You are on page 1of 3

UNIDADE 4

1.- Que son as migracións?


Movementos de personas…

• Os movementos migratorios son os desprazamentos dunha persoa ou grupo de persoas dun lugar xeográfico
a outro, coa intención de establecerse de maneira indefinida ou temporal nese sitio distinto ao do seu lugar de orixe.
• Os movementos migratorios poden ser:

- Emigración. É a saída das persoas dunha rexión ou país, e supón unha perda de poboación.
- Inmigración. É a chegada de persoas a unha rexión ou país e supón un crecemento da poboación para o lugar que os
recibe.

… interiores, dentro dun mesmo país…

• As migracións interiores prodúcense entre diferentes rexións dun mesmo país. Tipos:
- Movementos nunha determinada estación do ano (recolección dun produto agrícola, ou o traballo temporal).
- Movementos campo-cidade. As cidades ofrecen maiores posibilidades de traballo, e tamén maior oferta para poder
realizar estudos.

… ou exteriores, fóra do país de orixe

As migracións exteriores ou internacionais prodúcense cando a poboación abandona o país de orixe. Estes movementos
poden ser:
- Continentais. Movementos de poboación entre países do mesmo continente. Adoitan ser de países con menor grao
de desenvolvemento a países máis desenvolvidos.
- Intercontinentais. Movementos de poboación entre países de distintos continentes, como a emigración a América, ou
a emigración do Norte de África a países de Europa.

Quen é un migrante?
A OIM (Organización Internacional para as Migracións) é a axencia especializada en migracións das Nacións Unidas
A OIM define como migrante calquera persoa que se despraza ou se desprazou a través dunha fronteira internacional
ou dentro dun país, fóra do seu lugar habitual de residencia independentemente da súa situación xurídica; o carácter
voluntario ou involuntario do desprazamento; as causas do desprazamento; ou a duración da súa estancia.

CONCEPTOS CLAVE:
Saldo migratorio É o indicador que mide a diferenza entre o número de emigrantes e o número de inmigrantes dun
determinado territorio: Saldo migratorio = emigrantes - inmigrantes
Crecemento real
Para coñecer o crecemento real da poboación dun territorio necesitamos sumar o crecemento natural ao saldo
migratorio: Crecemento real = crecemento natural + saldo migratorio

2.- A que se deben os movementos migratorios?

AS CAUSAS DAS MIGRACIÓNS


Económicas e demográficas. Procura de mellores condicións de vida e de traballo.
Sociais, culturais e psicolóxicas. Maiores posibilidades de estudar e maior oferta cultural.
Políticas e relixiosas. Escapar dos conflitos bélicos, as persecuciones, o terrorismo ou dos abusos dos derechos humanos.
Ambientais. Debidas ao cambio climático, como secas, pragas, inundacións, etc.

... E COMPORTAN IMPORTANTES CONSECUENCIAS

Para o migrante. Xa que a cambio de oportunidades debe abandonar a súa cultura de orixe.
Para o país de orixe. Porque perde poboación nova e despoboan algunhas áreas. A cambio, os inmigrantes envían parte
dos seus aforros aos seus familiares.
Para o país de destino. Existe una maior oferta de man de obra, e en consecuencia o mercado laboral e o consumo
revitalízanse. Prodúcese un rexuvenecemento da población, mellora a natalidade e crece a poboación.
3 Cales son os principais fluxos migratorios mundiais?

As migración no pasado…
Os fluxos migratorios refírense ao número de migrantes que entran ou saen dun determinado país ou rexión nun
período de tempo dado (un ano). As migracións foron un fenómeno constante na historia da humanidade.
• O máis destacado foi a migración transoceánica: entre os séculos XVI e XVIII, tiveron como destino América Latina,
principalmente procedían de países europeos, como España, Francia, Portugal, Reino Unido etc.
• A época da gran emigración ultramarina levou a miles de europeos en barcos a vapor a América, Asia e Oceanía
durante o século XIX e o primeiro terzo do século XX.

… e os movementos migratorios actuais


Os movementos migratorios actuais adquiriron unhas dimensións e características que non teñen precedentes. Débese
ao aumento das desigualdades económicas, as crisis e conflitos bélicos, así como pola rápida circulación da información
(Internet).
As correntes migratorias actuais teñen:
- Orixe: zonas menos desenvolvidas de América Central e do Sur, África, Oriente Próximo e Sueste asiático.
- Destino: países desenvolvidos e envellecidos, en Europa e América do Norte.
A facilidade de comunicacións e transporte permite aos migrantes unha relación máis fluída cos seus lugares de orixe.

4.- Migrantes nun mundo globalizado

Sociedade e migracións
As relacións entre os emigrantes e a sociedade que os acolle poden basearse en:
• A multiculturalidad: aceptación por parte da sociedade receptora de culturas diferentes, o que supón o
mantemento por parte dos emigrantes dos seus valores e normas.
• A integración: adopción por parte do emigrante de valores, normas e condutas da sociedade receptora.
A falta de expectativas nos paises de orixe fai que moitos migrantes traten de acceder ao mundo máis desarrollado de
forma clandestina. A miudo fano a través de redes de tráfico de persoas expoñéndose a grandes perigos e mesmo á
morte.

5.-Como son os movementos migratorios en Europa?

AS PRIMEIRAS MIGRACIÓNS EUROPEAS


A primeira gran onda migratoria tivo lugar no século XIX, con destino a América, en especial á cidade de Nova York.
As causas destas migracións foron a Revolución Industrial e o incremento demo-gráfico de Europa. Ademais, o
desenvolvemento dos medios de transporte e os sistemas de comunicacións facilitaron que os desplazamentos fosen
rápidos e masivos.
A segunda onda migratoria foi de carácter forzoso e ocorreu entre 1920-1950. Os europeos víronse obrigados a emigrar
debido ás consecuencias da Primeira Guerra Mundial e a Segunda Guerra Mundial.

CANDO COMEZA A INMIGRACIÓN A EUROPA OCCIDENTAL?


Trala Segunda Guerra Mundial e coa creación da CEE en 1957, moitos países precisaron de man de obra: Francia, a
República Federal de Alemaña, Suíza e Bélxica foron os maiores receptoresde traballadores de o Sur de Europa e o Norte
de África.
Este fluxo alcanzou a súa máxima intensidade a finais dos anos 1960 e principios de 1970, pero a crise económica de
1973 reduciu drasticamente a capacidade de absorción de man de obra, favorecendo o retorno dos traballadores
estranxeiros cara aos seus países de orixe.

QUE OCORRE ACTUALMENTE EN EUROPA?


• Movementos no espazo de libre circulación de traballadores da UE
Nas últimas décadas produciuse un aumento das migracións cara a países europeos, onde Alemaña é un dos principais
puntos de destino das ondas de inmigración en busca de traballo proceden do centro de África, América Latina e Asia.
• Chegada de refuxiados
A axitación política en Oriente Próximo e no Norte de África provocou un aumento no número de solicitantes de asilo
(refuxiados). As dificultades para entrar legalmente no continente propiciaron a creación de roteiros alternativos, onde
os emigrantes atópanse con moitas dificultades para chegar e establecerse, xerando serios problemas humanitarios.
6.- A evolución da emigración española

No pasado, una emigración exterior cara a América e Europa…

A emigración exterior española tivo lugar entre mediados do século XIX e a crise económica de 1975. Os destinos
principais foron:
América Latina. Moitos campesiños, procedentes de Galicia, Asturias, León e Canarias, viron en América a posibilidade
de mellorar a súa situación económica e social.
Europa Occidental. Na segunda metade do século XX (1960-1975), produciuse un importante movemento migratorio
de man de obra agraria e industrial cara aos países industrializados de Europa.
A crise económica de 1973, debida ao aumento do prezo do petróleo, foi o final da emigración exterior. O paro creceu
en Europa e os gobernos ditaron leis que res- tringían a inmigración. Parte da poboación emigrante regresou a España
e outra parte quedou no estranxeiro.

… e una emigración interior: o éxodo rural

A migración interior española iniciouse timidamente a finais do século XIX, aumentou a partir de 1950, e foi intensa
entre 1959 e 1970. Foi unha emigración do campo á cidade, cara ás rexións industriais, é o chamado éxodo rural.

QUEN EMIGRA NA ACTUALIDADE

A emigración española do século XXI é distinta á emigración que houbo no pasado. A crise económica de 2008, impulsou
de novo a mobilidade pola falta de traballo. A situación de desemprego repercutía en traballadores de distintos ámbitos
e de tódolas idades.
A poboación máis nova é a que se viu máis afectada. A falta de traballo acorde aos estudos realizados provoca unha
emigración máis selectiva: a fuga de cerebros. Tamén forman parte deste grupo os mozos que terminan estudos de
investigación no estranxeiro.

7.- España, destino de inmigrantes

España pasou de ser un país de emigrantes a ser un dos países da Unión Europea con máis inmigración.
• Os factores que converteron a España nun destino atractivo para a inmigración son:
O crecemento económico de España e o aumento das oportunidades laborais ao longo da década de 2000.
A situación xeográfica de España no Mediterráneo, fronteira con África e porta de Europa, facilita os fluxos do Norte
de África.
A lingua e a vinculación cultural e histórica atraen ás correntes de Iberoamérica.
O bo clima é un factor que impulsa a xubilados europeos a asentarse no noso país.

• As consecuencias que a inmigración tivo para España son:


Rexuvenecemento da poboación. Entre os inmigrantes predomina a poboación nova e prodúcese un repunte da
natalidade.
Aumento da poboación activa. Trátase de poboación nova en idade de traballar.
Contribúen ao pago das pensións. Co seu soldo tamén cotizan na Seguridade Social.
Activan o consumo, de maneira que o produto in- terior bruto vese beneficiado.
Achegan unha maior diversidade étnica e cultural, dado que a convivencia entre persoas pode ser enriquecedora, pero
debe desenvolverse nun marco de respecto ás leis do país de acollida.

You might also like