You are on page 1of 42

(G3061107) Historia Económica Mundial

(1º Economía)

CAP. 1: Economías agrarias e


procesos de industrialización (1750-1870)
(grupos expositivos 1 e 2)

Adrián Dios Vicente


M. Carmen Espido Bello
Crecemento económico moderno e procesos de
industrialización

CAP. 1: Economías agrarias e procesos de


industrialización (1750-1870)

Índice:
1- Poboación e agricultura nas economías preindustriais
(Cap. 1 manual Feliu e Sudrià)
2- A economía urbana preindustrial (Cap. 2 manual Feliu
e Sudrià)
3- A Revolución industrial (Cap. 3 manual Feliu e Sudrià)
4- Crecemento económico moderno e proceso de
industrialización (Caps. 4 e 5 manual Feliu e Sudrià)
A aceleración do crecemento económico

♣ A Revolución industrial abriu unha época de crecemento


económico sostido, tanto extensivo como intensivo que se
difundiu dende Gran Bretaña a outros países.
♣ O crecemento:
 Foi desigual entre continentes e países (Destacan Europa e
EE.UU, Canadá, Australia e Nova Zelanda) aumentou a
desigualdade.
 Non foi constante. Poden establecerse etapas diferenciadas:
 Século XIX: crecemento en aumento.
 1914-1945: interrupción do crecemento e inestabilidade.
 1945-1973: forte crecemento (etapa dourada).
 1973-actualidade: varias subetapas, con fases de expansión, de
estancamento e de recesión.
O crecemento mundial de longo prazo

PIBpc (1990 Int. GK$)


Novas potencias de
Ano ultramar (USA, Canadá, Europa
Europa Occidental (30 Australia, Nova Oriental (7 América
países) Zelanda) países) Latina China Xapón África Total mundial

1 576 400 412 400 450 400 472 467

1000 427 400 400 400 466 425 425 453

1500 771 400 496 416 600 500 414 566

1700 993 476 606 527 600 570 421 615

1820 1,194 1,202 683 691 600 669 420 666

1900 2,885 4,015 1,438 1,113 545 1,180 601 1,261

1950 4,569 9,268 2,111 2,510 448 1,921 889 2,111

1973 11,392 16,179 4,988 4,518 838 11,434 1,387 4,083

2008 21,672 30,152 8,569 6,973 6,725 22,816 1,780 7,614


Fonte: Elaboración propia a partir de datos do Maddison Project (2010 Database)
A aceleración do crecemento económico

♣ Varios factores contribuíron ao crecemento. Pero, entre


eles resultaron decisivos:
 As Institucións.
 O cambio técnico.
♣ Os Estados liberais estableceron:
 A igualdade diante da lei.
 Sistemas políticos representativos.
♣ Antes do establecemento dos Estados liberais houbo pasos
previos importantes:
 Revolución Gloriosa en Gran Bretaña (1688).
 Triunfo dos ideais burgueses:
 Declaración de independencia de Estados Unidos (1776).
 Revolución Francesa (1789).
A distribución da renda

♣ Consolidación dos sistemas capitalistas e cambios nas


estruturas sociais.
 Substituíronse os enfrontamentos señores feudais-campesiños
por enfrontamentos capitalistas-asalariados.
♣ Urbanización e maior inseguridade dos traballadores
formación da clase obreira aparición de sindicatos.
 Sindicatos (concepto e reivindicacións: salarios, horarios,
seguros, condicións de traballo,…).
♣ Como o crecemento da renda non sempre levou a melloras
no benestar xurdiron movementos revolucionarios
socialistas (inspirados en Marx, Lenin,…) e anarquistas
(inspirados en Bakunin).
O conflito como constante nas relacións
capital - traballo

Melbourne, 1956
A distribución da renda

♣ Nas primeiras fases da industrialización as diferenzas


de renda aumentaron. En fases posteriores tenderon a
reducirse algo.

♣ É importante diferenciar entre crecemento da renda e


melloras no benestar.
A desconexión entre produtividade e salarios

Fonte: Allen, Robert C. (2009), “Engels’ pause: Technical change, capital accumulation, and nequality in the
british industrial revolution”, Explorations in Economic History, Vol. 46, nº 4, pp. 418-435, (gráfico en p. 419)
O proceso de industrialización: transformacións
previas
♣ O proceso de industrialización e o crecemento económico
moderno
♠ Principais transformacións:
 Transición demográfica.
 Transformacións na agricultura.
 Cambios nas formas de financiamento e organización das empresas
industriais.
 Cambios no comercio e os sistemas de pagamentos.
O ciclo demográfico moderno

♣ O ciclo demográfico moderno


♠ Os cambios demográficos tenden a ir en consonancia co
nivel de desenvolvemento económico dos países.
♠ A revolución demográfica:
 Características do ciclo demográfico moderno:
 Baixas taxas de natalidade.
 Baixas taxas de mortalidade.
 Elevada esperanza de vida ao nacer.
 Forte crecemento da poboación nas primeiras fases da transición
demográfica e tendencia a reducirse o crecemento de xeito progresivo.
Nalgúns países chega a haber taxas de crecemento negativo.
 Transición demográfica: paso do ciclo antigo ao moderno.
 Caída da mortalidade.
 Caída da natalidade e diminución do crecemento da poboación.
 Factor traballo e industrialización.
A Transición Demográfica
A transición demográfica

♣ A transición demográfica:
♠ Concepto: etapa marcada polo paso do ciclo demográfico
antigo ao ciclo demográfico moderno.
♠ Características e etapas:
 Primeira fase: a natalidade mantense alta (como no ciclo antigo)
e a mortalidade descende axiña (como no ciclo moderno), é a
etapa de maior separación entre as taxas de natalidade e
mortalidade  Rápido crecemento da poboación nesta fase.
 Desaparecen os picos de mortalidade.
 Forte caída da mortalidade infantil.
 Segunda fase: empeza a baixar a natalidade (redución voluntaria)
diminúe a taxa de crecemento da poboación.
 Terceira fase: natalidade e mortalidade estabilízanse a taxas
baixas e semellantes entre elas. Pódese dar por finalizada a
transición demográfica e por consolidado o ciclo demográfico
moderno.
A transición demográfica

 O momento no que se produciu e a duración da transición demográfica


variou duns países a outros. Empezou no século XVIII en Inglaterra e
aínda hoxe algúns países seguen no ciclo demográfico antigo.
 O descenso da mortalidade: caída da mortalidade epidémica, da
infantil, da adulta  aumento da esperanza de vida  crecemento da
poboación.
 Causas da caída da mortalidade:
 Redución das pestes e diminución de enfermidades endémicas (tifus,
gastroenterite, difteria, tuberculose…) (probablemente entre as causas máis
importantes).
 Aumento da resistencia humana.
 Melloras hixiénicas.
 Medidas públicas de prevención.
 Crecemento da produtividade agrícola e do comercio facilitan a
desaparición das crisis de subsistencia e melloras na alimentación.
 Avances na medicina (vacinas, dietas,…).
A transición demográfica

♣ O descenso da natalidade. Nas primeiras fases da transición soe


aumentar a natalidade, debido ao aumento da duración da vida e ás
melloras económicas que permiten reducir o celibato, a idade de
acceso ao matrimonio, etc. Pero axiña empeza a reducirse:
 No ciclo demográfico antigo a natalidade reducíase indirectamente
aumentando as taxas de solteiría, atrasando a idade de acceso ao
matrimonio, etc.
 No ciclo demográfico moderno a natalidade redúcese de xeito voluntario e
mediante o uso de prácticas e métodos anticonceptivos.
♣ Nos séculos XVIII e XIX modifícase a distribución da poboación
mundial en beneficio das zonas ocupadas por poboación de orixe
europea (Europa e América). Estas zonas en 1700 representaban o
16% da poboación mundial, en 1800 preto do 18% e en 1900 o 28%.
Ao longo do século XX e XXI os países occidentais máis
desenvolvidos perderon peso na poboación mundial.
Evolución da poboación mundial

Fonte: Madisson Project (2010 Database)


Factor traballo e industrialización

♣ Factor traballo e industrialización


♠ O crecemento da poboación xunto co aumento da oferta de
emprego na industria e o comercio cambios na localización da
poboación e do emprego:
 Movementos de poboación do campo á cidade.
 Movementos internacionais de poboación: migracións.
♠ Nas primeiras etapas o crecemento do factor traballo foi
superior ao da poboación debido a:
 Diminución da poboación subempregada (máis posibilidades de
traballar).
 Aumento do traballo infantil e feminino.
 Distribución do traballo máis regular ao longo do ano.
 Ritmos continuados marcados pola mecanización.
 Aumento da xornada laboral.
 Aumento da esperanza de vida.
Factor traballo e industrialización

♣ Factor traballo e industrialización


♠ Nunha segunda etapa a intensificación no uso do factor
traballo desacelerouse:
 Intensificación do uso de capital e tecnoloxía.
 Aumento das xornadas laborais, se ben isto tiña un límite.
Os Sindicatos presionaron e no último cuarto do século
XIX conseguiron xornadas de 10 horas. Xa no século XX
nos países máis avanzados acadouse a xornada de 8 horas.
♠ Nunha terceira fase o uso do factor traballo vai diminuíndo
como consecuencia de:
 Cambios na estrutura da poboación. Máis xubilados.
 Aumento do tempo de escolarización.
 Lexislación laboral (idade mínima para traballar, duración
das xornadas, vacacións,…).
Transformacións na agricultura

♣ Importante papel das transformacións na agricultura.


♣ Dereitos de propiedade e dispoñibilidade de terra.
♠ Concentración de dereitos sobre a terra (propiedade
absoluta ou capitalista). Isto supoñía acabar co sistema
feudal:
 Redución drástica de comunais e campos abertos. Cercamentos:
enfrontamentos entre señores e campesiños.
 Eliminación dos dereitos de propiedade compartida (señoríos,
enfiteuses…).
 Fin das restricións á libre disposición da terra (desamortización
de terras en mans mortas, fideicomisos…).
♣ Desaparición da organización comunitaria da produción.
Transformacións na agricultura

♣ Transformacións na agricultura
♠ Melloras na produción, derivadas de cambios endóxenos e
esóxenos.
♠ As anteriores melloras permitiron:
 A supresión do “barbeito” (diferencia entre a agricultura
tradicional e a moderna)aumento da dispoñibilidade de terra.
 Que a agricultura, polo menos nos países máis avanzados,
cumprise coas funcións que Kuznets (1973) lle asignou:
 Ser capaz de alimentar unha poboación crecente e non produtora de
alimentos.
 Ser capaz de liberar traballo e capital para a industria e/ou os
servizos.
 Ser capaz de demandar produtos industriais e servizos (é dicir,
converterse nun factor de demanda).
 Aumentar a produción, os rendementos e a produtividade.
Transformacións na agricultura

♣ Cambios endóxenos: os derivados da propia


agricultura
 Difusión polo continente europeo da 1ª Revolución
agrícola moderna: (1º terzo do S. XIX).
 Dende a década de 1830, 2ª Revolución agrícola
(High Farming) en Gran Bretaña.
 3ª fase: difusión da High Farming polo continente
europeo e da agricultura capitalista extensiva nas
zonas temperás dos outros continentes. Mecanización.
Transformacións na agricultura

♣ Cambios endóxenos, 1ª Fase:


 Difusión polo continente europeo da 1ª Revolución
agrícola moderna (1º terzo do S. XIX):
 Novos cultivos (forraxes, leguminosas...) e novas rotacións.
 Integración agricultura-gandería.
 Selección de sementes e de especies animais.
 Adobos, drenaxes, regas, melloras de terras.
Transformacións na agricultura

♣ Cambios endóxenos, 2ª Fase:


 Dende a década de 1830, 2ª Revolución agrícola (High
Farming) en Gran Bretaña:
 Crecente compra de inputs para o proceso de produción
(alimentos para o gando, adubos...).
 Explotacións integradas agrícola-gandeiras (máis flexibles
aos cambios na demanda).
 Obxectivo diminuír os custos. Para iso optouse por un uso
crecente de capital (mecanización) mentres se reducía o uso
de man de obra.
 Os campesiños con pouca terra optaron por cultivar novos
produtos, máis intensivos en traballo e de maior rendemento
que os cereais (pataca, millo, leguminosas, viño, froitas,
aves...).
A Fame da Pataca (1845 – 1859)

Cork James Mahony. The


Illustrated London News (1847).
Transformacións na agricultura

♣ Cambios endóxenos, 2ª Fase:


 Nas zonas temperás pouco poboadas de América e Oceanía
con dispoñibilidade de capital: explotación capitalista
extensiva (moito capital, pouca man de obra, baixos
rendementos da terra, alta produtividade do traballo).
Cereais, produtos gandeiros: trigo, la, carne, coiros...
 Onde había terra abundante e traballo barato optouse por
agricultura de plantación: azucre, tabaco, algodón, café, té,
cacahuetes...
♣ Cambios endóxenos, 3ª fase:
 Difusión da High Farming polo continente europeo e da
agricultura capitalista extensiva nas zonas temperás dos
outros continentes. Mecanización.
Transformacións na agricultura

♣ Cambios esóxenos (derivados da Rev. Industrial):


 O abaratamento do ferro e o aceiro permitíronlle aos
agricultores dispoñer de mellores ferramentas e
maquinaria.
 A revolución nos transportes (FFCC e navegación a vapor)
foi probablemente a contribución máis relevante. A
redución dos custos do mesmo estimulou o comercio de
produtos agrarios, incluíndo produtos frescos que antes
non se podían pasar dos mercados locais. Isto contribuíu á
especialización produtiva e ao aumento de produtividade.
 No último terzo do S. XIX foi moi importante a difusión
de maquinaria agrícola, dos adobos químicos e a difusión
do coñecemento sobre solos, etc. A través das granxas
experimentais, sociedades agrícolas, etc.
Transformacións na agricultura

♣ Os cambios endóxenos e esóxenos mencionados


impulsaron o aumento da produción, dos rendementos
e da produtividade do traballo e do capital utilizados
no sector agrario.
 A agricultura do século XIX foi capaz de alimentar
unha poboación crecente.
 Tamén foi capaz de reducir significativamente as
crises de subsistencias periódicas e as fases de fames.
 A poboación activa agraria aumentou en termos
absolutos pero reduciuse en termos relativos, é dicir,
como porcentaxe da poboación activa total.
Intensificación e extensión da 1ª revolución
industrial

♣ O proceso de difusión da industrialización.


 Ao longo do século XIX (sobre todo na 2ª metade do século) hai
un importante crecemento industrial e a difusión do mesmo polo
continente europeo formando “círculos de industrialización”:
 1º círculo: Francia, Bélxica, Alemaña, Suíza e Estados Unidos
(países con procesos de industrialización consolidados en 1870).
 2º círculo: resto de Europa (países con éxitos parciais en certos
sectores e rexións).
 A industrialización: fenómeno rexional, con desenvolvemento
desigual nas distintas rexións dos diferentes países.
 Factory System.
 Revolución do transporte.
 Ferro e aceiro.
 Enerxía.
Un crecemento sen igual no pasado (I)

Fonte: Elaboración propia a partir de Feliu & Sudrià (2013)


Un crecemento sen igual no pasado (II)

Taxa de crecemento do PIBpc. Países seleccionados


Gran Bretaña Francia Alemaña Bélxica EEUU
1870/1820 87% 65% 71% 104% 94%
1913/1870 54% 86% 98% 57% 117%
1913/1820 188% 207% 239% 220% 322%
Fonte: Elaboración propia a partir de Feliu & Sudrià (2013)
Intensificación e extensión da 1ª revolución
industrial

♣ Sistema de fábrica:
 Fabricación masiva
 Xeneralización da fábrica como lugar de traballo.
 Concentración de obreiros.
 O ritmo de traballo márcao o máquina.
♣ Revolución do transporte:
 Melloras antes da Revolución industrial: pontes,
camiños empedrados, construción de canais...
 Melloras da Revolución industrial:
 Ferrocarril.
 Navegación a vapor.
Intensificación e extensión da 1ª revolución
industrial

♣ A Revolución do transporte. Melloras da


Revolución industrial:
 Ferrocarril:
 1ª liña pública Manchester-Liverpool (1829).
 Gran difusión do FFCC entre 1840 e 1900 (véxase cadro
5.2, p. 120).
 Requiriu grande cantidade de capital e traballo e tamén
requiriu a intervención do Estado.
Intensificación e extensión da 1ª revolución
industrial

♣ A Revolución do transporte. Melloras da


Revolución industrial:
 Navegación a vapor:
 Nas primeiras etapas o vapor presentaba algúns problemas en
comparación coa vela:
 Escasa navegabilidade dos barcos con rodas de paletas.
 Os barcos precisaban moito espazo para almacenar carbón, o que restaba
espazo para as mercancías.
 avarías e incendios.
 A construción de buques con casco de ferro e, posteriormente, de
aceiro xunto coa aparición do motor de combustión interna
permitiron a consolidación do vapor no transporte a longa
distancia.
 A difusión do vapor e a construción de buques moito máis
grandes provocaron cambios na construción naval e levaron á
concentración do comercio en poucos portos con máis
profundidade.
Intensificación e extensión da 1ª revolución
industrial

♣ Ferro e aceiro:
 Altos fornos cada vez máis grandes e eficientes
Aumentou moito a produción de ferro
 Novos métodos de produción de aceiro de mellor calidade
e máis barato entre 1850 e 1880:
 Convertedor Bessemer (1856).
 Sistema Siemens-Martin (mellor calidade de aceiro que co convertedor
Bessemer).
 Proceso Gilchrist-Thomas.
Intensificación e extensión da 1ª revolución
industrial

♣ Enerxía:
 Hidráulica: turbina hidráulica.
 Vapor: máquina de Watt.
 Gas (obtido por destilación de hulla e a partir do cal se producía
calor e electricidade).
 Petróleo: empezouse a explotar pero a súa importancia era
secundaria nesta época en comparación coas outras fontes de
enerxía.
Financiamento e organización empresarial do
proceso de industrialización

♣ O proceso de industrialización. Financiamento e


organización empresarial
♠ A industrialización requiriu elevadas cantidades de capital, gran
parte del a longo prazo e, por tanto, foi necesario ampliar os
mecanismos para facilitar a súa dispoñibilidade.
 Bolsa e banca:
 Grandes sociedades bancarias.
 Bolsa: mercado para comprar e vender títulos-valores.
 Para o capital circulante usábase principalmente a letra de cambio.
 Organización empresarial:
 A enorme cantidade de capital necesaria para a construción de
infraestruturas (FFCC) e de plantas industriais para a siderurxia,
metalurxia, etc. levaron ao triunfo da sociedade anónima (sociedade
capitalista, na que só se arrisca o capital investido).
 Organización máis complexa do proceso de traballo (redución de
tempos mortos, control contable...).
O papel do Estado na industrialización

♣ O proceso de industrialización. O papel do Estado


♠ O Estado influía sobre a actividade económica de varias
maneiras:
 Polo lado do gasto:
 Construíndo infraestruturas.
 Garantindo servizos de seguridade, xustiza, educación, etc.
 Lexislando sobre aspectos mercantís, política comercial,
temas monetarios e financeiros.
 Polo lado do ingreso: recadando a través dunha estrutura
impositiva ou outra e, cando os ingresos eran insuficientes
para cubrir os gastos, emitindo débeda pública interna ou
externa.
 Todas estas formas de intervención repercutían (e
repercuten) sobre as empresas e os habitantes.
A difusión da industrialización

♣ Os círculos de difusión da industrialización


♠ Algúns países conseguiron imitar o modelo de
industrialización británico. Este proceso foi lento e
desigual no seu Desenvolvemento. Foi máis fácil naqueles
países que tiñan unha dotación de factores e estruturas
institucionais e de mercado semellantes ás británicas.
 Así, o primeiro círculo de difusión da Revolución Industrial
consolidouse a partir da década de 1830 e está formado por
países como Bélxica, Francia, Alemaña, Suíza e Estados Unidos.
 O segundo círculo de difusión da Revolución Industrial
consolidouse a partir da década de 1870 e inclúe os países
escandinavos, países mediterráneos e Rusia e Xapón. Dentro
deste grupo, Xapón é o que tivo un crecemento máis rápido.
 Posteriormente comezou unha lenta difusión da industrialización
en América Latina e Asia.
A difusión da industrialización

♣ Características comúns dos países do primeiro


círculo de industrialización
♠ Rápida imitación do proceso de revolución industrial
británico.
♠ Un importante aumento do PIB per cápita entre 1820 e
1913.
♠ As principais bases do crecemento foron en todos eles:
 Rápida construción da rede ferroviaria.
 Importancia dos sectores téxtil, siderúrxico, aceiro e maquinaria.
 Exportacións crecentes.
 Rápida adopción das innovacións da segunda revolución
tecnolóxica.
A difusión da industrialización

♣ Características comúns dos países do segundo


círculo de industrialización
♠ Nestes países introducíronse as máquinas e os procesos da
revolución industrial británica, redes de ferrocarril, etc,
pero non conseguiron xerar un proceso de transformación
das súas economías ata polo menos a década de 1870.
♠ Entre os motivos que poden explicar esa falta de éxito
figuran:
 Mantemento dos sistemas sociais tradicionais e forte peso dos
propietarios agrarios.
 Falta de mercados.
 Baixos niveis de educación e capacitación profesional.
 Carencia/escaseza de materias primas e fontes de enerxía.
♠ Non todos os motivos se dan na mesma medida en todos os
países deste grupo.
A difusión da industrialización

♣ Características comúns dos países do segundo


círculo de industrialización.
♠ A partir da década de 1870 conseguiron dar o salto á industrialización
con éxito.
♠ Combinou a utilización das innovacións da primeira e da segunda
revolución industrial.
♠ Intentou entrar na División Internacional do Traballo cun crecemento
complementario (e non competidor) dos países do primeiro círculo.
Para iso os países deste grupo:
 Trataron de dotarse dunha rede de FFCC que favorecese o comercio.
 Intentaron entrar en nichos de produción/mercado menos cubertos polos
primeiros. Por exemplo, industrias alternativas (agroindustria,
calzado...).
 Intentaron exportarlles aos do primeiro ciclo produtos agrarios e
mineiros cos cales poder pagar as importacións de manufacturas e bens
de equipo que lles permitisen mellorar a produtividade industrial.
A difusión da industrialización

♣ Características comúns dos países do segundo


círculo de industrialización
♠ Este grupo de países industrializouse con bastante rapidez
a partir de 1870 gracias a:
 A exportación de materias primas con demanda crecente.
 Aumento e mellora dos medios de transporte.
 Transformación de produtos primarios cos que contaban.
 Aproveitamento dos procesos de transferencia tecnolóxica.
 Dispoñibilidade de capital estranxeiro.
 Aproveitamento das novas fontes de enerxía e dos novos
procesos industriais da segunda revolución tecnolóxica.
 Adopción de políticas comerciais máis librecambistas e, nalgúns
casos, apoio do Estado á industrialización.

You might also like