You are on page 1of 2

1. A muller que lle pega ó home fai ben si pode.

2. A muller que non sabe a doutrina culpa é do home que non a ensina; pao de carballo, rebolo
de encina, toma, muller, aprende a doutrina
3. Besta luguesa, muller coruñesa e home santiagués, ningún dos tres.
4. Casas vellas e putas pobres acaban cos homes.
5. De muller porca, menino prodixio e home con corsé, libéranos
6. Dominé.Dios nos libre de homes tolos en canellas apretadas.
7. Gárdate de can que non ladra e de home que non fala
8. Fiarse nos homes e *creer nos *diablos son todos iguales ó fin i ó cabo.
9. Enredos de homes, beixos de burro.
10. Home borracho o fillo saca con tacho; ou ó nacer ou ó crecer.
11. Home casado, burro estropeado.
12. Home casado nin muller é.
13. Home de chanca e muller con criatura, quíteios Dios da miña xeitura.
14. Home de dous lugares, malas *cenas e piores xantares.
15. Home de fiadeiro, home retranqueiro.
16. Home de sábado e boi de *lunes.
17. Home doente, home pra sempre.
18. Home escopeteiro, pouca meda e menos palleiro.
19. Home lascivo, home perdido.
20. Home mullereiro consigo acaba e co seu diñeiro.
21. Home pobre e parado causa *sospecha.
22. Home pobre, nin quieto nin calado.
23. Home prevenido non é vencido.
24. Home sentado non fai bo mandado.
25. Home tramposo e muller mintireira, na casa de quen os queira
26. Home valente e bota de viño pouco duran.
27. Home xornaleiro, nin boa meda nin bo palleiro.
28. Marzo sin trebós é un home sin collós.
29. Mentras meu pai viviu, atrás, atrás, cando o meu pai morreu, adiante, adiante.
30. Nin besta de *sólo herba, nin home de moita verba.
31. Non hai home ruín, sendo a muller boa.
32. O home e o can todos son por un igual.
33. O home e o demo... *¡lexos!
34. O home e o porco non se conocen *hasta despois de morto.
35. O home i o avelán, conforme veñen, van.
36. O home pon e a muller dispón.
37. O xastre nin é home nin é muller
38. Os *enemigos do home son tres: sogra, cuñada e muller.
39. San Antoniño, dáme un home, anque me mate i anque me esfole.Sete *sastres fan un home.
40. Sol madrugador, home rezador e muller cortés, eu renego deles tres.
41. Home folgado, medio mantido.
42. Home malo e can rabelo, malo como o demo.
43. Home zorro e can rabelo, desconfía del como do demo.
44. Tres cousas botan o home fóra da casa: fume, pingueira e muller can furneira.
45. Muller costureira e home troiteiro, nin boa meda, nin bon palleiro.
46. Home con mandil, cágome nil.
47. Triste é a casa, onde a galiña canta e o galo cala
48. Hay tantos homes bos, coma corvos brancos
49. Home que mira para abaixo nunca bo é
50. Papeles son papeles, cartas son cartas, palabras dos homes todas son falsas
51. Home falandeiro: home mentireiro
52. Home refraneiro: home de pouco diñeiro
53. Todo home que toca o pandeiro, non é verdadeiro
54. Home bebido: home perdido
55. O home que non fuma nin bebe viño, o demo llo leva por outro camiño
56. O mozo preguiceiro por non dar un paso da un milleiro
57. O que de mozo non traballa de vello dorme na palla
58. Home casado burro amolado
59. Home casado: home acabado
60. Home cobarde casase mal e tarde
61. Home ruadeiro nin boa meda nin bo palleiro
62. Home lascivo home perdido
63. O home que non é aforrador non é traballador

You might also like