o que representa o 14,5 por cento da poboación de Galicia.

● A distribución por provincias da poboación moza é a seguinte: A Coruña é o lugar onde máis mozos e mozas viven,
representando o 40,7 por cento do total da xuventude galega, síguelle a provincia de Pontevedra co 37,3 por cento
da mocidade, mentres que Lugo, cun 11,48 por cento, e Ourense, cun 10,49 por cento, son claramente as de menos
poboación nesta franxa de idade.
● Se comparamos os datos cos da poboación maior de 65 anos, observamos que hai un claro envellecemento, xa
que, esta cohorte representa un 24,59 por cento, dato moi alonxado do 14,5 por cento que representa a xuventude.
● Analizando a porcentaxe de poboación moza que hai en cada provincia, en relación á poboación total de cada unha
delas, observamos que a provincia que conta cun maior número de mocidade é Pontevedra, con 15,6 por cento da
súa poboación, seguido da Coruña, onde mozos e mozas representan o 14,3 por cento do total desa provincia; en
Lugo a porcentaxe é do 13,6, e en Ourense é do 13,3 por cento.
● Así, Galicia, xunto a Madrid e Cantabria, foron os lugares nos que se perdeu máis poboación moza.
● A confluencia do envellecemento demográfico e a baixa fecundidade provocan que a poboación galega veña
rexistrando de modo permanente desde a segunda metade da década de 1980 un crecemento natural negativo;
crecemento negativo que, despois de suavizarse algo entre 2000 e 2008, tende a acentuarse no último decenio.
● Ese fenómeno afecta actualmente tanto ás áreas urbanas como ás rurais, pero con moita maior intensidade a estas
últimas. Con datos de 2016, a taxa de crecemento vexetativo da poboación rural rexistra un valor negativo do 10,6
por mil, o que duplica a media galega (-4,7 por mil); elevándose esa taxa negativa nas áreas rurais de baixa
densidade (ZPP baixa) a 13,6 por mil.
● Iso significa que mesmo en ausencia de migracións a poboación rural sufriría un descenso do 1,06 % anual debido
ao saldo vexetativo negativo (a que morren moitas máis persoas das que nacen); alcanzando esa caída o 1,36 %
anual no rural menos poboado.

● O saldo natural fortemente negativo que se constata no medio rural, especialmente nas áreas menos poboadas, ten
a súa orixe principal no acusado envellecemento demográfico (produto do movemento natural e a emigración rural
nas décadas pasadas). Esta é a causa esencial das taxas de mortalidade moi superiores que se rexistran nestas
áreas (posto que a esperanza de vida ao nacer é similar á media galega); e tamén explica na súa maior parte as
menores taxas de natalidade.
● Isto se ve agravado por unha fecundidade especialmente baixa, inferior á das áreas urbanas, sobre todo no rural de
baixa densidade: o número medio de fillos/as por muller limítase no conxunto do medio rural (ZPP) a 0,97, valor
claramente inferior á media galega (1,13); e no rural máis despoboado (ZPP baixa) o índice descende a 0,86. Esa
menor fecundidade rural constitúe unha constante nos últimos 15 anos e suxire a existencia nestas áreas de
factores específicos que desincentivan ou dificultan a decisión de ter fillos/as.
Aldeas abandoadas
● Hoxe Galicia é fundamentalmente urbana.
● Máis do 57 % da poboación vive en zonas densamente poboadas (ZDP) ou en zonas intermedias pero cun grao de
urbanización alto ( ZIP alta).
● Esta poboación ocupa o 3,3 % da superficie do territorio galego.
● Nas zonas cun grao de urbanización intermedio (ZIP baixa, ZPP alta, ZPP intermedia e ZPP baixa) vive algo máis
do 23,2% da poboación nun 13,1 por cento da superficie.
● A zona rural galega (ZPP superbaixa) ocupa o 83,5 por cento da superficie, con menos do 19,4% da poboación.
● As zonas densamente poboadas e intermedias correspóndense coas áreas dos nove concellos máis grandes de
Galicia: Ferrol, Narón, A Coruña, Santiago, Vilagarcía, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense.
● As zonas intermedias unen a área densamente poboada de Ferrol-Narón coa zona da Coruña, ata Carballo. Tamén
unen Santiago co sur da provincia de Pontevedra pola costa. Moitas son zonas que non pertencen propiamente a
periferias urbanas pero que si están baixo a súa influencia pola existencia de importantes vías de comunicación.
Nesta zona intermedia tamén se inclúen zonas que se poderían considerar urbanas por ter unha poboación
considerable (como A Estrada, Lalín, a costa norte da Ría de Arousa ou a zona de Verín) ou por presentar unha
importante puxanza económica (como Cervo, Burela e Viveiro na Mariña Lucense ou os concellos da zona de
Valdeorras).
● Este aumento na concentración da poboación, continuo no transcorrer das tres últimas décadas, foi debido á
emigración cara aos centros comarcais e ao conseguinte abandono dos núcleos máis pequenos.
A observación dunha variable demográfica como a natalidade, atendendo a análise da súa distribución territorial a nivel
provincial e municipal, confírmanos a tendencia á concentración da poboación que vimos sinalando, especialmente da
poboación máis nova (en idade fértil) nas provincias occidentais e nos concellos litorais e urbanos ou nas súas contornas.

Pola contra, a distribución da mortalidade é oposta, con maiores taxas nas provincias orientais e nos concellos interiores e
máis afastados das áreas urbanas, se ben é nestas áreas onde se localizan as máis altas esperanzas de vida.

Se atendemos agora ao saldo natural ou crecemento vexetativo, os saldos positivos quedan cada vez máis reducidos ás
contornas das cidades da Coruña, Vigo, Santiago, Pontevedra e Ourense, en concellos que actúan como áreas
residenciais da poboación moza que atopa neles residencia a menor prezo.
Envellecemento e cambio na estrutura de idades da poboación
galega
Coñecemos os cambios producidos entre os anos 1900 e 2017 na representación do colectivo de
persoas maiores dentro do conxunto da poboación galega, que situamos xa no contexto do proceso
de modernización e progresión social e individual que se vive en Galicia, un proceso que, por outra
parte, non se pode dar por finalizado.

De constituír as persoas maiores a principios do pasado século o 6,01% da poboación galega


(mentres á poboación máis nova correspondíalle unha representación próxima á terceira parte), ao
final do período de estudo superan ás máis novas, sendo xa as de 65 anos e máis o 24,5 %. É o
resultado de que se vive máis pero tamén de que se ten menos descendencia.
Nos inicios do século XX, a esperanza de vida en Galicia non superaba os 35 anos; cos
niveis de mortalidade do momento, a metade da poboación nada non alcanzaba a cumprir os
15 anos. Nun contexto sociodemográfico no que se vive esa situación na que cinco de cada
dez persoas que nacen non chegan á idade de reproducirse, enténdese que se necesite
“producir” moita descendencia para asegurar a continuidade da poboación.

Hoxe, pola contra, e desde os anos oitenta do pasado século, a maior parte das persoas que
nacen non morren antes da madurez. Cada vez en maior número viven unha primeira e unha
segunda vellez, de tal forma que está a ter lugar unha real democratización da supervivencia
fronte ao número escaso de persoas lonxevas nas xeracións anteriores.

Por esa democratización da supervivencia a todas as idades (non só na vellez) explica o


progresivo descenso da fecundidade.

O envellecemento demográfico preséntase como o resultado da evolución de dúas


tendencias como son o descenso da mortalidade e da fecundidade, que alterarán en
profundidade a estrutura por idades da poboación galega.
● Galicia insírese no modelo occidental.
● As intensas transformacións que se viviron nos últimos trinta anos, que supuxeron unha notable elevación do nivel
de vida, fixeron tamén posible que a mocidade acadara progresivamente un nivel de instrución máis alto. Subsiste,
non obstante, un elevado paro entre a mocidade que, sumado aos altos custes da vivenda e á sensación constante
de inestabilidade laboral, dificultan a emancipación residencial e a súa completa autonomía como seres adultos.
● A estratexia seguida por boa parte da mocidade galega en particular, é a de prolongar a súa condición de estudante,
residindo na casa familiar para construír unha carreira laboral, relegando a un segundo plano os proxectos persoais
de constitución de parella e a decisión de ter descendencia, adiándoa a un momento posterior máis favorable”.
● O retraso na entrada no mercado de traballo da mocidade galega, do seu matrimonio tardío e da idade das nais no
momento do nacemento do seu primeiro fillo ou filla é ben expresivo.

Universidade de Santiago
En consecuencia, se temos en conta o cambio que se está producindo no referido á configuración e á constitución dos
fogares e das familias de Galicia, xunto coas características peculiares desta Comunidade autónoma no relativo
avellentamento e ao sobreavellentamento da súa poboación, pódese observar a distorsión ou desproporción existente,
tanto no referido aos tramos de idade como no sexo, á hora de establecer as relacións informais de coidado e
dependencia, é dicir, aquelas sen retribución, ben sexan por parentesco, por veciñanza ou por amizade.

Reflíctese a importancia do papel das mulleres no coidado de persoas maiores, e incluso no coidado informal en xeral, pois
achegan os dous terzos de todo o volume de coidado de calquera natureza prestado a persoas dependentes. Nesta liña, o
patrón principal amosa o dunha muller menor de 65 anos que coida outra muller, pero neste caso, maior de 65.

Galicia, como gran parte de Europa, debe enfrontarse hoxe a un cambio demográfico, pero ademais debe facelo nun
contexto territorial heteroxéneo e complexo, derivado do elevado grao de fragmentación municipal e de dispersión dos
núcleos de poboación.
O cambio demográfico vai acompañado de profundas transformacións sociais que afectan a composición das familias,
sendo unha das súas manifestacións o crecente número de persoas maiores que viven soas.

O retrato das familias en Galicia, pasa polos cambios sociais, económicos e culturais xurdidos nestas últimas décadas;
● Redución do tamaño medio da familia, máis fogares unipersoais, pásase á convivencia de dúas xeracións en vez de
tres....
● Ao modelo coñecido como familia tradicional-familia nuclear-familia adaptativa, vánselle agregando pluralidade de
novas formas de familia: a familia deixa de identificarse mimeticamente co fogar e adquire formas diversas tales
como, familia biparental, monoparental, reconstruída, sen descendencia, con fillos e fillas propios/as /adoptados/as
ou por novo matrimonio.

You might also like