You are on page 1of 2

COMENTARIO DAS PIRÁMIDES DE IDADE.

A PIRÁMIDE DE IDADE é un gráfico que nos permite coñecer a estrutura


demográfica dun determinado país nun momento concreto (normalmente un ano); deste
tipo de gráfico podemos extraer conclusións non só a nivel demográfico senón tamén
social e económico. Para realizar o seu comentario deberemos seguir estes pasos:

1) ESTABLECER DE QUÉ TIPO DE PIRÁMIDE SE TRATA: tendo en conta que


hai tres tipos fundamentais de PIRÁMIDES:
a) Pirámide de forma triangular ou de PARASOL (Poboación expansiva):
Corresponde a países con escaso nivel de desenrolo, nos que se aplican medidas
sanitarias que reduciron enormemente as taxas de mortalidade pero non así
métodos anticonceptivos que fagan descender a natalidade; presentan unha
elevada porcentaxe de poboación xove e un elevado crecemento demográfico.
No caso de España (que é o único que vós teredes que comentar) esta situación
dáse nas primeiras décadas do século XX. Como as condicións de vida da
poboación representada nesta pirámide non son moi aceptables a poboación vai
diminuíndo notablemente a medida que ascendemos na pirámide de modo que a
Esperanza de Vida é baixa.
b) Pirámide en forma de OXIVA ou CAMPÁ (Poboación Estacionaria): A base é
menos ancha porque as taxas de natalidade fóronse reducindo; predomina a
poboación adulta e a mortaldade segue a descender; isto indicaranos unha
mellora na situación económica e sanitaria. Correspóndese coas pirámides
españolas dos anos 1960 e 1970.
c) Pirámide en forma de URNA (Poboación regresiva): A base da pirámide métese
cara dentro adoptando forma de furna; representa unha poboación envellecida e
cun elevado control de natalidade; correspóndese cunha situación económica
moito máis favorable que as anteriores na que as familias aspiran a un mellor
nivel de vida que pasa inevitablemente por reducir o número de fillos; inflúe
moito tamén nesta situación a incorporación da muller ó mundo laboral que fai
que esta deixe a un lado o seu tradicional “papel reprodutor” e limite o número
de nacementos. A esperanza de vida nesta pirámide é elevada o cal desemboca
nun incremento do número de anciáns e nun envellecemento da poboación; este
elevado número de anciáns en comparación coa poboación xove e laboralmente
activa, que sen dúbida algunha hai que ver como un avance na nosa sociedade,
pode crear problemas para o sistema de pensións e supón un gasto sanitario e de
atención á Terceira Idade, feito que debe ser tido en conta polos gobernantes.
Este é o tipo de pirámide que representa a poboación española nos últimos anos.
2) COMPARAR OS EFECTIVOS DE POBOACIÓN MASCULINA E
FEMININA: En termos xerais neste apartado atoparémonos con un predominio das
mulleres fronte ós homes, que se fai máis notorio na última parte da Pirámide; isto
obedece a que ata o de agora as taxas de mortalidade son máis altas nos homes que
nas mulleres (ata o de agora, realizan traballos máis arriscados, teñen hábitos de
consumo máis prexudiciais para a saúde etc..) pero hai que ter en conta que nun
futuro próximo esta situación tende a equilibrarse xa que cada vez máis a muller está
igualando máis os seus hábitos laborais e de consumo cos dos homes. 3) DESTACAR A
EXISTENCIA DE MUESCAS OU ENTRANTES NA PIRÁMIDE: que se
corresponden con crises demográficas; no noso caso as máis importantes (e as únicas
que veredes reflexadas na pirámide) son a GRIPE DE 1917 e a GUERRA CIVIL
ESPAÑOLA DE 1936-39.

You might also like