You are on page 1of 1

Mary Wollstonecraft. Vindicación de los derechos de lamujer.

Tema: Dentro do contexto da Revolución Francesa e a afirmación de valores


universais como a razón, a virtude, a liberdade e sobre todo a igualdade e
fraternidade de tódolos homes , Mary Wollstonecraft neste texto reivindica
un recoñecemento da humanidade plena das mulleres e da súa igualdade
cos homes, que as faga merecedoras de todos e cada un dos logros da
Ilustración así como partícipes todos os novos mecanismos de estruturación
social que nacían neste momento. A autora esgrime como argumentos
precisamente as propias reivindicacións revolucionarias, facendo patente a
contradición que suporía deixar fora ás mulleres dun proceso que
precisamente aspira e preconiza a igualdade de toda a humanidade.

Esquema resumo:

1. Para garantir que a sociedade está levando a cabo un proceso real de


progreso cara unha organización mais xusta e rexida pola razón resulta
imprescindible que a muller participe no proceso.
1.1.A mulleres participa na educación polo que debe ser educada e a súa
razón fortalecida.
1.2.A visión que o home ten da muller ata agora centrada en calidades
tipo sexual debe modificarse cara aspectos mais racionais.
1.3.O home non ten autoridade para decidir sobre a felicidade das
mulleres. Elas deben ser as donas da súa propia vida como iguales
en razón ós varóns.
2. E non incluír ás mulleres no proceso universal de liberdade e igualdade
as consecuencias serían:
2.1.A muller non pode ser obrigada a obedecer e a manterse nun estado
que non se atinxe á razón salvo de maneira violenta, converténdoa
en escrava o que non só a degrada a ela senón tamén ó home
opresor. .
2.2.Tiranía, a inxustiza e a opresión seguirán estando presentes na
sociedade o que traizoa as ideas Ilustradas e como consecuencia non
se produciría unha verdadeira transformación da sociedade en aras
dos ideais rexidos pola razón.

You might also like