You are on page 1of 1

Está preparado o Estado do Benestar para afrontar os desafíos do envellecemento da

poboación

Un estado do benestar trata de atopar o benestar xeral da poboación mediante


diferentes políticas e medidas como a distribución das riquezas ou subsidios equitativamente
para poboación. Para isto o goberno no ten de outra que acudir a impostos e tasas coas cales
poder crear políticas públicas para súa poboación. De aquí que se lle diga efecto “Robin Hood”
e algúns estean en desacordo coa maneira na que o goberno obtén os cartos. Por outro lado,
esta dependenza que ten estes servicios na poboación é unha frouxidade dun estado do
benestar. Neste caso analizaremos como o envellecemento da poboación pode ser un
obstáculo difícil de sortear para estes tipos de estado, entre todas as razóns trataremos o
decrecemento económico, o aumento nos gastos das políticas públicas e risco de pobreza na
mocidade.

Esta comprobado que o envellecemento na poboación no solo provoca que o aumento


do PIB sexa máis desacelerado ou negativo senón que tamén provoca o decrecemento
económico, isto debese, a que o sector máis vello da poboación consume menos, polo tanto
una poboación envellecida é menos consumista que unha nova, ou o que é o mesmo, unha
empresa vende menos en un país con poboación vella que. Este decrecemento económico pon
en xaque aos estados de benestar xa que sea poboación esta menos enriquecida non pode
poñerlles os mesmos impostos.

Seguidamente, unha poboación envellecida é unha poboación que emprega ser más
atendida, enriba de todo na súa saúde. Mentres que nos mozos é menos costos e más fácil o
tratamento da súas patoloxías, Nos anciáns calquera problema na súa saúde e moito más
custoso porque ademais do tratamento da enfermidade tes que pagar revisións médicas (Xa
que a estas idades calquera problema na saúde pode ser un síntoma de algo máis serio) Cabe
destacar que ademais de ter que paga toda a seguridade pública dos xubilados tamén terá que
pagar pensións e infraestrutura especial. O problema aquí é de onde sacará os cartos o estado,
xa que co tempo aumentan estes costos (de maneira proporcional ao crecemento da
poboación) mais, tamén decrece a cantidade de habitantes que podan pagalos o que obriga ao
estado aumentar as tasas e impostos (Seguramente os que teñan que pagar non callaranse e
haberá un descontento xeral).

Por último, un envellecemento na poboación obriga ao estado de benestar a centrarse


na parte da poboación más vella e esquecerse da mocidade. Isto supón un problema para
aquela parte da sociedade que acabou seus estudos e busca introducirse no mundo laboral ou
independizarse, porque sen axudas por parte do goberno como o bono cultural ou o SEPE que
axuden a amortizar os gastos, os xoves no terán oportunidades para independizarse ou
empezar a traballar sen chegar a pobreza. Isto significa que o estado de benestar non estaría
cumprindo seu obxectivo principal que é a distribución equitativa das riquezas entre a
poboación.

En conclusión, o envellecemento da poboación pon en xaque aos estados no solo por


un aumento nos costos que ten que cubrir e non pode amortizar, tamén en que pode
desprenderse dos seu obxectivo principal deixando a unha parte da poboación máis exposta
que a outra.

You might also like