You are on page 1of 48

DEREITA

DEREITA
DEREITA
DEREITA
DEREITA
DEREITA
DEREITA
DEREITA
DEREITA
DEREITA
DEREITA
ESQUERDA
ESQUERDA
ESQUERDA
ESQUERDA
ESQUERDA
ESQUERDA
ESQUERDA
ESQUERDA
ESQUERDA
ESQUERDA
ESQUERDA

1
DEREITA-ESQUERDA

Estamos sentados na butaca. Dende alí podemos observar o que sucede no


interior da segunda planta de ese edificio de ahí. No segundo dereita viven
os Pena, no segundo esquerda os Lema. As dúas familias están agora
mesmo na casa. Entre elas non poden verse nin escoitarse, separadas
polos tabiques e polo oco das escaleiras. Nós somos afortunados, pois as
paredes que nos separan delas son imaxinarias, de material fácilmente
traspasable. Aproveitemos logo a situación, e vexamos o que fan, o que
din, e (¿por qué non?) escoitemos o que pensan.

Pilara- (Avoa da familia Pena) “¡Que o demo confunda a Marconi!,


decía o papá, pero eu nunca souben quen era Marconi, pero se o papá decía
que o demo confunda a Marconi, pois que o demo confunda a Marconi, que
o papá se decía iso sería por algo, que o papá sabía moi ben o que decía e a
mamá tamén, aínda que a mamá sempre lle decía que Marconi non tiña a
culpa de nada e o papá contestáballe que qué sabería ela e ela que ía a saber
se non sabía nin ler nin escribir, nin falta que lle facía que agora moito se le
e moito se escribe e moito se sabe e non se sabe nada, que o que hai que
saber non ven nos libros. Antes non tiñamos libros e sabíamos o que había
que saber que xa cho decían o papá e a mamá e os avós e nós escoitabamos
e eles falaban ó pé da lareira que así estabamos quentiños moi quentiños
moi quentiños e escoitabamos o que decían os maiores ata que nos entraba
o sono e pasábase moi ben e despois cando chegou a radio escoitabamos
tamén a radio que daquela parecía mentira que aquela cousa falara e
cantara, e os nenos mirabamos polas rendixas a ver si había dentro músicos
pequeniños e os papás e os avós esmendrellábanse coa risa e tódalas noites
escoitábamos a radio moi quentiños ata que nos entraba o sono e ás veces

2
que o papá quería contar algún conto todos lle decíamos que calara, que
non deixaba escoitar, entón él amolábase todo e decía ¡Que o demo
confunda a Marconi!”

Lola- (Avoa da familia Lema) “ How do you do? I am fine, thanks. What is
the time? It is half past eight... e despois do inglés o italiano... ¿ou o
alemán? Italiano, italiano, que é tan simpático... pero primeiro o inglés, que
ademais para informática e moi útil. ¿Cómo era? Hardward e... e softward,
iso é, softward. ¡Hai que espabilar o softward! Que ocurrente o profe. Sí
señor, hai que espabilar as neuronas, non vaian quedar durmidas, e o corpo,
espabilalo tamén, que se enferruxa... ai o corpo, xa non é o que era... vale,
¿e que? O importante é o que é, non o que era... isto non vai nunca para
atrás, vai para adiante... ¿canto? O que sexa. ¿Dez? ¿Vinte anos? Con sorte
trinta. Son moitos anos... bastantes... son moitos, moitos... ben... poucos
non son. Serán os que sexan pero eu penso aproveitalos... ¡A India! ¡Teño
que ir á India! Debe ser tan... ¿qué idioma falan na India? ¿Indio? Pois
indio... ¿onde haberá clases de indio? O profe de Tai-Chí pode sabelo.
Mañá pregúntolle.”

Piluca-(Nai da familia Pena) “¡A Deus poño por testigo que endexamais
volverei deixar a lavadora lavando mentres vou á tenda! ¡Que despiste!
Menos mal que non pasou nada pero... pero podería pasar. O que fixen é
pouco profesional e non pode ser. Eu son unha profesional. ¡Profesional del
hogar tan válida y respetable como cualquier profesional de otra índole!
¿Era índole? Penso que sí... profesional... profesional... sen salario, pero
profesional. ¿Qué salario? O salario é a familia. Todo é de todos e cada un
ocupa o lugar que lle corresponde en el núcleo familiar. Gústame. Gústame
o que fago. É moi bonito... sacrificado pero bonito... ás veces non se valora
moito pero é bonito... moi bonito e moi... moi... moi... ¡É tan bonito...! ...¡A

3
roupa! ¿Recollín a roupa! Sí, sí, sí que a recollín... decía Escarlata: ya lo
pensaré mañana... pois menos mal que tiña quen lle recollera a roupa, que
se non... as peliculas son películas e nada máis que películas.”

Loli- (Nai da familia Lema) “¿E se poño un piercing no nariz? Ainda non
vin ningunha da miña idade cun piercing no nariz. ¿E logo? Acaso ós
coarenta e pico non se poden poñer piercings? Xa non digo levar ferros por
todas partes como levan algúns rapaces que iso xa me parece pasarse... que
eles son moi libres de facer o que queiran, iso por suposto, eu ahí xa non
me meto, cada quen que decida, pero en fin, tanto furado e tanto ferro...
pero un piercing no nariz... a cara que lles ía quedar cando me viran... e sei
dalgunha que me ía poñer verde... pero a min tanto me ten, eu fago as
cousas por min, non polo que diran... que gracias a Deus agora hai
liberdade e cada un pode levar o que lle apeteza... que digan o que digan
que se a min me gusta xa está... os demais non me importan... ¡Un piercing!
Non, é pasarse... ás veces pásome e deixome levar... e xa non teño idade
para parvadas... ademais non penso que me quedase ben... e din que non é
bo, que pode coller suciedade e pode infectarse e... se cadra e mellor que
poña o pelo dunha cor rara... bermella... sí, bermella... ou da cor que me de
a gaña, que eu fago o que quero e non teño que dar contas ós demais...
bermella... xa veremos.”

Pili- (Filla da familia Pena) “¡E que tes que vivir a vida! ¿Qué saberá ela
da vida? Xa veremos dentro duns anos como lle vai a vida. Sen estudios,
alcohólica, cun fillo de solteira... porque somos amigas e no fondo a quero,
e non lle desexo mal ningún, pero como non cambie así a vexo. ¡Vivir a
vida! Chámalle vivir a vida a saír por ahí a beber, a ensinar o ombligo, a
escoitar a babosos que queren facer isto e queren facer o outro... e as veces
ela tamén quere, que eu ben o sei... e de seguro que ás veces hai algún que

4
a bica e que a toca... a bica nos beizos... e na caluga... e lle toca os peitos...
e a apreta contra sí... e ela bícao tamén... e tócalle... e... e os dous sospiran...
e... bícanse mais... e... e tócanse mais... e... ¡por favor! ¡Que noxo! Que
cada cousa ten o seu tempo, e se en algo nos diferenciamos dos animais e
porque nós temos o control da nosa vida e dos nosos instintos, que para
algo temos o cerebro... pobriña... dame mágoa... e aínda se cre coa
capacidade de darme consellos... ¡Vivir a vida! A vida ten un orde, e se
queremos vivir de verdade debemos respetalo... mellor estudiar que
lamentar... pobriña.”

Locha-(Filla da familia Lema) “Os grilos tamén teñen sentimentos...


¿teñen sentimento os grilos? Pois deben telos porque son seres vivos...
claro que as plantas tamén son seres vivos, por iso hai que respeitar as
plantas que tamén teñen sentimentos, poucos, pero teñen... se lles falas
medran mellor... non sei se iso quere decir que os teñen... ¿e as leitugas e os
tomates... e o trigo? Sempre hai algún que sae con iso... vale, pero se é para
comer non é o mesmo, iso non é malo... temos que comer... ademais as
plantas non son igual que os grilos... os grilos teñen... movemento ¡Claro!
Teñen movemento... teñen movemento por si mesmos... o que quere decir
que... non sei o que quere decir pero é así... móvense e da mágoa matalos...
porque matar... matar é unha crueldade terrible... hai que respeitar a vida
que se move... e tamén a que non se move ainda que non sexa o mesmo...
as árbores non se moven pero tamén da magoa cortalas, e as leitugas...
¡merda coas leitugas! As leitugas non teñen dor ¡ahí está! E ademais están
moi ricas... non teñen dor... ¿e as árbores? ¿e os grilos? ¡Merda! As que
teñen dor son as focas... e sangran... ¿os grilos teñen sangue? Deben ter...
¡Uf, que lío! De tódolos xeitos o máis importante son os dereitos da muller
e a condonación da deuda externa de Etiopía... o dos grilos pode agardar
uns meses.”

5
Paco- (Pai da familia Pena) “Con dous cero hai que cerrarse atrás, hostia.
Moito taconazo e moita mariconada e remóntannos o partido... ¡Hai que ser
burros! Tiña razón Camacho cando lle preguntaron se ían dar espectáculo:
Sí, van a salir a jugar vestidos de folclóricas... ¡Je! ¡Que mala hostia tiña!
¡Ai...! O peor vai ser aguantar mañá a Ramil: ¿Qué, Paco? ¿Perdió otra vez
el Belén?... mucha figura pero ninguna se mueve, ja, ja, ja... ¡Moi
simpático! Calquera día doulle unha mala contestación... moito falar moito
falar pero pagar non paga nunca nin un café... ¡E que agora estou no paro!
¿Cómo non vai estar no paro con esas ideas? ¡A min non me explota
ninguén! Así che vai. ¿Qué querías? ¿Empezar de director general? Moito
ten que aprender... as cousas non caen do ceo... sen traballo... sen familia...
menos mal que é simpático... ¿Cómo dixo o outro día? ¡Más vale morir de
pie que vivir arrodillado! E despois pensouno mellor e dixo ¡E aínda máis
vale vivir acostado con Sharon Stone e morrer acostado con Kim
Bassinger! ¡Je, je, je, je! O pobre xa empeza a estar obsesionado, que xa
debe haber anos que non durme en cama quente... con esas ideas... en fin...
alá él... alá as súas ideas... hala Madrid.

Luis- (Pai da familia Lema) “Diálogo, diálogo, diálogo... diálogo... diálogo


e comunicación... e tolerancia... hai que ser tolerante... e respeitar tódalas
opinións... se todos pensásemos así o mundo sería outra cousa... o que pasa
é que hai moita ignorancia... e moito ignorante... e os ignorantes por culpa
da súa ignorancia teñen opinións ignorantes... e así non se pode dialogar
nin comunicarse, porque ¿cómo vas dialogar con alguén que non ten máis
que opinións ignorantes? E eu son dos que respeito tódalas opinións porque
tódalas opinións son tan respeitables como as demais opinións e por iso hai
que respeitalas, e eu son tolerante e respeitoas pero... pero son opinións
ignorantes... porque para opinar hai que ter unha base que se non opina

6
calquera e... e calquera ten dereito a opinar, e hai que respeitalo, pero ten
que ter unha base para opinar, e se non e mellor que non opine... ou que
opine se quere, que hai que ser tolerante, pero... que opine, pero... hai que
ter unha base... porque se non non se pode dialogar nin comunicarse...
porque si uns temos unha base e outros non a teñen, non podemos
comunicarnos... hai que... hai que informarse... hai que saber o que se di...
hai que... o que falta é educación... e cultura... educación e cultura... hai que
ter un pouco de cultura para falar... e se non mellor estar calado... pero non
á forza, que hai que ser tolerante... pero iso debera saír de cada un... se non
tes base estén calado... diálogo sí, pero con base... ¡coño!

Deixemos xa de escoitar o que pensan e centrémonos no que din e fan

SEGUNDO DEREITA

A Familia Pena está a mirar a televisión. Falan sen deixar de mirar o


aparato de imáxenes.

Pilara-Maña é o cabodano do sogro da irmá da señora Virtudes.


Pili- Mañá teño examen de inglés
Piluca-Mañá botan “Cumbres borrascosas”
Paco- Mañá hai partido de copa.
Pilara-O pobre tivo unha vida ben sacrificada
Pili- O inglés non se me da moi ben
Piluca-É a quinta vez que a vexo
Paco- Esta vez non podemos perder
Pilara-Case que lle fixo ben morrer

7
Pili- En historia penso sacar un dez
Piluca-Seguro que chorarei outra vez
Paco- ¿Qué?
Piluca-Que chorarei outra vez
Pili- Que teño examen de inglés
Pilara-Que mañá é o cabodano do sogro da irmá da señora Virtudes
Piluca-¿E mañá non hai partido?
Paco- Sí, de copa, e esta vez non podemos perder
Piluca-¿Estudiaches, nena?
Pili- Sí, mamá, xa estudiei, e en historia penso sacar un dez
Pilara-Moi ben, neniña, moi ben
Piluca-E o cabodano, ¿de quen é?
Pilara-Do sogro da irmá da señora Virtudes
Paco- ¿E por que vas chorar outra vez?
Piluca-Por ver “Cumbres borrascosas”
Pili- Gran película
Paco- Pois moi ben
Pilara-Tivo unha vida ben sacrificada, case que lle fixo ben morrer.
Piluca-Toda vida ten algo de sacrificio
Pili- Algo hai que sacrificar
Paco- Sen sacrificio hai pouca cousa
Pilara-Sen sacrificio non hai nada.
Piluca-Todo non se pode ter
Paco- Hai que ter o que hai que ter
Pilara-Hai que ser como hai que ser
Pili- “Y los sueños sueños son”

8
SEGUNDO ESQUERDA.

A familia Lema está a mirar a televisión. Falan sen deixar de mirar o


aparato de imáxenes.

Locha-Hai que cambiar o mundo


Loli- Estou contigo
Locha-Gracias, mamá
Lola- Eu tamén, cariño. Paréceme unha idea guai
Locha-Gracias, avoa, ti si que eres guai
Luis- Por suposto, podes contar con todo o meu apoio
Locha-Seino. Mañá vou limpar un río.
Loli- ¿Non tes clase?
Locha-A clase pode agardar. A natureza está en perigo.
Luis- A educación tamén é un ben de gran importacia
Lola- E calquer idade é boa para educarse
Locha-Por iso pode agardar
Loli- Ti decides. Eu confío en ti.
Lola- Eu tamén, cariño
Luis- Tes a liberdade de decidir e por suposto a miña confianza
Locha-Somos unha familia fantástica
Loli- Tentamos facelo o mellor que podemos
Luis- Diálogo e tolerancia
Lola- E liberdade
Loli- Sobre todo liberdade. O ser humano libre está máis preto da
felicidade.
Luis- Libre de presións divinas e libre de presións impostas por outros
seres humanos.
Lola- Libres sen ter en conta a idade

9
Loli- Libres sen ter en conta as críticas dos que quixeran ser coma nós.
Luis- Por sempre libres de pensamento, palabra e obra.
Locha-Que emocionante. Síntome tan... tan... tan... libre e tan feliz.
Luis- Se todo o mundo fora así...coma nós.
Lola- Se non existiran os que quedaron coas ideas pasadas de moda...
Loli- Se non existiran os que impiden a utopía...
Locha-Se nos deixaran en paz os fascistas reaccionarios...
Luis- ¡Que perfecto sería...!
Locha-Sería coma un soño feito realidade
Loli- Sigamos soñando.
Lola- Sigamos soñando.

SEGUNDO DEREITA-SEGUNDO ESQUERDA.

Todos seguen a mirar a televisión. Agora o que fala é o aparato de


imáxenes.

TV- Defínete, defínete, defínete, ubícate, sitúate, decántate, posiciónate,


posiciónate, posiciónate... ¿Es amigo ou es inimigo? ¿Estás nun lado ou
estás noutro lado? Móllate, móllate, móllate, participa, compite, compite...
¿Es dos mellores ou es dos peores? ¿Estás a favor ou estás en contra?
Deféndete, ataca, deféndete, ataca, deféndete, ataca, ataca, ataca... ¿Es algo
ou es nada? ¿Existes ou non existes? ¿Es especial ou es un montón de
merda? ¿Que es? ¿Que es? ¿Que es? ¿Quen es? ¿Quen es? ¿Quen es?

ENTREPORTAS

No espacio central, entre as portas da dereita e da esquerda, aparece unha


rapaza cunha carpeta na man. Parece certamente ansiosa. Toca a un dos

10
timbres e, acto seguido, con impacencia toca tamén no outro. As portas
ábrense simultáneamente, aparecendo en elas Piluca e Loli.

Carla- Bo día señora, bo día señora, bo día señoras, prégolles que me


atendan nada máis que un momentiño: o meu nome e Carla e traballo para
a axencia de estadística “Asking people” que actualmente estamos
realizando unhas pequeñas enquisas a domicilio sobre o estado actual das
familias. Se me permiten roubarlles cinco minutos do seu valioso tempo
fareilles unhas rápidas preguntas moi sinxelas de respostar que pasarán
anonimamente á nosa base de datos e “Asking people” estaríalles moi
agradecida por contribuir activamente neste importante estudio, e eu
personalmente gañaría vinte céntimos por cada unha.

Fai ademán de sacar cuestionarios e bolígrafos.

Piluca-Agora mesmo non teño tempo.


Loli- Pois eu sí. Sei o mal que se pasa cando a un traballador ou
traballadora lle pechan a porta na cara. Pasa, pasa, ¿cómo era? ¿Carmen?
Carla-Carla
Piluca-¡Ah, pero se aínda son as once! Pensaba que era mais tarde, pero así
si que teño tempo, teño moito tempo. Ven, neniña, pasa por aquí que che
contesto ó que queiras.
Loli- Carla, cariño, entra primeiro aquí e logo pregúntaslle á señora, que
como ten tanto tempo non lle importará agardar.
Carla-Ben, a min tanto me ten, eu...
Piluca-¿Ti tocache primeiro na miña porta? ¿Non?
Carla-Non sei, eu toquei nas dúas...
Piluca-Pois se tocache primeiro aquí case que o normal será que empeces
por aquí...

11
Loli- O normal será que empece pola primeira que lle dixo que sí.
Piluca-Eu trabuqueime de hora senón tamén lle diría que sí á primeira.
Loli- A min non me pareceu iso
Piluca-Dame igual o que lle parecera ou o que lle deixara de parecer. A
rapaza tocou aquí de primeiro e aquí primeiro ha de entrar.
Loli- ¡Iso está por ver!
Carla-Señoras...
Piluca-Non hai nada por ver
Loli- Non penso deixar que impoña a súa razón porque sí
Piluca-Non é porque sí, é porque teño razón
Loli- Non ten razón, é que non ve máis.
Carla-Señoras...
Piluca-Ben vexo o que hai que ver
Loli- Ve nada máis que o que quere ver
Piluca-¡Non me quente a cabeza! Nena, entra, que non quero discutir.
Loli- Non se chama nena, chámase Carla, e non vai entrar ahí. Carla, por
favor, entra...
Piluca-Non lle fagas caso, entra aquí.
Loli- Carla, veña, que está tola e eu podo atenderte mellor
Piluca-Vostede cale a boca
Loli- ¡Vostede non é ninguén para mandarme calar a min! ¡Falo se me da a
gaña!
Piluca-¡Pois a min non me chame tola! ¡Aquí a única tola que hai é
vostede!
Carla-¡Señoras! ¡Calen xa as dúas ou a que se vai volver tola son eu!
(Calan) Señoras, agradézolles o seu interese pola enquisa e de seguro que
tamén llo agradece “Asking people”, e propóñolles unha solución: fágolles
aquí as preguntiñas, ás dúas á vez, rapidiño, sen berros, e asunto rematado,

12
¿dacordo? Non podo estar aquí toda a mañán por coarenta putos céntimos...
perdón... coarenta maravillosos e necesarios céntimos, ¿vale?
Loli- Vale
Piluca-Está ben.
Carla-¡Gracias!

Os ánimos enfríanse un pouco. Carla comenza a preguntar.

Carla- Primeira cuestión: número de relacións sexuais por semana.

Pausa. Ningunha se decide a contestar de primeira. Carla agarda pola


resposta. Por fin, Loli contesta.

Loli- Cinco
Carla-(Anotando) Cinco. ¿E vostede? (A Piluca)
Piluca-¿Por semana?
Carla-Por semana
Piluca-Seis
Loli- (Con escepticismo) Mmm
Piluca-¿Qué?
Loli- Nada, nada.
Carla-Seis... moi ben. Segunda: Relixión ¿Sí ou non?
Piluca-Si, por suposto
Loli- Non, por suposto
Carla-¿Pena de morte?
Loli- Non, por suposto
Piluca-...non.
Carla-¿Aborto?
Loli- Libre e gratuito

13
Piluca-Un crimen.
Carla-¿Consideran que viven nunha familia feliz?
Piluca-Felicísima
Loli- Moi, moi feliz
Carla-¿Consideran que viven nunha familia culta?
Loli- Sí
Piluca-Culta, sí.
Carla-¿Consideran que viven nunha familia con suficientes recursos
económicos?
Loli- Sí
Piluca-Sí
Carla-Pois como a resposta ás últimas dúas cuestións foi afirmativa en
ámbolos casos , e decir, como vostedes dúas pertencen a familias cultas e
con recursos económicos, teñen vostedes o privilexio de disfrutar do sector
comercial de “Asking people”, e concretamente da inigualable oferta que
“Asking people” reserva para as familias cultas e con recursos económicos:
a única enciclopedia total do mercado, a enciclopedia global, a
enciclopedia “All the world”...

As portas do segundo dereita e do segundo esquerda péchanse a un tempo.


Carla fica soa.

Carla-... que contén tódolos coñecementos que... ¡Nada! Non valgo, non
son convincente, non teño espíritu de superación, non teño don de xentes,
non teño personalidade para impoñerme, non son gañadora, non teño
instinto asasino, non son agresiva, non son despiadada, non son
desalmada... nunca chegarei a nada, nunca serei nada... (Vaise)

14
SEGUNDO DEREITA.

A familia Pena está ó completo.

Piluca-...e por respeito á rapaza porque era unha traballadora e a pobre non
tiña a culpa de nada, que senón, poño a Deus por testigo que a cousa non
quedaba así.
Paco- Veña, veña, que non pasou nada.
Pili- Non te alporices, mamá, non o penses máis, non paga a pena.
Pilara-¿E logo esa quen é?
Piluca-A do piso do lado
Pilara-¿Os novos?
Piluca-Os novos
Pilara-¿E quen son?
Piluca-Non sei, pero a min non me dan boa espiña
Paco- Veña, veña, que non pasou nada.
Pili- Non te alporices, mamá, non o penses máis, non paga a pena.
Pilara-Pois haberá que enteirarse...
Piluca-¿Enteirarse de que?
Pilara-De quen son
Piluca-Eu non quero saber nada.
Pilara-Sempre hai que saber a quen ten un de veciño
Pili- Non o penses máis, avoa, non paga a pena.
Paco- Veña, veña, que non pasou nada.
Pilara-Aínda non, pero podería pasar.

SEGUNDO ESQUERDA

Locha-¿E que pinta ten?

15
Loli- Unha “maruja”
Luis- Loli, ten un respeto polas “marujas”, que elas non teñen a culpa de
ser como son, é a educación.
Loli- Seino, pero eu non teño por que sufrir as súas carencias.
Lola- Nunca é demasiado tarde para cambiar. Non se pode estar toda a vida
botándolle a culpa á educación.
Loli- Cando non teñen argumentos póñense a berrar.
Luis- Non teñen base.
Locha-Seguro que son fascistas.
Loli- Son ignorantes.
Lola- Que ven sendo o mesmo
Luis- Son complementarios, uns precisan dos outros.
Locha-Pois empezamos ben o piso novo, con fascistas na porta do lado.
Luis- Só sabemos dela, pode que o resto da familia sexa distinta
Loli- Non o creo
Lola- Deus daos e eles xúntanse
Luis- A nós non debe influirnos o seu comportamento.
Loli- A min non me inflúe o máis mínimo, que sexan o que sexan e que
fagan o que queran
Lola- Cada un vive na súa casa
Locha- Mentres non se metan na nosa vida
Luis- Se respetan serán respetados
Loli- Serán respetados... aínda que sexan ignorantes.

SEGUNDO DEREITA

Pilara, a avoa da familia Pena, está soa. Algo parece rebulir no seu
interior. Vai cara a porta e unha vez alí, olla pola mirilla. Transcurren uns
intres ata que a súa laboura de de vixilancia parece dar froitos. Ó segundo

16
esquerda chega Lola, a avoa da familia Lema. Pilara abre entón a súa
porta e prodúcese o “casual” encontro.

ENTREPORTAS

Pilara- Boas tardes


Lola- Boas tardes
Pilara-Parece que empeorou o tempo
Lola- Parece
Pilara-Refrescou
Lola- Un pouco
Pilara-Hai que abrigarse
Lola- Ou facer exercicio
Pilara-Tamén
Lola- Eu veño de Aerobic
Pilara-¿De?
Lola- Aerobic... ximnasia
Pilara-Ximnasia... moi ben... eu estiven fregando.
Lola- Ah
Pilara-Que tamén se fai exercicio
Lola- Moi ben, así non pasará frío.
Pilara-Claro
Lola- Claro
Pilara-Eu vivo aquí... vostede é dos novos de ahí, ¿non?
Lola- Sí, hai pouco que chegamos
Pilara-Nós xa levamos tempo. E se non é moita a pregunta ¿de onde
viñeron?
Lola- Viñemos de lonxe.

17
Pilara-¿De lonxe?
Lola- Sí, de lonxe, e agora se me disculpa teño que estudiar inglés.
Pilara-Inglés... ¿Vai ir a Inglaterra?
Lola- Pode ser. Ou á India. Hai que ver mundo
Pilara-Á nosa idade xa pouco queda por ver
Lola- Nunca é tarde
Pilara-Depende para que.
Lola- Para disfrutar, por exemplo
Pilara-Ui, o tempo de disfrutar para vostede e para min paréceme que xa
pasou.
Lola- Fale por vostede, eu estou no mellor da vida.
Pilara-Non sei en que estará mellor, e perdoe, pero dende logo así por fora
se de moza non estaba menos arrugada que agora non sei que lle diga.
Lola- Falo do interior
Pilara-Ai, o interior si que non sei, como non se ve...
Lola- Si que se ve no interior. Vese perfectamente cando hai algo e cando
non hai nada.
Pilara-Será vostede que ten moi boa vista
Lola- Algunhas cousas véxoas á primeira
Pilara-Algunhas cousas tamén as vexo eu á primeira.
Lola- E que algunhas cousas son fáciles de ver
Pilara-Son, son.
Lola- Pero para outras xa hai que ter un pouco de intelixencia.
Pilara-Ai, claro, hai que saber inglés.
Lola- Chega con ter un pouco espabilado o cerebro.
Pilara-Espabilados hai moitos
Lola- E sen espabilar hai máis
Pilara-Pois haberá que espabilarse
Lola- Haberá. Boas tardes

18
Pilara-Boas tardes.

Lola entra na casa e Pilara queda entreportas.

SEGUNDO DEREITA.

Paco e Piluca están sos.

Piluca-Paco.
Paco- ¿Qué?
Piluca-Nada, nada.

Pausa

Piluca-Paco
Paco- ¿Qué?
Piluca-Paco... levamos vintetres anos casados.
Paco- ¿Vintetres? Sí, vintetres.
Piluca-Antes éramos moito máis xóvenes, claro.
Paco- Claro.
Piluca-E... antes... antes facíamos mais veces o...
Paco- ¿O que?
Piluca-O... o amor
Paco- ¿O amor?
Piluca-Sí, antes facíamos máis o amor ¿verdade?
Paco- Sí... antes facíamolo máis
Piluca-Porque eramos máis xóvenes, claro
Paco- Claro
Piluca-E agora facémolo menos que antes

19
Paco- Sí... facémolo menos
Piluca-Pero iso é normal
Paco- Claro que é normal, agora somos menos xóvenes
Piluca-E iso é o que lle pasa a todo o mundo
Paco- A todo o mundo, claro.
Piluca-Aínda que digan que non
Paco- Aínda que digan que non

Pausa

Piluca-Paco
Paco- ¿Qué?
Piluca-Que felices somos, ¿verdade?
Paco- Claro.
Piluca-Claro

SEGUNDO ESQUERDA.

Loli e Luis están sos.

Loli- ¿Gústoche moito moito?


Luis- Gústasme moito moito
Loli- Ti tamén me gustas moito a min
Luis- Gracias
Loli- E como nos gustamos, por iso temos unhas relacións sexuais
satisfactorias.
Luis- Esa é unha das razóns, e tamén a comunicación.
Loli- ¿O diálogo?
Luis- O diálogo

20
Pausa

Loli- Leín que a media de relacións sexuais é de tres por semana


Luis- ¿Onde o leiches?
Loli- Nunha revista
Luis- Iso non é científico, a xente acostuma a mentir cando lle fan ese tipo
de preguntas.
Loli- Iso é certo, ademais o sexo non se mide pola cantidade, senón pola
calidade
Luis- Aínda hai moita ignorancia nese terreo.
Loli- A última vez tiven un orgasmo fantástico
Luis- ¿De veras?
Loli- Sí, estivo moi ben. De calidade.
Luis- Foi hai tres sábados, ¿non?
Loli- Non, cariño, foi hai cinco.
Luis- ¿Estás segura?
Loli- Sí, totalmente segura.
Luis- Ben, non importa cando fora
Loli- Non, non importa, non ten ningunha importancia cando fora. O
importante é a calidade.
Luis- Que ben falas e que ben pensas. Quérote
Loli- Eu tamén..

ENTREPORTAS.

Ó espacio de entre as portas chega un mozo de aspecto distraído. Dubida


a que porta chamar e ó fin opta pola do segundo dereita. Abre a porta Pili,
a filla da familia Pena.

21
Pili- ¿Sí?
Oscar-E... ola
Pili- Ola
Oscar-Ola, ¿vive aquí...? ¿E a casa de...? ¿Está Locha?
Pili- ¿Locha?
Oscar-Sí, Locha. Díxome que vivía no segundo, pero non lembro se
dereita ou esquerda, son un pouco despistado, seguro que é na outra ¿non?
Pili- Sí, debe ser
Oscar-Ben, pois... disculpa a molestia.
Pili- Non ten importancia
Oscar-Pois... pois nada... vou chamar... encantado, eu son Oscar.

Téndelle a man. Pili dubida, pero ó fin téndella tamén.

Pili- Encantada... eu... eu... eu chámome Pili... encantada...

Nese preciso momento ábrese a porta do segundo esquerda e aparece


Locha.

Locha-¡Oscar!

Oscar solta a man de Pili.

Oscar-Ah, ola, Locha. ¿Sabes? Trabuqueime de porta e... e acabo de


coñecer a Pili.
Locha-¿Pili?
Oscar-Sí, a túa veciña, Pili... Ah, ¿non vos coñecedes?
Pili- Non teño o gusto

22
Locha-Eu tampouco ¿entras?
Oscar-Pois Locha, esta é Pili e Pili, esta é Locha.

Non se achegan unha á outra, saúdanse dende lonxe.

Pili- Ola, ¿cómo estás?


Locha-Ola, ¿qué hai? (A Oscar) ¿Entras?
Oscar-Sí, entro. Adeus, Pili.
Pili- Adeus, Oscar, encantada.

Oscar entra no segundo esquerda, e tamén Locha. Esta última non sen
antes cruzar unha ollada pouco amistosa con Pili, que tamén volve á súa
casa.

SEGUNDO DEREITA.

Pili pecha a porta. Na casa está Pilara, a avoa, que a mira interrogante.

Pilara-¿Quen era?
Pili- Un rapaz
Pilara-¿E que quería?
Pili- Trabucouse. Ía ó piso do lado
Pilara-¿Ó piso do lado? ¿E a que?
Pili- Debe ser o noivo da rapaza
Pilara-¿O noivo? ¿E méteo na casa? ¡Será...!
Pili- E sabe Deus para facer que cousas...
Pilara-Cala, anda, cala.
Pili- Igual... igual... ata se meten na cama
Pilara-Seguro

23
Pili- E seguro que dentro da cama fan... fan de todo
Pilara-Cala...
Pili- As cousas máis máis lascivas e máis...repugnantes.
Pilara-Cala, nena...
Pili- ¡Que noxo!
Pilara-Sí, miña filla, sí, non teñen educación ningunha, nin vergoña, nin
respeto, nin nada... e tampouco teñen quen lles ensine todo iso, e iso é o
peor. Nunca sairon boas peras dunha pereira enferma.
Pili- Avoa... ¿Cantos anos tiñas cando coñeciches ó avó?
Pilara-Vintetrés
Pili- ¿E cando... casaches con él?
Pilara-Vintecinco.
Pili- Eu... eu teño dezasete
Pilara-Ti aínda es moi nova... moi nova.
Pili- Son moi nova
Pilara-Es moi nova
Pili- Teño que estudiar
Pilara-Estudia, nena, estudia, que todo ten o seu tempo.

SEGUNDO ESQUERDA

Locha esta soa cando de dentro chega a avoa Lola.

Lola- ¿Xa marchou Oscar?


Locha-Sí, agora mesmo
Lola- ¿E que tal?
Locha-¿Qué tal que?
Lola- ¿Qué tal con Oscar?
Locha-Moi ben

24
Lola- Parece moi guai
Locha-É moi guai, moi simpático, moi guapo, moi... sociable.
Lola- Boas cualidades para empezar a coñecerse, e se a cousa vai ben xa
teredes tempo de coñecervos en profundidade ¿non?
Locha-Xa nos coñecemos en profundidade... polo menos físicamente
Lola- ¿Fisicamente?
Locha-Sí, iso seguro, e ademais moi profundamente, ¿Entendes?
Lola- Por suposto, por suposto... entendo.
Locha-E tamén coñecémonos a outros niveis. Por exemplo, eu sei que él
nunca me deixaría por outra, e moito menos se esa outra fora unha
empollona repipi e conservadora.
Lola- Suponse que teredes moita confianza entre vós, xa que tedes un
contacto tan... profundo.
Locha-Por iso eu nunca tería ciumes de él, porque os ciumes son falla de
seguridade e de confianza.
Lola- Sí, por suposto, hai que estar moi segura para manter relacións
íntimas...e ti parece que estás.
Locha-Estou, avoa, estou, por iso non teño ciumes de ningunha estúpida
mojigata que intentara sacarmo.
Lola- ¿Sabes? Gustaríame que sempre foras responsable dos teus actos e...
Locha-E sempre o son. Gracias, avoa, por entenderme tan ben
Lola- De nada... de nada
Locha-Así da gusto
Lola- Dende logo.

ENTREPORTAS

Aquí está Paco, pai da familia Pena, que saiu da súa porta e toca na porta
do lado. Luis, o pai da familia Lema, abre.

25
Luis- Boas tardes
Paco- Boas tardes, eu son Paco, o veciño de aquí e veño decirlle que...
Luis- Encantado de coñecelo, eu son Luis

Danse a man.

Paco- Pois o tema é que este ano eu son o presidente da comunidade e veño
decirlle de parte da comunidade que... que esa moto que hai no garaxe non
pode estar ahí.
Luis- ¿Moto?
Paco- Sí, unha moto que non paga plaza... e súa ¿non?
Luis- Ah, un ciclomotor.
Paco- Sí, unha moto
Luis- É o ciclomotor da miña filla. ¿E di que non pode estar ahí?
Paco- Non, non pode. Se non paga plaza non pode.
Luis- Vaia, pero se realmente ocupa un espacio ínfimo.
Paco- Xá, ocupa pouco espacio pero ocupa, e á xente moléstalle para
maniobrar e...
Luis- A xente debería ser un pouco máis tolerante
Paco- A xente é como é e as normas son como son. Non se pode facer nada.
Luis- Con boa vontade sempre se pode chegar a un entendemento. O
diálogo e a negociación sempre han de estar presentes.
Paco- Pode estar presente todo o que vostede queira... pero a moto non
pode estar no garaxe
Luis- Se de partida xa pechamos o diálogo, nunca chegaremos a
entendernos
Paco- Eu entendo perfectamente. E o que entendo é que vostede non quere
sacar a moto.

26
Luis- Non é iso. O que pretendo decir é que as normas son sempre
interpretables.
Paco- A norma di que esa moto non pode estar ahí, non hai nada que
interpretar.
Luis- Non fagamos dogma da norma. As normas pódense cambiar se non
son xustas.
Paco- Esta é xusta. Todo o edificio está dacordo con ela.
Luis- Eu non
Paco- Vostede non é o edificio. Vostede é un e no edificio somos oito.
Luis- Xa estamos coa dictadura da maioría.
Paco- ¿Pero que dictadura nin que...? Mire, non teño gañas de discutir. Esa
moto ten que saír de ahí e iso é o que hai.
Luis- ¿E se non?
Paco- Senón, atéñase ás consecuencias
Luis- Non permitirei presións nin amenazas
Paco- ¿Pero vostede quen se cree que é?
Luis- Eu son unha persona tolerante que pretende que todos vivamos nun
mundo menos condicionado polas normas.
Paco- ¡Ui, ui, ui! Vostede o que pretende con todo o morro do mundo e
facer unha norma para vostede e outra para os demais
Luis- Pretendo chegar a un consenso.
Paco- Pretende facer o que lle pete
Luis- É inútil. Vostede non ten base.
Paco- Eh, eh, eh, sen faltar, que podemos levalo mal.
Luis- Cando non hai argumentos empezan as amenazas
Paco- ¿Pero que di...? ¡Xa está ben! Escoiteme ben: esa moto vai saír do
garaxe polas boas... ou polas malas.
Luis- Iso ímolo ver.
Paco- Iso seguro. Ímolo ver seguro.

27
Luis- Pois verémolo
Paco- Pois verémolo, non teña medo, que o veremos
Luis- Non teño medo ningún.
Paco- Eu tampouco.
Luis- Pois alégrome, boas tardes.

Luis pecha a porta contundentemente. Paco regresa malhumorado á sua


casa.

SEGUNDO DEREITA.

Paco entra. Alí está o resto da familia. Todas o miran espectantes.

Paco- ¡Non quere!


Pilara-Eu xa o sabía
Piluca-¡Terán cara!
Pili- ¡Que pouca vergoña!
Paco- E por riba todo o tempo buscándome o xenio.
Pilara-Estes que se dan eses aires...
Piluca-Moi modernos son, moi modernos...
Pili- E moi liberais eles tamén...
Paco- Pois que non me quente ese pallaso porque...
Pilara-Eses son os peores.
Piluca-Véselles rápido o plumeiro.
Pili- Hai que denuncialos.
Paco- Na próxima reunión propóñoo, a ver que di ese.
Pilara-Veñen aquí e creen que poden facer o que queiran
Piluca-Aquí vive xente decente, e así debe ser
Pili- Vivíamos moi tranquilos

28
Paco- E así seguiremos, tranquilos
Piluca-E coa concencia tranquila.
Pilara-Non coma outros
Pili- Outros non poden decir o mesmo.

SEGUNDO ESQUERDA

A familia Lema tamén está reunida.

Lola- O importante é ter a concencia tranquila.


Luis- E debemos tela.
Loli- Non temos porque non
Locha-Outros nin sequera saben o que e iso.
Loli- ¿Cómo han saber? Se nunca se pararon a analizar nada.
Luis- So coñecen un camiño e non ven máis aló.
Lola- Actúan con mala fe
Locha-Van a por nós. Vese claramente
Loli- O da moto é unha disculpa.
Luis- Se ese fora o problema real solucionaríamolo tranquilamente e
buscaríamoslle un sitio á moto, pero él non viña coa intención de dialogar,
viña coa intención de atacar.
Loli- Atacar, esa foi a intención deles dende que chegamos aquí.
Lola- Non lles gustamos e por iso queren amolarnos
Locha-Pois que ataquen, que nos sabemos defendernos
Luis- Somos tolerantes... pero todo ten un límite.

SEGUNDO DEREITA- SEGUNDO ESQUERDA

Todos miran a televisión.

29
TV- Razón, razón, razón... tes a razón... tes a razón... verdade... verdade...
a verdade... a verdade... tes a verdade... non dubides... firmeza, firmeza,
firmeza... mantente firme... vence, gaña, vence, gaña, vence, gaña...
certeza, certeza, así é, así é, así é... estás no certo... refórzate... refórzate...
cara adiante, cara adiante... non rectifiques... es mellor, es mellor, es mellor,
es o mellor... vence, gaña, triunfa, derrota... a verdade, a razón, a razón, a
verdade, a verdade, a razón... fe en ti, fe en ti, fe en ti....

ENTREPORTAS

De novo chega Oscar. Esta vez sabe perfectamente en que porta tocar. Está
a piques de facelo cando do segundo dereita sae apresuradamente Pili.

Pili- ¡Ola!
Oscar-¿Eh? ... ah, ola.
Pili- Ola
Oscar-Ola, ola.
Pili- Ola, Oscar
Oscar-Ola, Pili... ¿Qué tal?
Pili- Non está
Oscar-¿Qué?
Pili- Que non está... ela... Locha... non está
Oscar-¿Non está?
Pili- Non... non está... saiu.
Oscar-Ah, ben. Pois... volverei máis tarde, gracias.
Pili- De nada
Oscar-Ata logo

30
Fai amago de irse

Pili- ¡Eh!
Oscar-¿Sí?
Pili- Eeee... chove
Oscar-¿Eh?
Pili- Que chove
Oscar-Non, non chove
Pili- Sí, sí que chove... acaba de empezar
Oscar-Ah... pode ser... se acaba de empezar...
Pili- Sí, acaba de empezar, vino eu... pola fiestra
Oscar-Vaia... pois mala sorte. Mollareime un pouco.
Pili- Non
Oscar-Sí, algo sí... se chove...
Pili- Eu... eu podo... eu podo deixarche un paraugas
Oscar-Oh, non te molestes...
Pili- Non é molestia... ¡pasa!
Oscar-¿Eh?
Pili- O paraugas está dentro e... ¡pasa!
Oscar-¿Qué pase?
Pili- Sí, a dentro... entra... pasa... polo paraugas...
Oscar-Ah... vale, gracias.

Oscar e Pili entran no segundo dereita. Pili, visiblemente nerviosa, pecha


a porta ás súas costas.

Pili- Vou polo... paraugas.


Oscar-Moi ben.

31
Pili marcha polo paraugas o volve con él .

Pili- Aquí está... aquí está o paraugas... aquí o tes

Dalle o paraugas

Oscar-Moitas gracias. Devólvocho máis tarde.


Pili- Cando queiras.
Oscar-Despois cando suba. Ata logo.
Pili- ¿Vaste?
Oscar-Sí, vou dar un paseo mentres non chega Locha
Pili- Estás dentro.
Oscar-¿Eh?
Pili- Dentro da miña casa
Oscar-Sí. É moi bonita.
Pili- Conmigo... estás dentro da miña casa... conmigo...
Oscar-Sí, aquí estamos... e eu xa me vou...
Pili- ¡Oscar!
Oscar-¿Sí?
Pili- Eu... eu acompáñote á porta.
Oscar-Gracias.

Acompáñao á porta. Abre a mesma.

Pili- ¿Vaste?
Oscar-Sí, ata logo
Pili- Ata logo, Oscar.

32
No momento en que Oscar está saíndo, despedido nerviosamente por Pili,
aparece na porta do segundo esquerda Locha, espectadora da situación.

Locha-¡Oscar!
Oscar-¡Locha! Pensei que non estabas na casa.
Locha-E como pensaches que non estaba na casa metícheste na casa desa
Pili- Teño nome.
Oscar-Fun coller un paraugas.
Locha-¿Pensas que son estúpida? Non chove.
Oscar-Ben, eu... toma, Pili, gracias.
Pili- De nada, Oscar.
Locha-(Parodiándoa) “De nada, Oscar”. Mira a puritana que zorra nos
saiu.
Oscar-¡Locha!
Pili- Coidado coas palabras que pronuncias. Aquí a única zorra que hai es
ti.
Locha-¡Zorra!
Oscar-¡Locha!
Pili- ¡Furcia!
Oscar-¡Pili!
Locha-¿Iso é o que che din na igrexa! Que te tires ós noivos das demais.
Oscar-Pero se non...
Pili- Eu non cometo actos impuros coma ti... ¡ramera!
Locha-Sodes as peores. Ides de estreitas e sodes as mais putas.
Pili- Mide as palabras que teño un paraugas na man.
Oscar-¡Tranquilas, tranquilas!
Locha-¿É o que usas para masturbarte?
Pili- Agora vas comprobar para que o uso.

33
Pili achégase a Locha paraugas en man con intención de agredila. Oscar
tenta mediar. Forcexean.

Pili- ¡Furcia noxenta!


Locha-¡Puta beata!
Oscar-¡Tranquilas, tranquilas, tranquilas!

Así está a situación cando alí chegan Piluca e Loli. Tentan separalas.

Loli- ¿Qué ocurre aquí?


Piluca-¿Qué fas, nena, que fas?
Pili- Insultoume, e non vou consentir que me insulte
Locha-A zorra esta quere tirarse a Oscar
Oscar-Non, pero e que...
Piluca-Deixaa, nena, que non ten educación ningunha.
Loli- Ten bastante mellor educación que a súa
Piluca-Xa se ve nas palabras que usa
Loli- Mellor as palabras que a violencia
Pili- ¡Non vou deixar que me insulte!
Piluca-¡Non vai deixar que a insulte!
Locha-¡Merece que a insulte!
Loli- ¡Merece que a insulte!
Piluca-¿E que sabe vostede?
Loli- Confío nela
Piluca-Pois eu confío na miña
Loli- Será que son iguais
Piluca-A moita honra
Loli- De tal palo tal astilla
Piluca-Igualmente digo

34
Loli- Filla reprimida de nai reprimida
Piluca-Filla puta de nai puta
Oscar-Señoras, eu penso que...
Locha-¡Ti cala!
Loli- ¿Cómo dixo?
Piluca-O que oiu
Loli- ¿Cómo se atreve? ¡Palurda, ignorante, analfabeta, “maruja”!
Pili- Non consintas que te insulte, mamá.
Locha-¡Ti cala, futura “maruja”!
Piluca-Poño a Deus por testigo que como volva a insultarme...
Loli- ¿Qué vai facer? ¿Pegarme?
Piluca-Non faga a proba
Loli- É o único que sabe facer a xente como vostede
Piluca-É o único que se pode facer con xente como vostede
Loli- ¡Vostedes teñen serrín no cerebro!
Piluca-¡E vostedes paxaros!
Loli- É a ignorancia a que fala
Piluca-Díxenlle que non volvera a insultarme...

Enzárzanse todas nun lío de agarróns e empurróns.

Loli- ¡Ignorante, ignorante, ignorante!


Piluca-¡Senvergoña, lercha, mala nai!
Locha-¡Reaccionarias, retrógradas!
Pili- ¡Malas pécoras!
Oscar-¡Por favor, por favor, por favor!

Ó lugar onde acontecen os feitos chegan Paco e Luis, que interveñen


rápidamente na situación.

35
Paco- ¡Eh, eh, eh!
Luis- ¿Qué ocurre, que ocurre?
Loli- Estas parvas que non saben falar sen agredir
Piluca-¡Que non insulte!
Pili- ¡Non insulte!
Locha-¡Tódolos insultos son poucos para vós!
Paco- ¡Veña! Imos para casa que non paga a pena mancharse con esta
xente.
Luis- Non lle permito que use ese aire despectivo coa miña familia
Paco- ¡Uso o que me da a gana!
Loli- ¿Non ves? Son todos iguais
Paco- Vostede cale, señora, que aínda non lle dixen nada.
Luis- Nin llo dirá, porque senón...
Paco- Senón, ¿qué?
Luis- Senón pode que aquí pase algo serio
Paco- Moi serio non pode ser saíndo dun pallaso.
Luis- ¡Esíxolle respeto!
Paco- Vostede non sabe o que é o respeto.
Loli- ¿E vostede sí, ignorante?
Paco- ¡Señora, cale a boca!
Luis- ¡Ela fala cando lle parece!
Paco- ¡Pois moito coidado co que di!
Luis- ¡Non amenace!
Paco- ¡Amenazo se me sale dos collóns!
Locha-¡Machista!
Piluca-¡Imos, Paco!
Paco- E mellor, porque se me quento...
Locha-¡Máis quente está a súa filla!

36
Pili- ¡Guarra!
Piluca-¡Maleducada!
Loli- ¡Paleta!
Paco- ¡Que se vaian á merda todos! ¡Imos para casa!
Luis- ¡Sen faltar! ¡Ordinario inculto!
Paco- ¡Gilipollas!
Luis- ¡Simple!
Paco- ¡Maricón!

De novo volven todos a enredarse no reducido espacio de entreportas


cando chegan as que faltaban, as dúas avoas, que sen mediar palabra
toman partido cada unha pola súa causa repartindo bolsazos por onde
poden. No medio da liorta está Oscar, zarandeado polas dúas bandas,
tentando sen éxito poñer paz. Por fin, consígueo berrando como nunca
antes berrara.

Oscar-¡Xa está ben, hostia, xa está ben, coño, xa está ben, joder!

Os dous bandos quedan separados por Oscar.

Oscar-Por favor, deben manter a calma e decatarse de que o máis


importante é...
Paco- ¡Isto non vai quedar así!
Luis- ¡Por suposto que isto non vai quedar así!
Piluca-¡Non vai quedar así, non!
Loli- ¡Dende logo que non!
Pili- ¡Claro que non!
Locha-¡Seguro que non!
Pilara-¡Non queda así, non queda así a cousa!

37
Lola- ¡Non queda, non, non queda!

Entran cada familia no seu piso pechando as portas ás súas costas.


Entreportas queda Oscar, rematando a frase que antes comenzara.

Oscar-...que o máis importante é... a paz.

SEGUNDO DEREITA- SEGUNDO ESQUERDA.

As familias Pena e Lema conspiran.

Paco- Isto non pode quedar así.


Luis- Isto non se pode tolerar
Piluca-Son xente mala
Loli- Son mala xente
Pili- Hai que darlles un escarmento
Locha-Hai que darlles unha lección
Pilara-Deben ter o que merecen
Lola- Deben pagar polo que son
Paco- Hai que botalos de aquí
Luis- Aquí non hai sitio para os dous
Piluca-Se os botamos estaremos tranquilos
Loli- Se marcharan viviríamos mellor
Pili- Fagamos que teñan que irse
Locha-Fagamos que marchen de xunto a nós
Pilara-Merecen que lles pase o peor
Lola- Merecen saber o que é bo.
Paco- Pagarano caro esos cabróns
Luis- Debemos pasar á acción

38
Piluca-Hai que pensar que facemos
Loli- Hai que planealo ben
Pili- Temos que trazar un plan
Locha-Somos intelixentes e non podemos fallar
Pilara-Eses non saben con quen deron
Lola- Eses vanse a enterar.

As dúas familias vólven as súas miradas cara ó televisor, e escoitan a súa


mensaxe.

TV- Odio, odio, odio, odio, odio... destrúe, destroza, tritura, machaca,
aplasta... aplasta, aplasta, aplasta... vinganza, rencor, vinganza, vinganza,
rencor... adiante, adiante, adiante... odio, odio, odio... instinto, rencor,
vinganza... afírmate, imponte, gaña, vence, destrúe, instinto... instinto,
instinto, instinto... mata, mata, mata... morte.

SEGUNDO DEREITA- SEGUNDO ESQUERDA

Pili garda unhas tesouras que trae na man e ponse a estudiar. No segundo
esquerda aparece Locha cun radio-cassete que dirixe cara á porta e dalle
ó play. Sube o volumen. A música molesta a Pili que trata de taparse os
oídos.

Pili- ¡Desgraciados!

A música mantense mentras Pilara, cunha fregona na man, despois de


ollar pola mirilla abre a porta e diríxese á porta de enfrente. Con rapidez
encera o chan e volve atrás. Ó volver a entrar decátase de que o pomo da

39
porta está manchado de grasa, e polo tanto a man coa que acaba de
tocalo.

Pilara- ¡Desgraciados!

Pilara entra na casa e volve ollar pola mirilla. Ahí chega Lola, e o facelo,
esbara no recién encerado chan. A caída provoca a satisfacción de Pilara
e por suposto, a indignación de Lola.

Lola- ¡Desgraciados!

Chega Luis, quen ó ver a Lola no chan trata de axudala pero esbara tamén
e cae.

Luis- ¡Desgraciados!

Entran a duras penas na casa, no momento que Paco chega a súa e


inevitablemente mancha a man de grasa.

Paco- ¡Desgraciados!

Entra na casa, xusto cando Piluca chega dende dentro cunha camisa na
man manchada con pintura na que se pode ler “fachas fora” á vez que no
segundo esquerda chega tamén de dentro Loli con outra camisa, esta
desfigurada a base de cortes presumiblemente de tesoira.

Piluca-¡Desgraciados!
Loli- ¡Desgraciados!

40
As dúas familias berran coa mesma palabra: “Desgraciados”. Cesa a
música.

SEGUNDO ESQUERDA

No interior están Lola, Loli e Locha. Luis entra indignado.

Luis- ¡As rodas!


Locha-¿Qué?
Lola- ¿Qué rodas?
Luis- ¡As rodas da moto!
Loli- ¿Qué pasou?
Luis- ¡Cortáronnas!
Locha-¡Aaaah!
Loli- ¡Pasáronse! ¡Esta vez pasáronse!
Lola- Pasáronse da raia
Luis- Pois terán a resposta adecuada. ¡Hoxe hai fútbol!
Locha-¿Hai fútbol? ¿E que?
Luis- Preciso unhas tesoiras.
Loli- ¿Para que?
Lola- ¿Qué vas facer?
Luis- ¡Cortarlles o cable da antena! ¡Se eles cortan, nós tamén!
Locha-¡Síiiiii!
Loli- ¡Así se fala!
Lola- Aquí están as tesoiras.
Loli- Ten coidado.
Luis- Non te preocupes

Luis marcha coas tesoiras cara ó tellado, a cumplir a súa misión.

41
SEGUNDO DEREITA.

A familia Pena ó completo, satisfeita.

Paco- Se querían que a moto estivera no garaxe, ahí estará, pero xuro que
cada vez estará peor.
Pilara-A ver se así aprenden
Pili- Gustaríame verlles a cara cando se enteren
Piluca-De nós non se ríe ninguén
Paco- E menos eses pallasos
Pilara-Xa verás como a base de paos entran en razón
Piluca-Non lles ha quedar máis remedio
Pili- Acabarán arrastrándose e pedíndonos perdón.

Paco colle o mando da televisión e con xesto mecánico prémelle a un


botón.

Paco- ¿Qué é o que pasa?


Piluca-¿Non funciona?
Paco- Non funciona.
Pili- Parece como senón tivese antena.
Paco- Pero tena... a non ser que... ¡Mecagoen...!

Paco sae correndo a comprobar o estado da antena.

42
SEGUNDO ESQUERDA

Luis acaba de entrar na casa e sorrí victorioso.

Luis- ¡Misión cumprida!

Todas corean o triunfo.

Lola- ¡Bravo, bravo!


Loli- ¡Ben feito!
Locha-¡Acabaremos con eles!
Loli- ¡Do segundo esquerda...!
Todos-¡Non nos moverán!
Loli- ¡Do segundo esquerda...!
Todos-¡Non nos moverán!

Tararean todos xuntos a canción ata que de súpeto... vaise a luz. Silencio.
Síntense uns golpes na porta e unha voz, a voz de Paco.

Paco- ¡Eu non verei o partido, pero aquí nin Dios vai ver nada máis!

E sen máis, entra na súa casa.

SEGUNDO DEREITA- SEGUNDO ESQUERDA.

Todos en penumbra.

Paco- A ver quen gaña agora

43
Pili- Seguro que están mortos de medo
Piluca-Nós sabemos sufrir. Sabemos o que é o sacrificio.
Pilara-Eu xa vivín moito tempo sen luz, sei o que é. E non era tan malo,
pero eses...
Piluca-Eses tiveron todo feito, non saben o que é...
Paco- Pois agora vano saber.

Luis- Hai que resistir.


Loli- Resistencia ou morte
Locha-Resistiremos
Lola- Non conseguirán que nos rindamos.
Luis- Temos uns ideales polos que loitar
Loli- E loitaremos por eles

Pausa

Locha-(Berrando) ¡Non poderedes con nós!

Os berros van dun a outro lado.

Pili- ¡Somos máis fortes!


Loli- ¡Non hai nada máis forte que as ideas!
Piluca-¡Ideas témolas todos!
Luis- ¡Pero algunhas son primitivas!
Paco- ¡E outras son contos!
Lola- ¡Nunca seredes nada!
Pilara-¡Somos como hai que ser!
Loli- ¡Neste mundo estades de máis!

44
Piluca-¡Somos os que aguantamos del!
Luis- ¡Non sabedes o que é a liberdade!
Paco- ¡Sabemos o que son os valores!
Lola- ¡Carcas!
Pilara-¡Pelexos!
Locha-¡Fascistas!
Pili- ¡Delincuentes!
Loli- ¡Ignorantes!
Piluca-¡Malparidos!

Mentres intercambiaban as frases fóronse achegando á porta. Cada un


leva algo na man có que se foi armando(Ovos, laranxas, libros...). Abren
as portas a un tempo e tíranse todo o que poden e máis. Tras da loita,
bátense de novo en retirada. O campo de batalla queda estrado de
municións.

SEGUNDO ESQUERDA

Os Lema están tensos

Luis- Familia, hai que poñer fin a esta situación. Eses cabróns de ahí
enfrente están dispostos a calquera cousa, e nós debemos estar preparados
para facerlles fronte con tódolos recursos posibles.
Lola- Temos que preparanos
Loli- Temos que organizarnos
Locha-Temos que armarnos
Luis- Iso é. Dividámonos as tarefas. Se funcionamos como un bloque sen
fisuras xamais poderan derrotarnos
Loli- Eu encárgome de facer as barricadas

45
Locha-Eu encargareime das armas
Lola- E eu vixiarei os movimentos do enemigo
Luis- Moi ben. Eu, pola miña parte, e previndo como son os nosos
contrincantes, debo ir na percura de algo que nos de máis seguridade na
batalla final.
Loli- Cariño... ten coidado.
Luis- Tereino.

Luis parte na percura de “algo”

SEGUNDO DEREITA

Os Pena tamén están tensos e tamén están armándose. Collen coitelos,


sarténs, xarróns, tesoiras, e toda clase de elementos contundentes ou
cortantes.

Pili- Hai que acabar con eles


Piluca-Poño a Deus por testigo que de isto non pasa de hoxe
Pilara-Deus está da nosa parte

De dentro chega Paco, cun rifle de caza. Mentres fala procede a cargalo.

Paco- ¡Acabouse o conto! Imos ver quen e aquí o que ríe último. Van caer
como corzos.
Pili- ¡Como porcos, que é o que son!
Piluca-¡Que se queimen no lume do inferno!
Pilara-¡Do inferno é de onde nunca deberon saír!
Paco- Non vos preocupedes, que desta vez xa non van saír máis. ¡Xúroo!

46
SEGUNDO ESQUERDA

Chega axitado Luis. Trae algo na man cuberto cun pano. Todas se achegan
a él . Desenvolve o pano. Trátase dunha pistola.

Luis- ¡Aquí está! ¡A victoria é nosa!


Lola- ¡Hurra!
Loli- ¡A victoria é nosa!
Locha-¡Siiii!
Luis- ¿Estamos preparados?
Todos-¡Estamos preparados! ¡Non pasarán!

Todos dirixen a súa mirada e a súa actitude cara a porta, armados ata os
dentes.

SEGUNDO DEREITA

Paco- ¿Estades listos?


Todos-¡Estamos listos! ¡Acabaremos con eles!

Tamén os Pena están listos e preparados.

SEGUNDO DEREITA- SEGUNDO ESQUERDA

Todo está a punto, a sorte está botada. Detrás de cada porta están as dúas
familias a piques de entrar na batalla final. Empeza a soar unha música,
pero non parece unha música de guerra, máis ben parece música do

47
Nadal. Efectivamente así é. Unha coñecida panxoliña enche de sons
navideños o edificio, e paralelamente, chega ó espacio de entreportas unha
silueta. Trátase dun vello vagabundo de barba blanca, que coa música de
fondo, fala.

ENTREPORTAS

Vagabundo con barba branca- Eu creo nos milagres. Tanto me ten


que sexan relixiosos ou casuísticos, pero eu creo nos milagres. E creo nos
milagres porque os vin. Vin como o imposible convertíase en posible, vin
como o ideal facíase real, vin como o increíble trocaba en creíble, os
defectos en virtudes e a guerra en paz. ¿Cómo non vou crer nos milagres se
os vin cós meus propios ollos? Os milagres existen, non fai falla crer neles,
non fai falla ter fe, están ahí, existen. ¿Non me cren? Tanto me ten. Eu
penso seguir crendo neles. ¿E saben por que? Porque os vin. Estaban
dentro. Aquí dentro (Sinala no seu interior). Estaban aquí dentro... por iso
sei que existen. Fáganme caso... existen.

O vagabundo con barba branca marcha. As portas do segundo dereita e do


segundo esquerda ábrense simultánea e lentamente. Xa están abertas. As
familias enemigas óllanse coas armas na man, fronte a fronte. A pouca luz
que queda vai pouco a pouco tornándose en escuridade, ó mesmo tempo
que o silencio deixa paso ó son dos oito disparos cós que remata esta
historia.

FIN.

48

You might also like