You are on page 1of 3

Comentario da película Suffragettes

A película Suffragettes de Sarah Gavron trata a historia de varias suffragettes


ambientada en Gran Bretaña no 1912 nesta época “o feminismo aparece, por primera vez,
como un movimiento social de carácter internacional, con una identidad autónoma teórica
y organizativa”. (de Miguel, 2018: 226)

A protagonista é Maud Watts, que é unha muller que traballa nunha lavandería,
na que coñece a Violet Miller. Esta introduce a Maud no grupo de suffragettes, no que
case todas son mulleres obreiras e con escasa ou nula formación, menos tres mulleres;
Edith New, que traballa na súa propia farmacia xunto co seu marido, Hugh Ellyn, a quen
podemos identificar como un aliado, Alice Haughton que pertence á burguesía e ademais
é esposa dun deputado e Emmeline Pankhurst, unha importante activista política
pertencente a burguesía. Esta mais Emily Davison son dalgúns personaxes que existiron
na vida real. O personaxe antagonista é o inspector Arthur Steed, xa que é quen tenta deter
o movemento polo dereito ao voto das mulleres en nome da lei. Aínda así, podemos ver
varios personaxes non simpatizantes tanto coa protagonista como co movemento.
Comezando co propio marido de Maud, Sonny Watts, quen ten unha actitude paternalista
cara a súa esposa, ademais de exercer como a autoridade da familia, controlando tanto os
cartos da casa como aos seus habitantes. Sonny, que conta co que hoxe poderíamos
chamar masculinidade fráxil, fai uso do seu poder dentro do matrimonio para posuír a
individualidade de Maud.

Outro dos personaxes que exercen un papel típico de home castrador, macho alfa
dominante, depredador sexual é Geoff Bell, un dos donos da lavandería, que acosa e abusa
sexualmente das súas traballadoras máis xuvenís, entre elas a propia Maud e a filla maior
de Violet.

A pesar de haber tratado ao inspector Steed como antagonista, este parece ser o
único que ten un mínimo de respecto cara Maud, e o movemento feminista. Podemos
defender esta tese a través das escenas que comparten os dous personaxes, nas que se
tratan con respecto, case como iguais, cousa que non adoita pasar entre homes e mulleres.

O problema entre o inspector Steed e as suffragettes non son os fins que elas
buscan, senón os medios que utilizan, que son o vandalismo, a manifestación e o
terrorismo, aínda que se recalca a importancia da non violencia contra os e as inocentes,
é dicir, que aínda que vaian cometer actor vandálicos, non queren ter vítimas. A cuestión
é que as suffragettes foron sufraxistas, e é de vital importancia entender a diferencia entre
elas. Esta é moi simple; as sufraxistas non militan, loitan polo voto feminino mediante
medios pacíficos, como protestas silenciosas ou manifestacións controladas, en cambio,
as suffragettes defenden que xa non se pode loitar de forma pacífica e como lle di Maud
ao inspector Speed “utilizamos el lenguaje de la guerra porque es el único que entienden
los hombres”. Aínda así, pódense cuestionar os medios que utilizan, xa que aínda que
eviten ter vítimas, ao final algunhas persoas inocentes acaban saíndo prexudicadas ou
lesionadas.

Cabe destacar, que a pesar de que todas as mulleres sufraxistas e suffragettes tiñan
un obxectivo común; o dereito ao voto feminino, e a igualdade entre os homes e as
mulleres, polo menos, na esfera política, hai unha notoria desigualdade entre elas, creada
polas diferenzas de clase. O exemplo máis claro está nunha especie de xerarquización
invisible, no que as mulleres burguesas ou con estudios, como Edith New ou Emmeline
Pankhurst son presentadas como as máis perigosas, mentres que as mulleres obreiras, son,
como di o inspector Speed nunha conversa con Maud, as enganadas.

O dereito ao voto é un dos fins dos fins do feminismo, hoxe en día conseguido na
maioría dos países, en troques, é sabido que non é o único fin. Este céntrase na igualdade
política que non teñen as mulleres respecto dos homes, pero tamén hai unha necesidade
de igualdade noutros ámbitos, tales como o social, o laboral, etc. Para iso hai que
organizar outro tipo de loitas, aínda que evidentemente, unhas poden axudar a outras, por
exemplo, o dereito ao voto permite a actividade política en por do movemento feminista.
A cuestión é por qué as sufraxistas/suffragettes buscan o dereito do voto feminino. Isto é
porque a non participación das mulleres na esfera política permite a normalización da
opresión cara as mulleres. Ademais, sen a posibilidade de cambiar as leis, non é posible
loitar por outras causas que teñen relación co feminismo. Relacionado coa non
participación na vida política, tamén está a non representación das mulleres nesta, que ten
como consecuencias non só a marxinación e a falta de referentes femininos na política,
senón a falta dunha representante que loite polos dereitos das mulleres desde dentro, nos
debates, nas eleccións, etc.

You might also like