You are on page 1of 2

1.

Tema
O tema desde texto é que a violencia ten xénero masculino.

2. Resume.
A violencia ten xénero masculino xa que a maioria dos delitos cometidos son por homes.
Pero esto ven dado polo problema que está nas normas sociais de xénero e en como se
constrúe a masculinidade. Xa que estes son máis propensos a ser agresivos co resto da
xente, tanto con homes como con mulleres.

3.Texto argumentativo

Todos sabemos que a sociedade sempre tendeu a dar o poder ao home. Na antigüidade, as
mulleres dependían dos homes para todo e non fai tanto disto en España, xa que se
cambiou despois da ditadura de Franco. Se nos remontamos á época actual, estes
comportamentos derivaron á suposta violencia de xénero. Con todo, hoxe en día no noso
país a violencia ten xénero?

Poñerlle xénero á violencia é aceptar e asumir que ti polo simple feito de ser home es un
maltratador.
En todo o mundo hai mulleres agredidas ou insultadas día a día por culpa dalgúns homes, o
cal debería cambiar radicalmente e ser castigado se é así, xa que se non se actúa pronto
poderían acabar coa súa vida.
Tamén é certo que hai moitos máis casos de mulleres maltratadas que de homes pero estes
non están libres de agresións. Os homes teñen máis posibilidades de ser atacados na rúa, o
que conleva a que a rúa sexa máis perigosa para eles que para elas. Estes son atacados
por outros homes pero esa minoría de criminais non converte en culpables á maioría de
homes inocentes.
Con isto quero dicir que aínda que morren máis mulleres non significa que só elas morran
entón a violencia non pode ter xénero.

Na miña opinión os dous xéneros están baixo violencia e non debemos discriminar a
ningún. Para que poida haber igualdade debemos tratar aos dous por igual e non a un por
encima do outro.

Para min a violencia vén da orixe das persoas. Cando falamos da orixe referímonos á
contorna que hai nese lugar, as cousas que fan que ti creas que pegarche con alguén esta
ben. Isto pódese arranxar dunha maneira, coa educación.
Unha gran iniciativa que vexo para visibilizar e concienciar a todo o mundo é que se
celebren días especiáis a falar deste tema.

Por último, quero salientar que a violencia é máis común do que se pensa un, e temos que
ser conscientes diso para poder axudar ás mulleres e os homes que desgraciadamente
viven nesta situación.

You might also like