You are on page 1of 1

Fíxonos máis solidarios a pandemia?

Tras esta gran pandemia que aínda está lonxe de rematar, o COVID-19, xorde a dúbida de
si somos agora máis solidarios, vendo as condicións dos demais, ou se polo contrario foi a
peor.

Con só un pouco de documentación podería dicirse que si, que somos máis solidarios
cando vemos noticias coma “Solidariedade e voluntariado nos barrios”, onde voluntarios
organizáronse para axudar ós máis vulnerables agora, ou “A solidariedade que salva os
maiores que viven sós”. Isto pode facernos pensar que a xente, consciente de que si eles
están pasando un mal momento hai xente en peor situación e sempre poden axudar, que é,
menos mal, maioritariamente o caso.

Pero non todo é bondade e axudas, coma sempre, hai xente boa e xente que pretende
aproveitarse da situación, sen ningún tipo de escrúpulos, e pensando só en eles poñen en
risco a vida dos demais polo seu beneficio persoal. Isto reflíctese moi ben nestes outros
titulares, “Intentan estafar a unha residencia de anciáns de Teo á que lle pediron 2.500
euros pola vacina do coronavirus”, ou “Os países pobres poden ficar sen vacina ata o 2024.

Coma sempre, hai xente mala, que non pensa nos demais e que fai o mal para contrarrestar
o esforzo dos demais. Outro exemplo disto é o uso das máscaras. Moita xente
irresponsable é a que non se contaxia. As máscaras cirúrxicas están baseadas nun sistema
onde ti protexes aos demais, mais se ti a levas e outra persoa non, es ti o único afectado,
sistema que como pode verse require un nivel de confianza que non funciona. Outro acto
que reflexa a pouca solidariedade e responsabilidade é a cantidade de reunións, festas, etc.
que, malia estar prohibidas seguen facéndose, sen seguridade por xente nova que ocupa
os lugares de hospital que deberían estar para os que realmente os necesitan, os máis
maiores. Os hospitais están preto do colapso e poderían morrer persoas pola falta de sitio
na UCI ou de atención médica adecuada.

Por iso eu considero que non, a pandemia non nos fixo máis solidarios. Si é verdade que
puido sacar o lado bó de moitas persoas que axudaron a quen puideron pero sempre hai
unha enorme cantidade de xente que pola súa irresponsabilidade consigue saírse cos seus
actos prexudicando á outra que preocúpase polos demais.

You might also like